Humor Grandecheo: PENSA O LADRÓN QUE OS DEMAIS TAMÉN O SON.

Cambados 20 de maio de 2010

UN FATAL RUMOR

SEGUNDO O MESMO TODOS OS EMPREGADOS DA ADMINISTRACIÓN  PÚBLICA NON COBRARIAN EN DECEMBRO

Estes días e vía Madrid está a circular un fatal rumor pola Administración Pública en xeral e tamén por suposto chegou a Cambados,  e o mesmo consiste en que segundo a Intervención Xeral do Estado todolos funcionarios públicos (estamos a falar de médicos, bombeiros, policía, enfermeiras etc., e administración en xeral) non cobrarian nin a paga extra nin a nómina do mes de decembro, parecer ser que a falta de líquidez para o presente exercicio seria o motivo de tal impago. Se a cousa fose así o rumor fose certo estaríamos moito pior que en Grecia donde si lle descontaron os empregados públicos pero non van a deixarlle de pagar ningún mes. Caso contrario si o rumor fora falso, rumor que por certo esta estendido por Madrid, seria un rumor interesado e venenoso que faria moito daño o goberno. Segundo as nosas fontes este rumor parace que naceu en certa emisora de radio de corte dereitista e de funcionarios que traballan no  propio Ministerio de Economía. Polo ben de todos esperemos que sexa falso pero hai que estar coa mosca detrás de ourella. De todolos xeitos se temos mais información faremola chegar.

 

 

 

 

Cambados 20 de maio de 2010

ESPERANZA SEMPRE

Estes días tiven a inmensa sorte de que Olga González Vilas me seleccionara dentro dos compoñentes de Teatro Caracol para participar nunha obra de teatro que se representou no Asorey co obxecto de  gravar un video para presentar a un concurso perante a Dirección Xeral de Tráfico, unha idea do Xefe da Policia Local  de Cambados Maximino Cid  , quen dende que chegou está a facer innumerables actividades fora do que é o seu traballo en si. Esto non tería nada de especial se non chega a ser polos seus protagonistas, os cales non eran nin mais nin menos que os nenos de Esperanza Salnés. Tanto os monitores de Esperanza como os membros de Teatro Caracol que acudimos a axudar, faciamos a labor de “guiar” os nenos no escenario, xa que o abra iase desenrrolar con luz negra. A experiencia miña personal foi moi enriquecedora vivir unha horas con estes nenos foi algo espectacular, estar con eles, falar con eles, xogar con eles foi maravilloso. Teñen un encanto especial que se fan querer, a min tocoume de “guiar” a Sergio, e ainda que me fixo correr un pouco paseino xenial con él. Debemos e temos o obriga de axudar a este colectivo  e deberíamos a xente do Salnés facer un pouco máis por este colectivo, que a veces ten pasado penuarias económicas segundo ten denunciado en tantas ocasíóns o seu director Augusto Chaves , lembramos sen ir máis lonxe o famoso calendario “Tenda unha man” que recaudou 12.000 para eles. Coma sempre unha brillante idea de Maximino, unha fenomenal labor a de Olga González Vilas  e unha xenial intepretación a dos nenos de “Esperanza Salnés”, e a ver si hai sorte e gañan o premio en metálico que ascende a 8.000 euros e que boa falta lle faria.

Chon.- Presidente de Unha Grande Chea.

 

 

Cambados 20 de maio de 2010

SUSPENDESE O CONCERTO NO RIF

 

Lamentablemente o concerto deste venres 21 de LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE terá que suspenderse por motivos familiares. Moito ánimo e unha fote aperta para os irmáns López!!! Xa vos teremos informados cando teñamos nova data.

http://rifrockerz.blogspot.com/

 

 

 

Cambados 20 de maio de 2010

SALNES PARTY 2010 OS DIAS 25, 26 E 27 DE XUÑO

NO SALÓN DE CONGRESOS E EXPOSICIÓNS PEÑA DE CAMBADOS

-Que é unha "Lan Party"?
Unha "Lan Party" é un evento ó que cada participante leva ou seu ordenador, conectar á rede "Lan", e xoga, comparte información cos outros participantes, fai amigos e aprende.
-Que teño que levar?
En lanparty.es http://www.lanparty.es/   teñen unha lista que podes imprimir se queres premendo aquí
-Podo levar altofalantes?
Non, está prohibido, só pódense usar auriculares, para non molestar ós/ás demáis participantes.
-Cando e onde se vai a realizar "Salnesparty 2010"?
Salnesparty 2010 celebrarase vos días 25, 26 e 27 de Xuño non Salón de Congresos e Exposicións "Peña" (Cambados).

-Onde teño que apuntarme?
Pódeste rexistrar e preinscribir aquí  

-Hai que pagar algo por asistir?
os prezos son:
Con comida: 30?
Sen comida: 10?
-Cantas prazas hai?
Haberá 75 prazas para a intranet de Salnesparty.
-Gustaríame colaborar dalgunha forma, que teño que facer?
Se queres colaborar (organizando algún torneo, axudando na montaxe dá infraestrutura, doándonos premios ou diñeiro a cambio (se queres) de publicidade, envíanos un correo a organizacion@salnesparty.é. Estaremos moi agradecidos! :).

 

 

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s