Humor Grandecheo: “SE AINDA SOMOS GALEGOS, É POR OBRA E GRAZA DO IDIOMA” (Castelao)

Cambados 26 de setembro de 2010

20º ANIVERSARIO DE “VETERANOS DE CASTRELO”

SABADO 16 DE OUTUBRO ÁS 22.00 H.

ACTUARÁN DJ CACHOLAS,DJ TOMY,DJ SANTI MARTINEZ

 

O Club de Fútbol “Veteranos de Castrelo”, están de aniversario, nada máis nin nada menos que cumpren 20 anos. E como a ocasión o merece, van facer unha festa por todo alto, así o vindeiro 16 de outubro, sobre as 22 horas , no Campo da Festa de Castrelo vai haber un gran festival coa actuación de  DJ CACHOLAS,DJ TOMY,DJ SANTI MARTINEZ, todos eles da cadena Top de Coruña, estades todos invitados a este acontecmento.

 

 

 

 

Cambados 26 de Setembro de 2010

NACE UN NOVO BLOG http://pacoasorey.blogspot.com/

SOBRE A VIDE E OBRA DE ASOREY

A SÚA AUTORA , COMO NON PODÍA SER MENOS, MARIBEL IGLESIAS

Maribel Iglesias

Maribel Iglesias, aparte da súa profesión como mestre do I.E.S. Francisco Asorey de Cambados, ten unha actividade cultural digna de admiración, esta actividade plasma nos seus diversos blogs, estes días precisamente acaba de poñer un novo a disposición  de todos nos, un blog moi interesante que nos van a ilustrar sobre a vida e obra de Francisco Asorey, ese famoso artista cambadés, descoñecido en parte para o gran público, Maribel vainos amosando mediante este blog todos os pormenores da vida e obra de Asorey. Ben merece darlle unha visita de vez en cando.

 

 

Retrato de Francisco Asorey por Pacheco e Casa natal de Francisco Asorey en Fefiñans.

 

Así empeza o blog:

“””Hoxe empezamos un novo blog. O 2 de xullo do próximo ano 2011 cumpriranse 50 anos da morte do escultor cambadés Francisco Asorey. Este blog pretende ser unha homenaxe e tamén unha fonte de información e imaxes para os que queiran achegarse á súa figura. O 4 de marzo de 1889, ás 8 da noite, nace en Fefiñáns, Cambados, Francisco Hipólito Asorey González, derradeiro fillo dos conxugues Antonio Asorey Rey e Elisa González González que casaran en Bos Aires en 1870 e de onde se trasladaron a vivir a Cambados. O pai, comerciante, nace na Coruña, anque  ten orixes nas terras do Deza, de feito o apelido Asorey ten seguramente a súa orixe nunha aldea do Concello de Vila de Cruces, próximo a Lalín. A nai é cambadesa e residen na rúa do Sol (ou porta do Sol), en Fefiñáns. En Fefiñáns tamén nacera trece anos antes (en 1876) o poeta Ramón Cabanillas.”””

Temos que dicir ademais que Maribel foi a primeira en reivindicar o ano 2011 como ano Francisco Asorey, xa durante o pasado Ano Cabanillas 2009. Os que reivindiquen agora suman, pero non foron os primeiros, a ver cando o concello declara a oficiliade deste ano, esperemos que non o faga no 2012.

 

 

 

Cambados 26 de setembro de 2010

RUBÉN IGREXAS LAYA BAIXISTA DE CAMBADOS

MOITA XENTE SÓ VALORA OS GRUPOS QUE VEÑEN MASTIGADOS DE FÓRA

 

Rubén Iglesias comezou na música por casualidade. Non ano 2005, dous membros do grupo The Henry Warnimont animárono a ser ou seu baixista. O aceptou, e aínda que confesa que ata o momento só escoitaba música agora vive as 24 horas con ela.

-¿Como chegou a tocar na homenaxe a Jimmy Hendrix en Cambados?

-Foi unha moi boa experiencia. Os do Rif-Rock falaron connosco para que fósemos tocar. Xuntámonos dous do meu anterior grupo The Henry Warnimont, outros dous membros de Airas e un batería. Tocamos sen ensaios nin nada, e a xente quedou encantada.

-¿En que está a traballar agora?

-Estou metido de cheo coa creación dun novo grupo en Santiago, Radiactive Toy. Gustaríanos ter a oportunidade de tocar en lugares como a praza de Fefiñáns ou Santiago, pero non é moi fácil. Pois as institucións non facilitan a entrada dous músicos coma nós, e ademais, moita xente só valora vos grupos que veñen mastigados de fóra. Ademais disto, non meu myspace (myspace.com/jurassicbass) colgo as músicas que vou creando, influenciadas polos pianistas italianos, os chamados novos neoclásicos, a música jazz, o clásico e o pop de artistas como os Beattles.

-¿Nunca pensou en tocar na rúa?

-Si. En Santiago, un amigo máis eu queriamos tocar na rúa, pero a lista de espera era moi longa, e para cando puidésemos tocar xa non estariamos en Santiago.

Unha entrevista de Carolina Laya

 

 

 

Cambados 25 de Setembro de 2010

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

DOS MUSEOS DE CAMBADOS, HOXE SÁBADO E MAÑÁN DOMINGO.

No día de hoxe e no de mañá poderemos visitar  os museos cambadeses de xeito gratuito. Todos os cambadeses podemos apreciar na visita os catro museos cambadeses como eramos e como somos na actualidade. A magoa de todo esto é que nos enteramos da nova grazas a  www.cambadosweb.net , cando nos deberiamos de enterar por medio da páxina do concello que non sabemos se quen a leva esta un pouco despistado ou lle pagan por horas. Bueno, de todos xeitos aquí tedes unha pequena descripción dos museos que podedes visitar:

 

 

CASA – MUSEO RAMÓN CABANILLAS
A casa natal de Ramón Cabanillas é unha pequena edificación mariñeira situada no barrio de Fefiñans, rehabilitada e transformada en casa- Museo na década dos 90.
Aquí nace en 1876 o “Poeta dá Raza” e é aquí onde se levou a cabo a recreación da vida e obra do escritor.
Ambientes, influencias, testemuños, obxectos e un amplo abanico de pequenos matices, recollen, na medida do posible, a figura do poeta galego máis relevante de “As Irmandades dá Fala”.

 

MUSEO DA CASA DO PESCADOR
Situado no barrio de Sto. Tome, fronte ao porto deportivo e a escasos metros do mar, a antiga Casa Jovita foi hoxe día reformada na súa totalidade, recuperando a súa cuberta case derruida e as súas paredes interiores de pedra da zona.
Nesta antiga casa de pescadores o Concello de Cambados abriu as portas ao novo museo chamado Museo da Casa do Pescador. Nel queda constancia de cal era o xeito de vivir dos pescadores da zona , cales eran os seus hábitos e costumes, e tamén de como eran as súas casas: en canto á súa distribución, os elementos de construción, etc.
Neste museo tamén se proporciona información sobre os nosos mariñeiros, as especies capturadas e o marisqueo.
Todos estes contidos atópanse apoiados e representados por unha serie de elementos expostos, elementos relacionados coa pesca e o mar, pero tamén por un conxunto de sitemas tecnolóxicos, entre os que destacan os sistemas de información interactiva a través de terminais táctiles, a visualización de contidos a través das pantallas de plasma e a proxección de contidos desde o teito ao adoito .

 

MUSEO ETNOGRÁFICO E DO VIÑO
O Museo etnográfico e do viño de Cambados é o primeiro museo do viño de Galicia e un dos primeiros do estado español.

Está situado nun dos puntos máis emblemáticos de Cambados (xunto ás Ruínas de Sta. Mariña Dozo, monumento nacional, S XV), componse de dous edificios, unha antiga casa reitoral e un edificio de nova construción unidos por unha pasarela.
Complétase o conxunto cunha serie de salas de exposición interiores e exteriores, salas de investigación, arquivos, talleres de restauración, tenda e servizo de información, que coa súa apertura ao público fano un dos centros máis completos de Galicia.

 


MUSEO MUÍÑO DE MAREAS "A SECA"
Neste antigo muíño de mareas da Seca, actualmente restaurado e convertido en museo, empregaba o fluxo e reflujo das mareas para facer funcionar as catro pedras coas que contaba.

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s