HUMOR RETRANQUEIRO: “O COGOMELO PREFERIDO DOS ONANISTAS É “A MANITA PHALLOIDE””

Cambados 23 de Agosto de 2008

III FEIRA DE OPORTUNIDADES

NO PASEO DA CALZADA

TANAKAS , UN STAND A VISITAR

.

1.- Cartel que anuncia a Feira.- 2.- Paseo da Calzada.- 3.-Stand de Tanakas

Os días 22, 23 e 24 de Agosto no Paseo da Calzada estase a celebrar a III Feira de Oportunidades que organiza Zona Centro, nela pódense mercar en postos de varias comercios asociados a organización a prezos moi alcanzables. A feira está patrocinada por Caixanova, Deputación de Pontevedra, Consellería de Innovación e Industria e Comercio do Salnés.

Texto Chon.- Fotos: Unha Grande Chea.

————————————————————

Cambados 21 de Agosto e 2008

II REGATA CALMOSEIRA

SAIDA DENDE PEIRAO DE SAN TOME

UNHA GRANDE CHEA PARTICIPARA ACTIVAMENTE NO EVENTO

 

1.- Cartel anunciador do evento.- 2.- Gerardo, un dos organizadores, na súa dorna.

A regata Calmoseira, para dornas tradiconais,  celebra o vindeiro sábado en Cambados a súa segunda edición con saída dende o Peirao de San Tome as doce da maña, cunha novidade importante na organización: pódese bogar. Deste xeito, se o mar queda en calma podre, os navegantes poden botar man dos remos. A iniciativa contribuirá a darlle emoción e espectacularidade á regata de dornas a vela.  O remata festa rechada no Bar Xeito de Cambados con sardiñeda e xuralada para os particpantes e invitados.

Texto Chon.- Fotos Calmoseira.

————————————————————

Cambados 21 de Agosto de 2008

JOSE RAMÓN COSTA EXPÓN EN CAFETERÍA REYMAR DE CAMBADOS

AMOSA OS SEUS DERRADEIROS TRABALLOS

OS CADROS PÓDENSE VER ATA MEDIADOS DE SETEMBRO

   

1.- Mon Costa.- 2.- Cafeteria Reymar.-3.- Bailarina en azul, unha das suas mellores obras (PREME NAS FOTOS PARA VELAS AMPLIADAS)

 

O popular pintor cambadés "Mon Costa", expón parte do seu traballo na Cafetería Reymar de Cambados, durante este mes de Agosto e da primeira quincena de Setembro nela podemos admirar a súa obra de gran colorido e realismo. De paso que tomas un café ou unha copa nesta amplia cafetería situada na rúa Valle Inclán de Fefiñans, tamén podes apreciar as fermosas obras deste pintor cambadés.

————————————————————

Cambados 21 de Agosto de 2008

FESTIVAL XIRONSA

NO CAMPO DAS FESTAS DE CORVILLON

O VINDEIRO DOMINGO.

     

1.- Cartel anunciador do evento.- 2.- Os Carunchos.- 3.- Manso e Amigos. (PREME NAS FOTOS PARA VELAS AMPLIADAS)

O próximo domingo 24 de Agosto no campo das festas de Corvillón e a partires das 5 da tarde vai ter lugar o "FESTIVAL XIRONSA", con mexiloada, xogos populares para nenos e xogo de Chave para maiores. Tamén haberá pasarrúas con grupos de música tradicional e as 9 da noite concerto a cargo de dous grupos de música popular de contrastada valía "OS CARUNCHOS" e "MANSO E AMIGOS". Non vos podedes perder esta espectacular cita que organiza a Asociación Cultural Corvíllón.

Texto: Chon. Fotos: Unha Grande chea e paxina web de Os Carunchos.

————————————————————

Cambados 20 de Agosto de 2008

————————————————————

Cambados 20 de Agosto de 2008

FOTOGRAFÍA EDUARDO APARIZ

www.cambadosenfotos.net

¿CANDO PARARÁ DE SORPRENDERNOS?

  

1.- Jorge Herbella.- 2.- Haytam (Preme nas fotos para velas ampliadas ou  directamente visita www.cambadosenfotos.net  para velas )

Sabiamos e sabemos do bo facer e do traballo de Eduardo Apariz, sabemos tamén que é un home que revolucionou a fotografía en Cambados, que o acaban de contratar para facer unha voda en Madrid, outra en Foz etc, e todo grazas o seu traballo e a súa páxina), pero que nos decides destas dúas fotografías unha resume un home feito e dereito e triunfador na vida o famoso enólogo Jorge Herbella gran triunfador da Festa do Albariño deste ano e a outra fainos ver en todo o seu esplendor un rapaz que acaba de chegar a Cambados despois de nove meses de viaxe dende o Limbo, Haytam.

————————————————————

Cambados, 20 de Agosto de 2008.

MARIA JESUS RUIZ EXPON EN EXPOSALNÉS

HIPERRREALISTA, CONSIDERASE AUDOTIDACTA.

DURANTE A SEGUNDA QUINCENA DE AGOSTO.

   

1.- Maria Jesús Ruiz Villar.- 2.- Hindú.- 3.- Cabalo na aldea.

Durante a segunda quincena de agosto o Centro Comarcal do Salnés acolle a exposición da pintora-retratista Mª Jesús Ruíz Villar.  Esta pintora autodidacta nace o 4 de xaneiro de 1961 en Ponferrada. E adícase á profesión artística 40 anos. Dou clases de pintura en diferentes localidades do Bierzo e continúa niso, á vez que prepara obra, constantemente, sen parada. A súa pintura suxire hiperrealismo, serenidade, surrealismo, imaxinación, maxía, ensoñación. Delicadeza nos seus trazos. Forza nas súas obras. Inspiran confianza, sensibilidade, sentimentos. Toma con exactitude o matiz das formas e cores. Súas obras desprende vida propia. Entre pinceles creáronse 700 obras.

MÁIS INFORAMACIÓN:670352116

Centro Comarcal do Salnés

Paseo da Calzada s/n

36630 Cambados (Pontevedra)

Tl.: 986 52 60 13 – Fax: 986 52 40 12

Correo electrónico: ccsalnes@comarcasdegalicia.com

Texto: Centro Comarcal Do Salnes.- Fotos: Páxina web de Maria Jesus Ruiz.

 

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s