Humor Grandecheo: PARA SABER MANDAR HAI QUE SABER ANTES OBEDECER.

Cambados 4 de setembro de 2010

FALECE O PROXENITOR DA SAGA DOS BARREIRO

ENRIQUE BARREIRO PLACES, FINOU OS 79 ANOS DE IDADE.

Enrique Barreiro Places, o primeiro pola esquerdar, militando nosveteranos do Club Tenis de Mesa Cambados.

 

Hoxe finou  o proxenitor da saga dos Barreiro en Cambados, Enrique Barreiro Places chegou dende Baión fai moitos anos para instalarse en Cambados, concretamente en Santo Tome do Mar donde fundou  Efectos Navales Barreiro, que segue a funcionar plenamente na actualidade. Os seus fillos Enrique e Serafin foron vitais para realzar o  tenis de mesa en Cambados acadando altas cotas a nivel estatal. Enrique era un home amable, agradable no trato e moi deportista,  incluso chegou a xogar nos Veteranos do club  de tenis de mesa cambadés. O noso máis sentido pésame a súa familia.

 

 

 

Cambados 4 de Setembro de 2010

II RALLY DO ALBARIÑO DE CLÁSICOS

O 30 DE OUTUBRO EN CAMBADOS

 

Do mesmo xeito que o ano pasado, o rallye terá como centro neurálxico a localidade de Cambados, situando o parque pechado como non, na emblemática Praza de Fefiñanes. O rallye constará duns 300 kms, circulando por algúns dos coñecidos tramos do Rallye de Velocidade e dalgúns tramos novos, coas súas convenientes ampliacións, modificacións, bucles, polígonos… O que si vos promete a organización  é que este ano volverá haber moitísima navegación, desde o primeiro tramo, con algún máis relaxado para gozar das preciosas paisaxes da zona.
A diferenza do ano pasado, este ano faran 3 tramos pola mañá, volvendo a Cambados a comer de novo nun coñecido restaurante, para continuar toda a tarde de tramos, chegando este ano aos arredores de Pontevedra. A media tarde volverán  cara ao Salnés, concretamente a Meaño, a visitar a Adega Rosalía de Castro, onde teredes un petisco e poderedes probar o excelente viño "Paco e Lola" http://www.rosaliadecastro.eu/ e continuar coa parte final do rallye, con tramos como "Polígono de San Adolfos das Rotondas" e o emociante "Mil Pontes", totalmente modificado e que este ano se chamará "Navegando", con 57kms de pura navegación. O rallye finalizará de novo no referido restaurante.

En breve subirán  na páxina do Club Clásicos Salnés http://www.clubclasicosalnes.com  e, por aquí, máis información sobre o evento (regulamento, follas de inscrición…)

 

 

 

Cambados 2 de setembro de 2010

¿QUEN SON REALMENTE OS ANIMAIS?

A PROPÓSITO DA AGRESIÓN A UNHA MULLER POR DOUS CANS O LUNS PASADO.

 

O luns pasado tiña lugar en Cambados un incidente desagradable ainda que non inesperado. Unha señora que tranquilamente paseaba  preto das inmediacións da Torre de San Sadurniño en Santo Tome-Cambados, foi brutalmente atacada por dous cans da raza bóxer que andaban soltos pola rúa. A actuación das maricasdoras que se atopan traballando no Sarrido salvoulle a vida así como a actuación dun vixiante da confraria.  Esto é resumido o feito en si, pero é convinte analizar o porque e as consecuencias do mesmo. Primeiramente parece ser e así está datada pola Protectora de Animais de Cambados, que non é a primeira vez que estes cans atacan a xente, concretamente noutro ocasión tamén atacarón a uns nenos sen que resultaran lesionados, primeira imprudencia por parte dos seus donos deixar a dous animais considerados perigosos soltos e sen boceira, imprudencia de carácter grave que nesta ocasión tivo consecuencias gravísimas sobre todo a pobre señora que tivo que ser internada no Hospital do Salnés. Despois a seguinte imprudencia grave por parte dos seus donos é ter uns cans considerados de raza perigosa e o parecer sen asegurar, e a terceira imprudencia é ter os cans soltos e nos estar nas inmediacións ou xunto os mesmos. Preguntamonos ¿Quenes son os encargados neste caso de se cumpla a legalidade vixente?, coidamos que a Policia Local de Cambados neste caso   debe ser a encargada de que se cumpra a normativa legal que existe neste concello con respecto os cans perigosos. ¿Foron multados os donos na primeira agresión? ¿Serán multados os donos nesta segunda agresión? Son dúas preguntas que deixamos no aire, sen prexuizo das accións  xudicias que poida tomar a señora contra dos donos dos cans. O que si está claro e que hai unha persoa desgraciadamente prexudicada cunhas lesións que poideron ocasionarlle a morte además do trauma psicloxico que se lle pode ocasionar a esta muller ¿Se non estiveran ali as mariscadores que houbera pasado?. O que tamén está claro que a Policia Local de Cambados ten que tomar cartas urxentemente no asunto, porque neste pobo os donos dos cans campan as súas anchas. A modo de exemplo o outro día viña un señor cun dogo argentino, raza sumamamente perigosa, atado pero sen boceira, eu chameille a atención  e dixomo que era unha cousa que non lle incumbía, dixenlle que como seguira con el así pola rúa iba a chamar a Policia Local. Outro exemplo é que un amigo meu non é a primeira , nin a segunda, nin a terceira vez que é agredido por uns cans propiedade dunha señora na zona dos Caeiros cando ia a traballar, e así podiamos contar centos de exemplos. Estamos fartos destas actitudes e que os donos sempre nos digan “Os cans non morden”, os cans son animais  e claro que morden se non se teñen nas debidas condicións  que sinala a lei e senón son coidados debidamente. A todo esto sen entrar nas innumerables defecacións caninas que atopamos se damos unha simple andaina polo paseo marítimo de Cambados. Os donos son ou deben ser responsables dos seus cans, senón que non os merquen, e a Policia Local debe poñerse máis “o loro” a hora de facer cumprir a normativa vixente, e que no tomen os axentes como unha crítica senón mais ben como un recordo.

Xaquin Charlín “Chon”.

 

 

 

Cambados 2 de setembro de 2010

XIV XORNADAS PEDAGÓXICAS DO SALNÉS

BIODIVERSIDADE NO SALNES

Os Poñentes das xornadas: Manuel Dominguez Rey, Adela Leiro Lois, Victor Caamaño Rivas, Mon Daporta Padin e Ramón Caride Ogando.

 

OBXECTIVOS PREVISTOS:

Actualización didáctica do profesoradO, presentación de novos materiais e experiencias, fomentar o intercambio entre os profesores e profesoras, ofrecer ao profesorado recursos diversos para traballar nas aulas e difundir o coñecemento dos recursos que ofrece o Salnés a diferentes niveis: etnográfico, ecolóxico, histórico, económico, literario …

CONTIDOS: BIODIVERSIDADE NO SALNÉS:

Recursos para traballar a natureza na comarca:ecosistemas, especies: animais, plantas, fungos…, instalacións: museos, acuario, centro de interpretación A Siradella, actividades relacionadas coa natureza: agricultura, acuicultura, pesca e marisqueo, minería, rutas.

Traballo práctico:

-Saídas a diferentes lugares: bosques, xardís, praias e dunas, cantís, museos.

DATAS DE REALIZACION: 13, 14, 15, 16, 17  de setembro de 2010.

HORARIO: 16,30 a 20,30 horas.

LUGAR DE REALIZACIÓN: I.E.S. Asorey. Cambados (Pontevedra) e diferentes lugares do Salnés.

Nº DE HORAS DA ACTIVIDADE: 20 horas (todas presenciais).

INSCRIPCIÓN: Tf 986530407, 986520161.

MATRÍCULA: 30 euros, socios/as e parados/as: 20 euros

PONENTES: Equipo VENTOS: Manuel Domínguez Rey, Adela Leiro Lois, Víctor M. Caamaño Rivas, Mon Daporta Padín, Ramón Caride Ogando.

P R O G R A M A

Luns 13 de setembro: 4,30-5 da tarde, Inscripcións e entrega de documentación, Presentación.

5-6 da tarde:  CONFERENCIA A BIODIVERSIDADE. A natureza no Salnés por Manuel Domínguez Rey.

6,45– 7,30 da tarde: PRESENTACIÓN Recursos para traballar a natureza na comarca, ecosistemas, especies, instalacións, actividades relacionadas coa natureza, rutas…Plan de traballo para as saídas, por  Adela Leiro, Manuel Domínguez, Victor Caamaño.

7,30-8,15 da tarde. PRESENTACIÓN DO LIBRO Cabanillas do A ao Z por Ramón Caride Ogando

RECITAL POÉTICO: Grupo de declamación do IES Ramón Cabanillas.

Martes 14 de setembro: 5-8 da tarde, SAÍDA, As árbores, Especies autóctonas e ornamentais. Lugar: Monte da Pastora. Xardíns dun pazo da comarca por Manuel Domínguez Rey,  Mon Daporta Padín.

Mércores 15 de setembro. 5-8 da tarde. SAIDA. Prais, dunas e areais. Diferentes acosistemas. Costa exposta e protexida, dunas fixzas e mobiles. Especies: flora das dunas, flora e fauna internareal. Lugar: A lanzada: O Bao por Manuel Dominguez Rey. Xoves 16 de setembro. SAÍDA COSTA ROCHOSA: cantís. Morfoloxía costa rochosa: tipos de rochas, cabos, furnas, cantís…. Formacións xeolóxicas da costa rochosa:

pregues, fallas, rasa costeira. Diferentes ecosistemas: costa exposta e protexida. Especies: flora e fauna do intermareal rochoso. Lugar: cantís da Lanzada a punta Faxilda por Manuel Domínguez Rey, Victor Caamaño Rivas.

Venres 17  de setembro. SAÍDA . Recursos para o estudo da natureza. VISITAS: Centro de Interpretación da Siradella, Museo do mar e Salga, asteleiro por Manuel Domínguez Rey, Adela Leiro Lois.

ORGANIZA:

 

 

 

Cambados 1 de setembro de 2010

CONCERTO DE DEGGO EN “DON OLEGARIO”

A SER POSIBLE ASISTIR VESTIDOS DE BRANCO.

MAÑAN XOVES E TAMÉN O VENRES.

 

Esta vez na terraza da adega “Don Olegario” sorprendenos con un potente concerto dun grupo de percusión africana “Deggo”. Este xoves as 22.00 horas e mañan venres a 1 da mañán, os propiatarios da adega invitanos a ir vestidos de branco o concerto. Son varios os membros que conforman Deggo e de diferentes nacionalidades. Aínda que todos eles coinciden en que os seus gustos musicais son parecidos en canto á percusión refírese (Guem, Touré Kunda, DAARA J, Youssou N..dour, Tambours de Brazza). Pódese dicir que algúns senten moi influenciados polo Reggae e músicos africanos moi coñecidos a parte dos mencionados anteriormente (Alpha Blondy, Bob Marley and The Wailers, Steel Pulse, Third World, Salif Keita, Mamady Keita, Soungalo Koulibali, Adama Dramé, Daby, Fela Kuty e os seus fillos). A música brasileira e cubana tamén foron grandes influencias para un grupo como DEGGO (Emilio Santiago, Gal Costa, Toquinho, Vinicius de Moraes, Zeca Pagodinho, Bebel Gilberto,Martinho Dá Vila, Marisa Monte, Chepito Areas, Patato Valdés, Gato Barbieri…. Os artistas non collerían nesta páxina xa que admiran  a moitos máis músicos que fan estilos musicais diferentes dos que aquí vos facemos mención. Más información sobre o grupo en : http://www.myspace.com/deggopercussion#ixzz0yIykVhr5 

 

 

 

Cambados 31 de Agosto de 2010

1º ANIVERSARIO DA CERVECERIA “ESCUMA”

 

O vindeiro sábado a partires das 23 horas na Cerveceria “Escuma” sita na rúa Ourense Nº 14 de Cambados , gran festorro  con motivo do seu primiero aniversario. A sua propiataria Beatriz Moares, case que vai tirar a casa pola ventana coa axuda do seu “camarero preferido” Popi. Cervexa a 1 €, colimochos 2×1, haberá piñata, globos e moitas cousas e sobre todo moita diversión. Os seus clientes saben que foron sonadas as Festas do Pijama, a de finde curso, a do Tapersex ou a final do mundial. Bea dende a súa páxina de facebook animonos a que nos pasemos polo Escuma e nos advirte que non lle levemos regalo, xa que os pon ela. Animadevos, a festa está asegurada. Parabéns de parte de  Unha Grande Chea.

 

 
 
 
Cambados 30 de agosto de 2010

BENITO PARDO DE FIGUEROA,  “O SEÑORITO DE FEFIÑANS”

O historiador José Durán.

A Praza de Fefiñans na época

 

Grazas a José Antonio Durán , un historiador e escritor contrastado, e os seus traballos fan posible a realización dun documental que nos van a dar a coñocer a vida dunha persona que ata o de agora permanece no anonimato para todos os cambadeses, que non é outro que o noso pasano Benito Pardo de Figueroa “O Señorito de Fefiñans”. O documental vaino facer a Televisión de Galicia. Benito Pardo de Figueroa naceu o 1715 e finou no 1812, e foi todo un innovador dentro da Infanteria Española, un corpo de élite que napoleón Bonaparte escolleu para executar os seus planes antibritánicos de ocupación militar, destacou tamén na carreira diplomatica sendo entro outras cousas embaixador de España en Rusia, concretamente en San Petersburgo e en Berlín. Tamén estivo na guerra da independencia dos Estado Unidos de América. Na cinta vaise recoller a actividad diplomática e militar do noso veciño, que chegou a ser Teniente Coronel na época de Godoy, e incorpora a personaxes como Napoleón Bonaparte entre outros.

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s