Cambados 7 de Abril de 2010
SEGUNDO www.cambados.tk O CONCELLO TEN DUAS VARAS DE MEDIR
UNHA PARA AS ASOCIACIONS AFINS E OUTRA PARA AS DEMAIS
RETRANCA FOI “BENDECIDA” POLO ALCALDE
¿Non habia unha bandeira galega para inauguración?
A nova recollida integramente de www.cambados.tk di textualmente
“””A asociación Retranca, de cuxo nacemento se daba conta neste espazo o mes pasado, xa dispón de local propio para reunirse e levar a cabo as súas actividades. E ademais, o propio alcalde de Cambados, Luís Aragunde, foi o encargado de participar na inauguración desta sede, que se atopa no antigo colexio de Vilariño. Ademais, tras unha breve búsqueda poñemos ao voso dispor o enlace ao blog da asociación, sen ben polo de agora non amosa moitos contidos.
Agardo que a asociación comece a andar rápido e, se ben resulta gratificante observar como o Concello parece responder moi positivamente á creación deste colectivo, esta diferenza de postura pode contrastar co trato que recibiron e reciben outras asociacións da vila con moito percorrido e que non só foron no mellor dos casos ignoradas, senón que sufriron atrancos ao desenvolver as súas actividades. Pensemos ben, demos un voto de confianza, e que axiña se vexan os froitos da nova creación.”””
PD. A Asociación Cultural U.G.CH, amosase totalmente dacordo con este derradeiro comentario, lembramos a titulo personal a "cacicada" do Alcalde de negarnos o Pazo de Torrado para exposición fotográfica cando o mesmo estaba libre. Engadir por último que o blog de Retranca non está no noso idioma. ¡Mal empezamos!
MOI BOAS SON RAMÓN:EU ESTIVEN NA INAUGURACIÓN DE DITA ASOCIACÓN E SÍ QUE HABÍA BANDEIRA DE GALIZA,SE NOS FIXAMOS BEN É A QUE SUXEITA O PRESIDENTE DE RETRANCA NA MAN. E CREO QUE VOS ESTADES METENDO CUN COLECTIVO QUE COMEZOU CO APOIO DE MOITOS MEMBROS DA MOZIDADE CAMBADESA E QUE TEN MOITAS COUSAS PREPARADAS ENTRE ELAS MOITAS DEFENSORAS DO NOSO. E XA DEPASO ACLARO ESE COMENTARIO DO BLOG, O BLOG ESTÁ EN CASTELÁN, PORQUE RETRANCA TEN MOITA CONFIANZA CON OUTRAS ASOCIACIÓNS DE ESPAÑA ENTRE ELAS UNHA DE MADRID E OUTRA DE SEVILLA E CAS CALES QEREN PARTICIPAR PARA PROMOCIONAR O ANO XACOBEO E A FESTA DO ALBARIÑO.