HUMOR RETRANQUEIRO:OS PREGRINOS CATALANS SON DIESSEL, DISQUE ANDAN MOITO PERO CONSUMEN POUCO

Cambados 19 de Agosto de 2008

TEATRO DE TITERES EN PAZO TORRADO.

"CARMIÑA BRAÑOLAS E AS TARRAÑOLAS"

DA COMPAÑÍA TITIRIMAÑA, E ORGANIZADO POLO CONCELLO.

  
1.-Portada de Carmiña Brañolas e as Tarrañolas.- 2.- Compoñentes de Tarrañolas.- 3.- O Duende, protagonista tamén do teatro.

 A compañía Titirimaña vai representar as 12 do mediodía  do vindeiro xoves “Carmiña Brañolas e as Tarrañolas”, teatro infantil de monicreques,  o argumento é que Carmiña e Charrasquiño son dos bos amigos, viaxeiros que adoran a música e os contos. Nas súas viaxes pásanlle cousas marabillosas e descobren máxicos personaxes e instrumentos  moi antigos que tocaran cos rapaces. E un xeito de ensinar os nenos os nosos instrumentos máis tradicionais. Tamén a destacar este fin de semán , concretamente o sabado 23 a Festa do turista con verbena incluída meixolada e queimada, e a celebración da XII Triatlón Popular.

————————————————————

Cambados 18 de Agosto de 2008
UNHA GRANDE CHEA DÁLLE PERSOALMENTE OS PARABÉNS A JORGE HERBELLA.
O XA PRESTIXIOSO ENÓLOGO INVITOUNOS A DEGUSTAR OS SEUS DERRADEIROS PREMIOS.
O BAR GERMAN FOI TESTEMUÑA DO ACTO.
           
1.- Jorge Herbella sendo felicitado por Chon de Unha Grande Chea.- 2, 3, e 4 .- Os viños premiados que probamos no Bar German xentileza de Jorge Herbella, Señorio de Rubiós, Laxas e Divino Rei.


Jorge Herbella o enólogo triunfador na festa da derradeira edición do do Viño Albariño, gañando por primeira vez na historia o mesmo enólogo o primeiro e o segundo premio, invitou a Unha Grande Chea, e demais asiduos dos partidos de fútbol do Bar German a degustar os Viños Señorío de Rubiós (1º premio no Albariño 2008), Laxas (2º premio do Albariño 2008) e Divino Rei (1º Premio da Festa do Ribeiro 2008), foi unha promesa que nos fixo cando lle demos os parabéns o mesmo día do triunfo e que cumpriu no día de onte.

Texto: Chon.- Fotos Eduardo Apariz e Internet.-
————————————————————Cambados 18 de Agosto de 2008.
O CAMBADOS PRESENTASE EN BURGANS
CAUSOU BOA IMPRESIÓN
SOBRE TODO NA PRIMEIRA METADE
   

1º.- Primeira alienación do Cambados en Burgans.- 2.- O capitán do Vilalonga recolle o trofeo de máns de Luis Aragunde Teniente de Alcalde de Cambados. 3.- O capitán Cambados Jacobo tamén recolle o seu trofeo en presenza tamén dos presidentes dos dous equipos. (PREME NAS FOTOS PARA VELAS AMPLIADAS)
Onte o Cambados presentouse diante da súa afección en Burgans en disputa do Trofeo do Albariño, que se adxudicou o Vilalonga por 1-4. O Cambados na primeira parte causou moi boa impresión, se ben na segunda o Vilalonga demostrou que esta dúas categorías por riba do Cambados.
Texto: Chon.- Fotos: Unha Grande Chea.
————————————————————

Cambados 18 de Agosto de 2008.
DOBRE PASTORA
A QUEIMADA TODO UN ÉXITO.
MEXILLÓNS, ROSCA E QUEIMADA REPARTÍRONSE NA PASTORA.
     

1.-  Tita dando as ultimas voltas a queimada do sábado na Pastora, bebeuse toda a perola, non Tita senón os asistentes. 2º.- As dúas imaxes da Pastora que sairon en procesión. 3.- A Pastora titular está a ser restaurada.
A Comisión de Festas da Pastora está a facer unha labor encomiable cara a recuperar a antiga romaría da Pastora. O sábado fíxose unha queimada a que asistiron máis de duascentas persoas dobrando así os asistentes da primeira edición. En canto a anécdota do dia da Pastora estivo que en a falta dunha desfilaron dúas virxes, xa que a titular a esta a ser restaurada.
Texto: Chon.- Fotos: Unha Grande Chea.
————————————————————

Cambados 18 de Agosto de 2008
"CINE NA RÚA" EN CAMBADOS

       

LUNS 18 DE AGOSTO: "ARMA FATAL". MARTES 19 DE AGOSTO: "UN ENGAÑO DE LUJO". MERCORES 20 DE AGOSTO: "HASTA QUE EL CURA NOS SEPARE".

LUGAR: PAZO DE TORRADO (SE CHOVE FARASE NO AUDITORIO DA XUVENTUDE)

HORA 22.00. ORGANIZA: CONCELLO DE CAMBADOS.

TEXTO: Chon. Fotos: Index.

————————————————————

Cambados 17 de Agosto de 2008

SONDESEU EN VILAGARCIA

TODO UN ESPECTÁCULO NO ESCENARIO

XAQUIN XESTEIRA DIRECTOR DE GAITAS E PERCUSIÓN

 
1.- Rodrigo Romani, Director General de SondeSeu.- 2.- SondeSeu en plena actuación.- 3.- Xaquin Xesteira Director de Gaitas e percusión de SondeSeu. 

SonDeSeu nace dunha experiencia musical e didáctica realizada no Conservatorio de Música Tradicional da Escola de Artes de Vigo a partir do curso 2001-2002. Alumnos e profesores forman a primeira orquestra folc de Galicia. Un total de 35 músicos recrean repertorio tradicional e de nova composición dende un espirito aberto, un timbre fundamentalmente acústico, instrumentos construidos na súa maioría no propio país por artesáns mesmo pertencentes á propia orquestra e arranxos contemporáneos na liña do xa clásico folc galego producidos en exclusiva para a formación polos profesores das aulas do conservatorio, todos eles con longa traxectoria no estilo. A coidada presencia escénica constitúe de por si un espectáculo orixinal e vistoso. O son, potente e cheo de enerxía, transmite ó publico mensaxes de ledicia e harmonía, como xa o puxeron a proba nos concertos que veñen dando en Galicia. O director de gaitas e de percusión e noso amigo e mestre Xaquin Xesteira, E O Director Xeral da Orquesta Folck é Rodrigo  Romani. Podedes ver unha actuación dos mesmos nun video máis arriba.

Texto e fotos:  paxina de Son de seu;   www.sondeseu.org .

————————————————————

Cambados 17 de Agosto de 2008

PAPIGIL EN CAMBADOS
O GAITEIRO DE CANIDO -FERROL TERRA FIXO UNHA VISITA RELÁMPAO A NOSA VILA.
DEPARTIU UNS INTRES CO NOSO SECRETARIO CHON

           

1.- O gaiteiro Papigil.- Video de Papigil coa nena Noelia Fersan.

Papigil, un dos máis famosos gaiteiros da "rede" estivo onte en Cambados coa súa dona e seu pequeno fillo Alejandro,  de paso de Baiona a Ferrol, para estar expresamente con membros de Unha Grande Chea. Papigil ten o seu propio espazo web http://www.myspace.com/galegadeculturadegaita  así como en you tube http://es.youtube.com/user/papigil  . De seguido vos deixamos cun vídeo da homenaxe a Xosé Manuel Seivane Rivas onde interpreta "O merlo" na compaña de pequena gaiteira Noelia Fersan. Grazas Papigil por facer este esforzo de vir a visitarnos. 

Texto: Chon.- Foto:  http://www.myspace.com/galegadeculturadegaita .- Video : Edelmiro7

————————————————————

 

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

1 Response to HUMOR RETRANQUEIRO:OS PREGRINOS CATALANS SON DIESSEL, DISQUE ANDAN MOITO PERO CONSUMEN POUCO

  1. Angel Gilberto di:

    ¡Ola a todos !. Xa vexo que de eiquí non fuxe ninguén. Ja, ja, ja. A visita é cousa obrigada pola miña parte, sinto moito non haber disposto dunhas datas para ficar en Cambados e montarmos "unha grande chea" para disfrutar dunha boa foliada con todos vós.Agradezo moito a Chon achegarse coma un verdadeiro raio en bicicleta cruzando as campas urbáns, de verdade.¡Déixovos unha grande aperta para todos, amigos!.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s