Humor Grandecheo: MAIS VALE MAÑA QUE FORZA

Cambados 24 de maio de 2010

O CAMBADÉS DAVID MARTÍNEZ IMPONSE NO XXI MARATÓN DE OUBIÑA

 

1.- David Martinez gañador abosluto da proba. 2.- Manu, Chon Sr. e Chon Jr. tamén participaron na proba.


 

Uns 120 corredores desde 2 ata 73 anos botáronlle un pulso á calor e animáronse a participar na vixésimo primeira edición do Maratón Popular de Oubiña que cada ano organiza a Asociación de Veciños San Vicente que preside Mercedes Prado.

O título desta edición quedou na casa xa que o primeiro en cruzar a liña de meta na categoría absoluta foi o cambadés David Martínez Costa. En segunda posición rematou o atleta de Baión Damián González e a terceira praza foi para outro cambadés, Yayo Daporta.

Tanto os tres primeiros clasificados coma o resto dos participantes tiveron un enimigo común que foi a calor. Si a eso se lle suma un percorrido con tramos especialmente duros, aínda que non moi longo, non resulta extrano que os corredores fosen chegando asfixiados á meta, donde a organización lles permitía recuperar folgos cun bocadillo e a necesaria dosis de auga.

Os participantes foron divididos en distintas categorías en función da súa idade e os tres primeiros de cada unha delas foron:

De 0 a 8 anos: Damián Méndez, Nicolás Serantes e Brais González en nenos e Uxía Piñeiro, Laura Fontán e Lucía Cacabelos en nenas.

De 9 a 13 anos: Reinaldo Abal, Roi Estévez e Juan Noares en rapaces e María Fernández, Cecilia Méndez e Raquel Pan na categoría feminina.

De 14 a 19 anos: Víctor Manuel Oubiña, Martín González e Daniel Pan na categoría masculina e Esther Oubiña en féminas xa que só participou ela.

De 20 a 30 anos: Juan José Paz, Iván Moraña e Julio Cores en homes e Sara Castro e Alba Varela en mulleres.

De 31 a 38 anos: Só houbo un participante en homes e outra en mulleres, José Ángel Vázquez e Patricia Trigo.

De 39 a 45 anos: Pedro López, Emilio Abal e Manuel Cacabelos en homes e María José Triñanes, Angeles Cruz e Yolanda Silva en mulleres.

De 46 a 55 anos: José Álvarez, Heliodoro González e Germán Morenza en categoría masculina e Celina Rodríguez, María José Cacabelos e Ana Isabel Eiras na feminina.

Maiores de 55 anos: Sebastián Mosquera, Andrés Fernández e José Santos en homes e Pilar González en mulleres.

Tamén participou na proba o presidente de Unha Grande Chea,  Chon.

Unha vez que chegaron á meta todos os participantes despois de cubrir o percorrido polas rúas da parroquia de Oubiña realizouse a entrega de trofeos no Centro Cultural de Oubiña.  Podes ver unha ampla reportaxe da carreira en “As nosas fotos”

 

 

Cambados 24 de maio de 2010

O “ASOCIACIÓN PROTECTORA DE ANIMAIS” E A POLICIA LOCAL DE CAMBADOS A CONTROLAR ANIMAIS PERIGOSOS.

Toda a verdade resumida nunha frase: "Os concellos deberían de colaborar. Máis campañas de educación sobre os animais, primeiro informar e despois sancionar”. Desde desta semana desde a Asociación Protectora de Animais da man da incombustible Olga Costa e a Policía Local empezaran  a controlar ás persoas que non teñan aos animais co seu correspondente microchip e os cans das razas perigosas para  ver que se cumpran as normas de tenencia de animais potencialmente perigosos. Primeiro informaremos das obrigacións aos posuidores de animais e desposi virán as posibles sancións.

 

 

 

Cambados 24 de maio de 2010

NOVA EXPOSICIÓN DE ABEL BARANDELA

EN BARRANTES

   

É a arte un exercicio continuo de coñecemento, de nós mesmos e das nosas relacións co contorno. Abel Barandela atópase inmerso é iso proceso de coñecemento, a súa obra está protagonizada por personaxes da vida rural galega de outrora. recoñecemos e recordamos o noso pasado recente a través de escenas populares, costumes, oficios festexos, formas de vida….
Non hai pretensións interpretativas máis aló de dar cor ao recordo, pero se as hai formais. barandela é un artista de formación autodidacta cuxo fin é dar cor e forma ás imaxes que forman parte do pasado e da nosa memoria colectiva , querendo transmitirnos esas vivencias coa maior intensidade, por iso demostra gran preocupación polo dominio da técnica.
Comezou pola representación de brancos e negros do carbón , traballou o pastel incorporando a cor a unha obra de temática sombría, conseguindo texturas aterciopeladas que achegaban os recordos e na actualidade experimenta co pincel e coas cores acrílicas , sumando en ocasións o ton violáceo do tinto de barrantes cuxos vapores envolven as vidas da xente que representa.  Abel inaugura o vindeiro sabado 29 de maio no Centro Social de Barrantes co gallo da Festa do viño tinto de Barrantes. Abel é pintor de tempo ceibe, pois como todos sabedes a súa profesión é a de garda civil, estivo destinado en Cambados varios anos e agora atópase destinado en Sanxenxo. Podes acadar máis información do mesmo en http://pinturasabelbarandela.blogspot.com/

 

 

 

Cambados 24 de maio de 2010

APOIA A 504!! SUPPORTS 504!!

INSTRUCIÓNS PARA VOTAR

Ola a todos, se isto non che interesa non sigas lendo, borralo e desculpa ;). En primeiro lugar quero agradecer a vosa colaboracion a todos os que teneis a intencion de votar a 504 para a final deste concurso no que nos xogamos a grabacion dun disco entre outras cousas; doutra banda descúlpome por escribir sen acentos pero é que teño un virus neste pc.
504 estamos na fase final dun concurso no que nos seleccionaron dun gran numero de traballos a só 20 grupos, o primeiro premio é a grabacion dun disco ademas de concertos e promo. Á seguinte fase pasasen só 6 destes 20 (2 elixidos por voto por internet / 4 elixidos polo xurado) . Hei visto que o modo de votacion da web é un pouco lioso, ata o punto de que os meus votos non valeron ata esta mesma tarde que me dei conta, como moita xente preguntoume e tal escribire unhas sinxelas instrucións que liquidasen as vosas dúbidas:
1) Accede a http://www.wahinmakinaciones.com/experiencia_underground/principal.php?msj=6  
2) Pica en votacións e crea un usuario cumprimentando nome de usuario, contraseña e e-mail.
3) Posteriormente debereis validar a vosa conta entrando en voso e-mail OLLO!!! MOITOS NAVEGADORES INCLÚENO NA CARETA DE CORREO NON DESEXADO O Spam
4) A conta estara validada e podras votar unha vez ao dia. para votar debeis dar 15 puntos a un grupo 10 a outro e 5 a outro e finalmente picar en votar no cuadradito verde que salgue
Se que vendo estas instrucións vaivos a parecer unha leada pero tardardes 5 minutos o primeiro dia e 30 segundos como moito o resto, asi que non seais vagos que asi non se levanta o pais.
Un saúdo e moitas grazas a todos outra vez.
Se queres que 504 reventen con Cadiz xa sabes ou que tes que faser!

 

 

 

 

Cambados 23 de maio de 2010

“LOVE OF LESBIAN” A PRIMEIRA ACTUACIÓN QUE SE COÑECE DO ALBARIÑO 2010

ESTARAN O MERCORES 28 DE XULLO.

 

Santi Balmes (Voz, guitarra), Jordi Roig (Guitarra), Joanra Planell (Baixo), Uri Bonet (Bateria, percusións), Julian Saldarriaga (Guitarra acustica, secuenciadores, coros)  estes son os comopoñentes de Love of Lesbian é un grupo español de pop-rock indie, radicado en Barcelona que está en activo desde 1996. Logo de gravar tres discos en inglés, decidiron cantar en castelán, lingua en que presentaron os seus últimos tres discos. Santi Balmes, líder do grupo, considerou os inicios en inglés como un "erro" e explicou o cambio como un xeito de autoafirmación.1 Un momento importante para a súa proxección como grupo foi a actuación como teloneiros de The Cure durante o Dream Tour 2000.
Son un dos grupos máis apreciados pola crítica da escena indie española (O termo Indie adóitase usar incorrectamente para referirse a un son novo que un músico presenta. Orixinalmente está ligado ás condicións de produción e circulación da súa obra, referíndose a aqueles músicos que producen a súa obra de xeito independente , palabra de onde deriva o termino) e non a un xénero musical.

, sobre todo a partir da publicación de “Manobras de escapismo” en 2005. Neste disco Love Of Lesbian pasaron de utilizar o inglés nas súas letras a cantar en castelán. Con ese disco e o seguinte “Contos chineses para nenos do Xapón” asentáronse como unha das principais bandas indies en castelán.
A Televisión Autonómica Catalá, co apoio do Terrat, seleccionou a este grupo, para facer a Banda Sonora do programa de Faladoiro divertido Divendres, conducido por Xavier Coral e Espartac Peran.
A finais de marzo de 2009 publicaron un novo álbum, "1999” (ou como xerar incendios de neve cunha lupa enfocando a lúa)", disco que na súa primeira semana á venda entrou ao número 33 da lista oficial de vendas en España (lista Promusicae). Podes acadar máis información do grupo en
http://www.myspace.com/loveoflesbian  donde tamén podes ver que xa teñen sinalado o concerto en Cambados dentro das súas vindeiras actuacións.

 

 

Cambados 22 de Maio de 2010

MAÑA EN OUBIÑA A GRAN CITA DEPORTIVA DE CAMBADOS NESTA PRIMAVEIRA.

Unha Grande Chea, tamén mandará representación este ano.

A Asociación de Veciños San Vicente de Cambados organizará mañá a vixésimo primeira edición dá Maratón Popular de Oubiña-Memorial Manuel Mariño Castro. A proba arrincará ás once e media dá mañá, con saída desde o centro cultural dá parroquia, con oito categorías en xogo e tres percorridos. De 2 quilómetros para os máis cativos, de 10 para a categoría absoluta, e de 5 para ou resto.

Interesados en participar poden inscribirse a través do correo electrónico as.oubinha@gmail.com, ou no propio centro cultural desde unha hora antes do inicio dá maratón.

 

Cambados 22 de Maio de 2010

CONCERTO DA ORQUESTRA DE METAL “MERZABRASS”

Hoxe ás 20.30 horas no auditorio da Xuventude, dentro do ciclo “Música en Familia” concerto da Orquestra de metal “merzabrass. O concerto dividese en tres partes: A primeira parte é unha viaxe pola historia da música que nos mostra como os gustos  compositivos van mudando ó longo dos anos, ata chegar o século XXI. A segunda parte pretende levar ós espectadores de pelicula en pelicula a través das súas Bandas Sonoras. Un agradable espectáculo para os afeccionados á música pero tamén para os cinéfilos. E a terceria parte consiste nun pequeño espectáculo no que Merzabrass fai un percorrido polos importantes éxitos da música Pop e Rock. Con adaptacións propias, realizase unha viaxe dende Queen ata ABBA, a década prodixiosa, ou Michael Jackson, nun espectáculo inédito para grupos de vento e metal.

 

 

Cambados 22 de Maio de 2010

CONCURSO DE CARTEIS “A UVA NO CORAZÓN DE MEAÑO

PARA ESCOLARES.

BASES:

As obran deben ser orixinais, non sendo premiados en ningún outro concurso.

Cada cartel debe levar no reverse o nome do autor, idade, dirección, teléfono, curso e centro escolar o que pertence.

Admitirase calqueira técnica ou manipulación.

XURADO E PREMIO:

1.-O fallo do xurado fárase público o 11 de Xuño comunicándollo o gañador e aos Ceip que participen no concurso.

2.- O cartel gañador pasará a formar parte da campaña publicitaria do evento “A uva no corazón de Meaño”.

3.- O xurado para elexir o cartel gañador, atenderá a criterios de creatividade, e orixinalidade do evento.

4.- A entrega de carteis será na dirección: Asistogal, Rua Conchases 53 Baixo 36980-O Grove.

5.- Último día de entrega: 11 de xuño de 2010.

6.- Teléfono de consultas: 622098721 no horario de 10 a 14 horas de luns a venres.

7.- Establecerase un só premio para o gañador. Consiste nun vale de compra de material escolar nos locais da Asociación “Corazón de Meaño”.

8.- Coas obras presentadas celebrarase unha exposición na semana da unva (do 20 ó 26 de setembro). As obras expostas non poderán ser retiradas ata a clausara da mesma, a partir dese momento establecese un prazo de dous meses para proceder a súia retirada. O feito de non retirala en dito prazo implica a cesión das obras por parte dos seus autores e a asociación disporá delas de xeito que estime convinte.

9.- A obra premiada pasará a ser propiedade de Asociación Corazón de Meaño, que adquirirá sobre da mesma o dereito pleno para a utilización, reprodución e difusión sen limitación de tempo.

10.- Participar no concurso implica a aceptación das bases.

11.- Para máis información do evento “A Uva no corazón de Meaño” visitar www.asociacioncorazondemeano.es ou búscando en www.facebokk.con poñendo Asociación Corazón de Meaño. Aquí poderedes atopar as actividades orredor da uva diirioxido a nenos e adultos, sobre a temática, temática da uva, enoloxía e gastronomía.

 

 

Cambados 22 de maio de 2010

A PLATAFORMA “QUEREMOS GALEGO” DA AS GRAZAS

Parabens a todas/os polo novo éxito acadado nesta manifestación do 17 de Maio contra do "Decretazo"!!. 

Unha vez mais a sociedade galega voltamoslle a deixar claro a este Goberno do PP na Xunta, que non estamos dispostos a que acaben co noso idioma; e deixámoslle claro unha vez máis, que queremos a retirada deste "Decretazo en contra do Galego" porque é ILEGAL e porque queremos e temos o dereito a vivir en Galego!.

Unha marea human tomamos, por 4ª vez as ruas de Santiago e ateigamos varias veces a Praza do Obradoiro. Movilizacións coma esta, van a ser as que obrigen a este goberno do PP e a Nuñez Feijoo a restituir os dereitos para a nosa lingua. 

Parabéns e adiante coa defensa do noso idioma!.

PLATAFORMA QUEREMOS GALEGO DO SALNÉS

 

 

 

Cambados 22 de maio de 2010

 TERAPIA DE GRUPO NA MERCED

 

Visto o desenfreno que hai no club de xubilados da Merced de Cambados xa que todos os luns está o Centro de Saude cheo de xubilados o Sergas mandou un psicologo para facer unha sesión de terapia de grupo. Reune a catro dos xubilados máis espabilados e o terapeuta pídelles que digan o seu nome e cal era a súa actividade e que  comenten por que a tiñan.
– O primeiro di: – Chámome Moncho, fun médico dentista porque me gustaba que a xente tivera os dentes sans.
– O segundo di: – Chámome Luis,  fun arquitecto porque me gustaba que a
xente vivira en casas bonitas.
– A terceira di: – Chámome Maria e son lesbiana. Son lesbiana porque me gustan as tetas, as nádegas e toléame o sexo con mulleres.
– O cuarto que é un vello destes con retranca de Fefiñans di: – Son Manolo, e ata fai uns minutos  estaba convencido que fora albanel, pero acabo de descubrir que son lesbiana.

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s