PALAS, REVENIDAS, PALAS, REVENIDAS, PALAS, REVENIDAS

Cambados 17 de Xullo de 2008
TRICICLE NON VEN O ALBARIÑO
EN REALIDADE E CLOWNIC, A SEGUNDA COMPAÑIA DE TRICICLE
DE TODOLOS XEITOS O ESPECTÁCULO NON DESMERECE
clownicframe
Antonio del Valle,  Eduardo Méndez e Fedor de Pablos.
 

Por un  erro das nosas fontes informamos que viña Tricicle a festa do Albariño, e non é asi exactamente ven unha segunda compañía que se denomina Clownic sendo os actores compoñentes da mesma Antonio del Valle , Eduardo Méndez e Fedor de Pablos.

Esta segunda compañía foi creada  para pode cumplir o seus comprimisos, pero temos que decir polo que nos estivemos informando que o espectáculo non desmerece.

————————————————————  

Cambados 16 de Xullo de 2008.
VINDEIRO DESTINO: PALAS DE XUGA
A EXPEDICIÓN CAMBADESA ESTÁ DISPOSTA PARA MARCHAR
MÁS DE 50 CAMBADESES INVADIRÁN PALAS DE XUGA ESTE FIN DE SEMÁN
nuevo-1
Imaxes do ano pasado.
Xa se está a converter nun clásico os enfrontamentos futbolísticos entre a Sa lección do Pub A Leria de Cambados o equipo de fútbol rexional de Palas de Rei digo Palas de Xuga. Así xa está a expedición preparada para partir este venres para  a vila palense e disputar o vindeiro sábado o II Encontro da Amizade Palas de Xuga – Cambados. A expedición compoñena segundo os derradeiros datos máis de cincuenta persoas que "invadiran" Palas e Melide por suposto este fin de semana. A ultima hora aínda non tiña confirmada a presencia en Palas do reporteiro de Unha Grande Chea, pero estamos facendo as xestión pertinente para que acude a faga unha boa reportaxe do partido.
————————————————————
Cambados 16 de xullo de 2008
EXPOSICIÓN NA CASA DA CULTURA DE DENA "AS TELLEIRAS"
ORGANIZA ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS "A TELLEIRA"
O SÁBADO DEZANOVE DE XULLO HABERÁ UNHA DEMOSTRACIÓN DO TRABALLO DOS TELLEIROS
nuevo-1
Cartel anunciador do evento.
 
Na casa da Cultura de Dena, está tendo lugar unha exposición denominada "As Telleiras", que estará aberta dende o 14 ao 24 de mes de Xullo, estará aberta de 17 a 23 horas hágas mercores e sábados. E o Sábado19 de xullo ás 19 horas haberá unha demostración dos telleiros Ramón Lorenzo e Daniel González.
————————————————————
Cambados 16 de xullo de 2008
ARMANDO GUERRA EXPÓN NO C.C. DO SALNÉS
DO 15 AO 30 DE XULLO
DA PUBLICIDADE A PINTURA
nuevo-2
Varios cadros do autor.

Artista pontevedrés que chegou á pintura tras unha longa e frutífera labor como publicitario.Criado na educación artística tradicional, a súa obra discorre polos derroteiros do expresionismo máis vivo e intimista evocando o conflito entre os sentidos. A súa pintura é como unha metáfora do seu ser, expresando toda esa vitalidade e enerxía contidas que se desatan furiosamente nos seus naufraxios, con eses mares encrespados que intentan apagar a vida baixo as súas augas e nesa loita feroz do home contra a natureza, a batalla da supervivencia nun mundo hostil.

————————————————————

Cambados 15 de xullo de 2008
UNHA GRANDE CHEA RETA A QUEN SEXA A QUE FAGAN LIMPEZA
OS ELECTRICISTAS VIRTUAIS DA ASOCIACIÓN LIMPARON DA CABLES A FACHADA DA IGRESA DE FEFIÑANS
ASÍ É COMO DEBERIA ESTAR
nuevo-1
Fachada da Igrexa de Fefiñans
 
Os electricistas virtuais de UNHA GRANDE CHEA e puxeronse más a obra, e despois de ver a lamentable imaxe da esqerda na que un poste de cemento con varios cables estropean a fachada, limparon toda ela quedando a imaxe como se pode ver a dereita, que é como realmente deberia estar , deden que retamos a que corresponda para que o fagan.
Cambados  15 de Xullo do 2008.
————————————————————
MONOLOGISTAS EN CAMBADOS
GRAZAS A CONSELLERIA DE INOVACIÓN E INDUSTRIA
ACTUARÁN NA PRAZA DE FEFIÑANS
Kiko Kadaval, Avelino González, Cándido Pazó, Marta Lado e Pepe Suevos
De esquerda a dereita Quico Cadaval, Avelino González, Martalado, Candaido Pazó e Pepe Suevos
 

PAZÓ, QUICO CADAVAL, PEPO SUEVOS, MARTA LADO E AVELINO GONZÁLEZ ACTUARÁN EN CAMBADOS O 17 DE XULLO

O programa do Xacobeo Vai de Camiño, depedente de Conselleria de Innovación, Industria e Turismo,  fará un alto o próximo 17 de xullo en Cambados. A música, a danza e os mellores monologuistas do momento pasarán pola praza de Fefiñáns nunha actuación que veñen substituír ás que tradicionalmente se dedicaban á música folk. «E un espectáculo variable, que nace aproveitando vos conteiros e monologuistas de Galicia. É un cartel espectacular non que se inclúe a música en directo de Creole Kings», explicou Faber, un dos responsables do espectáculo. Polo escenario pasarán, en primeiro lugar, os integrantes do Proxecto Zocas, unha decena de orixinais bailaríns. Trátase dunha actuación de baile vangardista con raíces en Galicia. «Vos bailaríns usan zocas», engadiu. A continuación, actuarán monologuistas da talla de Cándido Pazó, Quico Cadaval, Avelino González, Pepo Suevos e Marta Lado. E entre historia e historia poderase escoitar o directo de Creole Kings. Todo iso, a partir das nove da noite en Fefiñáns.

————————————————————

Cambados 15 de Xullo de 2008.
MIGUEL PALACIOS SEGUE A SÚA MARCHA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DA XADREZ
GAÑOU UNHA PARTIDA, FIXO TABLAS EN DUAS E PERDEU OUTRA
NON ESTÁ NADA MAL PARA O 89 DO RANKING
UNHAGRANDECHEA CAMBADOS MIGUEL PALACIOS
Miguel disputando o Campinato de España coma camiseta da selección galega.

A marcha de Miguel Palacios no Campeonato de España despois da cuarta partida é a seguinte:

Gañou a primeira o madrileño Adrián Montañés Nº 13 do ranking, toda unha sorpresa se temos en conta que Miguel é o 89 do ranking, loita fraticida xa que son moi amigos. A segunda perdeu Miguel co valanciano Marcos Llamazares  Nº 29 do ranking. A terceira fixo tablas con valenciano Julio Silva , número 42 do ranking e na cuarta fixo tablas coa andaluza Maria Carmen Nieto Nº 58 do ranking, leva en total Miguel 2 Puntos. De todolos xeitos se queres seguir o campionato podes facelo na paxina da federación española de xadrez www.feda.org   

————————————————————

Cambados,  14 de Xullo de 2008.
CABALEIROS E DONAS DESTE ANO, SEN SORPRESAS
A DESTACAR O PRESIDENTE DE CONDES DE ALBAREI
O NOMEAMENTO MÁIS POLITICO, O DE ROSA OUBIÑA.
 
DAMAS E CABALEIROS 2008
novos cabaleiros
1.-  A presentadora de Telemadrid Beatriz Pino.- 2.- O presidente da Fegamp Carlos Antonio Fernández.- 3.- O Director Xeral de co Consello Empresarial da Organización Mundial do Turismo José Antonio Ferreiro. 4.- Rosa Oubiña militante do PP de Cambados. 5.- Guillermo Rodriguez, Presidente das Adegas Conde de Albarey e 6.- Vicente Cebrán Sagarriga, Conde de Creixell e Presidente da Adega Pazo de Barrantes.
 
Agás as damas, que habería algún que outro comentario que facer, os nomeamentos do Albariño entran dentro do normal, xente vinculada dalgun xeito co turismo ou cas adegas. Preto das damas decir que a primera das citadas por aqui non é que sexa moi coñecida en canto a outra é un nomeamento totalmente politico e sen razón de ser. Pero é o que hai.
 
FOLLAS DE PRATA
follas de prata
1.- Dolores Garcia, Alcalde sa de Vilagarcia e 2.- Ruben Lois, Director Xeral de Turismo.
 
Neste apartado nada que decir, aqui os do Concello "soltaronse a melene" a ate se atreveron a nomear un cargo de PSOE e outro do BNG, este Ruben Lois, intimo amigo do noso bombeiro Dominguez, eso si para o nomeamento deste último sengun propias palabras de Pedro Rial, foi o único que "abreu as portas". Tamén recibirán a folla de prata:Xaquín Alvarez, Pablo Buján, Ignacio Landín, Anselmo Rodriguez e  Andrés Quintá. 
CENSURADOS "FOREVER"
non cabaleiros
1.- Xoan Antonio Pillado Ex Alcalde de Cambados e 2.- Luciano Amoedo o enologo de Martin Codax.
 
Sempre facemos esta reividincación, porque nos parece a cousa máis inxusta do mundo, Xoan Antonio por ser do BNG é o único alcalde de Cambados que non é Cabaleiro, doutra banda que dicir de Luciano Amoedo, pois que como enólogo esta mundialmente recoñecido e todos entendidos din que hoxe por hoxe é o home que más sabe de albariño. Pregamolle e Pedro Rial e a Touris que sean cando menos xustos.
————————————————————

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s