Cambados 1 de Agosto de 2008 – FESTA DO ALBARIÑO 2008 –
OSCAR PARDO ENTREVISTADO NA VOZ
A MITICA PAXINA VOLTA A COLLER FOLGOS
www.cambados.tk , TODO UN SÍMBOLO PARA CAMBADOS.
1.- Oscar nunha foto de Martina Miser.- 2.- Neste albariño cos seus amigos.3-Onte xoves con Chon de Unha Grande Chea.
Este rapaz, xa cada vez menos rapaz e maís home , foi un dos grandes impulsores da rede de redes en Cambados, animou o cotarro informártico na vila compaxinando a páxina www.cambados.tk cos seus estudos, a Voz faille unha entrevista que podedes ler completa na seguinte ligazón: http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2008/08/01/0003_7027767.htm?idioma=galego
————————————————————
Podes consultar todo o programa do Albariño 2008 en: http://www.cambados.es/Programa08.pdf
————————————————————
Cambados 1 de Agosto de 2008 – FESTA DO ALBARIÑO 2008 –
UNHA CAMISETA ORIXINAL
EDUARDO APARIZ É O AUTOR DA FOTOGRAFÍA
PODES VELA MOITO MÁIS AMPLIADA EN www.cambadosenfotos.net
1.- Foto de Eduardo Apariz para a camiseta desta pandilla.
Mel, Sergio,Iago, Edu, Borja, Josiño entre outros, son os que van levar unha das camisetas máis orixinais deste Albariño 2008. Unha fotografía de Eduardo Apariz ( www.cambadosenfotos.net )é a que serve para ilustrar a mesma, aínda que tamén pola parte de atrás ten a súa lectura.
————————————————————
Podes consultar todo o programa do Albariño 2008 en: http://www.cambados.es/Programa08.pdf
————————————————————
Cambados 31 de Julio de 2008 – FESTA DO ALBARIÑO 2008 –
DESPREGABLE, NA RÚA
A DESTACAR A ENTREVISTA A RODESIO DE CHOURIZO FILMS
E TAMÉN A ENTREVISTA A LUIS DAVILA.
1.- Portada do Nº 18 de Despregable.- 2.- Rodesio, un dos entrevestados.- 3.- Luis Davila.
Estes días sairá da imprenta o despregable nº18. Moitos traballiños pasaron para sacar este número, que sae, con un mes de 31 días de retraso… "all we need is time".
Neste exemplar atoparedes entrevistas sobre humor gráfico da man de Luis Davila, un buenense que xa leva tempo traballando no Faro de Vigo e que acaba de estar nas xornadas de comic de Cangas. De música temos a The Blows un grupo vigués que está a rachar en todos os festiváis, e o Festival do Norte, a crónica do evento e entrevistas con Bandín (un dos organizadores) e Dj Nano (encargado de pecha-la edición). Na presentación grafitti temos a Mr. Mono para flipa-lo en cores. Chourizo Films a productora cambadesa do cine máis underground da comarca. E Juan Carballo de novo de xira cun novo poemario.
Todo isto, e moito máis en Despregable dende O Salnés para o mundo.
E xa sabedes, toda-las novas en:
http://embaixadaprusiana.blogspot.com/
——————————————————–
Podes consultar todo o programa do Albariño 2008 en: http://www.cambados.es/Programa08.pdf
————————————————————
Cambados 31 de Julio de 2008 – FESTA DO ALBARIÑO 2008 –
O II FESTIVAL DE SOLIEDARIDADE CO POBO SAHARAHUI TROCA DE LUGAR.
VAISE CELEBRAR NA PRAZA DE PAIXEIRIA
EN VEZ DO EXTERIOR DO AUDITORIO
1.- Trópico de Grelos . 2.- Shanga Noeda.
Comunicanos a xefe de prensa do II Festival Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, que se troca o lugar onde se ia a celebrar o festival, e en vez do Exterior do Auditorio vilagarciá, vai ser na Praza da Peixeria. Un bo festival para unha boa causa.
————————————————————
Podes consultar todo o programa do Albariño 2008 en: http://www.cambados.es/Programa08.pdf
————————————————————
Cambados 31 de Julio de 2008 – FESTA DO ALBARIÑO 2008 –
A SAGA XESTEIRA CONTINUA
OS SEUS FILLOS E SOBRIÑO SON GARANTES DELA
PONTEARNELAS FOI TESTEMUÑA.
1.- Xaquin cos seus fillos e seu sobriño en Pontearnelas (Foto A voz de Galiza).- 2 e 3.- No nadal con Unha Grande Chea.
A estas alturas todos coñecemos a calidade humana e musical do mestre Xaquín Xesteira, e como lle trata de inculcar os seus os valores tradicionais da nosa terra e as nosas costumes, e así o podemos ver na festa de Santa Marta, despois de actuar cos Faiscas , como goza tocando a gaita nun bar calquera na compaña dos seus fillos e do seu sobriño, as cales tamén son asiduos do Nadal con Unha Grande Chea. A estirpe non se perde e está ben asegurada na saga Xesteira.
————————————————————
Podes consultar todo o programa do Albariño 2008 en: http://www.cambados.es/Programa08.pdf
————————————————————
Hi,Do you need advertising displays, screen advertisings, digital sign, digital signages and LCDs? Please go Here:www.amberdigital.com.hk(Amberdigital).we have explored and developed the international market with professionalism. We have built a widespread marketing network, and set up a capable management team dedicated to provide beyond-expectation services to our customers.
amberdigital Contact Us
website:www.amberdigital.com.hk
alibaba:amberdigital.en.alibaba.com[ddfjcjdahbieehh]