Cambados 25 de Agosto de 2010
CONCERTO DE JOSE LUIS NUÑEZ “PEPE”
NA TERRAZA DA ADEGA DON OLEGARIO
MAÑÁ AS 22.30 H. E O VENRES A 1.30 H.
Pepe Nuñez
Todos os que coñecemos un pouco a Pepe, sabemos da súa afección a música tanto como productor como cantante afeccionado, e sen medo ningún mañán xoves e as 22.30 horas e o venres a 1.30 da madrugada actuará na terraza da Adega don Olegario sita en Refoxos-Corbillón-Cambados. O seu repertorio basease en cancións de Antonio Vega, Los Secretos e tantos outros. Os que acudan a estes concertos de seguro que van pasar un intre agradable.
Cambados 24 de Agosto de 2010
XAQUIN XESTEIRA E RODRIGO ROMANI NO NATIONAL CONCERT HALL DE IRLANDA.
XUNTO COA ORQUESTRA SINFÓNICA DA RADIO TELEVISIÓN IRLANDESA E OUTROS GRANDES ARTISTAS.
O VINDEIRO 27 DE AGOSTO
Xaquín Xesteira e Rodrigo romani actuarán no National concert Hall
No máis importante concerto anual que leva a cabo a orquestra sinfónica da Radio Televisión Irlandesa para render homenaxe os tesouros musicales de Irlanda, ´que terá lugar o vindeiro 27 de Agosto participarán como invitados os artistas-mestres galegos Xaquin Xesteira e Rodrigo Romani. Tamén actuará no mesmo concerto Billl Whelan compositor e gañador dun Grammy coa sua composición Riverdance e arreglista de U2, como invitado especial. Tamén participan no concerto cantantes irlandeses, bailarins e instrumentistas que se unen a orquestra baixo a dirección do titular David Brophy. O programa inclue pezas tales como Dan do Lara, Timedance, The Seville Suite (nesta peza podese ver a mistura do baile irlandés co flamenco.)
Elenco de artistas:
RTÉ Concert Orchestra
Ellen Cranitch: presentador.
Bill Whelan: piano
Julie Feeney & Morgan Crowley: vocalistas.
Zoë Conway: violin
Declan Masterson: gaita irlandesa
Rodrigo Romani: Harpa
Xaquín Xesteira Losada: Gaita e whistle
Mel Mercier: bodhrán
Éilís Egan: acordeón
Mia Cooper: violin
Alan Kenefick: Danzador Irlandes
Yolanda Gonzalez: bailarina flamenco
David Brophy : director da orquestra.
Con esta actuación o cambadés Xaquin Xesteira, da un paso máis no súa longa e porlífica carreira músical e pasa así a considerarse como un dos mellores gaiteiros da actualidade. Nos temos a honra de que participa con Unha Grande Chea cada vez que é chamado e os seus compromisos llo permiten.
Cambados 24 de Agosto de 2010
FALECE JOAQUIN “LENS” TUERO
PROFESOR E DIRECTOR DO INSTITUTO CABANILLAS A FINAIS DOS 70 E PRINCIPIOS DOS 80
A SÚA GRAN PAIXÓN ERA SER ACTOR.
Joaquin Lens sinalado cunha flecha, cos demais profesores do Instituto Ramón Cabanillas a finais dos anos 70.
O crítico de arte Joaquín Lens Tuero faleceu o pasado venres na Coruña á idade de 63 anos e os seus restos foron incinerados na intimidade familiar. Joaquín Lens, que era catedrático xubilado de ensino medio, estableceu un estreito vínculo co mundo de arte na década dos oitenta, momento no que empezou a escribir sobre esta materia. As súas críticas de arte apareceron publicadas nas páxinas culturais e locais de varios medios de comunicación durante os últimos anos e ata fai poucos meses. Ademais, os seus textos acompañaron os catálogos de exposicións de numerosos artistas.
Dotado dunha poderosa voz, Joaquín Lens foi tamén un destacado doblador, fundador de Studio XXI Producións, que fixo a locución en numerosas series e documentais.
Joaquin Lens actuou como narrador e actor na curta "A Fouce esquecida" do cambadés Benjamin Rey.
Joaquin Lens era catedrático de Literatura e foi profesor e director do Instituto Ramón Cabanillas a finais dos anos 70 e principios dos 80. Lens foi narrador e actor na curta de Benjamin Rei “A fouce esquecida” baseada nunha poseia de Ramón Cabanillas, estivo invitado por Unha Grande Chea na homenaxe que esta asociación fixo a Ramón Cabanillas en decembro de 2006, non puido acudir por razóns persoais, pero escusou a súa presenza.
A verdadeira paixón de Lens, era ser actor, vivia as clases prácticas, facendo que os alumnos representasen, polo menos coa voz, os personaxes que tocaban ler. Para algúns alumnos foi un dos mellores profesores que pasou polo Instituto Ramón Cabanillas ata ou de agora. Descanse en paz e un recordo emotivo de parte dos seus alumnos de Cambados.
Cambados 24 de Agosto de 2010
“PIRATAS” EN CAMBADOS
Pilar Rubio e Oscar Jaenada, protagonistas da serie.
Navíos, duelos a espada, mazmorras, execucións, rescates en sombríos mosteiros, combates ao bordo de cantiis e espectaculares abordaxes en alta mar na nova serie de Telecinco, ‘Piratas’. Para loitar por un cobizado tesouro, para vivir aventuras, protagonizar escenas de amor e vengazas: Alicerce Louro e Óscar Jaenada.
A ficción está ambientada no século XVIII e contará as aventuras de Álvaro Mondego (Óscar Jaenada), un nobre vindo a menos, canalla, descarado, gaioleiro e cunha paixón desmedida polas mulleres que, obrigado polas circunstancias, ha de conviertirse en pirata. No seu camiño atoparase cunha sensual pirata, interpretada por Alicerce Louro, para a cal ‘Piratas’ supón o seu debut na ficción televisiva.
Os dous prinicpales piratas comezan a rodar a serie o 23 de agosto en Galicia. O 95% da nova ficción, producida en colaboración con Mandarina Producións, transcorre en localizacións naturais desta comunidade autónoma: desde as praias e cantiis da Costa da Morte, ata os camiños e os bosques da Galicia interior. Fervenzas, pazos, igrexas, callejuelas, mosteiros, pontes e castelos. De Soutomaior a Cambados, de Tui a Silleda.
Cambados 20 de Agosto de 2010
UNHA COMISIÓN DE FESTAS DIGNA DE ELOXIO
A COMISIÓN DE FESTAS DÁ PASTORA INNOVA E DEVIRTE
O SÁBADO CONCERTO DE “LOS PABLOS” E “7 SETENTA” GRAZAS A ELES, ADEMÁIS DE QUEIMADA, MEXILONS E ROSCA GRATIS.
A actual comisión de Festas da Pastora, sempre innovando.
O municipio de Cambados envórcase este fin de semana na celebración da emblemática Romaría dá Pastora, unha cita ineludible non só para os veciños da capital do albariño, senón ata para os doutras localidades veciñas como Meaño, Meis, O Grove, Sanxenxo , Vilagarcia, Vilanova ou Ribadumia, todo elo debido a Comisión de Festas da Pastora a quen lle hai agradecer aparte do seu traballo o realze que lle están dando a festa dende que se fixeron cargo da mesma. Nunca antes a Festa da Pastora acadará a fama que ten nestes derradeiros anos superando con moito as demais comisións de festas fondeadas no pasado. Aparte de facer unha gran festa o domingo, tamén queren darlle un pulo a festa no sábado e ano a ano abofé que o están a conseguir.
As celebracións xa arrincan na xornada do sábado aínda que ben entrada a noite coa gran queimada popular a partir das dez, con mexilóns e rosca gratis, aparte haberá un servicio de bar posto pola comisión de festas con prezos moi populares. Esta non quedará orfa, dado que estará acompañada pola música de agrupacións como Los Pablos e 7 Setenta que alegrarán a noite a todos aqueles que se acheguen ata o Monte da Pastora.
Con todo, a gran celebración non será ata a xornada do domingo que é cando se conmemora propiamente a festividade ao redor da Virxe dá Pastora, e a súa fermosa ermita.
A alborada empezará á primeira hora da mañá a cargo da agrupación “Con de Xido” de Castrelo, “Os Carballeiras” de Vilariño e a Agrupación Músico Cultural de Ribadumia. A misa solemne será ás doce cantada pola coral Santa Mariña de Cambados, mentres que a procesión será a partir das sete da tarde polos lugares de costume. A imaxe sairá acompañada da música dos Danzantes de Covas como vén sendo habitual nas pasadas edicións.
A xornada festiva terminará ao grande coa gran verbena no Paseo da Calzada coa presenza das orquestras Los Españoles e o Dúo Colores que amenizarán o ambiente ata ben entrada a madrugada para deleite dos presentes.
Cambados 20 de Agosto de 2010
¡¡¡ESCANDOLOSO!!!
UNHA PÁXINA DO CONCELLO DE VIGO PUBLICA INFORMACIÓN SOBRE AS BOLSAS DE ENSINO DO CONCELLO DE CAMBADOS
¿PARA QUE ESTA A PÁXINA DO CONCELLO DE CAMBADOS?
A mellor páxina de información do concello de Cambados, sen dubida ningunha, www.cambados.tk, acaba de facer unha denuncia escandalosa dende o punto de vista que se mire. Só un necio pode facer caso omiso da mesma. Resulta que unha páxina do Concello de Vigo, concretamente a da Concelleria da Xuvente (preme AQUÍ para vela) faise eco das Bolsas de Ensino do Concello de Cambados (publicadas no BOP que podes ver premendo AQUÍ) e namentras a paxina do Concello de Cambados somentes se dedica a facer publicidade das obras e gracias do noso rexidor, lamentable a actitude dos responsables da paxina do Concello a quen sen lugar a dúbida lle concedemos un “cero patatero” pola súa irresponsabilidade. Menos mal que www.cambados.tk facendo as labores que Cabanillas decia o respecto de Con de Noro “Alá no fondo da ria , o Con de Noro vixia”, podemos parafrasear a o noso egrexio escritor e dicir “Ala no fondo de internet, www.cambados.tk descubre o que ninguén ve”. Parabéns compañeiros pola información.
Cambados 20 de Agosto de 2010
CAMBADOS “SEGUE A CHEIRAR MAL”
A TVG DE GALICIA FAISE ECO DA NOVA.
(Preme no seguinte enlace da galega e verás o video)
Marcos Gonzalez, denunciandos os "malos cheiros" en Cambados na galega.(fotograma)
Ia cair de maduro, sabiamos que en calqueira intre , unha televisión das que hai ia a sacar a nova, e o remate, paradoxas do destino, foi a TVG a que tivo que denunciar que Cambados cheira mal , eso sabia calqueira, foi unha herdanza de Touris, que Aragunde tampouco soubo nin saberá solucionar, porque hai que facer unha restructuración xeral dos sumidoiros de Cambados, e esto vale moitos cartos (lástima dos que gastaron no xantar do albariño). Valentes, si valentes os cidadeans que saen no video denunciando os malos cheiros, sobre todo o cambadés Marcos Gonzalez, presidente do Consorcio de Comercio en Arousa quen pese a todo non dubidou en defender os seus asociados e decir a verdade dunha pu… vez.
LUZ PARA PARA A PRAZA DE FEFIÑANS, SI, PERO LIBRE DE TRÁFICO TAMÉN
Foto: Unha Grande Chea.
O Concello de Cambados quere mellorar a iluminación nalgúns das contornas máis emblemáticas do municipio. En concreto, o goberno local elaborou un proxecto para a praza de Fefiñáns. É «zona monumental que precisan reforzar a potencia lumínica para acadar unha mellor visibilidade”. ¡¡¡Menos mal!!! Din moitos cambadeses, que se lembraron agora dende o Concello da Praza de Fefiñans que leva en penumbra dende fai moitos anos. A Praza de Fefiñans se fora unha muller seria un muller maltratada, toda vez que vive nas tebras fai moitos anos ademais é “pisoteada” todos los dias por unha cousa de xénero masculino (os coches). Non dicimos que non a “luminiquen”, senón todo o contrario , agora só falla que a ninguén a pisoetee e dunha vez por todos a Praza , esa “inmensa señora” estea libre de rodaduras. ¡¡¡PEONALIZACIÓN XA!!!