AGORA ESTAMOS EN “A TI MEU CAMBADOS”

ESTE FOI O BLOG DE DESAPARECIDA ASOCIACION   UNHA GRANDE CHEA. AGORA O SEU DERRADEIRO PRESIDENTE XAQUIN CHARLIN “CHON” TEN O SEU PROPIO BLOG QUE PODES VISITAR PREMENDO NA SEGUINTE LIGAZÓN:

“A TI MEU CAMBADOS”

Advertisements
Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Hello world!

Welcome to WordPress.com. This is your first post. Edit or delete it and start blogging!

Publicado en Uncategorized | 1 comentario

Humor Grandecheo: “SE AINDA SOMOS GALEGOS, É POR OBRA E GRAZA DO IDIOMA” (Castelao)

Cambados 26 de setembro de 2010

20º ANIVERSARIO DE “VETERANOS DE CASTRELO”

SABADO 16 DE OUTUBRO ÁS 22.00 H.

ACTUARÁN DJ CACHOLAS,DJ TOMY,DJ SANTI MARTINEZ

 

O Club de Fútbol “Veteranos de Castrelo”, están de aniversario, nada máis nin nada menos que cumpren 20 anos. E como a ocasión o merece, van facer unha festa por todo alto, así o vindeiro 16 de outubro, sobre as 22 horas , no Campo da Festa de Castrelo vai haber un gran festival coa actuación de  DJ CACHOLAS,DJ TOMY,DJ SANTI MARTINEZ, todos eles da cadena Top de Coruña, estades todos invitados a este acontecmento.

 

 

 

 

Cambados 26 de Setembro de 2010

NACE UN NOVO BLOG http://pacoasorey.blogspot.com/

SOBRE A VIDE E OBRA DE ASOREY

A SÚA AUTORA , COMO NON PODÍA SER MENOS, MARIBEL IGLESIAS

Maribel Iglesias

Maribel Iglesias, aparte da súa profesión como mestre do I.E.S. Francisco Asorey de Cambados, ten unha actividade cultural digna de admiración, esta actividade plasma nos seus diversos blogs, estes días precisamente acaba de poñer un novo a disposición  de todos nos, un blog moi interesante que nos van a ilustrar sobre a vida e obra de Francisco Asorey, ese famoso artista cambadés, descoñecido en parte para o gran público, Maribel vainos amosando mediante este blog todos os pormenores da vida e obra de Asorey. Ben merece darlle unha visita de vez en cando.

 

 

Retrato de Francisco Asorey por Pacheco e Casa natal de Francisco Asorey en Fefiñans.

 

Así empeza o blog:

“””Hoxe empezamos un novo blog. O 2 de xullo do próximo ano 2011 cumpriranse 50 anos da morte do escultor cambadés Francisco Asorey. Este blog pretende ser unha homenaxe e tamén unha fonte de información e imaxes para os que queiran achegarse á súa figura. O 4 de marzo de 1889, ás 8 da noite, nace en Fefiñáns, Cambados, Francisco Hipólito Asorey González, derradeiro fillo dos conxugues Antonio Asorey Rey e Elisa González González que casaran en Bos Aires en 1870 e de onde se trasladaron a vivir a Cambados. O pai, comerciante, nace na Coruña, anque  ten orixes nas terras do Deza, de feito o apelido Asorey ten seguramente a súa orixe nunha aldea do Concello de Vila de Cruces, próximo a Lalín. A nai é cambadesa e residen na rúa do Sol (ou porta do Sol), en Fefiñáns. En Fefiñáns tamén nacera trece anos antes (en 1876) o poeta Ramón Cabanillas.”””

Temos que dicir ademais que Maribel foi a primeira en reivindicar o ano 2011 como ano Francisco Asorey, xa durante o pasado Ano Cabanillas 2009. Os que reivindiquen agora suman, pero non foron os primeiros, a ver cando o concello declara a oficiliade deste ano, esperemos que non o faga no 2012.

 

 

 

Cambados 26 de setembro de 2010

RUBÉN IGREXAS LAYA BAIXISTA DE CAMBADOS

MOITA XENTE SÓ VALORA OS GRUPOS QUE VEÑEN MASTIGADOS DE FÓRA

 

Rubén Iglesias comezou na música por casualidade. Non ano 2005, dous membros do grupo The Henry Warnimont animárono a ser ou seu baixista. O aceptou, e aínda que confesa que ata o momento só escoitaba música agora vive as 24 horas con ela.

-¿Como chegou a tocar na homenaxe a Jimmy Hendrix en Cambados?

-Foi unha moi boa experiencia. Os do Rif-Rock falaron connosco para que fósemos tocar. Xuntámonos dous do meu anterior grupo The Henry Warnimont, outros dous membros de Airas e un batería. Tocamos sen ensaios nin nada, e a xente quedou encantada.

-¿En que está a traballar agora?

-Estou metido de cheo coa creación dun novo grupo en Santiago, Radiactive Toy. Gustaríanos ter a oportunidade de tocar en lugares como a praza de Fefiñáns ou Santiago, pero non é moi fácil. Pois as institucións non facilitan a entrada dous músicos coma nós, e ademais, moita xente só valora vos grupos que veñen mastigados de fóra. Ademais disto, non meu myspace (myspace.com/jurassicbass) colgo as músicas que vou creando, influenciadas polos pianistas italianos, os chamados novos neoclásicos, a música jazz, o clásico e o pop de artistas como os Beattles.

-¿Nunca pensou en tocar na rúa?

-Si. En Santiago, un amigo máis eu queriamos tocar na rúa, pero a lista de espera era moi longa, e para cando puidésemos tocar xa non estariamos en Santiago.

Unha entrevista de Carolina Laya

 

 

 

Cambados 25 de Setembro de 2010

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

DOS MUSEOS DE CAMBADOS, HOXE SÁBADO E MAÑÁN DOMINGO.

No día de hoxe e no de mañá poderemos visitar  os museos cambadeses de xeito gratuito. Todos os cambadeses podemos apreciar na visita os catro museos cambadeses como eramos e como somos na actualidade. A magoa de todo esto é que nos enteramos da nova grazas a  www.cambadosweb.net , cando nos deberiamos de enterar por medio da páxina do concello que non sabemos se quen a leva esta un pouco despistado ou lle pagan por horas. Bueno, de todos xeitos aquí tedes unha pequena descripción dos museos que podedes visitar:

 

 

CASA – MUSEO RAMÓN CABANILLAS
A casa natal de Ramón Cabanillas é unha pequena edificación mariñeira situada no barrio de Fefiñans, rehabilitada e transformada en casa- Museo na década dos 90.
Aquí nace en 1876 o “Poeta dá Raza” e é aquí onde se levou a cabo a recreación da vida e obra do escritor.
Ambientes, influencias, testemuños, obxectos e un amplo abanico de pequenos matices, recollen, na medida do posible, a figura do poeta galego máis relevante de “As Irmandades dá Fala”.

 

MUSEO DA CASA DO PESCADOR
Situado no barrio de Sto. Tome, fronte ao porto deportivo e a escasos metros do mar, a antiga Casa Jovita foi hoxe día reformada na súa totalidade, recuperando a súa cuberta case derruida e as súas paredes interiores de pedra da zona.
Nesta antiga casa de pescadores o Concello de Cambados abriu as portas ao novo museo chamado Museo da Casa do Pescador. Nel queda constancia de cal era o xeito de vivir dos pescadores da zona , cales eran os seus hábitos e costumes, e tamén de como eran as súas casas: en canto á súa distribución, os elementos de construción, etc.
Neste museo tamén se proporciona información sobre os nosos mariñeiros, as especies capturadas e o marisqueo.
Todos estes contidos atópanse apoiados e representados por unha serie de elementos expostos, elementos relacionados coa pesca e o mar, pero tamén por un conxunto de sitemas tecnolóxicos, entre os que destacan os sistemas de información interactiva a través de terminais táctiles, a visualización de contidos a través das pantallas de plasma e a proxección de contidos desde o teito ao adoito .

 

MUSEO ETNOGRÁFICO E DO VIÑO
O Museo etnográfico e do viño de Cambados é o primeiro museo do viño de Galicia e un dos primeiros do estado español.

Está situado nun dos puntos máis emblemáticos de Cambados (xunto ás Ruínas de Sta. Mariña Dozo, monumento nacional, S XV), componse de dous edificios, unha antiga casa reitoral e un edificio de nova construción unidos por unha pasarela.
Complétase o conxunto cunha serie de salas de exposición interiores e exteriores, salas de investigación, arquivos, talleres de restauración, tenda e servizo de información, que coa súa apertura ao público fano un dos centros máis completos de Galicia.

 


MUSEO MUÍÑO DE MAREAS "A SECA"
Neste antigo muíño de mareas da Seca, actualmente restaurado e convertido en museo, empregaba o fluxo e reflujo das mareas para facer funcionar as catro pedras coas que contaba.

Publicado en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA | Deixar un comentario

Humor grandecheo: FALEMOS GALEGO, XA QUE ELES NON O FALAN.

Cambados 24 de setembro de 2010

MULLERES ADMIRADAS: AS MARISCADORAS DE CAMBADOS

 

As mariscadoras con Winnie Paltrow e Mabel Lozano

 

Se hai un colectivo na nosa vila que sexa digno de admiración ese non é outro que o das Mariscadoras, quenes nuns anos fixeron dunha actividade  que estaba esquecida da man de Deus, unha gran empresa que está a funcionar a gran ritmo todo ano. O traballo é duro , moi duro, pero menos que antes, seleccionase o horario, as recollidas, limpase, vixiase, elas fan todo sen a xunda de ningúen. Son admiradas por actrices como a nortemaericana afincada en Londres Winnie Paltrow ou a espoñola Mabel Lonazo quenes xa foron noticia no noso pobo por rodar sendos probramas adicados a elas para distintas televisións.

E ata teñen tempo para facer unhas precioas fotos dun “Mencer no Serrido”, a autora é Maria Teresa Piñeiro Morrazo e que vos amosamos no seguinte video: (Paga a pena velo).

 

 

 

Cambados 24 de Marzo de 2010

GOGUE TRIUNFA EN VIGO

Como xa sabedes, porque así xa leva tempo anunciado na nosa páxina, o a caricaturista máis famoso do mundo o meco-cambadés Gogue, está a expoñer dende o dez de Setembro e ata o 19 de outubro na Escola de negocios Ingafor, sita na viguesa Rua Condesa Bárcena Nº 11, con grande éxito de público e de crítica. Aquí vos deixamos unhas imaxes da exposición:

 

 

 

Cambados 24 de Setembro de 2010

“EXHIBICIÓN ALBARIÑO RC”

NO PAZO DE TORRADO DE CAMBADOS

 

O vindeiro domingo 26 de setembro celebrarase unha exhibición chamada “Albariño RC”, será sobre todo de coches escala 1/8 TT, terá lugar na explanada pavimentada con baldosa de pedra do Pazo de Torrado. O acto vai dar comenzo as 18 horas. O motivo deste evento e dar a coñocer máis o mundo do RC nesta zona. Para maís información podedes chamar o telefono 681160656.

 

 

 

Cambados 23 de setembro de 2010

CINCO MILLÓNS DE FOTOS DO PARADOR DE CAMBADOS INUNDARÁN O ESTADO ESPAÑOL
CAMBADOS E AS RÍAS BAIXAS PROMOCIÓNANSE NA LOTERÍA

Como sucede desde que comezase este ano 2010, un parador ilustra esta semana os cinco millóns de décimos de Lotería Nacional que se venden no estado español para cada un dos seus sorteos ordinarios. Nesta ocasión, os boletos que traerán a sorte o próximo 25 de setembro mostran unha fotografía da fachada do Parador de Cambados, situado no antigo pazo de Bazán, do século XVII, no centro da localidade e fronte á Ría de Arousa .
O antigo Pazo de Bazán, mansión solariega que iniciou a súa construción no Século XVII, localízase nas verdes paisaxes das Rías Baixas, concretamente na Ría de Arousa. Frondosos piñeirais, praias, calas e numerosos pazos, percorren a costa galega. O parador sitúase no centro da localidade de Cambados, a curta distancia das illas da Toxa e Arousa e conta cun coqueto patio interior no que destacan os soportais, a fonte e unha esvelta palmeira.
Posúe ademais agradables e luminosas habitacións e un confortable mobiliario; a iso únense columnas de pedra, teitos e vigas de madeira no resto de estancias, sen esquecer o seu espectacular xardín. O restaurante ofrece produtos da terra como a empanada de berberechos, o linguado ao Albariño e os mariscos.
Pola súa privilexiada situación, este establecemento forma parte de varios itinerarios trazados por Paradores. Entre eles atópanse a «Ruta do Camiño de Santiago I» ou a «Ruta dos Viños Galegos». A primeira discorre por algúns dos puntos máis importantes do Camiño de Santiago como León ou Santiago de Compostela. A segunda, pola súa banda, é un itinerario guiado polos afamados viños galegos. Percorre as terras que deron lugar a Denominacións de Orixe tan importantes como a de Monterrei, Rías Baixas ou Valdeorras, entre outras.

 

 

Cambados 22 de setembro de 2010

INTERVIDAS TRES PLANTACIÓNS DE MARIHUANA EN CAMBADOS E A ILLA DE AROUSA

 
Axentes da Garda Civil de Cambados incautáronse de tres plantacións de marihuana no día de hoxe, dúas na nosa vila e unha terceira na Illa de Arousa no marco dunha operación que se saldou con tres detencións, informaron fontes da investigación.
As intervencións practicáronse onte, a primeira no interior dun invernadoiro situado nunha leira de Cambados onde se cultivaban 33 plantas de marihuana. Foi detido M.S.J., de 35 anos, quen recoñeceu ser o propietario do inmoble e coidador da plantación.
Pola tarde foron intervidas no mesmo municipio once plantas nun invernadoiro situado nunha leira anexa á vivenda de L.N.V., unha muller de 32 anos.
Os axentes da Garda Civil sorprenderon na Illa de Arousa a D.D.D., un mozo de 20 anos, cando regaba unha plantación de doce matas de marihuana que foron intervidas.
Os detidos quedaron en liberdade con cargos e a obrigación de acudirse no xulgado cando sexan requiridos.

Unha Información de EFE para U.G.CH.

 

 

 

Cambados 22 de setembro de 2010

S.O.S. DO REFUXIO DE ANIMAIS DE CAMBADOS

A SITUACIÓN FAISE INSOSTIVEL.

 

Hoxe pódese catalogar como un dos peores días do Refuxio, están o completo de cans e pese a estar a xente debidamente informada segue a chamar e a abandonar animais. O derradeiro teñono identificado e poderia acarrearlle unha sanción o seu dono de 5.000 a 15.000 €, unha sanción moi grave xa que é un animal potencialmente perigoso. Olga Costa xa non sabe que facer dado que a situación desborda. Hai duas cadelas abandonadas con canciños e non sabe a donde levalas, hai dous cans máis que necesitan urxentemente acollida e por riba chama unha señora de Corvillón que un can de raza loba vagando pola rúa. ¿Que pode facer Olga Costa?. Para recoller o rotwailer de hoxe tivo que ceibar a duas cans que hoxe durmirán na rúa. Non sabemos como tanto aguanta esta muller.

 

 

 

Cambados 22 de setembro de 2010
AS 8 HORAS DO PAPA BENEDITO XVI EN SANTIAGO DE COMPOSTELA CUSTARÁN 3 MILLÓNS DE EUROS
QUEN DEBE ASUMIR O CUSTO DUNHA VISITA PAPAL?

MANIFESTACIÓN CONTRA DA VISITA O VINDEIRO 6 DE NOVEMBRO.

NUMEROSOS CAMBADESES TEÑEN PREVISTO A ASISTENCIA O ACTO

 

 

A diferenza do ocorrido en Reino Unido, onde esixe unha cota de entre 12 e 30 euros aos fieis, nas próximas visitas de Benedito XVI a España, non se cobrará a entrada por asistir ás misas e actos públicos oficiados polo Papa. Con todo, e a pesar de non tratarse de visitas de Estado, senón de viaxes apostólicos, o Estado e as administracións autonómicas e locais asumirán todos os gastos de seguridade, asistencia sanitaria, infraestruturas e dotación dos centros de prensa. Segundo o orzamento inicial realizado pola Xunta de Galicia, o custo público da visita de Benedito XVI o vindeiro sábado 6 de novembro ascende a tres millóns de euros, o que supón que cada minuto da estancia de Papa na cidade galega custará máis de 6.000 euros.
Unha plataforma cidada convoca a tódolos galegos  que se manifesten en contra da visita do papa o vindeiro 6 de Novembro as 12 horas na Alameda de Santiago.

Doutra banda xa se están a organizar dende a parroquia a asistencia de númerosos cambadeses os actos papais, haberá autobuses probablemente pagados polo Concello.

 

 

 

Cambados 20 de Setembro de 2010

SE ESTAS MOI LONXE DE CAMBADOS E QUERES COMER ALGO QUE SAIBA A CAMBADOS:

ZAMBURIÑAS EN SALSA GALEGA "CONSERVAS DE CAMBADOS"

 
Unha tapa clásica das rías galegas, elaborada a partir de zamburiñas, aceite vexetal, tomate, cebola, especies e sal. A zamburiña (Chlamys Varia) é un marisco similar á vieira pero de menor tamaño, e que vive na costa galega a uns 80 m de profundidade. Esta delicia é elaborada por unha empresa familiar especializada desde 1985 na preparación e conserva de produtos das Rías Galegas.  http://www.conservasdecambados.com/ 
2,98 €  (prezo I.V.E. incluído ).

 

 

 

Cambados 20 de setembro de 2010

ESCANDALOSO O SUCEDIDO NO CONCERTO DE CARLOS NUÑEZ

VARIOS CAMBADESES TIVERON QUE VIR DE VOLTA POR NON PODER VER A ACTUACIÓN

 

A Xunta debe repensar o seu sistema de castes nas convocatorias culturais que se presentan como gratuítas. No concerto que Carlos Núñez, a Sinfónica de Galicia e The Chieftains protagonizaron a fai uns días  no Obradoiro -un espazo que pertence á Humanidade- sobraba o xeneroso acoutado VIP ao que só se podía acceder por invitación. E sobraban os que, posuidores de tal privilexio arbitrario, chegaron tarde a tomar posesión dos seus asentos reservados e provocaron a quen, fóra da lista, non podían entrar na praza. Foi precisamente esa falta de respecto por quen actuaban a que se cargou a maxia dunha noite que, doutro xeito, sería inesquecible. Varios cambadeses tiveron que vir de volta por non poder entrar na praza, un deles  concretamente comentounos que os accesos a praza foron tomados pola Policia e non deixaban entrar a ningun que non tivera a entrada VIP gran parte do concerto foi chafada por culpa dos organizadores. Cando un espectáculo se fai para todos é para todos, sobras as silllas Vip e sobra o enchufe para entrar na praza. Outra máis do do conselleiro de Cultura Sr. Varela, a quen polo que se ve venlle grande o cargo.

 

 

 

Cambados 16 de setembro de 2010

ADVERTENCIA PARA OS QUE PENSABAN IR O “COVELO ROCK FESTIVAL”

HOMENAXE A JORGE PIÑEIRO

 

No caso de que o tempo non acompañe desprazaranse as actividades a instalacións cubertas que pon á disposición da organización  o Concello de Covelo nas inmediacións do centro do pobo.

Vaise a habilitar unha zona cuberta para acampada (con baños e duchas), ademais da prevista (Carballeira).

A zona de estacionamento estará sinalizada nas inmediacións do centro.

 

 

 

 

Cambados 16 de Setembro de 2010

O CONCELLO DE CAMBADOS E PORTOS DE GALICIA  COLABORAN COA ORGANIZACIÓN DE STREETEASE PARA RAPACES E RAPACES

DENTRO DA "I CONCETRACIÓN MOTERA CONCELLO DE CAMBADOS"

 

Como moita xente sabe este fin de semana vai ter lugar en Cambados a I Concentración Moteira “Concello de Cambados”, organizado polo motoclub “O mellor de Cada Casa”. Ata aquí a nova entra dentro do nornal pero se vos fixades no programa podedes ver que as 3 de maña do sábado  haberá Streeptease para mozos e mozos en diversos pùbs de Cambados, todo elo subvencionado con cartos de Portos de Galicia e do Concello de Cambados nas mans ambolos dous do Partido Popular, poois como se pode ver no cartel colaboran no evento. Non nos parece nin ético nin normal  se noutros pobos non protestaran por eventos somilares, non me imaxino donde porian o grito os do PP se o concello fora do PSOE ou do BNG.

De todos os xeitos os que queirades participar no evento aquí tedes o programa completo.

Programa 2010:
Sábado 18:
Ás 15:00h: Apertura de inscricións
Ás 17:30h: Xogos, touro mecánico, yinkana…
Ás 19:30h: Exibición moteira "Campos"
Ás 21:00h: Cea en restaurante "Vila do Son" amenizada polo grupo humorístico "Os Maldados"
Ás 23:30h: Ruta nocturna con bengalas polas rúas de Cambados
Ás 24:00h: Gran actuación humorística do grupo de teatro "Os Maldados"
Ás 02:30h: Festa polos distintos locais da zona, con descontos para os inscritos.
Ás 03:00h: Streeptease para mozos e mozas nos pub.
Domingo 19:
Ás 09:00h: Apertura de inscricións
Ás 09:30h: Almorzo, chocolate con churros (ata as 11:30h)
Ás 11:30h: Ruta moteira polos municipios lindeiros para degustar o viño Albariño acompañado de petiscos.
Ás 14:00h: Comida moteira no restaurante "Vila do Son", con sorteo de agasallos e entrega de trofeos.
A inscrición será de 30 euros (25 euros a preinscrición) e inclúe: cana, petisco, acampada, cea do sábado, almorzo e comida do domingo, camiseta, pin, etc.
Máis información Telf. Concello
: 986 52 09 02 (Esto aparece asi escrito neste blog:

http://fiestas-gallegas.blogspot.com/2010/09/cambados-i-concentracion-motera.html )

 

 

 

Cambados 15 de setembro de 2010

"MANSO E AMIGOS" EN CONCERTO

NA “ADEGA DON OLEGARIO”

 

O vindeiro xoves ás 22 horas e o venres a unha da maña terá lugar un gran concerto na Adega Don Olegario de Cambados, coa actuación de “Manso e Amigos”. Grupo de sobra de todos coñecido en Cambados, dos que podes ver moitos videos colgados en you tube grazas a xentileza de Unha Grande Chea. “Manso e Amigos”  son Salvador Cores “Manso”, Blas, José Antonio Vilas, Olegario (o propietario da adega),  Xan Silva e Monchiño Vieites, que de seguro van facer a delicia de todos os asistentes e en particular da xente entrada en anos cos seus famosos boleros sen esquecer a música da nosa terra.

 

 

Cambados 15 de setembro de 2010

O DECRETO DO PLURILENGÜISMO, UNHA ATAQUE FRONTAL AO GALEGO

UN ARTIGO DE VICTOR CAAMAÑO.

 

O pasado venres comezou o curso escolar nos colexios de educación primaria e o próximo  17 de setembro comezará nos centros de secundaria. Co inicio do novo curso escolar  comezará a aplicarse o chamado Decreto do Plurilingüísmo; unha normativa que, aparte de ser, un verdadeiro ataque contra a utilización da lingua galega no ensino tamén está a supor un  despilfarro de cartos para as arcas públicas. Un despilfarro de cartos por parte da Xunta do PP que demostra, unha vez máis, que a súa chamada “política de austeridade” é unha mera pantalla propagandística que, en realidade, o que agocha é a incapacidade do PP para gobernar este país.

A aplicación do Decreto do Plurilingüísmo fai necesario cambiar, por estar en galego, os libros de matemáticas de 3º e 4º de primaria e os de matemáticas, tecnoloxías e física e química de ESO. Só nos centros de ensino de Cambados está normativa fará que 800 alumnos e alumnas (300 de primaria e 500 de secundaria) teñan que comprar os citados libros de texto, o que suporá un gasto total para os pais e nais de Cambados de 35.000 €. Ademais as axudas da Xunta para a compra de  libros por medio do hipocritamente chamado “sistema de gratuidade solidaria” exclúe á maioría das familias, polo  que serán estas as que paguen os novos textos cos seus ingresos.

E o máis triste desta situación e que, mentres tanto, haberá que tirar ao lixo os mesmos libros, do sistema de gratuidade do anterior goberno galego, simplemente por estar en galego. Que doado sería prorrogar, neste caso o Decreto, por uns anos ata rematar, polo menos, a vida útil dos libros do sistema de gratuidade  anterior; que ademais so tiveron unha vida útil de dous anos fronte aos catro para os que estaban previstos.

Semella que o PP esquécese da crise e da austeridade cando o que está en xogo é exclusivamente os seus intereses políticos, demostrando que os intereses dos cidadáns sempre están nun segundo plano.

Un artigo de Victor Caamaño, profesor do I.E.S. Francisco Asorey.

Publicado en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA | Deixar un comentario

Humor Grandecheo: UN INDIVIDUO CUN RELOXO SABE QUE HORA É

Cambados  14 de setembro de 2010

EXPOSICIÓN DE XAQUIN CHAVES

NA GALERIA BORRÓN 4 DE CAMBADOS

Xaquin Chaves e a súa obra “Brisa e Reflexos” Pigmentos  

 

A Galeria BORRÓN 4  de Cambados que rexenta Luis Silvoso comunicanos que o vindeiro  día 17 de Setembro as 20,30  h. vai proceder  á  inauguración da Exposición “AUGA” do artista Xaquín Chaves.

Xaquín Chaves López (*Vilaxoán, 1959). Absolutamente contrario a exhibir circunstancias persoais da súa vida, xamais ofrece outros datos que os emparentados coa súa obra, que é a que nos permite ver un temperamento intimista, eminentemente lírico, cunha sensiblidad extrema na súa aparencia física de personaxe dun cadro do impresionista Monet, de fronte despexada, ampla e serena mirada e espeso e lacio bigote.

 

A súa primeira aparición data de 1987, en mostras colectivas en Villagarcía de Arousa. Desde entón a súa presenza en exposicións galegas é constante, desde Novos Valores, da Bienal de Pontevedra, ata os certames de Unión Fenosa, tan selectivos. A primeira exposición individual realízaa en Marín e levou a cabo outras, non moitas, en diferentes cidades de Galicia.

Nun principio hai na súa pintura referencias formais aínda que moi decantadas. Logo, derivou ao informalismo puro, cunha das paletas máis ricas e expresivas da pintura galega contemporánea. Ás veces, achégase aos compoñentes do grupo El Paso e ata cabe emparentarlo coa época "numista" de Benjamín Palencia, que inflúe en artistas que conseguen as expresións máis puras da abstracción. De calquera forma, os nomes que constituirán os mellores antecedentes de Chaves son Guerreiro e un momento concreto de Guinovart.

 

Todos os gammas son posibles na súa paleta, desde os rosas e ocres, a verdes e azuis, con amarelos e brancos. É unhas pura sinfonía cromática de trazos, xeometrías insinuadas, formas que se adiviñan invitando á reflexión. Porque todo é referencia imaxinable, se, máis nada se concreta. Os títulos dos cadros de Chaves son, en series que alcanzan decenas, sinxelamente "Capricho", e nas que se atopan desde unha critalografía soñada ata unha paisaxe que cremos poder identificar, e, con todo, é imposible. O mar é unha referencia constante, aínda que tan contemplado coa mirada da alma como polos ollos do rostro, porque para Chaves como aseguraba Leonardo dá Vinci, "a pintura é cousa mental".

A exposición terá lugar dende o 17 de setembro ao 19 de outubro de 2010 en horario de  De martes a sábado de 11,30 a 14,00 e de 18,30 a 21,30 

GALERÍA BORRÓN 4.   Av. Galicia, 39 Cambados (Pontevedra) Telf. 986.52.01.22.  borron4@terra.es                                                           

 

 

 

Cambados 14 de setembro de 2010
FESTIVAL DE ROCK E OUTROS EVENTOS EN COVELO
A PROL DO GARDA CIVIL ASASINADO JORGE PIÑEIRO.

Evento solidario en memoria de Jorge Piñeiro, o garda civil asasinado fai unhas semanas na Cañiza mentras intentaba evitar un atraco. Os seus amigos están a organizar un festival de Rock, unha concentración de coches clásicos e unha ruta moteira na súa honra, xa que estas tres actividades eran as que enchían o tempo libre de Jorge, ademáis dous seus tres fillos.
Tanto os concertos do día 18 de setembro (sábado) coma a exposición de coches e concentración de motos do domingo 19 son gratuítos, pero a recadación obtida na cantina e os donativos serán ofrecidos á viuva é vos tres nenos.
Sábado 18
Concerto de Rock
Breakin’ Bones (Vigo)
Doutor Gringo (Santiago)
Fishfuckers (Vigo)
Mr. Whiz (Vigo)
Lou Reyes e Os Astros (Santiago)
Foggy Mental Breakdown (Vigo)
Hound Dogs (A Coruña)
DJ Juanillo Mónica Tóxica
Apertura de cantina, a cargo de Ramón «Arredemo»,
Recomendamos facer uso da zona de acampada anexa ao campo de fútbol para reducir os desprazamentos na medida do posible, a las 15:00h.
Domingo 19
Apertura de cantina desde as 09:00h . Exposición de coches ás 11:00h  Saída moteira ás 12:00h desde o campo de fútbol de Covelo en dirección a Vigo con parada no Cemiterio de Teis
Fin da homenaxe ás 15:00h . O bar Princesa abre as súas portas para a ocasión a quen queira terminar a ruta «chez Charo».
ENTRADA E ACAMPADA GRATUÍTA
Concertos desde 17:30h – 02:00h
A recadación obtida nas actividades ofrecerase a Eva, a súia viuva  e os tres nenos.
Fila 0 e doazóns: 2100 6358 01 0100023985 de «A Caixa»
E-mail de contacto: rockcovelo@hotmail.com

Máis información en http://www.rockcovelo.codexion.com  
  Tamén teñen un evento en Facebook:  http://www.facebook.com/event.php?eid=111516752238798 

 
 
 
Cambados 14 de setembro de  2010

O DJ KIKO VILLA EN CAMBADOS

NO PUB D4

 

Waterylove Group en colaboración co pub D4 de Cambados ofrécenos unha noite de festa por todo o grande.  Unha noite de club,noite house music…..

a cargo da música estará un dos dj revelacion do panorama electronico en Galicia…..  Kico Villa  Waterylove Group,Spain  http://www.myspace.com/djkicovilla   co acompañamento do percusionista:J.Pa$

Waterylove Group,Vilagarcia  agasallo de cd promocional aos 49 primeiros en pedir un combinado,  repartición de cds en barra!!  e a mans destes 2 cracks do espectaculo non pararemos de bailar e de pasar unha noite inesquecible en terras cambadesas!!

Hora da Sesión, a partires as 2 da maña. 

Publicado en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA | Deixar un comentario

Humor Grandecheo: UN BO XANTAR, PON O ESTOMAGO A CANTAR.

Cambados 13 de setembro de 2010

O CAMIÑO DE SANTIAGO EN BICI

PONFERRADA-SANTIAGO  (244 KMS)

EN TRES DIAS E MEDIO

Manolo o de Tita, Chon, Luis "O Loino", Manolo "O de Begoña", Salvador e Luciano, unha media de 50 anos.

 

O que comezou como en reto persoal de Manolo o de Tita, levamolo a cabo fai uns días concretamente dende o 26 o 29 de Agosto. Xuntámonos Luís “O  Loino”, Manolo “O de Tita”, Manolo “o de Begoña”, Salvador, Luciano (dous compañeiros de traballo de Manolo “O de Tita”) e Chon, e alí nos fomos coas nosas bicis a Ponferrada, a onde chegamos sobre as dúas e media da tarde (levounos nunha furgoneta Canqueno “O do Paseo”, metemoslle unha comida “lixeira” e comezamolo o camiño, a primeira etapa foi Ponferrada-Trabadelo (39 kms), A seguinte etapa, a máis dura sen dúbida) foi Trabadelo-Sarria de 69 km, pois tivemos que subir o Cebreiro e o Alto de Poio de mais de 1200 metros de altura cada un. A terceira etapa foi Sarria-Arzua de 90 km e por fin a derradeira etapa foi Arzúa Santiago de Compostela de 46 km. A onde chegamos  sobre as 13 horas aproximadamente. Manolo “O de Begoña” foi o que fixo o “Diario de Campaña” pero aínda non mo pasou, cando o teña xa o publicaremos. De momento podedes ver en “As Nosas Fotos…” unha ampla reportaxe fotográfica do evento. O presidente de Unha Grande Chea, Chon, xa o fixera a pe dende Roncesvallas, agora solo lle falta facelo a cabalo, o carallo e atopar o cabalo.

 

 

 

Cambados 13 de setembro de 2010

O  CONCELLO DE CAMBADOS  DIVULGA UN TRÍPTICO E OMITE O GALEGO.

“DESCUBRE CAMBADOS EN KAYAK” EN CASTELÁN , INGLÉS E FRANCÉS.

Os tripticos omiten "intencionadamente" o galego.

 

Parécenos moi ben que se fagan cousas por Cambados  e que se divulguen os catro ventos,  que non só saiamos na prensa polo de “sempre”  e pola  “Romaría Ppopular “ que ten lugar en Cambados o primeiro domingo de agosto (a mal chamada Festa do Albariño).  Parécenos moi ben “Descubrir Cambados en kayak”, o que non nos parece tan ben e que se omita o noso idioma a hora de elaborar os trípticos e mais por un organismo que pagamos todos, e así o podemos comprobar nos e a tamén o podedes facer vos.  Empezamos omitindo o idioma galego destas cousas  que parecen que non teñen importancia e logo pasa o que pasou co decreto do galego, queremos tamén eliminar o galego do ensino. Non podemos deixar pasar por alto este grave erro cometido polo Concello do PP, e que non nos aleguen razons de espacio, por que o triptico case que ten o tamaño dunha manta, o que ignoramos é porque  o PSOE e o BNG de Cambados non protestaron sobre o tema, ou se o fixeron no transcendeu a prensa.

 
 
 
 Cambados 12 de setembro de 2010

A TRIPULACIÓN DA AIREXA HOMENAXEOU O PRIMEIRO PRESIDENTE DE UNHA GRANDE CHEA , TITO SILVA

TITO FOI O XERME PARA A RECUPARACIÓN DAS EMBARCACIÓNS TRADICONAIS E DO ENTROIDO EN CAMBADOS

 

Tito Silva foi o primeiro presidente de Unha Grande Chea. Aqui o pemos ver como compoñente da Asociación nos anos 1985 e 1986.

 

Quince típicas dornas déronse cita onte en Cambados para homenaxear ao xa falecido impulsor da recuperación de embarcacións tradicionais e o Entroido na localidade e primeiro presidente de Unha Grande Chea, Tito  Silva.  Tito estivo como presidente da  nosa Asociación de 1985 a 1987 en que foi relevado a petición propia, e foi o que puxo a andar a Asociación e por ende o Entreoido cambadés. Dicia o primeiro capitull do noso libro "Unha Grande Chea 20 anos de Troula": "…As letras deste ano débense en gran parte , o Rioxa pelón do Bar Castriño, o viño de Rueda que trouxera tito Silva, e algunha que outra Estrella de Galicia…"

O peirao de San Tome volveu por unhas horas ao pasado e encheuse de velas inchadas polo vento que asucaron as augas da ría entre Cambados, A Lobeira e a ponte da Illa de Arousa.

 

A tripulación da Airexa onte navengando por Cambados

 

A antiga tripulación da dorna Airexa, que fose propiedade do homenaxeado, foi a encargada da organización deste encontro, no que participaron embarcacións de distintos municipios arousáns, como O Grove, A Illa ou Vilanova, ademais de Cambados.

Aínda que as dornas foron as principais protagonistas do encontro, capitaneadas pola Airexa e pola Nova Jorita, patrimonio local, non foron o único tipo de botes en acudir á cita cambadesa.

O de onte foi a primeira homenaxe realizada a Silva desde a súa morte, a finais dos anos noventa.

Os afeccionados á cultura marítima tradicional da localidade quixeron pór en valor a figura dun home que xa nos anos setenta comezou a interesarse pola recuperación de embarcacións tradicionais. "Foi un dos primeiros en Cambados", explica Evaristo Piñeiro (fundador de Unha Grande chea na compaña de Tito e outros e amigo personal do homenaxeado) , un dos organizadores do encontro.

 

 

Tito Silva xunto co ase amigo e co-fundador de Unha Grande Chea Evaristo Piñeiro, tamén un dos organizadores do evento de onte. No outra foto podemos ver as embarcación homenaxeando a Tito.

 

Piñeiro relata que a restauración da dorna Airexa realizada por Tito Silva fai xa tres décadas serviu para introducir neste mundo a moitos dos actuais afeccionados á navegación tradicional que a día de hoxe forman parte dos distintos colectivos integrados na Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, e recorda tamén con cariño aqueles entroidos o lado Tito Silva e a undación da Asociación no mítico Bar Castriño de Cambados.

Fernando Pombo  é un dos cambadeses que aínda garda no seu recordo a Tito Silva, tío e un  dos seus compañeiros de infancia, e os veráns a bordo da súa dorna cun tocadiscos British Seagull amenizando as travesía coas súas melodías.

Contrariamente ao que poida pensarse,Tito Silva non foi mariñeiro de profesión. Aínda que este cambadés deixou ben patente durante a súa vida o seu amor polo mar e pola cultura marítima, o seu labor profesional desenvolveuse en terra firme, como comerciante amén de como dixemos   ser o fundador de Unha Grande Chea na compaña  de Dominguez, Chon, Pelea, Evaristo e outros. No entanto, podería dicirse que coa recuperación da Airexa iniciou o camiño da posta en valor das dornas de tope.

 

Tito no Entroido de 1985 formando parte de Unha Grande Chea, e na outro foto podemos ver outro intre do I Memorial Tito Silva.

 

Trátase dun tipo de embarcación non demasiado habitual, que recibe o seu nome do modo no que van colocadas as súas táboas; mentres que nas dornas comúns a construción realízase "a tingladillo", é dicir, superponiendo unhas madeiras a outras, nas dornas a lume de biqueira as táboas xúntanse. Actualmente localidades como A Illa de Arousa, O Grove ou Portonovo contan con dornas a lume de biqueira recuperadas. A Airexa está agora en mans dos sobriños de Silva, que continúan sacándoa a navegar e mantendo así vivo o amor polo mar e polas dornas que o seu tío deixoulles como legado.

Aínda que a recuperación de cascos antigos é hoxe un traballo custoso, contan por Cambados que, no seu día, Tito Silva chegou a un acordo para facerse coa Airexa a cambio dun paquete de Celtas.

Publicado en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA | Deixar un comentario

Humor Grandecheo: PAPA, VEN EN TREN.

Cambados 10 de setembro de 2010
HERBELLA O “REI MIDAS” DA ENOLOXIA
CONSEGUE OS TRES PRIMEIROS PREMIOS NA CATA DE VIÑOS DE GALICIA 2010

TODO VIÑO QUE TOCA CONVIRTEO EN PREMIO.

 

Hervella cos seus amigos e co presidete de Unha Grande Chea.

O Enologo Jorge Hervella coa  adega Coto de Redondo, das Neves, levouse o Acio de Ouro grazas ao caldo Señorío de Rubiós que conquistou ao xurado da vixésimo segunda edición da Cata dúas Viños de Galicia 2010.

Señorío de Rubiós, que non para este ano de sumar galardóns dado que tamén conseguiu a Medalla de Ouro na Festa do Albariño, non foi o único galardoado onte na entrega de premios celebrada na localidade ourensá de Verín.
O Acio de Prata foi tamén para Jorge Hervella esta vez co viño   Eidosela, de Adegas Eidosela S.L.; o Acio de Bronce tamén o levou Hervella esta vez co viño Bágoa do Miño de Adega As Laxas S.A.; o cuarto posto levoullo Lagar de Costa da Adega Dores Fontán Limeres. O quinto premio tamén foi a parar a Señorío de Rubiós tamén de Hervella co viño  Condado de Tea mentres que o sexto posto recala en Marqués de Fonseca de Adega Vitivinícola do Miño S.L. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, foron onte os encargados de presidir unha entrega de premios na que se destacou a calidade dos viños galegos e tamén a importancia do sector vitivinícola á hora de axudar a soster a economía de Galicia. Máis de 200 adegueiros asistiron ao acto.

 

 

 

 

Cambados 10 de Septiembre de 2010

DJ E HIP HOP NO PASEO DA CALZADA

O GRUPO CAMBADÉS ESCARCHA ENTRE ELES

LIDERADO POLO POLIFACETICO MIGUEL PALACIOS JR.

  

1.- Cartel anunciador do evento. 2.- Miguel Palacios Jr, lider de Scarcha.

 

Hoxe a partires  das 18 horas e no paseo da  Calzada poderemos ver un grande festival de DJs e de grupos da nova vangarda, entre eles o cambadés SCHARCHA, liderado polo polifácetico xoven cambadés Miguel palacios Jr. Ademáis de Scharcha, actuarán DIDACO CEP DJ CICDRON, BAND DE LA SQUAD,  FACTORY, CREW, SHOWELL &LAKA E PUENTE.

 
 
 
Cambados 10 de setembro de 2010

O CHALEQUEIRO DE UNHA GRANDE CHEA  MANOLO PAZ,  DESEÑA O ALTAR DO PAPA EN COMPOSTELA
SITUARASE ENTRE OS PAZOS DE RAXOI E SAN XEROME
SEGUNDO OS BOSQUEXOS INICIAIS, A ESTRUTURA TERÍA OITO METROS DE ALTURA E TEITO

Manolo Paz na compaña doutro artista cambadés o mestre da mamposteria,  Blas Charlin.

Aos poucos van saíndo á luz os fastos que rodearán a visita de Benedito XVI a Compostela. Faltan apenas dous meses para o 6-N e a organización ata os últimos cabos do que será a primeira viaxe oficial do Pontífice  a Galicia. O encargo do altar onde ha de oficiar a misa Benedito XVI recaeu no escultor cambadés e chalequeiro de Unha Grande Chea Manolo Paz. A pesar de que negou que a súa participación no desenvolvemento do proxecto estivese pechada, fontes solventes aseguran que a estrutura levará o seu selo sen dúbida. Cun notorio recoñecemento a nivel internacional, na súa obra sobresaen a familia de menhires na Coruña ou a peza que rende homenaxe ás vítimas dos atentados do 11-S e o 11-M.
Se as pautas anunciadas polo Arcebispado de Santiago non variaron, o altar roldará os oito metros de altura. Situado entre Raxoi e San Xerome, o acceso quedará habilitado a través dunha rampla. A plataforma contigua destinarase aos sacerdotes concelebrantes e oferentes. Segundo as previsións, a estrutura disporía de teito para resgardarse de posibles choivas.
Presididiria o ara unha escultura en granito do noso isigne paisano e chalequeiro a máis diso un fondo de altar en madeira engarzada que sos sorprenderá a  todos.

 

 

Publicado en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA | Deixar un comentario