Cambados 13 de Xuño de 2010
TORRADO ABRE AS SÚAS PORTAS Á VANGARDA
Quince alumnos da Facultade de Belas Artes dan vida a unha exposición de arte contemporánea en Cambados
A fotografía dun bosque na que aparecen uns anacos de cristal que ás veces parecen espellos, e outras vidros transparentes; unha chea de terra; unha caixa que permite observar unha imaxe en tres dimensións grazas a un xogo de espellos… Estes son algúns dos ingredientes da exposición de arte contemporánea que este mes alberga o pazo de Torrado, en Cambados. Unha mostra interesante xa que permite coñecer o traballo de novos artistas interesados polas propostas máis vangardistas e arriscadas da arte actual.
Cambados pode presumir de contar nestes momentos cunha das exposicións de arte contemporánea máis interesantes da provincia. "15 proxectos de espazo para un espazo" é en realidade o traballo de quince novos artistas, estudantes da facultade de Belas Artes de Pontevedra, e nel combínanse desde os xéneros e técnicas máis convencionais “como a fotografía e a pintura” con proxeccións audiovisuais, ilusións ópticas e esculturas formadas por ducias de pequenas caixiñas de plástico.
A exposición atópase na planta superior do pazo de Torrado, e pode visitarse ata finais deste mes en horario de mañá e tarde, salvo os domingos, que só abre de 11 a 14 horas, e os luns, que o edificio está pechado. "15 proxectos de espazo para un espazo" permite ao público asomarse a un mundo ás veces case críptico, pero que sempre impacta.
É o que consegue, por exemplo, Esteban Suárez Fernández, coas súas "Inquietudes perceptivas", unhas cintas de cor vermella pegadas á parede, preto dun perchero, e que observadas a certa distancia confúndense cunha peza de roupa efectivamente colgada.
Outra proposta rechamante é a de Josetxu Cárcamo, que presenta un conxunto de recipientes de comidas, basicamente de plástico. Con eles, pretende mostrar como na sociedade actual concédese un enorme valor a certos obxectos e ningún a moitos outros que con todo téñeno, como os recipientes grazas aos cales pódese transportar os alimentos.
O "Suomi" de José Villot Guisan permite observar a fotografía dun home sobre a neve en tres dimensións grazas a un xogo de espellos; e Jesús da Igrexa introduce ao espectador no vagón dun tren, grazas aos efectos sonoros e á proxección continua de feixes de luz. Outra das obras que máis atrae a atención é "Alzh3im3r", de Marcos Covelo, que mostra a súa forma de ver esta grave enfermidade mediante un boneco de madeira completamente desmembrado e unha serie de debuxos que representan os recordos dunha persoa… ata chegar á última ilustración, que aparece baleira.
"Mundo fráxil" é unha habitación ocupada por ducias de pequenos barcos de papel dispersos polo chan; "E-36" recrea o taller dun artista, e permite demostrar que a arte non só debe entrar polo sentido da vista, senón tamén polos do olfacto ou o táctil; e "Sala de espera" é un complexo exercicio fotográfico que asina Antón Caamaño. Unhas propostas moi diversas e diferentes entre si, pero sen dúbida atrayentes pola súa innovación.
Un artigo de ANXO MARTÍNEZ
Cambados 12 de xuño de 2010
«NON ESPERABAMOS UNHA PARTICIPACIÓN TAN ALTA NA CARREIRA POPULAR»
ALFREDO V. OLIVEIRA ANIMADOR DEPORTIVO DO CONCELLO DE CAMBADOS
Á marxe da súa implicación diaria no traballo co deporte de Cambados, Alfredo Oliveira é un dos grandes culpables primeiro de que se organizase unha carreira popular na vila do Albariño e despois de que a cita teña xa un oco no calendario de moitos dos atletas do país con so unha edición ás costas. Mañá presentarase o segundo capítulo, que se celebrará o domingo pola mañá, e Oliveira di estar moi cheo pola resposta dos deportistas.
-Non sei se agardaban unha participación tan elevada…
-A verdade é que non, non esperabamos unha participación tan alta. Temos xa 657 inscritos (a conversa mantívose unha hora antes de que se pechase o prazo) o que nos porá nuns 450 participantes. Si apartamos as grandes clásicas, non hai tantas probas que podan ter unha participación tan elevada na segunda edición.
-¿Foi difícil convencer a xente como Pedro Nimo, Yolanda Fernández, María Abel e demais para que viñeran a Cambados?
-Teño bastantes contactos no mundo do atletismo. Pedro e Yolanda, por exemplo, son amigos e virán gratis á presentación.
-¿Como vai a programación deportiva do verán en Cambados?
-Do 1 de xullo o 30 de setembro haberá case que todos os días algunha actividade deportiva. Teremos natación, waterpolo, tenis, voleibol, fútbol, a milla urbana, o triatlón, ciclismo e xadrez.
Unha entrevista de Antonio Garrido.
Cambados 12 de Xuño de 2010
OS BOLECHAS EN CAMBADOS
PERCORREN A PRAZA DE FEFIÑÁNS
O alcalde, Luis Aragunde, e mais o prolífico escritor Pepe Carreiro, presentaron o libro infantil Os Bolechas en Cambados. Ambos explicaron esta nova aventura dos simpáticos personaxes infantís (Carlos, as xemelgas Loli e Pili, Braulio, Sonia e Tatá, xunto co cadelo Chispa) centrada neste municipio.
O autor vigués explicou o proceso de elaboración do libro, lembrando que “xa coñecía Cambados pero viñen cunha cámara e visitei a vila, recollendo as miñas perspectivas sobre os seus símbolos máis característicos”. O libro conta unha aventura onde o principal protagonista é o cadelo Chispa, a quen lle da unha tolería e volve tolos a outros personaxes.
Ó longo do relato os Bolechas percorren as prazas de Fefiñáns e Alfredo Brañas, as ruinas de Santa Mariña, a estación de autobuses, e tamén faise referencia ó albariño emais á vieira, alegóricas da enogastronomía cambadesa.
O rexedor municipal felicitou a Carreiro polo espléndido traballo realizado, por plasmar na súa obra os principais atractivos patrimoniais de Cambados, reflictindo sobre o papel prazas, rúas e parques como escenario das andainas da familia máis famosa da literatura infantil nos últimos anos.
O Concello prevé organizar unha festa de fin de curso onde se entregarán ós nenos e nenas exemplares do libro, que contará cunha ampla difusión por toda Galicia da editorial A Nosa Terra.
Cambados 12 de Xuño de 2010
O REFUXIO DE ANIMAIS PIDE A NOSA COLABORACION
OS ANIMAIS NON SABEN O QUE É A CRISE
Este é o número de conta do Refuxio de Animais de Cambaods: 2100-5036-49-0200074762 A Caixa. Todos podemos colaborar. O diñeiro recadado nesta conta irá destinado a gastos veterinarios. Que é un dos maiores problemas que teñen neste momento. A cantidade de animais que abandonan diariamente en estado de desafiuzamento limíta o Refuxio a capacidade de poder axudar. Se os queredes axudar gostarialles que no banco deixasedes o voso nome. GRAZAS en nome de todos os animais que viven no Refuxio e no de Olga Costa en particular . ENTRE TODOS PODEMOS
Cambados 12 de Xuño de 2010
INCRIBLE: O HOTEL LOUXO DA TOXA PROHIBILLE FALAR EN GALEGO OS SEUS EMPREGADOS.
¡¡¡MANDA CARALLO NO JROVE!!!
O Hotel Louxo da “La Toja”,( xa é unha contradición o nome do hotel coa nova,) nunha circular interna, escrita como non podia ser doutro xeito en castelán prohibille os seus empregados usar o galego con “todos” os seus clientes, incluidos os que sexan de Galicia. O colmo dos colmos é que un hotel do “Jrove” prohiba falar en galego os seus empregados, ademais un hotel cun nome tan galego, o menos que podia facer era traducir o seu nome o idioma de Cervantes e en ven de chamarse Louxo debia de chamarse “LOUJO”.
Asi nos vai os galegos, aquí faise certa aquela famosa frase de Castelao “mexan por nos e decimos que chove”, con actitudes como empresarios da catadura moral desta xente Galicia nunca podrá ser Europa. Por certo se entrades na súa páxina web podedes comprobar que para eles o galego non existe, so existen o castelán , o inglés e o portugues, non poñemos aquí o seu enlace porque é vergoñenta a sua actitude.
Cambados 10 de xuño de 2010
MARÍA POMARES, UN DIAMANTE EN BRUTO
FINALISTA DO PREMIO COCA-COLA DE LINGUA EN TODO ESTADO ESPAÑOL
GAÑADORA DE CONCURSO EN GALICIA.
A futura escritora Maria Pomares e a profesora que a gia Leonor Perez.
María Pomares Aragunde é,agora oficialmente, unha desas pequenas promesas do mundo da literatura en Cambados. A nova escritora, de só trece anos, que cursa segundo da ESO no instituto Ramón Cabanillas de Cambados, foi escollida como merecedora do terceiro premio de relato curto para novos talentos que organiza Coca Cola con carácter nacional.
Un folio polas dúas caras foi suficiente para plasmar as ideas e o enxeño de “Corazón de madeira”, o relato que a levou a converterse na gañadora galega do concurso de novos talentos de Coca Cola. A organización do concurso escolleu nunha primeira selección a 17 estudantes de toda España, dos que se quedou cos seis mellores, entre os que figura a cambadesa, grazas ao relato presentado, que tomando como base a Metamorfose de Kafka reinventou o seu final.
E é que, aínda que moitos non o saben, o de Coca Cola é un dos premios literarios máis antigos de España e todo un referente para centros educativos de todo estado español.
Cada centro educativo pode presentar ata seis alumnos e, de cada autonomía, só sae un gañador. Neste caso, foi a cambadesa María Pomares que tamén se coou no terceiro posto de entre todos os relatos presentados do territorio español, todo un luxo para unha moza que se considera amante da literatura e dos libros. María Pomares é agora mesmo a máis destacada de Galicia e forma parte do selecto club de media ducia de aspirantes ao gran premio final, consistente nun curso de dous cuadrimestres de duración en Madrid para perfeccionar o nivel de redacción.
O xurado de Coca Cola valorou a creatividade á hora de elixir “Corazón de madeira” como un dos mellores relatos curtos de España. As claves do concurso eran sinxelas. A firma só ofrecía aos participantes unha frase inicial, moi coñecida, e serían os alumnos os que deberían completar a historia nun folio polas dúas caras. A María Pomares non cabe dúbida que a inspirou o comezo dunha das obras máis emblemáticas e aplaudidas da literatura universal, “A metamorfose” de Kafka, e detrás do archecoñecido “Cando se espertou converteuse en…” xurdiu non unha cascuda, senón toda unha historia de ilusión, amizade e moito talento.
O certo é que a carreira desta cambadesa non fixo máis que arrincar e este certame pode ser un paso fundamental para impulsar o seu talento a partir de agora.
O premio de Coca Cola por ser a primeira clasificada de Galicia permítelle viaxar xunto ao resto dos gañadores das distintas autonomías a Berlín do 25 e 29 deste mes. E hai máis. A moza poderá participar xunto aos seis primeiros clasificados de toda España nun taller de literatura creativa en Madrid xunto con profesionais das letras que poden enriquecer a súa formación aínda máis.
Do que non cabe dúbida é de que a profesora de Lingua Española de María Pomares, Leonor Pérez, integrante de Unha Grande Chea, xa vira na cambadesa algo especial cando intentaba facer das letras un relato de calidade. De feito, foi ela a que a animou a presentarse a un concurso que simboliza todo un plus no currículo da moza arousá. Agora mesmo, a estudante do Cabanillas xa se gañou por méritos propios unha viaxe a Berlín a finais deste mes de xuño ademais da devendita participación dun curso de escritura creativa impartido nunha escola literaria, do 30 de xuño ao 3 de xullo na capital de España. María estará acompañada pola súa profesora de lingua española, Leonor Pérez.
Para alzarse co premio final, a estudante cambadesa terá que competir con outros mozos de Bilbao, Salamanca, Granada, Ibiza e Valencia, de onde sae o único adolescente da lista, xa que neste concurso dominan as mozas creadoras. Para a rolda final todos eles parten coas mesmas opcións de alzarse como grandes vencedores do concurso.
O xurado do certame deixouse convencer pola frescura do relato e tamén polas características dunha narración sobrada en orixinalidade e talento.
Tanto os profesores como os compañeiros de María Pomares mostrábanse onte encantados co premio recibido pola cambadesa e todos desexábanlle moita sorte á hora de emprender unha carreira literaria que, tendo en conta estes precedentes, non fixo máis que empezar. De algo lle serviu á nova nacer na terra natal do ilustre Ramón Cabanillas e de educarse nas aulas do instituto que leva este mesmo nome. Con todo, o talento é algo que vén de berce e a moza demostrou desde moi temperá idade a súa paixón polas letras e pola literatura.
E quen sabe. Agora foi un pequeno relato “de madeira” o que conseguiu que o seu nome soe estes días en todos os círculos literarios a nivel estatal, pero quen sabe se en poucos anos María Pomares Aragunde non firme na portada dalgún libro de éxito recoñecido. Parabéns de parte de Unha Grande Chea.
Cambados 10 de xuño de 2010
FORO ALBARIÑO RIAS BAIXAS
ORGANIZA ASOCIACION ADEGAS DO SALNES E TERRAS DE ASOREY
A Asociación Adegas do Salnés xunto con Terra de Asorei A.I.E. organiza cada ano o FORO ALBARIÑO RÍAS BAIXAS en Cambados ( Comarca do Salnés).
Nesta terceira convocatoria tratará sobre “ Alternativas do sector para sair reforzados da crise”. Estamos inmersos en constantes cambios económicos que nos obrigan a reflexionar sobre aspectos estratéxicos de crucial interese para as adegas
Venres, 11 de xuño
19:00 h.: Presentación do libro
“ A rosa do viño. Cultura do viño en Galicia” . Xavier Castro
Roque Durán e Ramón Hidrobo, participantes na mesa redonda.
20:00h.: Mesa redonda
– Ramón Huidobro. Secretario-xerente da D.O. Rías Baixas
– Marisa Granada. Export-manager Onken-CWN
– Mónica Pérez-Lafuente. Técnico Internacionalización Igape
– Roque Durán. Presidente Terra de Asorei A.I.E.
O sábado 12 de xuño
11:00 h.:Mesa redonda
– Pedro Figueroa.Profesor do Departamento de Empresas e Marketing da U. Vigo
– Javier Montespardo. Consultor de Dirección Estratéxica
– Higinio Mougán. Director xerente da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias
– Roque Durán. Presidente Terra de Asorei A.I.E.
José Ramón Meiriño e Luis Aragunde, autoridades encargadas de pechar os actos.
Pecharán o acto:
José Ramón Meiriño. Presidente do Consello D.O. Rías Baixas
Luís Aragunde . Alcalde de Cambados
Representante Consellería do Medio Rural.
Cambados 9 de xuño de 2010
614 INSCRITOS PARA A II CARREIRA POPULAR DE CAMBADOS
MAÑÁ AS 2 DA TARDE REMATA O PRAZO PARA INSCRIPCIÓN
A organización da II Carreira Popular de Cambados, atópase moi contenta xa que a falta dun día para o remate da inscripción son xa 614 os inscritos para tomar parte na mesma. Desborda todas as previsións posto qie case ven a doblar o número de participantes do ano pasado. Lembramos a todos que a carreira vai ter lugar o vindeiro domingo ás 11.30 horas con saida e chegada na Praza de Fefiñans. Unha Grande Chea non podia faltar a cita e dous membros da xunta directiva van participar na mesma. Os despitados decirlle que maña as 14 horas remata o prazo de inscripción.
Cambados 9 de xuño de 2010
TRAILER DE CHOURIZO FILMS CON MUSICA DE PACO CHARLIN
COLGADO EN YOU TUBE
Trailer da curta de Chourizofilms presentada no 7º premio Ramón Cabanillas que este ano recaeu en Miguel Anxo Fernández. A curta baséase na novela "un nicho para Marilyn" e nela FranK Soutelo é contratado para buscalo corpo morto de Marilyn. Para elo deberá enfrontarse a seu arquiinimigo Sugar Jones, contrabandista de cadáveres. A música é de Paco Charlín.
Cambados, 9 de xuño de 2010
"OS DE HOLMFIRTH" NA VOZ DE GALICIA
VINDEIRO VENRES ADESTRAMENTO
A Voz de Galicia, faixe hoxe eco da nova que xa este espazo publico o pasado 26 de maio e que podes ler premendo AQUÍ.
Doutra banda dicir que o vindeiro venres as 21 horas no Pombal podemos ver un novo adestramento do Selección oficiosa de Cambados, esta vez fronte os xuvenís do Club Juventud de Cambados, como sparring.
ENTREVISTA A MANOLO PAZ
“ESTOU REMATANDO AS ULTIMAS OBRAS DUNHA COLECCIÓN”
Manolo Paz cando foi nomeado chalequeiro por Unha Grande Chea.
Manolo Paz é ou primeiro cambadés que foi nomeado membro dá Honorable Orde dos Valedores do Viño Tinto do Salnés. Coñecido e recoñecido pola súa traxectoria escultórica, ven de encher o seu currículo con esta amable distinción.
-¿Que sensación produce ou feito de ser nomeado valedor nas festas do Tinto de Barrantes?
-Todo ou que sexa recibir este tipo de cousas sempre acéptase con moita alegría. O certo é que é algo fermoso.
-¿Fíxoselle raro?
-Pois se porque no canto de estar a mirar ti para a xente, está toda a xente mirando para ti. É coma se o vises todo desde dentro.
-¿Pódese dicir que é un dous asiduos desta festa?
-A verdade é que estiven indo bastante ainda que xa había tempo que non voltaba.
-¿E atopouna moi cambiada?
-Si. Cambiou moito porque tamén cambiou moito a zona de Barrantes e os tempos. Díse que os pobos non medran, anchean pero o viño tinto sempre está presente nas aldeas.
-Pero iso ocórrelle a moitas festas, ¿non si?
-Ah, por suposto. De feito, a todas as festas de viño, como a do Albariño, e tamén ás festas gastronómicas.
-¿En que anda traballando agora?
-Estou rematando as últimas obras dunha colección, que teñen que estar listas para ser enviadas non prazo dun mes.
Unha entrevista de Roi Palmas.