Cambados 21 de Xuño de 2010
XENIAL CARICATURA DE NACHORTAS
TRES TRAZOS QUE DEFINEN Ó PERSONAXE.
Caricatura de Louzán e Nochartas nunha foto de arquivo.
Ignacio Hortas Rodriguez mais coñecido por Nachortas debuxante e caricutirsta, entre outras cousas, do periodico La Voz de Galicia, foi autor de caricutara que ofrecemos máis arriba e que ilustraba unha nova na sección de Arousa da Voz de Galicia de onte. Eu que son un afeccionado das caricutaras e gozo facendoas, son un admirador como debuxante de Nachortas, pero cando vin onte a caricatura de Rafael Louzán no periodico, o primeiro que dixen foi “Incrible, con tres trazos definiu perfectamente ó personaxe”, ensinaballa a todo mundo tapando a nova que ilustraba e preguntaballe quen era, non fallou ninguén todos acertaron co personaxe. Realmente unha caricatura de xenio . A proveitando a nova como Secretario de Unha Grande Chea e no nome de toda a asociación a proveitamos tamén, xa que non tivemos ocasión ata o de agora de agradecerlle a Nachortas a viñeta que nos adicou co gallo do noso 25 aniversario e que reproducimos a continuación. Grazas e Parabéns Nachortas.
Texto: José Manuel Dominguez Sanchez “Domin”.
Cambados 20 de xuño de 2010
A FAMOSA “PERLA DO XEITO” XA TEN DESTINATARIA
IRENE CACABELOS FOI A AFORTUNADA
Irene recibindo a Perla de mans de Benito, e en detalle a perla e o anel.
Parece que este ano é o de Irene Cacabelos, o nomeamento de chalequeira de Unha Grande Chea neste antroido, vense a sumar que foi a aforunada gañadora da famosa “Perla do Xeito”. Lembramos para aqueles que ainda non escoitaran nada da nova, que no Xeito hai unha peña gastronómica que todos os xoves fai unha cea a cargos dos membros da peña Nolo e Carlos, pois fai dous xoves ceando unhas deliciosas ameixas a mariñeira un dos comensais atopou unha pequena perla que Nolo encargouse de levar a Xoieria Enrique e engarzouna nun anel. A peña é eminentemente masculina pero cada ano fai unha cea na que os homes fan e servenlle a cea as mulleres dos peñistas, onte tivo lugar a cea anual e sorteo da xa famosa perla. A cada muller asistente a cea deuselle un cartón de loteria , a primeira en cantar bingo seria a afortunada, e esta non foi outra que Irene Cacabelos a quen se lle fixo entrega da perla por parte do que a atopou que non foi outro que Benito de Xina, tal e como podedes ver na fotografia. A perla foi nova na TVG (preme AQUÍ para velo), Faro de Vigo e A Voz de Galicia grazas o eco que se fixo da mesma este espazo web.
Cambados 20 de xuño de 2010
ALEX UBAGO E KATE RYAN NO ALBARIÑO
Temos novas novidades na programación do Albariño 2010 e unha corrección nunha data. O erro está na data publicada para o concerto de Homes G, que non é o xoves, como se publicou en todos os medios, senón que será o Venres 30 de Xullo como di a web do Xacobeo. Para o xoves 29 está programado Álex Ubago, seguro que en compañía doutros artistas, nun concerto típico dalgunha radiofórmula. Para o sábado 31 a actuación programada é a de Kate Ryan, que traerá a Cambados todos os seus temas pegadizos das pistas de baile.
Se non hai modificacións a cousa quedaría así:
Mércores 28 de Xullo: Love Of Lesbian…
Xoves 29 de Xullo: Álex Ubago…
Venres 30 de Xullo: Homes G.
Sábado 31 de Xullo: Kate Ryan
Unha información recollida de www.cambadosweb.net
Cambados 20 de xuño de 2010
OSCAR PARDO PLANAS, PREMIO DÁ U.S.C.
POLO SEU PROXECTO “A MULLER NA ENXEÑERÍA”
O cambadés Óscar Pardo-Planas foi premiado pola Universidade de Santiago de Compostela polo seu proxecto estudantil “O papel dá muller na enxeñería”. Pardo-Planas é estudante da Escola Técnica Superior de Enxeñería na USC aínda que durante o presente curso académico está gozando dunha bolsa Erasmus en Copenhague onde segue activo cos seus proxectos e participando neste tipo de concursos estudantís.
O concurso foi convocado pola USC dentro dos actos que conmemoraban o primeiro centenario da incorporación da muller á universidade. O de Óscar Pardo-Planas foi o único traballo presentado, pero a pesar diso foi moi valorado e aplaudido polos membros do xurado que deron a coñecer o fallo fai tan só uns días.
O feito de que sexa o único proxecto presentado a concurso fai que tanto o segundo como o terceiro posto queden desertos.
Ademais dunha boa achega económica, o traballo do Noso Oscar estará presente nunha exposición aberta a todos os públicos que se realizará na universidade santiaguesa a principios do próximo curso. O seu traballo non estará só, senón que estará arroupado por carteis cedidos desde outros centros universitarios.
Óscar Pardo-Planas é un moi coñecido en Cambados dado que, desde fai xa seis anos, é o administrador do portal web www.cambados.tk no que informa periodicamente das actividades e actos relativos á capital do albariño. A súa carreira na rede veu crecendo nos últimos anos, dado que o portal é todo un referente para a mocidade cambadesa que non dubida en opinar e en entrar na web do agora premiado. Mantén actualizada a páxina día a día desde Copenhague. Xa dixemos e sabemos que non nos trabacamos que está rapaz está chamado a facer grandes cousas por e no noso pobo. Parabens querido amigo, de corazón.
Cambados 20 de Xuño de 2010
UN CAMBADÉS NOMEADO FILLO ADOPTIVO DE POIO
BENITO MONTERO PREGO, FISCAL DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA.
¿PARA CANDO O SEU NOMEAMENTO COMO CABALEIRO DO ALBARIÑO? É UN DEFENSOR A ULTRANZA DO NOSO VIÑO.
Benito Montero Prego naceu en Cambados, aínda que reside na parroquia de San Salvador (Poio) desde 1996. Na actualidade realiza a súa labor como fiscal na Audiencia de Pontevedra, profesión na que atopou unha illa na que desenvolver a súa particular loita pola normalización do galego. Foi cofundador da Irmandade Xurídica Galega e participou en diversos estudios e declaracións pola defensa no idioma. Montero Prego leva a súa paixón ó eido práctico e desenvolve toda o seu traballo como fiscal na súa lingua nai. Tamén é membro da Irmandade de Vinhos Galegos e Prolingua así como fundador da Confraría do Tabernáculo da Santa Sede, unha versión galega das sociedades gastronómicas vascas, «pero na que se come mellor».
Benito no local da Confraría do Tabernaculo da Santa Sede
O punto de reunión destes amigos está na rúa San Martiño, 14, preto da basílica de Santa María, nun local que antes era o bar La Portuguesa. Cando este pechou, os membros da pandilla quedaron «desorientados», pois era o lugar de encontro, de viños, conversacións e de cancións ata a madrugada. Así que decidiron convertilo no seu clube particular, o arranxaron e fundaron a confradía, cuxo nome, como di Montero, «é un equívoco que nos gustou». Porque claro, o de Santa Sede non ten nada que ver coa Igrexa senón máis ben coas gañas de beber. Estudiou en Santiago e cando terminou, meteuse en oposicións. A primeira, para xuíz, a suspendeu, pero a segunda, de fiscal, conseguiu aprobala. Tiña 26 anos e o seu primeiro destino foi Asturias. El acórdase perfectamente do seu debú nun xuizo -asegura que levará máis de 20.000-. «Foi por unha pelexa que houbera nun baile. E unha das víctimas me dixo directamente que eu sabía o que pasara, e debeu ser porque eu levaba unha chaqueta de pana. Entón, tivo a confusión de que eu fora un daqueles macarras da pelexa. O xuíz tivo que aclararlle que era o fiscal, aínda que vestira daquel modo».
Benito Montero, nun detallado estudio titulado O proceso penal a Manuel Curros Enríquez publicado hai sete anos, esmiúza os fundamentos de dereito da chamada "sentencia inferior" e conclúe a "pouca formación xurídica do xuíz Mella ou a mala conciencia de condenar por uns feitos que evidentemente non eran constitutivos de delicto". Montero Prego lembra que o fiscal ourensán solicitou a libre absolución de Curros no momento do xuízo e cualifica a sentencia de "fraude ou tapadeira legal para castigar a Curros pola súa arrogante valentía". Decanos de varios Colexios de Avogados, catedráticos, profesores de universidade, xuíces e fiscais de toda Galiza, eles son parte dos máis de sesenta xuristas que advirten á Xunta que o seu ‘Decreto do Plurilingüismo’ pode ser inconstitucional, entre eles como non, estaba o cambadés Benito Montero. Podes ler unha entrevista a Benito Montero publicada no Faro de Vigo co gallo do seu nomeamento como fillo adoptivo de Poio premendo AQUÍ. Tamén podes ver o seu discurso que deu co gallo do investimento de togas e medallas da Irmandade Xurídica Galego no Pazo de Fonseca o ano pasado e no que se lle otorgou a medalla e nomeamento de Irmandiño o presidente de Unha Grande Chea, Xaquin Charlin, premendo AQUÍ.
Benito na entrega de Togas e medallas da Irmandade Xuridica Galega do 2009.
No seu Cambados natal facendo o "Roteiro de Cabanillas", a súa dereita a súa irman e mestre Encarna Montero.
Benito sempre cando pode achegase a Cambados a ver a súa nai Encarnación Prego o os seus irmáns, a súa casa natal está na cambadesa praza de Alfredo Brañas. A corporación e o Alcalde de Poio nomeano o vindeiro nove de xullo, ás 20.45 horas fillo adoptivo de Poio nun acta a celebrar no salón de Plenos do meritado concello. O rematar o acto terá lugar unha cea celebración no Restaurante “La Brisa”. Se desexades asistir confirmar no telefono 986 86 31 27. Ou facer un ingreso de 50 € no seguinte número de conta BBVA 0182 5180 11 0201513631. A ver cando o noso Alcalde Luis Aragunde e o Capitulo Serenísimo o nomean Cabaleiro do Albariño a este home que aparte de todo o curriculum citado é un defensor a ultranza do noso viño.
Cambados 19 de Xuño de 2010
“ANIMAIS CON ROUPA”
ARRANCAN AS PLANTAS NA PRAZA RAMÓN CABANILLAS
Dicimos o de “Animais con Roupa” con todo respecto para os animais, porque os bárbaros que fixeron o que podemos ver nas fotografías non merecen outro cualificativo. O mellor estes energúmenos pensan que o que fixeron ten graza, e a verdade que non ten ningunha, estes “valentes da noite” que amparándose no anonimato realizan estes actos de babaría o único que son é uns covardes con titulo. O peor de todo isto é que o mellor os pais pensan que teñen unhas xoias na casa. A verdade é que vai sendo hora, de que polo menos nos meses estivais debia haber unha parella da Policía Local patrullando polas noites , polo menos para intimidar algo. Algúns veciños do lugar botábanlle a culpa os do botellón, pero tampouco é xusto que metamos a todos os que fan botellón no mesmo saco porque sería pagar xustos por pecadores, os que foron , aínda que parece unha perogrullada o que vou dicir, sábeno eles coñecen perfectamente que fixeron dano e si gozan deste xeito, nunca poderán ser persoas.
Cambados 19 de xuño de 2010
ASEMBLEA INFORMATIVA DE “CAMBADOS ZONA CENTRO” EN EXPOSALNES.
TOURIS, NEMBARGANTES DI QUE O CENTRO COMERCIAL DE SAN MIGUEL É COMPATIBEL CO PEQUENO COMERCIO
Marcos e Amancio, representantes do Consorcio e Cambados Zona Centro respectivamente.
A Asociación “Cambados Zona Centro” ten entre os seus obxectivos defender e velar polos dereitos do pequeno comercio e saben cal sería a repercusión que pode supor ó establecemento dun Centro comercial como que se quere implantar en San Miguel de Deiro, coa anuencia da actual Xunta de Galicia e o concello de Vilanova de Arousa, non só no desenrolo do tecido comercial se non tamén nos demais sectores da nosa comarca. É por ilo que dende a Asociación “Cambados Zona Centro”, e xunto co Consorcio do Comercio do Salnés, convocan a unha reunión informatriva a todos os veciños, asociacións e propietarios de pequeño comercio de Cambados e oredores que vai ter lugar o vindeiro lúns 21 de xuño ás 21 horas no Salón de Actos de “Exposalnés” de Cambados. “Cambados Zona Centro” espera poder contar coa vosa presenza, así como coa vosa posterior colaboración nas distintas actuacións que posteriormente se poidan levar a cabo.
Curiosa e interesante esta entrevista do Delegado Sr. Touris para ilustrar o tema que podes ler premendo AQUÍ.
Unha nova de “Cambados Zona Centro”.
Cambados 19 de xuño de 2010
NIKA, VILMENTE MALTRATADA
De novo a crueldade contra un can vólveme a emocionar e a deixar sen palabras. Teño unha rabia no meu corpo que vou intentar acougala escribindo estas palabras en honra a esta valente cadela.É un caniche toy, apenas pesa dous quilos e atopouna unha socia no lateral da estrada que leva ao noso refuxio. Desde un primeiro momento pensamos o peor que lle quedaba pouco tempo de vida, como sempre a nosa sorpresa é cando acudimos ao noso veterinario e dinos o seguinte. A cadeliña que a bautizamos co nome de Nika, presenta unha oscultación perfecta, está chea de miles de pulgas e o primeiro que fan é bañala e cortarlle o pelo. Engadindo todo tipo de antiparasitarios xa que as pulgas estana comendo en vida. Despois chega as primeiras sorpresas ten a pata rota, e non sente dor nela, e non ten dentes, só uns molares traseiros e novos. Non é vella se non que hai dúas suposicións ou sufriu un forte golpe e perdeu os dentes ou llos arrincaron, se, se ledes ben llos arrincaron, aparte está completamente deshidratada, anémica e cunha cara de pena e sufrimento que escribindo estas palabras emociónome, non o podedes imaxinar que tristeza se ve neses ollos, que dor me produce a súa mirada, non sabe comer en recipientes pero se llo damos por xiringa se come. Cando estaba completamente limpa e habendo pasado o control veterinario depositámola nunha caixiña, cal foi a nosa sorpresa que Nika púxose a ouriñar e a beber os seus propios ouriños. Canta crueldade cara unha cadela tan pequena e indefensa. AGORA AQUÍ VAI O NOSO ROGO DE AXUDA. Cada vez abandonan animais en estados lamentables e por desgraza nós temos que facer fronte a uns gastos veterinarios moi altos , polo cal necesitamos urxentemente axuda e sobre todo para Nika, necesita analíticas de sangue, radiografías e unha operación para que poida volver facer vida normal porque iso se que se que me propoño buscarlle pronto unha boa casa e déanlle todo o agarimo que ata agora lle faltou. Se queres axudarnos este é o noso número de conta: 2100-5036-49-0200074762 A Caixa, Nika é a que máis o necesita agora mesmo pero xunto a ela hai case 90 cans pedindo axuda. POR FAVOR AXÚDANOS A AXUDAR. Este enlace compárteo para que chegue a todos a historia de Nika, por desgraza e vendo como imos nesta primavera non será o último…….
Olga Costa (Refuxio de Animais de Cambados)
Texto e fotos: facebook do Refuxio de Animais de Cambados.
Cambados 18 de xuño de 2010
ISI VAAMONDE ESTE SABADO NO RIF
E SEGUEN OS ACTOS DO XI ANIVERSARIO DO RIF.
Este Sábado 19 teredes a oportunidade de ver unha vez máis en directo a Isi Vaamonde, desta vez en formato trío. De volta ó rock’n’roll básico…
Sábado 19 de Xuño 23:30h.
ISI VAAMONDE en concerto
Volker Ledwig: bateria
Edu Pulpillo: baixo
Isi Vaamonde: guitarra e voz
E mentres, xa case temos rematado o programa do
XIºAniversario do Rif-Rock
Con moitas sesións especiais de tódo-los RifRocKerZ
e unhas cantas actuacións en directo:
Sábado 3 de Xullo 23:30h.
O día seguinte de cumprir 11 anos, festa por todo o alto cunha sesión doble en directo, con LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE acompañados dunha banda sorpresa como teloneiros, BILLY & THE CROCKETS
Sábado 24 de Xullo 23:30h.
poremos fin ó mes có directo de PARTÍCULAS INESTABLES, que nos presentarán o seu exclusivo show "***der!!!".
Para as datas de tódo-las sesións seguide informados no blog: