SABIAS QUE…O CORPO QUE MÁIS RESISTE O CALOR É O CORPO DE BOMBEIROS.

Cambados 9 de Agosto de 2008

O DOMINGO DO ALBARIÑO SHOW NA CALZADA

VOLANDEIRA E UNHA GRANDE CHEA XUNTOS NO ALBARIÑO

PROBABLEMENTE PARA O ANO A.C. VOLANDEIRA SAQUE AS SÚAS GAITAS A RÚA.

 

cambados unhagrandechea domingo (1)   cambados unhagrandechea domingo (2)   cambados unhagrandechea domingo

1.- O Presidente de Unha Grande Chea coa presidenta da A.C. Volandeira2.- O Dr. Mundo invitado a tocar con Unha Grande Chea.- ·.- O bo rollo que había o domingo na calzada.

O Domingo despois de levantarse as tantas, sempre nos vemos no Paseo da Calzada, alí co pouco que sabemos tocar, facemos que a xente a esa hora estea a tomar postos nos viños se achegue a nos  e baile e goce da festa. Este ano a A.C. Volandeira, coa que temos varios nexos comúns , sendo o máis significativo Montse, tamén participou con nos, podedes ver arriba no "Vídeo Albariño 2008" varias escenas do evento, así como o noso xa amigo Roberto Gesteira e o médico da residencia sanitaria Montecelo  Mundo. Un pracer estar con Volandeira, logo fomos para o Pazo de Ulloa a tocar tamén unas pezas no Xantar que se fai alí, e xa mais nada ata o ano non hai máis albariño.

Texto: Chon I.- Fotos: Unha Grande Chea.

————————————————————

Cambados 9 de Agosto de 2008

VIÑOS EUROPEOS EN CAMBADOS

UNHA NOVA FESTA EUROPEA DO VIÑO 2008 ABRIU AS SÚAS PORTAS CON VIÑOS CHEGADOS DESDE OS CINCO CONTINENTES.

ESTA NOITE, ÁS 22.30 HORAS, CELÉBRASE O BRINDE DÁS ESTRELAS.

cambados unhagrandechea festa euripea do viño 1      cambados unhagrandechea festa europea do viño

1 e 2.- Autoridades brindando pola Festa Eurpea do Viño.

Volver A Festa Europea do Viño de Cambados, unha celebración das principais denominacións de orixe do Vello Continente e que abriu onte as súas portas, debería modificar o seu nome para futuras edicións polo de Festa Mundial do Viño. O caso é que este ano chegan ás casetas de promoción cambadeses caldos de todos os recunchos do planeta. Viños xa coñecidos como o procedente da Rioxa ou o propio Albariño pelexarán por humedecer as gargantas dos asistentes con outros chegados desde lugares tan afastados como Xapón, Arxentina, California, Sudáfrica ou Oceanía. Precisamente desde Australia chega Balmoral, o viño máis caro dos que se poderán adquirir en Cambados cuxa botella rolda os sesenta euros e que, segundo o alcalde, José Manuel Cores Tourís, «vale a pena probalo».

Tourís inaugurou a festa xunto con outras autoridades locais e comarcais e afirmou que o obxectivo principal da mesma é «dar a coñecer moitos viños doutras zonas que se descoñecen e que son bos viños».

Arroupados polo son de gaitas e pandereitas, as autoridades percorreron o paseo da Calzada. Fóronse detendo nalgúns das vinte e dúas casetas onde ademais de viños podíase atopar licores como o de café ou o de mel, antibióticos naturais e produtos galegos en conserva que se presentan como novidade.

Personalidades, xornalistas e algún que outro intruso despistado foron invitados a un aperitivo dentro do recinto. O viño ofrecido neste acto de inauguración e co que as autoridades brindaron «por Cambados e polo viño» foi Señorío de Louros, gañador do concurso da Festa do Albariño. Esta noite, ás 22.30 horas, celébrase O Brinde dás Estrelas, con motivo da noite na que se pode observar o fenómeno das Bágoas San Lorenzo.

Texto: Carlos Lorenzo.- Fotos: “La Voz de Galicia” e “Diario de Arousa”.

————————————————————

Cambados 9 de Agosto de 2008.
UNHA GRANDE CHEA TV PRESENTA:
"BRONQUITIS CRÓNICA" EN CAMBADOS

————————————————————

Cambados 8 de Agosto de 2008

II CAMPIONATO DO ALBARIÑO  DE  BANDULLOS UNHA GRANDE CHEA.

EGIDIO REVALIDA A MEDALLA DE OURO

ACADA A MEDALLA DE PRATA FICO.

cambados unhagrandechea bandullos     cambados unhagrandechea bandullos (3)     cambados unhagrandechea bandullos (1)

1.- Egidio, primeiro clasificado. 2.- Fico, segundo clasificado e 3.- Jorge , terceiro clasificado.

O remate do Xantar procedeuse o “II campeonato do Albariño de Bandullos de Unha Grande Chea”, co seguinte resultado:

1º.- Clasificado, medalla de ouro do Concello de Cambados, mención especial e diploma para Egidio, con 116 cms.

2º.- Clasificado , medalla de prata do Consello Regulador, mención especial e diploma para Fico, con 113 cms.

3º.- Clasificado, medalla de bronce do Capitulo Serenisimo, mención especial e diploma para Jorge, con 112 cms.

4º.- Chon: 110 cms. 5º.- José Maria, e Luis 108 cms.  6º.- Xocas e Alfonso 103 cms. 7º.- Hadrián 102 cms. 8º.- Siño e Chopi con 100 cms. 9.- Toti con 98. 10º.- Carlos con 96. 11º.- Richar con 95. 12º.- Juan con  94. 13º.- Domin e Javito con 92 cms. 14º.- Roberto Gesteira 86 cms. E 15º.- Ulloa con 85 cms.

Participaron este ano fora de concurso varios asiduos da Leria co seguinte resultado: Juan Chatarra 110 cms, Pildorilla 99 cms, Popi 102 cms. Perto 104 cms. e Eulogio 102 cms.

Texto Chon I.- Fotos :Unha Grande Chea.

————————————————————

Cambados 8 de Agosto de 2008.

MEMBROS DE CHOURIZO FILMS PARTICIPAN EN "AGALLAS" COMO EXTRAS

O FILM QUE ESTIVERON RODANDO EN CAMBADOS CARMELO GOMEZ  E HUGO SILVA

NAS RUINAS DE SANTA MARIÑA.

cambados unhagrandechea chourizo films (1)     cambados unhagrandechea chourizo films (2)     cambados unhagrandechea chourizo films

Varios fotogramas da curta "EL FUNERAL" de Chourizo Films

Os de Chourizo films están en todas. Pero non só de caras coñecidas vive o cine. Aos extras ninguén os mira, pero sen eles non hai escena. A produtora lanzou a súa convocatoria fai unhas semanas e os cambadeses responderon con xenerosidade. E, como non, alí estaban os mozos de Chourizo films enfundados nos traxes de loito que lles entregou a produtora e cumprindo de corrida as instrucións da dirección á hora de gravar as secuencias do enterro no interior das ruínas. A algúns lles tocou portar a caixa, e non era a primeira vez. Xa tiveron que facer o propio no funeral, co selo de Chourizo. O mentor de leste e outros curtos, Rodrigo Piñeiro, estaba onte alén da cámara para ver de cerca como traballan os profesionais. Él e os seus colaboradores, de momento, están no plano afeccionado pero, ¿quen sabe? Quizá algún cazatalentos queira darlles unha oportunidade. Esta semana, polo pronto, o ciclo Cinema Variedades ofrece a oportunidade de ver os seus traballos na praza de Alfredo Brañas.

Texto: Bea Costa. Fotogramas “El Funeral” de Chourizo Films.

————————————————————

Cambados 8 de Agosto de 2008

unhagrandechea cambados rif

CAMBADOS UNHAGRANDE CHEA RIFCAMBADOS UNHAGRANDE CHEA RIFCAMBADOS UNHAGRANDE CHEA RIFCAMBADOS UNHAGRANDE CHEA RIFCAMBADOS UNHAGRANDE CHEA RIFCAMBADOS UNHAGRANDE CHEA RIF

ESTE VENRES 8 DE AGOSTO
COMBATE NA CABINA DO RIF-ROCK:

COMOMEPOS
VS
MIA WALLAS

NUNHA DESCONCERTANTE NOITE DE FREEROCKIN
NA QUE NINGUEN SABE O QUE PODE PASAR!!!
EXPANSIVE & PROGRESSIVE FREE RAWK’N’ROLLLL
NON VO-LO PERDADES!!!
dende as 00:00 ou algo así…

Texto e fotos: RifRock.

————————————————————

Cambados 8 de Agosto de 2008

ACLARANDO QUE É XERUNDIO

Este e-mail só é para corrixir un comentario que facedes sobre a parroquia á que pertence Ponte-Arnelas. Efectivamente esta aldea é do Concello de Vilanova de Arousa (ata hai poucos anos era terra de ninguén: todos sabían onde estaba, pero ninguén investía nada na aldea), aínda que a parroquia á que pertencen os seus feligreses (crentes e non crentes – non coñezo ninguén que non estea bautizado ou que solicitase a apostaSía… Se cha dan???) é a de Oubiña. O cura que celebra misas na súa capela é o de Oubiña e Corbillón, polo que, dende o sentido relixioso e do "cepillo", si está vinculada ao Concello de Cambados.

XOSÉ GARCIA MOLDES.

————————————————————

Cambados 7 de Agosto de 2008

XI CONCENTRACIÓN MOTOS VELLAS DO SALNÉS

EN CAMBADOS O 10 DE AGOSTO

UN PERCORRIDO POLA NOSA COMARCA

CAMBADOS UNHAGRANDECHEA MOTOS VELLAS DO SALNES (1)   CAMBADOS UNHAGRANDECHEA MOTOS VELLAS DO SALNES (3)   CAMBADOS UNHAGRANDECHEA MOTOS VELLAS DO SALNES

1.- A "peñas" coas suas vellas motos. 2.- Escudo de club. 3.- Tres cambadeses e unha moto vella.

 

O vindeiro dez de Agosto o Club Motos Vellas do Salnés organiza unha concentración de motos vellas que incluirá un percorrido pola comarca e inmediacións, comida e premios, podes recoller moita máis información e fotos en : http://motosvellasdosalnes.blogspot.com/

————————————————————

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s