Humor Grandecheo: NA CASA DO CURA, SEMPRE HAI FARTURA.

 Cambados 18 de xuño de 2010

O XAV DE CAMBADOS PASA A HISTORIA

MARIÑA DURAN SELECCIONADA PARA UNHA CONCETRACION DA F.E.V.

  

O XAV de Cambados ten  a grata oportunidade de facernos saber que a xogadora do club Mariña Durán Rubí, á que vedes nas fotos, ven de ser seleccionada para o grupo de 16 xogadoras en idade infantil, trece anos, que participarán na concentración de verán organizada pola Real Federación Española de Voleibol dentro do seu Programa Nacional de Tecnificación Deportiva a celebrar en Soria do 9 ó 15 de xullo.
No Clube Voleibol XAV Cambados sentense (como non ia a ser menos)  moi felices e orgullosos de que Mariña teña esta grande oportunidade. Felicidades Mariña e felicidades a tódolas entrenadoras do clube!

 

 

Cambados 18 de xuño de 2010

MARTÍN CÓDAX, VIÑO OFICIAL DE "O APÓSTOLO", PRESENTA AOS PERSONAXES DA CINTA

 

Martín Códax convertéronse nun importante valedor do cine galego coa súa colaboración na película, “O Apóstolo” a primeira de Europa gravada en stop-motion, e que percorreu festivais da importancia de Cannes ou a Berlinale. Para celebralo crearon unha etiquetaxe especial co nome do filme pero ademais, a esencia das súas albariños pervivirá na cinta pois os decorados están elaborados con algunhas da súa cepas. En definitiva, agora, máis que nunca os seus caldos, son de película.
As súas instalacións tamén son testemuñas desta aposta da adega pola cultura galega e os mozos creadores como Fernando Cortizo, director da cinta que onte as visitou en compañía dalgúns dos actores que deron voz e rostro aos bonecos de foam látex que interpretan esta inquietante película, cun final que se dará a coñecer o 17 de xullo na “première” de Santiago.

 

Artistas da talla do chelequeiro de Unha Grande Chea  Carlos Branco, de Manuel “Manquiña”, Celso Bugallo ou Isabel Branco (en elenco tamén figuran artistas como Geraldine Chaplin, Luís Tosar ou Jorge Sanz) coñeceron máis de cerca a historia de Martín Códax e acompañaron aos seus responsables na inauguración dunha exposición que mostra os escenarios orixinais da película, así como algunhas fotografías nas que se pode contemplar o desenvolvemento dos seus personaxes, o traballo dos animadores, a adaptación dos rostros dos bonecos, ou momentos entrañables como os protagonizados polo famoso Paul Naschy que faleceu en decembro do ano pasado, sendo este o seu último traballo.
O bo humor e a confianza existente entre o equipo de Artefacto Producións e os representantes da adega, deixaba patente a boa relación que cultivaron. Ata tal punto que "chegouse a crear unha relación de amizade", explicou o xerente. Jesús Vázquez relatou que todo xurdiu da necesidade da produtora de recrear os bosques de “carballos”, tan representativos da paisaxe galega; “e as formas das cepas propiciaban esa estética de misterio e intriga que buscabamos”, engadiu a directora de arte de “O Apóstolo”, María Hernáez. Así, xunto aos técnicos da adega, escolleron os mellores exemplares de Albariño que se converteron nas mesas, as cadeiras e outros elementos que aparecen en escenarios da película, tanto exteriores, como interiores, como unha adega.
Pero a implicación de Martín Códax neste proxecto foi máis aló, e creou unha etiquetaxe especial coa imaxe da película envolvendo caldos da colleita de 2009. “Naceu cando empezaron coas primeiras promocións da película. Estabamos co deseño dedicado ao Xacobeo e preguntáronnos porqué non había un de -O Apóstolo- e así foi”, explicou o xerente. E é que se trataba dunha oportunidade única tamén para promocionar “os nosos viños Rías Baixas e toda a nosa terra”, engadiu. E máis aló do panorama nacional pois a película estivo en festivais tan importantes como Cannes ou a Berlinale, e en todos eles estivo presente Martín Códax, co seu viño de cine. Ademais, “o proxecto vai na nosa liña, na vangarda da cultura galega”, manifestou o director comercial da adega, Pablo Buján.
Como broche de ouro ao acto de presentación, todos xuntos brindaron con este caldo.

 

 

Cambados 18 de Xuño de 2010

ÉXITO DO PIRAGUISMO CAMBADÉS

Pérez, adestrador dos cambadeses comeza a recoller os seus froitos.

 

Segunda praza do Piragüismo Cambados na regata de kaiak de mar disputada en CarnotaSegunda praza do Piragüismo Cambados na regata de kaiak de mar disputada en Carnota. O pasado domingo celebrouse en augas de Carnota a cuarta regata da competición de kaiak de mar que organiza a Federación Galega de Piragüismo. Unha cita na que a vitoria lla levou o Portonovo e onde o piragüismo Cambados concluíu nunha destacada segunda posición. Pablo Fernández (K-1 júnior) e José Javier Guillán (K-1 sénior) foron os representantes do conxunto de Cambados que se fixeron coa vitoria nas súas respectivas categorías. Tamén subiron ao podio José Ramón Gondar, segundo en K-1 cadete, e Noa García, terceira en K-1 sénior. Ademais, o K-2 sénior de Fernando Estévez e Esteban Gondar foi cuarto no K-2 sénior, Camilo Vilas, sexto no K-1 sénior e en idéntica posición concluíu Juventino Pérez no K-1 de veteranos.

 

 

 

 

Cambados 18 de xuño de 2010

EXCURSIÓN A CERCEDA E CAMPAMENTOS NA PASTORA

O Concello de Cambados acaba de abrir o período de inscrición para os campamentos da Pastora e para a tradicional excursión ao parque acuático de Cerceda (A Coruña), que será o 28 de xuño. Esta viaxe está aberto aos alumnos de terceiro de primaria a cuarto de secundaria.
En canto aos campamentos urbanos da Pastora, hai un para nenos de primeiro e segundo de primaria, que se celebra entre o 29 de xuño e o 2 de xullo; e outro para alumnos a partir de terceiro de primaria, que será entre o 5 e o 9 de xullo. Os interesados teñen que anotarse na oficina municipal de información xuvenil (OMIX) da Mercede, e o prazo termina o 25 de xuño ás dúas da tarde. As prazas son limitadas e concédense por orde de inscrición.
Inscricións:
O Concello de Cambados organiza este verán unha ludoteca infantil, para que os pais que traballan poidan deixar aos seus nenos atendidos por profesionais. Polo momento xa están inscritos un centenar de nenos, e o concello está facendo trámites para poder utilizar o colexio da Pastora. Así, pedíuselle permiso á Delegación de Educación e ao consello escolar.
O ano pasado creouse o servizo, con 60 nenos anotados, e este verán a novidade é que haberá comedor

 

 

 

Cambados 17 de xuño de 2010

CHOURIZO FILMS, COLGA O VIDEO DE FRANK SOUTELO NO SEU FACEBOOK

A produtora Cambadesa Chourizo Films, ven de colgar no seu  facebook  o video presentado  no 7º PREMIO RAMÓN CABANILLAS DE CAMBADOS A MIGUEL ANXO FERNANDEZ

A curta contanos como Fran Soutelo investiga o paradeiro do cadaleito de Marylin Monroe. O seu arquiinimigo e contrabandista de cadáveres Sugar Jones non vai permitir que Fran estrague o seu negocio. Versión de Chourizofilms do libro de Miguel Anxo Fernández, homenaxeado polos libreiros de Cambados. Podes ver o video, se estás dado de alta no facebook prmendo AQUI.

 

 

Cambados 17 de xuño de 2010

RUTAS PARA COÑECER O NOSO CONCELLO

EN MARCHA CO BNG

O BNG de Cambados, ven de invitarnos a coñecer o noso concello por medio dun roteiro, nesta caso invitanos a coñecer a Parroquia de OUBIÑA : Superficie: 4 km2 Habitantes: 500 Punto máis Alto: Sete Pías (113 m) , Ríos: Umia e Pequeno.

LUGARES DE INTERESE DE OUBIÑA: -Ríos Umia e Pequeno – Fontes e lavadorios -Igrexa románica e sartegos antropomórficos. –Cruceiros -Con das Sete Pías –Muíños-

A roteiro vaiter lugar o  domingo 20 de xuño HORA: 10:30 SAÍDA: Centro Cultural a DURACIÓN: 2,5 horas DIFICULTADE: media-baixa DISTANCIA A PERCORER: 5 km. Unha moi boa idea e mosmo tempo que coñecemos a nosas parroquias facemos un pouco de deporte que nos ven moi ben.

 

 

 

 

Cambados 16 de xuño de 2010
MIGUEL ANXO MARTINEZ , UN GRAN ESCRITOR E UN EXCELENTE XORNALISTA
O 26 DE XUÑO PRESENTA O SEU NOVO LIBRO “O DISCURSO DOS AFLUENTES” EN EXPOSALNES

A portada do libro e Miguel nunha foto de arquivo na presentación do seu segundo libro.

A inquietude de Miguel Anxo Martínez Oubiña por escribir vén desde moi atrás, concretamente desde a súa máis incauta mocidade. Daqueles episodios manuscritos nos que intentaba reflectir o onírico dunha coherencia inconexa entre o desexado e o real, xurdiu a súa segunda obra literaria en ver a luz. Tras a novela "En precario" na que divagaba sobre as tribulaciones dun comercial na xungla laboral, o seu particular "Depósito de cadáveres" recompila once confesións en forma de contos que nos narran paixóns, existencias destruídas e esperanzas de redención.  Agora ve a luz o súa terceira obra “O DISCURSO DOS AFLUENTES”, que ven a ser un percorrido das viaxes do noso amigo Miguel Anxo polas aldeas e lugares do Salnés. A presentación vai ter lugar o vindeiro día 23 de xuño ás 20 horas no Cnetro Comarcal do Salnés de Cambados.  A obra está editada en "A NOSA TERRA" e dentro da serie "Viaxes". O acto está organizado polas Librarias Contos e Ramón Cabanillas de Cambados.

 

Cambados 16 de xuño de 2010

O MARROQUÍ LEKHILI GAÑA A II CARREIRA POPULAR DE CAMBADOS

O atleta maroquí Hassan Lekhili impúxose onte na II Carreira Popular de Cambados organizada polo Concello e que congregou a máis de medio milleiro de corredores nun circuíto urbano con saída e chegada na praza de Fefiñáns. Lekhili empregou un tempo de 30 minutos e 23 segundos en percorrer os 10 quilómetros de distancia dos que constaba a proba, superando en nove segundos na liña de meta ao grego fincado en Galicia Robertas Geralavicius, e en 40 segundos a Jesús da Fonte. Pola súa banda, Iván Igrexas ocupou a cuarta posición final, mentres que Pedro Nimo foi quinto. A carreira cambadesa, na súa segunda edición, bateu a súa marca de participación ao contar na liña de saída con 502 atletas, que correron as tres voltas das que constaba o atractivo circuíto urbano deseñado para a ocasión en Cambados. O nivel da competición tamén foi altísimo en categoría feminina, onde o dominio das atletas lusas foi absoluto ao copar as tres primeiras prazas do podio. A vitoria foi para Claudia Pereira, que cruzou a liña de meta na praza de Fefiñáns cunha marca de 34 minutos e 27 segundos. A segunda posición foi para o seu compatriota Dorotea Peixoto, mentres que o terceiro lugar ocupouno a tamén portuguesa Filomena Costa. A primeira española en categoría feminina foi Yolanda Gutiérrez, cuarta na xeneral.
No que respecta á categoría júnior, o triunfo apuntoullo o corredor nicrariense Miguel Vieito. Mentres que en veteranos A categoría feminina impúxose María Abel, e en veteranos B venceu Esther Pedrosa.
Os mellores atletas locais da II Carreira Popular foron Yayo Daporta e David Martínez, que durante todo o trazado mantivéronse á vez. Numeroso público seguiu as evolucións da proba nas rúas de Cambados e o evento finalizou coa entrega de trofeos aos catro primeiros clasificados de cada categoría, un acto que estivo presidido polo alcalde Luís Aragunde.

Participaron 26 cambadeses na carreira, deses 26 , dous pertenecian a Unha Grande Chea, dende esta asociación, e non nos doen prendas,  queremoslle dar a noraboa a Alfredo Oliveira, pola  excelente organización do evento.

Podes ver a clasificación premendo AQUÍ, e aparte das fotos que publicamos na nosa páxina podes ver moitas máis fotos da carreira, premendo AQUÍ e AQUÍ. 

 
 
 
Cambados 13 de xuño de 2010

“CASA DO FERREIRO” NO CORAZÓN DE VILARIÑO

UNHA CASA CON ESTILO NO RURAL CAMBADÉS

   

A “Casa do Ferreiro" e un tipo de aloxamento dos denominados “Casas de Estilo”, cunha capacidade para 20  persoas, sendo a estancia mínima 1 día, atópase fisicamente en Sineiro 69-Vilariño Cambados, os teléfonos de contacto son 646487071 e o fax 986526085.

As principais características da “Casa do Ferreiro” no que respecta os exteriores consta de mobles de xardín, piscina e zona de aparcamento, en canto as interiores consta de baño de habitación, biblioteca, calefacción. cheminea, colección, comedor, equipo de música, jacuzzi, sala de estar, teléfono, televisión en sala e en cada habitación. Atenden en castelán, francés e galego. Ten acceso a internet, hai lavado de roupa,  servense  almorzos. O acceso é asfaltado e atópase fora do casco urbano de Cambados. Todas as habitacións están decoradas dunha forma especial, con personalidade propia. A súa páxina web é http://www.casadoferreiro.com/    Email: casadoferreiro@casadoferreiro.com. Un lugar diferente e con estilo coidando todos os detalles para que se sintan relaxados.

   

Esta casa foi seleccionada pola revista “MICASA” para realizar unha reportaxe , tanto do interior como do exterior, cualificando o estado da restauración como un lugar delicioso onde conviven os elementos recuperados cos de novo deseño.

“Casa do Ferreiro” dispón de 6 habitacións numeradas e cada unha delas é diferente, distinta decoración, distintas tonalidades, todas elas con tv, baño, calefacción e teléfono. Cinco habitacións con cama de matrimonio (algunha delas con posibilidade supletoria) e unha habitación para catro persoas con 4 camas individuais. Tamén teñen berces gratis.

A casa dispón de salón de estar con cheminea, xogos de mesa –cartas, dominó, xadrez, xogos de enxeño etc – , comedor cunha ampla galería con vista o xardín e a piscina, piscina cunha ampla zona para tomar o sol, ordenador o servizo do cliente, admítense ademais tarxetas de crédito. Dende a “Casa do Ferreiro”  está a unha hora de Santiago, a 44 minutos de Vigo,  25 minutos de Pontevedra, 32 minutos de Combarro, 21 minutos de Portonovo,  20 minutos de Sanxenxo, 16 minutos de Vilagarcía, 26 minutos O Grove, e A Toxa, 20 minutos A Lanzada,  16 minutos a Vilagarcía e 26 minutos O Grove.

   

Prezos:

TEMPADA ALTA (Semana Santa e 15 de xullo a 31 de Agosto: Individual 56 €, dobre 70 €, cama supletoria 20 €, casa completa 420 € (Almorzo incluído).

TEMPADA MEDIA (15 de xuño e 15 de xullo – 1 de setembro a 15 de setembro e Pontes): Individual 48 €, dobre 60, supletoria 18, completa 360.

TEMPADA BAIXA (Resto do ano): Individual 40, Dobre 50,  supletoria 15, caso completa 300. Estes prezos son sen IVE.

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s