Humor Grandecheo: QUERER É PODER.

Cambados 19 de maio de 2010

TEATRO CARACOL  E ESPERANZA SALNES COLOBORAN NUN PROXECTO SOLIDARIO

NUNHA IDEA DO SARXENTO DA POLICIA LOCAL DE CAMBADOS  MAXIMINO CID

TAMEN COLABORAN NO EVENTO DOUS MEMBROS  DA DIRECTIVA DE UNHA GRANDE CHEA, DOMIN E CHON.

  

Esperanza Salnés e Teatro Caracol van da man nun concurso convocado a nivel estatal pola Dirección Xeral de Tráfico. A asociación de atención a nenos discapacitados e a compañía cambadesa traballan estes días nunha obra de teatro que se titula "Noso pobo é fermoso". O guión é de Olga González, e os protagonistas son Dona Norma (de Circulación) e Dona Prudencia. A peza destaca polo seu colorido, e por unha nova posta en escena, no que os sinais e os vehículos brillan con forza sobre un escenario totalmente negro.
A asociación de atención a nenos discapacitados Esperanza Salnés e a compañía Teatro Caracol colaboran desde fai semanas nun novo espectáculo teatral, no que os protagonistas son os nenos da asociación. Fai un par de meses, o sarxento da Policía Local de Cambados, Maximino Cid Ferro, realizou unha visita á sede de Esperanza Salnés, e expuxo aos dirixentes do colectivo a posibilidade de organizar algún tipo de actividade relacionada coa educación viaria.

 

Olga González Vilas, directora de Treatro Caracol e Maximino Cid Ferro, Xefe de Policia Local de Cambados.

Tras estudar esta posibilidade, os pais de Esperanza Salnés acordaron que a asociación se presente a un concurso de teatro que convoca a nivel estatal a Dirección Xeral de Tráfico, e que conta cun premio de 8.000 euros para o primeiro clasificado. Esperanza Salnés compite na modalidade de teatro infantil con nenos discapacitados, e logrou implicar na aventura á compañía Teatro Caracol, e esta o dous destacados membros directivos de Unha Grande Chea, Domin e Chon.

Domin e Chon, directivos de Unha Grande Chea, tamén colaboran no evento.

Moi ilusionada co proxecto, a directora do grupo teatral, Olga González, púxose ao choio e ideou o guión dunha obra de teatro que titulou "Noso pobo é fermoso". A propia Olga González explica que se trata dunha pequena peza con música e efectos visuais, que protagonizan Dona Norma (de Circulación) e Dona Prudencia. A directora de Caracol e o xerente de Esperanza Salnés, Augusto Chaves, explican que se trata dun traballo no que se aborda a seguridade viaria desde unha óptica educativa e pedagóxica.
Así, co apoio dunha voz en off, os pequenos aprenderán o que hai que facer ao ver un sinal de stop ou como e cando cruzar un paso de peóns. Preto de 20 nenos de Esperanza Salnés son os actores da obra, acompañados sobre o escenario por algúns adultos, entre monitores da asociación ,  actores de Caracol, e membros de Unha Grande Chea.

Os ensaios foron no instituto Francisco Asorey, e onte procedeuse a gravar a función. O vídeo débese remitir agora á Dirección Xeral de Tráfico, onde se valorarán os traballos recibidos desde todos os puntos de España.
Posteriormente, os que salgan elixidos deben realizar unha representación en directo ante un membro do xurado. Pero Augusto Chaves di que, aínda no caso de que "Noso pobo é fermoso" non superase a criba inicial do concurso, realizarase unha representación para o público, "porque non queremos que todo este traballo caia en saco roto". A función podería ter lugar en xullo, no transcurso dunhas xornadas sobre seguridade viaria nas que está traballando a Policía Local cambadesa.
De todos os xeitos, algún dos premios económicos que concede Tráfico sería moi ben recibido pola asociación de atención de nenos discapacitados, pois o seu orzamento actual dificilmente permitiríalles alcanzar o outono próximo.

Un artigo de Miguel Anxo Martinez.

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s