Humor grandecheo: FALEMOS GALEGO, XA QUE ELES NON O FALAN.

Cambados 24 de setembro de 2010

MULLERES ADMIRADAS: AS MARISCADORAS DE CAMBADOS

 

As mariscadoras con Winnie Paltrow e Mabel Lozano

 

Se hai un colectivo na nosa vila que sexa digno de admiración ese non é outro que o das Mariscadoras, quenes nuns anos fixeron dunha actividade  que estaba esquecida da man de Deus, unha gran empresa que está a funcionar a gran ritmo todo ano. O traballo é duro , moi duro, pero menos que antes, seleccionase o horario, as recollidas, limpase, vixiase, elas fan todo sen a xunda de ningúen. Son admiradas por actrices como a nortemaericana afincada en Londres Winnie Paltrow ou a espoñola Mabel Lonazo quenes xa foron noticia no noso pobo por rodar sendos probramas adicados a elas para distintas televisións.

E ata teñen tempo para facer unhas precioas fotos dun “Mencer no Serrido”, a autora é Maria Teresa Piñeiro Morrazo e que vos amosamos no seguinte video: (Paga a pena velo).

 

 

 

Cambados 24 de Marzo de 2010

GOGUE TRIUNFA EN VIGO

Como xa sabedes, porque así xa leva tempo anunciado na nosa páxina, o a caricaturista máis famoso do mundo o meco-cambadés Gogue, está a expoñer dende o dez de Setembro e ata o 19 de outubro na Escola de negocios Ingafor, sita na viguesa Rua Condesa Bárcena Nº 11, con grande éxito de público e de crítica. Aquí vos deixamos unhas imaxes da exposición:

 

 

 

Cambados 24 de Setembro de 2010

“EXHIBICIÓN ALBARIÑO RC”

NO PAZO DE TORRADO DE CAMBADOS

 

O vindeiro domingo 26 de setembro celebrarase unha exhibición chamada “Albariño RC”, será sobre todo de coches escala 1/8 TT, terá lugar na explanada pavimentada con baldosa de pedra do Pazo de Torrado. O acto vai dar comenzo as 18 horas. O motivo deste evento e dar a coñocer máis o mundo do RC nesta zona. Para maís información podedes chamar o telefono 681160656.

 

 

 

Cambados 23 de setembro de 2010

CINCO MILLÓNS DE FOTOS DO PARADOR DE CAMBADOS INUNDARÁN O ESTADO ESPAÑOL
CAMBADOS E AS RÍAS BAIXAS PROMOCIÓNANSE NA LOTERÍA

Como sucede desde que comezase este ano 2010, un parador ilustra esta semana os cinco millóns de décimos de Lotería Nacional que se venden no estado español para cada un dos seus sorteos ordinarios. Nesta ocasión, os boletos que traerán a sorte o próximo 25 de setembro mostran unha fotografía da fachada do Parador de Cambados, situado no antigo pazo de Bazán, do século XVII, no centro da localidade e fronte á Ría de Arousa .
O antigo Pazo de Bazán, mansión solariega que iniciou a súa construción no Século XVII, localízase nas verdes paisaxes das Rías Baixas, concretamente na Ría de Arousa. Frondosos piñeirais, praias, calas e numerosos pazos, percorren a costa galega. O parador sitúase no centro da localidade de Cambados, a curta distancia das illas da Toxa e Arousa e conta cun coqueto patio interior no que destacan os soportais, a fonte e unha esvelta palmeira.
Posúe ademais agradables e luminosas habitacións e un confortable mobiliario; a iso únense columnas de pedra, teitos e vigas de madeira no resto de estancias, sen esquecer o seu espectacular xardín. O restaurante ofrece produtos da terra como a empanada de berberechos, o linguado ao Albariño e os mariscos.
Pola súa privilexiada situación, este establecemento forma parte de varios itinerarios trazados por Paradores. Entre eles atópanse a «Ruta do Camiño de Santiago I» ou a «Ruta dos Viños Galegos». A primeira discorre por algúns dos puntos máis importantes do Camiño de Santiago como León ou Santiago de Compostela. A segunda, pola súa banda, é un itinerario guiado polos afamados viños galegos. Percorre as terras que deron lugar a Denominacións de Orixe tan importantes como a de Monterrei, Rías Baixas ou Valdeorras, entre outras.

 

 

Cambados 22 de setembro de 2010

INTERVIDAS TRES PLANTACIÓNS DE MARIHUANA EN CAMBADOS E A ILLA DE AROUSA

 
Axentes da Garda Civil de Cambados incautáronse de tres plantacións de marihuana no día de hoxe, dúas na nosa vila e unha terceira na Illa de Arousa no marco dunha operación que se saldou con tres detencións, informaron fontes da investigación.
As intervencións practicáronse onte, a primeira no interior dun invernadoiro situado nunha leira de Cambados onde se cultivaban 33 plantas de marihuana. Foi detido M.S.J., de 35 anos, quen recoñeceu ser o propietario do inmoble e coidador da plantación.
Pola tarde foron intervidas no mesmo municipio once plantas nun invernadoiro situado nunha leira anexa á vivenda de L.N.V., unha muller de 32 anos.
Os axentes da Garda Civil sorprenderon na Illa de Arousa a D.D.D., un mozo de 20 anos, cando regaba unha plantación de doce matas de marihuana que foron intervidas.
Os detidos quedaron en liberdade con cargos e a obrigación de acudirse no xulgado cando sexan requiridos.

Unha Información de EFE para U.G.CH.

 

 

 

Cambados 22 de setembro de 2010

S.O.S. DO REFUXIO DE ANIMAIS DE CAMBADOS

A SITUACIÓN FAISE INSOSTIVEL.

 

Hoxe pódese catalogar como un dos peores días do Refuxio, están o completo de cans e pese a estar a xente debidamente informada segue a chamar e a abandonar animais. O derradeiro teñono identificado e poderia acarrearlle unha sanción o seu dono de 5.000 a 15.000 €, unha sanción moi grave xa que é un animal potencialmente perigoso. Olga Costa xa non sabe que facer dado que a situación desborda. Hai duas cadelas abandonadas con canciños e non sabe a donde levalas, hai dous cans máis que necesitan urxentemente acollida e por riba chama unha señora de Corvillón que un can de raza loba vagando pola rúa. ¿Que pode facer Olga Costa?. Para recoller o rotwailer de hoxe tivo que ceibar a duas cans que hoxe durmirán na rúa. Non sabemos como tanto aguanta esta muller.

 

 

 

Cambados 22 de setembro de 2010
AS 8 HORAS DO PAPA BENEDITO XVI EN SANTIAGO DE COMPOSTELA CUSTARÁN 3 MILLÓNS DE EUROS
QUEN DEBE ASUMIR O CUSTO DUNHA VISITA PAPAL?

MANIFESTACIÓN CONTRA DA VISITA O VINDEIRO 6 DE NOVEMBRO.

NUMEROSOS CAMBADESES TEÑEN PREVISTO A ASISTENCIA O ACTO

 

 

A diferenza do ocorrido en Reino Unido, onde esixe unha cota de entre 12 e 30 euros aos fieis, nas próximas visitas de Benedito XVI a España, non se cobrará a entrada por asistir ás misas e actos públicos oficiados polo Papa. Con todo, e a pesar de non tratarse de visitas de Estado, senón de viaxes apostólicos, o Estado e as administracións autonómicas e locais asumirán todos os gastos de seguridade, asistencia sanitaria, infraestruturas e dotación dos centros de prensa. Segundo o orzamento inicial realizado pola Xunta de Galicia, o custo público da visita de Benedito XVI o vindeiro sábado 6 de novembro ascende a tres millóns de euros, o que supón que cada minuto da estancia de Papa na cidade galega custará máis de 6.000 euros.
Unha plataforma cidada convoca a tódolos galegos  que se manifesten en contra da visita do papa o vindeiro 6 de Novembro as 12 horas na Alameda de Santiago.

Doutra banda xa se están a organizar dende a parroquia a asistencia de númerosos cambadeses os actos papais, haberá autobuses probablemente pagados polo Concello.

 

 

 

Cambados 20 de Setembro de 2010

SE ESTAS MOI LONXE DE CAMBADOS E QUERES COMER ALGO QUE SAIBA A CAMBADOS:

ZAMBURIÑAS EN SALSA GALEGA "CONSERVAS DE CAMBADOS"

 
Unha tapa clásica das rías galegas, elaborada a partir de zamburiñas, aceite vexetal, tomate, cebola, especies e sal. A zamburiña (Chlamys Varia) é un marisco similar á vieira pero de menor tamaño, e que vive na costa galega a uns 80 m de profundidade. Esta delicia é elaborada por unha empresa familiar especializada desde 1985 na preparación e conserva de produtos das Rías Galegas.  http://www.conservasdecambados.com/ 
2,98 €  (prezo I.V.E. incluído ).

 

 

 

Cambados 20 de setembro de 2010

ESCANDALOSO O SUCEDIDO NO CONCERTO DE CARLOS NUÑEZ

VARIOS CAMBADESES TIVERON QUE VIR DE VOLTA POR NON PODER VER A ACTUACIÓN

 

A Xunta debe repensar o seu sistema de castes nas convocatorias culturais que se presentan como gratuítas. No concerto que Carlos Núñez, a Sinfónica de Galicia e The Chieftains protagonizaron a fai uns días  no Obradoiro -un espazo que pertence á Humanidade- sobraba o xeneroso acoutado VIP ao que só se podía acceder por invitación. E sobraban os que, posuidores de tal privilexio arbitrario, chegaron tarde a tomar posesión dos seus asentos reservados e provocaron a quen, fóra da lista, non podían entrar na praza. Foi precisamente esa falta de respecto por quen actuaban a que se cargou a maxia dunha noite que, doutro xeito, sería inesquecible. Varios cambadeses tiveron que vir de volta por non poder entrar na praza, un deles  concretamente comentounos que os accesos a praza foron tomados pola Policia e non deixaban entrar a ningun que non tivera a entrada VIP gran parte do concerto foi chafada por culpa dos organizadores. Cando un espectáculo se fai para todos é para todos, sobras as silllas Vip e sobra o enchufe para entrar na praza. Outra máis do do conselleiro de Cultura Sr. Varela, a quen polo que se ve venlle grande o cargo.

 

 

 

Cambados 16 de setembro de 2010

ADVERTENCIA PARA OS QUE PENSABAN IR O “COVELO ROCK FESTIVAL”

HOMENAXE A JORGE PIÑEIRO

 

No caso de que o tempo non acompañe desprazaranse as actividades a instalacións cubertas que pon á disposición da organización  o Concello de Covelo nas inmediacións do centro do pobo.

Vaise a habilitar unha zona cuberta para acampada (con baños e duchas), ademais da prevista (Carballeira).

A zona de estacionamento estará sinalizada nas inmediacións do centro.

 

 

 

 

Cambados 16 de Setembro de 2010

O CONCELLO DE CAMBADOS E PORTOS DE GALICIA  COLABORAN COA ORGANIZACIÓN DE STREETEASE PARA RAPACES E RAPACES

DENTRO DA "I CONCETRACIÓN MOTERA CONCELLO DE CAMBADOS"

 

Como moita xente sabe este fin de semana vai ter lugar en Cambados a I Concentración Moteira “Concello de Cambados”, organizado polo motoclub “O mellor de Cada Casa”. Ata aquí a nova entra dentro do nornal pero se vos fixades no programa podedes ver que as 3 de maña do sábado  haberá Streeptease para mozos e mozos en diversos pùbs de Cambados, todo elo subvencionado con cartos de Portos de Galicia e do Concello de Cambados nas mans ambolos dous do Partido Popular, poois como se pode ver no cartel colaboran no evento. Non nos parece nin ético nin normal  se noutros pobos non protestaran por eventos somilares, non me imaxino donde porian o grito os do PP se o concello fora do PSOE ou do BNG.

De todos os xeitos os que queirades participar no evento aquí tedes o programa completo.

Programa 2010:
Sábado 18:
Ás 15:00h: Apertura de inscricións
Ás 17:30h: Xogos, touro mecánico, yinkana…
Ás 19:30h: Exibición moteira "Campos"
Ás 21:00h: Cea en restaurante "Vila do Son" amenizada polo grupo humorístico "Os Maldados"
Ás 23:30h: Ruta nocturna con bengalas polas rúas de Cambados
Ás 24:00h: Gran actuación humorística do grupo de teatro "Os Maldados"
Ás 02:30h: Festa polos distintos locais da zona, con descontos para os inscritos.
Ás 03:00h: Streeptease para mozos e mozas nos pub.
Domingo 19:
Ás 09:00h: Apertura de inscricións
Ás 09:30h: Almorzo, chocolate con churros (ata as 11:30h)
Ás 11:30h: Ruta moteira polos municipios lindeiros para degustar o viño Albariño acompañado de petiscos.
Ás 14:00h: Comida moteira no restaurante "Vila do Son", con sorteo de agasallos e entrega de trofeos.
A inscrición será de 30 euros (25 euros a preinscrición) e inclúe: cana, petisco, acampada, cea do sábado, almorzo e comida do domingo, camiseta, pin, etc.
Máis información Telf. Concello
: 986 52 09 02 (Esto aparece asi escrito neste blog:

http://fiestas-gallegas.blogspot.com/2010/09/cambados-i-concentracion-motera.html )

 

 

 

Cambados 15 de setembro de 2010

"MANSO E AMIGOS" EN CONCERTO

NA “ADEGA DON OLEGARIO”

 

O vindeiro xoves ás 22 horas e o venres a unha da maña terá lugar un gran concerto na Adega Don Olegario de Cambados, coa actuación de “Manso e Amigos”. Grupo de sobra de todos coñecido en Cambados, dos que podes ver moitos videos colgados en you tube grazas a xentileza de Unha Grande Chea. “Manso e Amigos”  son Salvador Cores “Manso”, Blas, José Antonio Vilas, Olegario (o propietario da adega),  Xan Silva e Monchiño Vieites, que de seguro van facer a delicia de todos os asistentes e en particular da xente entrada en anos cos seus famosos boleros sen esquecer a música da nosa terra.

 

 

Cambados 15 de setembro de 2010

O DECRETO DO PLURILENGÜISMO, UNHA ATAQUE FRONTAL AO GALEGO

UN ARTIGO DE VICTOR CAAMAÑO.

 

O pasado venres comezou o curso escolar nos colexios de educación primaria e o próximo  17 de setembro comezará nos centros de secundaria. Co inicio do novo curso escolar  comezará a aplicarse o chamado Decreto do Plurilingüísmo; unha normativa que, aparte de ser, un verdadeiro ataque contra a utilización da lingua galega no ensino tamén está a supor un  despilfarro de cartos para as arcas públicas. Un despilfarro de cartos por parte da Xunta do PP que demostra, unha vez máis, que a súa chamada “política de austeridade” é unha mera pantalla propagandística que, en realidade, o que agocha é a incapacidade do PP para gobernar este país.

A aplicación do Decreto do Plurilingüísmo fai necesario cambiar, por estar en galego, os libros de matemáticas de 3º e 4º de primaria e os de matemáticas, tecnoloxías e física e química de ESO. Só nos centros de ensino de Cambados está normativa fará que 800 alumnos e alumnas (300 de primaria e 500 de secundaria) teñan que comprar os citados libros de texto, o que suporá un gasto total para os pais e nais de Cambados de 35.000 €. Ademais as axudas da Xunta para a compra de  libros por medio do hipocritamente chamado “sistema de gratuidade solidaria” exclúe á maioría das familias, polo  que serán estas as que paguen os novos textos cos seus ingresos.

E o máis triste desta situación e que, mentres tanto, haberá que tirar ao lixo os mesmos libros, do sistema de gratuidade do anterior goberno galego, simplemente por estar en galego. Que doado sería prorrogar, neste caso o Decreto, por uns anos ata rematar, polo menos, a vida útil dos libros do sistema de gratuidade  anterior; que ademais so tiveron unha vida útil de dous anos fronte aos catro para os que estaban previstos.

Semella que o PP esquécese da crise e da austeridade cando o que está en xogo é exclusivamente os seus intereses políticos, demostrando que os intereses dos cidadáns sempre están nun segundo plano.

Un artigo de Victor Caamaño, profesor do I.E.S. Francisco Asorey.

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar un comentario