ADEUS, ALBARIÑO, ADEUS

Cambados 7 de Agosto de 2008

PÁXINA MOI CURIOSA: “O BAR DE BOA”

APARECE O TEU NOME TATUADO NA  PEL DUNHA MULLER…

…OU DUN HOME ,  SEGUNDO PREFIRAS

nuevo-2   nuevo-4

1.- Podese ler claramente "Chon".- 2.- Podese ler claramente "Domin".

Segue os seguintes pasos:

1º.- Entra na seguinte web:  http://www.tatuagemdaboa.com.br/ 

2º.- Aparece unha pantalla  e verás que che pide dous nomes , pon o teu e dun amigo te na primera o na segunda fila , como prefiras.

3º.- Pasa por altos os campos de e-mail.

4º.- Fai Clic en “Visualizar”  e mira o que pasa,  e non nos preguntedes como o fan porque non temos nin a menor idea pero é incrible.

————————————————————

Cambados 6 de Agosto de 2008
CRONICA DO XANTAR DO SABADO DE ALBARIÑO
RELACION DE AUTORIDADES
AS COPAS XUNTARONOS COS DA LERIA
CAMBADOS UNHAGRANDECHEA LERIA (1)   CAMBADOS UNHAGRANDECHEA LERIA (2)   CAMBADOS UNHAGRANDECHEA LERIA
Tres intres das distendidas copas cos da Leria.

O sábado do Albariño tivo lugar  o tipico xantar de confraternidade de Asociación, coa asistencias das seguintes personalidade e autoridades:

JORGE CARLOS SALVA RICHAR

 

Excmo. Sr. D. Jorge Francisco Castiñeiras Arenaz, Presidente do Club Xuventude Baloncesto e Director de Banesto en Vilagarcia de Arousa.

Excmo. Sr. D. Carlos Rabade Pallares, Inspector técnico da Administración e avogado non exerciente.

Excmo. Sr. D. Salvador Cores González Director Xerente de “Electricidade Salvador Cores S.L.”, Presidente de Unha Grande Chea, e Chavalier de Secavin (Anjois – Francia).

Excmo. Sr. D. Ricardo Charlin Rey, Presidente do Club Juventud de Cambados e Especialista en Deportes varios no Concello de Cambados.

EGIDIO ALFONSO TOTI SOCAS

Exmo. Sr. D. Egidio Varela Lois , Interventor de Caixanova en Cambados e Secretario do Club Xuventude de Baloncesto durante 28 anos inenterrumpidamente. 

Excmo. Sr. D. Alfonso Prado Blanco, Subdirector do I.S.M de Bamio-Vilagarcia e Profesor Emérito do mesmo centro.

Excmo. Sr. D. Emilio Millán Galiñanes, Director Gerente de Explotaciones Marisqueras Rico II e Rico III.

Excmo.D. Xocas Cores González, Codirector Xerente de “Electricidade Salvador Cores S.L.” e gaiteiro Maior do Grupo de Gaitas Unha Grande Chea.

HADRIAN - SIÑO

Excmo.D. Hadrián Cores Cacabelos, está a desenrrolar na actualidade estudos de Inxenieria Ténica Industrial  na Universidade de  Vigo e primeiro herdeiro na linea de sucesión de “Electricidade Salvador Cores S.L.”

Excmo.D. Ramón Martinez Ulloa, ex vice patron maior da Confraria de Cambados e, Vicepresidente de Unha Grande Chea e exconcellal do Concello de Cambados.

Excmo.D. José Manuel Domínguez Sánchez profesor  emérito especilista de Educación Física de I.E.S. Asorey de Cambados e embaixador vitalicio de Palas de Rei en Cambados.

Excmo.D. Juan Luis Iglesias Patiño, Xefe dos Servicios Informáticos de Pita Hermanos e asociados e expresidente do Club Xuventude de Baloncesto de Cambados.

Excmo. Sr. D. Xaquin Charlin Piñeiro, estudante de Pedagoxía da Universidade de Santiago de Compostela.

JOSE MARIA CHON LUIS ROBERTO E ROBERTO

Excmo. Sr. D. José Maria Trigo Daporta, Administrador Xeral de Datrimar e empresas asociadas.

Excmo. Sr. D. Xaquín Charlin González, membro do Corpo de Tramitación procesual da Administración de Xustiza  e membro da Xunta de Personal de Administración de Xustiza de Pontevedra e expresidente do Club Juventud de Cambados.

Excmo. Sr. D. Luis Paulino Charlin Director Gerente dos concesionarios Ford de Pontearnelas e Vilagarcia de Arousa.

Excmo. Sr. D. Roberto Gesteira Losada, Arquitecto Técnico pola Universidade da Coruña e Xefe de Departamento  de T.A.D. de Madrid.

Excmo. Sr. D. Roberto Cacabelos Fernández, Interventor Xefe de Caja Rural de Cambados e Colaborador emérito de San Benito.  

     (Todolos cargos citados son reais, ainda que pareza mentira).

     O menú consisteu este ano en: Tapas variadas, Salpicón feito por Yoli e Carne asada feita por Anxeles, postres variados e todo elo regados con Albariños, Rioxas e Riveras del Duero, cafe puros e licores variados. Todo estaba boisimo. Temos que destacar que este ano sumaronse a sobremesa os da Leria que estaban a xantar o lado na casa de Perto Pisalleira, compartimos copas e piscina e o compromiso de que para ano nos temos que devolverlle a visita.

Queda para outra crónica o campionato de barrigas.

————————————————————

Cambados 6 de Agosto de 2008

CINE É MUSICA NA RÚA

CHOURIZO FILMS E BRONQUITIS CRÓNICA PROTAGONISTAS, ENTRE OUTROS

NORABOA A CONCELLEIRA DE CULTURA ANABEL CARRO POR TAN EXCELENTE INICIATIVA.

cambados unhagrande chea cine na rua cambados unhagrande chea cine na rua (1) cambados unhagrande chea cine na rua (2) cambados unhagrande chea cine na rua (4)

1.- To die in Tragove.- 2.- Averdadeira historia de W Joe. 3Bronquistis Crónica e 4.- Anabel Carro con Rodrigo e Alberto.

Grazas a unha excelente iniciativa da Concelleira de Cultura Anabel Carro, ssta seman temos cine dabondo o  ciclo abrirá hoxe mércores coa proxección do curto To die en Tragove 2 , da produtora cambadesa Chourizo Films, e continuará co don da dúbida . A oferta do xoves inclúe a proxección de tres curtos frikis : Centolos e gaitas , Un home de éxito (de Chourizo Films), e A fin do mundo , e o documental Pista Catro , de Pela do Alamo.

O venres proxectaranse os curtos A verdadeira historia de W. Joe , de Chourizo Films na que como todos sabedes participou a Grupo de Gaitas de Unha Grande Chea, así como  algún membro como actor. A maldición do capitán Centolo , Dez Minutos , Encarna , Formularios Truculentos , Entorrados , 7.35 da mañá , Pablo no labirinto , Redondeo , Ntensidad , Conciencias tranquilas , X , Carne de neón e Choque . A festa pechará coa actuación do grupo de hip hop Bronquitis Crónica.

————————————————————

Cambados 4 de Agosto de 2008.

O MESMO ENÓLOGO É O AUTOR DOS DOUS PRIMEIROS PREMIOS DO ALBARIÑO 2008
JORGE HERBELLA, RIBADAVIENSE DE NACEMENTO E CAMBADÉS DE ADOPCIÓN
NON TEMOS DATOS CONCRETOS PERO PARECE SER QUE A PRIMEIRA VEZ QUE ESTO PASA NO CERTAMEN.
cambados unhagrandechea jorge hervella (1) cambados unhagrandechea jorge hervella (2) cambados unhagrandechea jorge hervella (3) cambados unhagrandechea jorge hervella
1.- Un primeiro plano de Jorge Herbella. 2.- Con dous dos seus mellores amigos, Eduardo Apariz e Toño Meis, 3.- Como madridista de pro celebrando o titulo do Madrid no Bar Germán de Cambados e 4.- Con dous membros de Unha Grande Chea, Chon e Domin e con Nolo Daporta.
 
     Sen dúbida un dos grandes protagonistas do Albariño deste ano non foi outro que Jorge Herbella, ribadaviense de nacemento e cambadés de adopción,  enólogo de profesión de diversas adegas que este no non se contentou con ser o enólogo do 1º Premio do Albariño 2008, senón que tamén é o enólogo da adega que conseguiu o segundo lugar a este hai que engadirlle o primeiro premio na Festa do Riveiro 2008, o primeiro premio foi para o Señorio de Rubisó de As Neves e o segundo premio para a adega As Laxes de Arbo as dúas da zona do Rosal e o terceiro premio foi para Veiga Naum do Salnés. Maís dunha vez temos gozado con el tomando uns albariño no Bar German, alegrámonos especialmente do seu triunfo e dende aquí dámoslle o parabén.
 
unhagrandechea cambados herbella
————————————————————
Cambados 1 de Agosto de 2008

CHEJAR E ENCHER E UNHA GRANDE CHEA, UNIDOS POLO ALBARIÑO

A CEA TIVO LUGAR NO PAZO DE ULLOA

ESPERAMOS REPETIR PARA O ANO.

CAMBADOS UNHAGRANDECHEA CHEJAR E ENCHER (2) CAMBADOS UNHAGRANDECHEA CHEJAR E ENCHER CAMBADOS UNHAGRANDECHEA CHEJAR E ENCHER (1)

1.- Eduardo Dolado Presidente de Chejar e Encher, Montse de U.G.CH., Fico Presidente de U.G.CH e Javito tamén da mesa asociación. 2.- Camiseta que Chejar e Encher lle regala a Unha Grande Chea.3- Cartel que lle regalo U.G.CH a Chejar e Encher.

     Do venres do Albariño polo día pouco podemos contar porque estamos durmindo, pero ese dia foi un dos máis impor tantos do Albariño para Unha Grande Chea, foi a I Cea de Confraternidade entre Chejar e Encher e Unha Grande Chea, a remate da cea intercambiamos regalos, recibimos de Chejar Encher unha camiseta curiosa cos colores da peña amiga pero na que no anverso poñía "Chejar e Encher" e o reverso era o escudo da nosa Asociación, tamén recibimos un banderín  cos colores e lema da peña amiga, nos pola nosa banda regalámoslle unha camiseta de Unha Grande Chea, o libro do Entroido tamén da nosa Asociación e un cartel do Albariño de este ano lembrando a conmemoración da cea e con foto das dúas peñas. Despois baixamos para a de Juan Silva e continuamos festa. Por certo a cea tivo lugar nun marco incomparable, o Pazo de Ulloa agradecemos a familia Daporta a xentileza pola utilización do Pazo e dámoslle as grazas tamén o cociñeiro Vaquero ,  a Milagros e Lola que nos serviron a cea. Mais fotos da mesma en "Venres do Albariño 2008  O Albariño fotografiado por outra xente- Mais Albumns – A nosa Portada."  Grazas a Iria Botana a a Perto Pisalleira por enviarnos a súas fotos.

————————————————————

Cambados 1 de Agosto de 2008.

ASTERIX E OBELIX VOLVEN A FALAR GALEGO

A EDITORA SALVAT CEDEU A PRESIÓN DA MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

OS PAXINAS WEBS GALEGAS TAMÉN TIVERON A SÚA INFLUENCIA, ENTRE ELAS A DE UNHA GRANDE CHEA.

CAMBADOS UNHAGRADENCHEA ASTERIX E OBELIX

1.- Asterix e Obelix falando galego.

     A presión galega exercida sobre a Editora Salvat por parte da Sociedade Galega encabeza pola Mesa ´da Normalización Linguistica, fixo o fin o cabo recapacitar a devandita editora e en outubro e novembro do presente ano volverán a falar en Galego, coa publicación dun triplo tomo de Asterix en outubro ou novembro vindeiro. Grazas a Anxel Cambados por facernos participes da nova.

————————————————————

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s