HUMOR RETRANQUEIRO: O CONCELLO DE GALICIA QUE MÁIS FAI TRABALLAR O VALEDOR DO POBO É CHANDRXA DE QUIEIXA

Cambados 16 de Agosto de 2008
HOXE QUEIMADA GRATIS NA PASTORA
ORGANIZADA POLA COMISIÓN DE FESTAS A PASTORA
A PARTIR DAS 22.00 HORAS.
 
1.- Cartes del Festas da Pastora.- A Capela do mesmo nome.(PREME NAS FOTOS PARA VELAS AMPLIADAS)
 

Hoxe ás 22 horas e organizada pola Comisión de Festas da Pastora "Gran Queimada" no monte o pé da capela, todos os asistentes están invitados. Esta queimada é a segunda vez que esta comisión de festas a organiza, e dende logo se resulta que se ha converter nun clásico en Cambados no verán. E a noite tamén na praza do Concello gran verbena oorganizada pola Comisión de festas de San Roque a cargo das orquestras Costa Dorada e Azucar.
Texto: Chon.- Fotos: Unha Grande Chea.
————————————————————

Cambados 16 de Agosto de 2008
CLOWNING TRIUNFOU EN FEFIÑANS
A REPRESENTACIÓN DE "SIT" FOI TODO UN ÉXITO
A PRAZA CHEA RIU A ESCACHAR

Onte viviuse na Praza de Fefiñans unhas das mellores, senón a mellor actuación que pasou este vran por Cambados. A compañía Clowning , a segunda compañía de Tricicle fíxonos gozar dun espectáculo de hora e media de duración no que a xente realmente o pasou ben. Para os que pérdechedes este gran espectáculo aquí tedes en vídeo unha pequena mostra feita pola primeira compañía de Tricicle, pero Clowning non desmerece nada a como eles chaman "os xefes". O espectáculo estaba patrocinado por Caixanova e oraganizado polo Concello de Cambados.

  
Texto: Chon.- Video: You tube
————————————————————
Cambados 15 de Agosto de 2008

XORNADA FRENÉTICA HOXE EN CAMBADOS

FEIRA DE ARTESANÍA, CONDE XIDO E CLOWNING DE TRICICLE

E TAMÉN PRIMEIRO DIA DA FESTA DE SAN ROQUE.

          

1.- O Alcalde Touris e Anabel e Anabel Carro.- 2.- Feira de Artesanía na Calzada.- Susa, pandereteira de Unha Grande Chea, tamén participa hoxe con Con de Xido no irmandamento de baile na praza de Fefiñans. (PREMA NAS FOTOS SE QUERES VELAS AMPLIADAS.)

Hoxe abre as súas portas no stands da calzada a Feira de Artesanía cunha participación de máis de vinte artesáns que nos amosaron os seus produtos tanto utensilios como gastronomía, que se podaran degustar nos mesmos será inaugurada polo Alcalde Touris e pola concelleira de Cultura Anabel Carro. Sen esquecer o inmandamento dos grupos de danzas Con de Xido e Centener de Vila Joiosa de Alicante, a o prato forte o espectáculo Sit de Clowning dirixido por Tricicle.

Texto: Chon.- Fotos: Diario de Arousa e Unha Grande Chea.

————————————————————

Cambados 15 de Agosto de 2008

CARLOS BLANCO OUTRO QUE SENTA CÁTEDRA NO SEU POBO

O CHALEQUEIRO DE UNHA GRANDE CHEA DOU O PREGÓN EN VILAGARCÍA

REIVINDICATIVO, CON IRONÍA E CON HUMOR.

     

1.- Carlos Blanco na presentación do libro de Unha Grande Chea NO 2005.- 2.- Carlos Blanco na chegada o Concello de Vilagarcia para dar o pregón ONTE.3.- A Alcaldesa de Vilagarcia imponlle a medalla de ouro da cidade. (PREME NAS IMAXES PARA VELAS AMPLIADAS).

Como non podía ser menos o artista Carlos Blanco, non defraudou os seus paisanos no pregón das festas de San Roque, un discurso reivindicativo, irónico e con moito humor, amén de repasar a súas anécdotas como neno. Non é con ánimo de criticar nin moito menos,  pero a ver cando vemos no noso pobo un pregón popular como o de Rabade ou como o de Vilagarcía, nunha das festas máis importantes de Galicia, a do Albariño. 

Texto: Chon. Fotos: La Voz de Galicia, Diario de Arousa e Unha Grande Chea.

————————————————————

Cambados 15 de Agosto de 2008

NACE UN NOVO ESPAZO WEB EN CAMBADOS

http://www.abeatroad.com.ar

O XERME DO GRUPO ESTIVO NA NOITE BEATLES ORGANIZADA POR UNHA GRANDE CHEA.

 

Actuación en Cambados de A Beat Road o mércores do Albariño (Preme na foto se queres vela ampiada).

A Beat Road é a fusión de Nestor Blanco  e Familia con "El Bosque Ambulante". Este grupo comezou a xerminar na Festa Beatles organizada en Discoteca Zao a ano pasado por UNHA GRANDE CHEA. O mércores do Albariño tiveron unha grande actuación en Cambados, e agora véñenos a presentar o seu novo espazo web onde podedes ver fotos, vídeos e actuacións futuras do grupo.

Texto: Chon.- Foto: Unha Grande Chea.

————————————————————

 

Cambados 14 de Agosto de 2008

CARLOS RABADE FOI PROFETA NA SÚA TERRA

O PREGOEIRO DE RABADE ENCADILOU OS PRESENTES CUN EXCELENTE PREGÓN

NON SE ESQUECEU DE CAMBADOS E DE UNHA GRANDE CHEA NA LECTURA DO MESMO.

1.- Carlos despois de ler o pregón recollendo a estatuiña co cheleco de Unha Grande Chea de mans do Alcalde de Rabade. 2.- Departindo coa delegaciónde Unha Grande Chea.3.- Un abrazo emocionado con Fico.(PREME NAS FOTOS PARA VELAS AMPLIADAS).

Onte era o gran dia para o noso amigo Carlos Rabade, era o día que lía o pregón no seu pobo natal, un día moi importante para el. Evidentemente unha representación de UNHA GRANDE CHEA tiña que estar alí, e a hora que dende o palco empezou a ler o pregón fomos aparecendo cos nosos chalecos na praza para sorpresa do pobo en xeral e del en particular, foi moi emocionante para el e para nos. O Alcalde de Rábade agasallouno cunha estatuiña caricaturizada de Carlos vestindo o típico chaleco de Unha Grande Chea. Alí estivemos departindo coa súa familia e percorremos coas nosas gaitas varios bares de Rábade. Parabéns Carliños.

Texto: Chon.- Fotos: Unha Grande Chea.

————————————————————

Cambados 13 de Agosto de 2008.
AS FOTOS DE HADRIÁN CORES
MÁIS DE CATROCENTAS FOTOS DO ALBARIÑO
E AINDA NOS QUEDAN MÁS DE 200 POR PUBLICAR O ESGOTAR A CAPACIDADE MENSUAL.
 Image Hosted by ImageShack.us Image Hosted by ImageShack.us
1.2.3.- Unha mostra do que queda para setembro .
Faltaban as fotos de Hadrián, ou que é o mesmo de Kores, ou o que o mesmo de Fico Jr., e xa están colgadas a partires de hoxe máis de 400 fotos, e ainda nos quedan casique 300 por publicar que non podemos facer ata Setembro xa que esgotamos a capacidade que cada mes que concede Microsoft, non por iso imos deixar da dar novas. A maiora delas son obviamente coa súa pandilla "Os Comemipas", tamén hai fotos doutra xente, a ver si atopas a túa, para elo vaite arriba "A NOSA PORTADA" "MÁIS ALBUMS", "FOTOS DE HADRIÁN CORES DO ALBARIÑO 2008".
————————————————————
 
 

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s