Humor Grandecheo: ANTES BIROLLO, CA CEGO DE TODO.

Cambados 23 de xuño de 2010

ISI VAAMONDE NA TVG

(preme enriba do logo para velo)

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

 

 

Cambados 23 de xuño de 2010

HOMENAXE A MICHAEL JAKCSON EN CAMBADOS

ORGANIZADO POLA ASOCIACIÓN XUVENIL RETRANCA

 

A Asociación Xuvenil Retranca vai organizar en colaboración co Concello de Cambados unha homenaxe a Michael Jackson, este terá lugar no Pazo de Torrado o vindeiro venres ás 22 horas. Haberá autobuses dende Pontevedra que sairan dende o Pazo de Congresos ás 18, 20 e 21.30 e tamén dende Vilagarcia , dende a Praza de Abastos as 19, 20 e 21 horas. A organización recomenda coller os primeiros autobuses.

 

 

 

Cambados  23 de xuño de 2010

DOMINGO CONCERTO

DOS ALUMNOS DE Dª PITUSA LOSADA

  

 

O vindeiro domingo ás 20.30 horas no Auditorio da Xuventude de Cambados os alumn@s de Dª Pitusa Losada  van dar un concerto no que nos van a amosar de seguro os bos conselleos que lle da a súa mestra. Van estar acompañadas pola soprano Beatriz Robo Agulla. Josefa Losada Nine “Pitusa” creceu rodeada dunha familia de grandes músicos, sendo o seu irmán, o pianista Anxo Losada, quen a iniciou desde temperá idade, a tomar contacto co teclado; educación musical que continuou ata os 18 anos co pianista xa falecido Jesús Magariños. Compartiu tamén a súa afección polo violín.  A obtención dunha praza de funcionario en Correos e telégrafos fixo que a música pasase a un segundo plano aínda que no seu tempo libre continuou dando clases e estudando no Conservatorio de Pontevedra para finalizar, en Santiago, os seus estudos de piano en 1987. Entre os seus compositores favoritos destacaría: Enrique Selectos, Albéniz, Mozart, Chopin…e outros moitos. Algúns dos seus alumnos chegaron a ser profesores e ata saíron ao estranxeiro, como é o caso de Estefania Sánchez Rebollido actualmente en Amsterdam, para perfeccionar e ampliar as súas técnicas pianísticas con famosos profesionais.

 

 

 

Cambados 22 de xuño de 2010

“JUAN O CARAMUXO”, UN FURANCHO FAMOSO

A VOZ DE GALICIA SEÑALO COMO UN DOS MELLORES DE GALICIA

 

En epocas de crise os furanchos están cheos en prexuizo do resto da hostaleria. A voz de Galicia na súa páxina dixital ten unha guia de furanchos de todo o noso pais, o unico que cita en Cambados é o de “Juan o Caramuxo” en San Tome, a do Caramuxo é un furancho dos tipicos dos de sempre, dos da cunca de viño e levar de comer . Algúns furanchos de nosa comarca perderon esa esencia e agora a maioria non máis que churrascos ou restaurantes camuflados o de Juan o Caramuxo non é o caso,  xa que segue a manter a filosofia dos antigos furanchos.

 

 

 

Cambados 22 de Xuño de 2010

 A II CARREIRA POPULAR DE CAMBADOS EN VIDEO

Xa vos demos conta neste espazo da clasificación e das fotos da II Carreira Popular de Cambados, que como xa dixemos foi unha éxito de participación e organización, agora vos presentamos a carreira completa en catro videos que podes ver a continuación:

 

             :

 

 

Cambados 22 de xuño de 2010

125 ANIVERSARIO DÁ MORTE DE ROSALÍA DE CASTRO
(15 de xullo, 1885-2010)

UNHA GRANDE CHEA XA AMOSOU O SEU APOIO O ACTO

   
Borrador (os horarios están pendentes de confirmar) do acto cívico e reivindicativo en lembranza do traslado dous restos mortais de Rosalía de Castro, que tivo lugar ou 25 de maio de 1891, desde Padrón a Compostela. É a Programación Provisional dunha homenaxe que a Asociación de Escritores/as en Lingua Galega http://www.aelg.org/ organiza con motivo do 125 aniversario dá morte de Rosalía de Castro, acto cívico e reivindicativo en lembranza do traslado dous restos mortais de Rosalía de Castro, que tivo lugar ou 25 de maio de 1891, desde Padrón a Compostela. a Asociación de Escritores está buscando adhesións de apoio ao acto por parte de Asociacións Culturais de Base do país; a principios dá vindeira semana queren facer público ou listaxe de entidades que decidan apoiar ou acto, sendo o único compromiso dás que ou fagan:
– permitir que se inclúa ou nome dá Asociación no listado que fagan público.
– publicitar ou acto polos medios que poidan,
A Asociación Cultural Unha Grande Chea, amosou ou seu apoio incondicional o acto, como non podia ser doutro xeito.
 

 
16:30 horas.-
Concentración na Colexiata de Santa María de Iria, cemiterio de Adina:
Alocución por parte do Presidente dá AELG informando do sentido dous actos, lectura dun poema de Rosalía (Cantares Galegos, “Nasín cando as prantas nacen”). Marcha a pé ate a estación dá Matanza, ao carón dá casa de Rosalía, para tomar ou tren deica Compostela.
17.00.-
Saída do tren identificado cun nome alusivo como "Terra a nosa!" ou "Campás de Bastabales", con 200 rosalianos: repartición dun folletiño informativo sobre como foi ou acto do traslado en 1891 (cando entréguese, cobrarase ou billete).
17.30.-
Chegada á estación de Santiago, onde estará agardando a comitiva restante que non acudiu ao cemiterio, actuación dá banda municipal e organización dá marcha. Saída pola rúa do Hórreo cara a Praza do Toural encabezados por algunha banda ou grupo tradicional que vaia tocando ao longo do percorrido.
18.00.-
Praza do Toural, primeira parada dá comitiva.- Lectura de 3 poemas de Cantares Galegos (“A gaita galega”, “Casteláns de Castela” e “Eu cantar, cantar, cantei”). Integración na marcha dos concentrados na praza que non acudiron ao cemiterio. Haberá megafonía en cada parada e procuraranse persoas que declamen ben para as lecturas poéticas de cada parada.
18.15 horas.-
Praza dá Universidade: audición do Pietat Signore, de Stradella.- lectura doutros tres poemas de Cantares Galegos (“Miña Santiña”, “San Antonio bendito”, “Adeus, ríos, adeus fontes”).-
18.30.-
Praza de Cervantes: fachóns acesos ou calquera outra novidade. Escaparates dá Libraría Couceiro adicados ás obras de Rosalía. Lectura doutros tres poemas (pendentes de escoller)
19.00 horas.-
San Domingo de Bonaval: Portas de entrada e escaleiras: presentación do acto final:Audición do Ángelus, de Massenet, lectura de poemas de Follas Novas, intercalando actuacións dous grupos músicais ou artistas participantes, lectura do comunicado/manifesto sobre vos 125 anos de Rosalía e a reivindicación de apertura ao público do Panteón, canto do Himno Galego.
Galiza, 14 de xuño de 2010.

 
 
Cambados 21 de xuño de 2010

BOTADURA DE “A MULLER DE BALBOAS”

POR PARTE DO CLUB MARIÑO DO SALNÉS

 

 

A nosa filliña, que xa e toda unha muller, volve a disfrutar das augas e os ventos da ría xunto con nos dende o sábado 22 de maio. Logo dos traballiños deste ano, que non foron moitos pero si merecidos, “A muller de Balboas” obtivo a sua liberación o cautiverio xustificado que nos obriga a retela nalgúns momentos. E nesta vez nun entorno con máis encanto que o abúlico espíritu contido no formigón de Tragove… o porto de San Tomé. Onde meior que frente o noso local social ( a sede ) poderíase desenrrolar un acontecemento tan importante para nos como é a botadura e o seu ritual, algunhas veces máis atribalado que outras (os vesiños poden dan fe disto). E xa que din que unha imaxe vale máis que mil palabras excuso seguir escribindo dando paso o que aconteceu nesa tarde de maio…

Un pouco tarde, gustaríanos engadir o blog algunha foto da tripulación na realización das tareas de rahabilitación dos barcos. Este ano e por segunda vez, foron feitas nunha nave ubicada en Corbillón. Casi na fronteira (só imaxinaria de momento) con San Miguel. Ofrecida pola nosa amiga, non socia pero si colaboradora, Socorrito. Aqui fiséronselle os amaños precisos para capacitar a nosa querida dorna de tope "A muller de Balboas" para a navegación deste ano . E como xa non goza do privilexio de ser filla única, tocoulle compartir o chumichurri ca sua irman pequena (de distinto pau) a "Julicheira", dorna de escarba tan anhelada polos nosos socios mais nostalxicos… As fotos que engadimos non son moitas, nin boas, nin reflexan o traballadorillos que te somos. Pero bueno… Dio lo paje.

Texto e fotos: http://cmarinhosalnes.blogspot.com/

 

 

 

Cambados 21 de xuño de 2010 

“UN MAR DE PEDRA” Ó FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE OURENSE

TRATASE DUN FILM SOBRE O FAMOSO ESCULTOR CAMBADÉS MANOLO PAZ.

O SEU FILLO É UN DOS AUTORES DO FILM

Os autores de “Un Mar de Pedra” veñen de inscribir o seu fillm no OUFF Festival Internacional de Cine de Ourense a  celebrar entre os dias 1 o 9 de Outubro na cpaital das Burgas.

Sinopse:
Manolo Paz fai da pedra o eixo do seu traballo. Durante o seguimento do todo o proceso escultórico do artista (desde que vai á canteira a por a materia prima ata que a súa obra exponse na galeria) descóbrese o diálogo que mantén coa pedra, reflectido nunha continua observación e alteración do material. Unha mirada educada no contexto do seu Castrelo (Cambados, Galicia) natal que lle permite traspasar o puro formalismo artesanal e ser recoñecido por mariñeiros, canteiros, críticos, galeristas e outras personalidades do panorama cultural ata chegar á proxección artística contemporánea. Unha aposta en nome da abstracción , da terra e no poder do signo.

Biografía
MANU PAZ (CAMBADOS, 1981)

A súa formación cinematográfica realízaa en Madrid na Escola TAI. Durante na súa estancia en Madrid traballa como director de fotografía en multitude de proxectos audiovisuais e cinematográficos (Detrás do Millo, 2003) Tamén colabora activamente con artistas visuais como Din Matamoros, Carlos Rial ou Xoan Anleo.. Actualmente reside en Vigo e traballa como editor e operador de cámara para Filmanova.

XACOBO SANMARTÍN (VIGO, 1978)

Licenciado en Comunicación Audiovisual e Máster en Arte e Novas Tecnoloxías. Desde a súa etapa de estudante ata a actualidade desempeñou funcións de dirección de documentais (Milton Nascimento: unha travessía musical por Galicia, 2006; I Love Teis, 2006; Afonso dá Fronteira, 2007; O Retrato Filmado, 2009 e 2010 para o Play-Doc), axudante de dirección en diferentes proxectos audiovisuais e artísticos, produción de cine publicitario, e operador de cámara. Actualmente traballa en Vigo a cargo da produtora Nai Films.

Premios
– SECCIÓN OFICIAL FESTIVAL INTERNACIONAL DE DOCUEMTALES DE TUY, PLAY-DOC (2010)

Datos Técnicos

Year

 

2010

Country

 

Galicia

Genre

 

Time

 

67

Format

 

Digital

Director

 

MANU PAZ & XACOBO SANMARTÍN

Screenwriter

 

MANU PAZ & XACOBO SANMARTÍN

Music

 

PUZZLE

 

Cast

 

MANOLO PAZ

ANTÓN LAMAZARES

FRANCISCO LEIRO

MANUEL CASIMIRO

LUISA CASTRO

ALFONSO PENELA

Cinematographer

 

DAVID HERNÁNDEZ & ALEX PENABADE

Editor

 

MANU PAZ

Producer

 

ADARME VISUAL

Distributor

 

ADARME VISUAL

Contact

 

xacobo.sanmartin@unmardepedra.com Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla

 Website

 

http://www.unmardepedra.com

Podes ver o video premendo AQUÍ

 

 
 
Cambados 21 de xuño  de  2010

OS LUNS: A POESIA DE RAMÓN R. NOGUEIRA E XOSÉ MARIA VILA RIBADOMAR.

RAMON R. NOGUEIRA

http://ramonogueira.wordpress.com/page/2/

 

“TEATRO, ISO É”

Un día

á plena luz do sol

sentado na herba

tirado nas nubes

con guión na miña man

fixeches a mellor obra da túa vida

sinxela

concreta

chea de azuis e vermellos

de amarelos e brancos

de verdes e negros

gritabas ao vento

contabas ás follas

dramatizabas cunha flor na man

e escachabas a rir bailando ao compás dun cantiñeiro

que mofándose das rimas da túa voz

a obra fíxose teatro

o teatro fíxose muller,

e a muller sutileza

 

…no lugar namoreime dela.

 

 

 

XOSÉ MARIA VILA RIBADOMAR

 

“ISRAEL”

Israel non ten paz, e ten cartos, e exercito, e bombas nucleares. Israel ten territorio mais non ten paz. Mentres siga a ter tantas cousas, agardo que non teña paz nunca.

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s