Cambados 30 de Agosto de 2010
MONCHO PAZOS NA CAFETERIA REYMAR DE CAMBADOS
Varias das obras de Moncho Pazos que podemos ver na súa nova exposición
O artista cambadés Moncho Pazos, expón novamente na Cafeteria Reymar de Cambados sita na rua Valle Inclán (Terra Santa) da nosa vila. Desta vez o "Pintor de Fefiñans" sorprendenos cunha seria de mini cadros de paisaxes de monumentos de Cambados, e así poderemos ver a Praza de Fefiñans, as Ruinas de Santa Mariña ou a torre de San Saturnino entre outros. A exposición estará instalada na Cafeteria Reymar atra principios de outubro.
Moncho Pazos en segundo plano a dereita do tamén artista Manolo Paz, e na outra foto podemos ver a fachada do Reymar, un dos establecementos hostaleiros máis activos de Cambados en canto a arte se refiere.
Cambados 25 de marzo de 2010
FESTIVAL XIRONSA
EN CORVILLÓN O VINDEIRO SABADO 28 DE AGOSTO.
Bou de Bou, A Canivela, Xironsa e Manso e Amigos.
Como ven sendo habitual todos los anos no mes de Agosto a Asociación Cultural Corvillón ven a celebrar o Festival Xironsa, o vindeiro día 28 de Agosto no campo da Festa de Corvillón a partires das 5 da tarde. Haberá mexiloada, xogos populares para nenos e campionato de Chave para os maiores, tamén, como non, haberá pasarrúas a cargo de grupos tradicionais. E xa ás 21 horas concerto, coa actuación dos grupos Bou de Bou, A Canivela, Grupo de Escola de Musica Tradicional A.C.C. Xironsa e finalmente Manso e Amigos.
Cambados 25 de marzo de 2010
XANTAR NA TOMADA – OUBIÑA
O VINDEIRO 29 DE AGOSTO
Mercedes Prado é a presidente da Asociación de Veciños San Vicente de Oubiña, organizadora do evento.
A imparable e bulliciosa Asociación de Veciños San Vicente de Oubiña, é unha das máis activas do Concello de Cambados, e todo mérito é deles xa que dende o Concello o unico que lle poñen é atrancos. Así o vindeiro 29 de Agosto na popular Tomada de Oubiña organizase durante todo o día un xantar popular, donde haberá ademais música tradicional e xogos populares. A organización encargarase da colocación das mesas e cadeiras parao xantar, os asistentes só terán que levar a comida e gañas de pasalo ben. Anímate e acude a Oubiña.
Cambados 25 de Agosto de 2010
Hora: 18:00 horas.
Lugar: Isla das Goritas do Paseo Marítimo de Cambados.
Organiza: Concellería de Deportes do Ilmo. Concello de Cambados.
Inscrición: Ata media hora antes no lugar da proba, e de 09:30 a 14:00 horas no teléfono 607 51 84 38 ( Alfredo V. Oliveira).
O XV TRIATLÓN POPULAR VILA DE CAMBADOS, organizado pola Concellería de Deportes do Ilmo. Concello de Cambados, celebrarase o vindeiro sábado 28 de agosto ás 18:00 horas, con saída e chegada na isla das Goritas do Paseo Marítimo de Cambados. A proba estará suxeita ó seguinte:
REGULAMENTO XERAL
CATEGORÍAS HOMES E MULLERES E DISTANCIAS
A- de 11 a 15 anos
Natación 50 metros
Ciclismo 1.500 metros
Atletismo 500 metros
B- de 16 anos en diante
Natación 250 metros
Ciclismo 6.000 metros
Atletismo 2.500 metros
Todo corredor/a que non entre na liña de meta co dorsal pintado no seus brazos ou pernas para a súa identificación, cometa algunha irregularidade ou non respete as indicacións dadas pola organización, será automáticamente descalificado/a.
Será obrigatorio o uso do casco.
O percorrido estará indicado, controlado e cortado ó tráfico. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes.
Contarase cun servizo de ambulancia, cun seguro de accidentes e con dúas lanchas neumáticas.
INSCRIPCIÓNS:
DATOS OBRIGATORIOS: NOME E APELIDOS, IDADE, SEXO E LOCALIDADE.
PREZO DA INSCRIPCIÓN: GRATUITA.
RECOLLIDA DE DORSAIS
Realizarase o día da proba na ISLA DAS GORITAS DO PASEO MARÍTIMO DE CAMBADOS, A PARTIR DAS 17:00 HORAS.
TROFEOS E PREMIOS
Trofeos ós tres primeiros clasificados da categoría A
Trofeos ós catro primeiros clasificados da categoría B
PREMIOS EN METÁLICO PARA OS/AS CATRO PRIMEIROS /AS CLASIFICADOS/AS DA CATEGORÍA B
Tanto para homes como mulleres
1º 200 €
2º 150 €
3º 100 €
4º 50 €
ENTREGA DE PREMIOS
Poderase esixir o DNI, si a organización o solicitase ó recolle-lo premio.
Os gañadores dos premios en metálico, deberán firmar un xustificante de pago unha vez recollan o premio.
A entrega de premios será na Isla das Goritas, unha vez rematada-las probas.
A Concellería de Deportes do Concello de Cambados non se fai responsable dos danos morais ou materiais que a sí mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, así coma das neglixencias ou imprudencias que poidan cometer durante o seu transcurso.
Dado o carácter deportivo e popular da proba, non se admitirán reclamacións, esperando o mellor espíritu e comportamento deportivo de tódolos participantes. A organización resérvase o dereito a modificar este regulamento se as circunstancias así o aconsellasen (informando oportunamente), e o non recollido no mesmo resolverase según o criterio técnico da mesma, sendo as súas decisións inapelables. A participación implica a total aceptación deste regulamento.
RESCOLDOS DO ALBARIÑO (III)
UN ARTIGO DE JOSE DIEGO ORTEGA CARRION CATADOR NAMORADO DO VIÑO E A SÚA CULTURA.
LVIII FESTA DO ALBARIÑO EN CAMBADOS
UNHA FEIRA ATÍPICA…………POR TÍPICA
José Ortega Diego Carrión
Con ocasión da celebración da 58ª Festa do Albariño na pontevedresa localidade de Cambados, en pleno corazón da comarca vinícola do Salnés e berce por excelencia do albariño, tiven a ocasión de merodear por entre os corenta e dúas casetas que dispuxeron as adegas no Paseo da Calzada, ao aire libre e co ambiente festivalero que achega un pobo en festas. Foi unha estraña experiencia, xa que un está afeito a feiras de viño máis ben “de chaqueta e gravata” e choca a localización e a idiosincrasia desta feira onde entre charangas e coloridos grupos de peñas festeiras, púidose ir debullando o máis florido da denominación de orixe Rías Baixas.
Quero lanzar un “aviso a navegantes” por se alguén ten pensado acudir nunha futura edición: Como dixen anteriormente, esta feira non é o tipo de evento ao uso na que se poidan realizar catas de xeito serio e sistemática, fundamentalmente por dous motivos:
1.- A falta de formación de moitas das persoas que estaban á fronte das casetas (sobre todo nas adegas grandes), xa que salvo excepcións (falei persoalmente con algún adegueiro) adoitaban pór cara de sueco á segunda ou terceira pregunta algo técnica que se lles fixese. Non fai falta ter un enólogo en cada posto, pero polo menos o que estea debe saber se o viño estivo ou non sobre leas ou se ten feita a maloláctica.
2.- O sistema de venda do viño, xa que non está enfocado a que “cates” senón a que “bebas” o seu viño. Para iso nas casetas cóbrase a copa a un módico prezo medio de 2 euros (non tan módico se se ten en conta que a copa era un catavinos afnor), co que ademais de publicitarse e dar a coñecer os seus produtos sacábanse unha media de 20-30 € por botella (saen unhas 12- 15 copas por botella). A experiencia non sae cara, pero como pouco choca que che cobren á vez que se promocionan. Tamén chirría un pouco o feito de que antes de visitar as casetas teñas que adquirir o catavinos (coa súa publicidade engadida) na caseta da D.Ou. por outros 2 € do á para que cho enchan nas casetas (segundo O Correo Galego, este ano vendéronse máis de 22.000 catavinos = 44.000 €).
Unha vez situados e avisados, hai que recoñecer que ao quinto ou sexto viño xa non importa tanto o sistema mercantilista da montaxe e déixase un embriagar polas veleidades de, ao meu xuízo, un dos mellores viños brancos de Europa. O de embriagarse non é porque un queira, senón porque non había escupideras nas casetas, así que como está moi rico e non está a vida para tirar…son pequenos sacrificios que ten esta profesión.
Dado o aviso e o tironcillo de orellas, ofrezo unha solución para que a crítica sexa construtiva: Sería infinitamente mellor vender unha entrada ou unha acreditación tipo pulserita ou similar se se quere facer en sitio aberto, permitindo así que nas casetas dedicásense, no canto da vender viños cal cantineros, a ofrecer en cata e a dar a coñecer o seu viño.
Por suposto que as virtudes do evento predominan sobre os defectos e cabe dicir que pola miña banda, con esta xa van catro edicións e espero que haxa máis. Resaltar, aparte dun inmellorable ambiente festivo, (está recoñecida como de interese turístico nacional) a gran oportunidade de ter á túa disposición nun só lugar case todos os albariños habidos e por haber, algúns coñecidos pero difíciles de atopar fóra da zona e outros directamente descoñecidos polo gran público.
Dentro dos eventos paralelos, levaron a cabo unhas xornadas técnicas coa participación de destacados profesionais do viño, entre eles o noso flamante nariz de ouro Andrea Alonso. Tamén se celebrou a 22ª cata-concurso de albariños 2.009, onde durante dous días batéronse en enfrontamento limpo os viños de 56 adegas, dos que o ouro foi para Señorío de Rubiós, da adega Coto Redondo (As Neves), a prata para Pioneiro Maccerato de Adegas Viña Almirante (A Peroxa, Portas) e o bronce para O Casal, de adegas José Anxo Boado Chaves (Lois, Ribadumia). Todo un orgullo ser recoñecido como o mellor da elite do viño branco español.
Tamén tradicional e con certa vistosidade é a celebración do Capítulo Serenísimo do Albariño, unha especie de confraría do viño que celebrou a súa tradicional procesión e a súa entrega de insignias aos novos membros e aos famosos de quenda.
Do que eu puiden catar, que por razóns obvias non foron todos, destacaría pola súa calidade o Agnus Dei da adega homónima pertencente ao grupo Vinum Terrae e como curiosidade destacaría o Alba Rosa de adegas Martínez Serantes.
Artigo e fotos de José Ortega Diego Carrión.