Cambados 13 de setembro de 2010
O CAMIÑO DE SANTIAGO EN BICI
PONFERRADA-SANTIAGO (244 KMS)
EN TRES DIAS E MEDIO
Manolo o de Tita, Chon, Luis "O Loino", Manolo "O de Begoña", Salvador e Luciano, unha media de 50 anos.
O que comezou como en reto persoal de Manolo o de Tita, levamolo a cabo fai uns días concretamente dende o 26 o 29 de Agosto. Xuntámonos Luís “O Loino”, Manolo “O de Tita”, Manolo “o de Begoña”, Salvador, Luciano (dous compañeiros de traballo de Manolo “O de Tita”) e Chon, e alí nos fomos coas nosas bicis a Ponferrada, a onde chegamos sobre as dúas e media da tarde (levounos nunha furgoneta Canqueno “O do Paseo”, metemoslle unha comida “lixeira” e comezamolo o camiño, a primeira etapa foi Ponferrada-Trabadelo (39 kms), A seguinte etapa, a máis dura sen dúbida) foi Trabadelo-Sarria de 69 km, pois tivemos que subir o Cebreiro e o Alto de Poio de mais de 1200 metros de altura cada un. A terceira etapa foi Sarria-Arzua de 90 km e por fin a derradeira etapa foi Arzúa Santiago de Compostela de 46 km. A onde chegamos sobre as 13 horas aproximadamente. Manolo “O de Begoña” foi o que fixo o “Diario de Campaña” pero aínda non mo pasou, cando o teña xa o publicaremos. De momento podedes ver en “As Nosas Fotos…” unha ampla reportaxe fotográfica do evento. O presidente de Unha Grande Chea, Chon, xa o fixera a pe dende Roncesvallas, agora solo lle falta facelo a cabalo, o carallo e atopar o cabalo.
Cambados 13 de setembro de 2010
O CONCELLO DE CAMBADOS DIVULGA UN TRÍPTICO E OMITE O GALEGO.
“DESCUBRE CAMBADOS EN KAYAK” EN CASTELÁN , INGLÉS E FRANCÉS.
Os tripticos omiten "intencionadamente" o galego.
Parécenos moi ben que se fagan cousas por Cambados e que se divulguen os catro ventos, que non só saiamos na prensa polo de “sempre” e pola “Romaría Ppopular “ que ten lugar en Cambados o primeiro domingo de agosto (a mal chamada Festa do Albariño). Parécenos moi ben “Descubrir Cambados en kayak”, o que non nos parece tan ben e que se omita o noso idioma a hora de elaborar os trípticos e mais por un organismo que pagamos todos, e así o podemos comprobar nos e a tamén o podedes facer vos. Empezamos omitindo o idioma galego destas cousas que parecen que non teñen importancia e logo pasa o que pasou co decreto do galego, queremos tamén eliminar o galego do ensino. Non podemos deixar pasar por alto este grave erro cometido polo Concello do PP, e que non nos aleguen razons de espacio, por que o triptico case que ten o tamaño dunha manta, o que ignoramos é porque o PSOE e o BNG de Cambados non protestaron sobre o tema, ou se o fixeron no transcendeu a prensa.
A TRIPULACIÓN DA AIREXA HOMENAXEOU O PRIMEIRO PRESIDENTE DE UNHA GRANDE CHEA , TITO SILVA
TITO FOI O XERME PARA A RECUPARACIÓN DAS EMBARCACIÓNS TRADICONAIS E DO ENTROIDO EN CAMBADOS
Tito Silva foi o primeiro presidente de Unha Grande Chea. Aqui o pemos ver como compoñente da Asociación nos anos 1985 e 1986.
Quince típicas dornas déronse cita onte en Cambados para homenaxear ao xa falecido impulsor da recuperación de embarcacións tradicionais e o Entroido na localidade e primeiro presidente de Unha Grande Chea, Tito Silva. Tito estivo como presidente da nosa Asociación de 1985 a 1987 en que foi relevado a petición propia, e foi o que puxo a andar a Asociación e por ende o Entreoido cambadés. Dicia o primeiro capitull do noso libro "Unha Grande Chea 20 anos de Troula": "…As letras deste ano débense en gran parte , o Rioxa pelón do Bar Castriño, o viño de Rueda que trouxera tito Silva, e algunha que outra Estrella de Galicia…"
O peirao de San Tome volveu por unhas horas ao pasado e encheuse de velas inchadas polo vento que asucaron as augas da ría entre Cambados, A Lobeira e a ponte da Illa de Arousa.
A tripulación da Airexa onte navengando por Cambados
A antiga tripulación da dorna Airexa, que fose propiedade do homenaxeado, foi a encargada da organización deste encontro, no que participaron embarcacións de distintos municipios arousáns, como O Grove, A Illa ou Vilanova, ademais de Cambados.
Aínda que as dornas foron as principais protagonistas do encontro, capitaneadas pola Airexa e pola Nova Jorita, patrimonio local, non foron o único tipo de botes en acudir á cita cambadesa.
O de onte foi a primeira homenaxe realizada a Silva desde a súa morte, a finais dos anos noventa.
Os afeccionados á cultura marítima tradicional da localidade quixeron pór en valor a figura dun home que xa nos anos setenta comezou a interesarse pola recuperación de embarcacións tradicionais. "Foi un dos primeiros en Cambados", explica Evaristo Piñeiro (fundador de Unha Grande chea na compaña de Tito e outros e amigo personal do homenaxeado) , un dos organizadores do encontro.
Tito Silva xunto co ase amigo e co-fundador de Unha Grande Chea Evaristo Piñeiro, tamén un dos organizadores do evento de onte. No outra foto podemos ver as embarcación homenaxeando a Tito.
Piñeiro relata que a restauración da dorna Airexa realizada por Tito Silva fai xa tres décadas serviu para introducir neste mundo a moitos dos actuais afeccionados á navegación tradicional que a día de hoxe forman parte dos distintos colectivos integrados na Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, e recorda tamén con cariño aqueles entroidos o lado Tito Silva e a undación da Asociación no mítico Bar Castriño de Cambados.
Fernando Pombo é un dos cambadeses que aínda garda no seu recordo a Tito Silva, tío e un dos seus compañeiros de infancia, e os veráns a bordo da súa dorna cun tocadiscos British Seagull amenizando as travesía coas súas melodías.
Contrariamente ao que poida pensarse,Tito Silva non foi mariñeiro de profesión. Aínda que este cambadés deixou ben patente durante a súa vida o seu amor polo mar e pola cultura marítima, o seu labor profesional desenvolveuse en terra firme, como comerciante amén de como dixemos ser o fundador de Unha Grande Chea na compaña de Dominguez, Chon, Pelea, Evaristo e outros. No entanto, podería dicirse que coa recuperación da Airexa iniciou o camiño da posta en valor das dornas de tope.
Tito no Entroido de 1985 formando parte de Unha Grande Chea, e na outro foto podemos ver outro intre do I Memorial Tito Silva.
Trátase dun tipo de embarcación non demasiado habitual, que recibe o seu nome do modo no que van colocadas as súas táboas; mentres que nas dornas comúns a construción realízase "a tingladillo", é dicir, superponiendo unhas madeiras a outras, nas dornas a lume de biqueira as táboas xúntanse. Actualmente localidades como A Illa de Arousa, O Grove ou Portonovo contan con dornas a lume de biqueira recuperadas. A Airexa está agora en mans dos sobriños de Silva, que continúan sacándoa a navegar e mantendo así vivo o amor polo mar e polas dornas que o seu tío deixoulles como legado.
Aínda que a recuperación de cascos antigos é hoxe un traballo custoso, contan por Cambados que, no seu día, Tito Silva chegou a un acordo para facerse coa Airexa a cambio dun paquete de Celtas.