Cambados 22 de xullo de 2008.
UNHA ALTERNATIVA A FESTA MEDIEVAL DE PONTEARNELAS (VILANOVA DE AROUSA)
UNHA GRANDE CHEA PROPÓN O CASCO HISTÓRICO DE CAMBADOS
UNHA FESTA FEITA A BASE DE TALONARIO E ENCONTRA DO PENSAR DOS CAMBADESES
Na primeira foto podemos ver a presentación I Festa Medieval de Pontearnelas (Vilanova de Arousa) e na seguinte cambadeses disfrazados o ano 2006 de Era Medieval disfraz proposto por Unha Grande Chea, eses mesmo ano propoñiase o Concello a celebraciún dunha festa Medieval en Cambados.
A festa Medieval de Pontearnelas xa é a segunda idea que o Concello de Cambados lle apropia a Asociación Cultural e Deportiva Unha Grande Chea, outra é a celebración da Gala do Deporte que o parecer vaise celebrar en outubro.
A nosa Alternativa a festa Medieval de Pontearnelas é que se celebre en Cambados, que ten un dos cascos históricos máis bonitos de Galiza, e non que a leven para un sitio onde acaban de construír unha moderna ponte "colgante". No plano que aportamos marcamos en vermello onde se podía levar a cabo a festa e seria: Praza de Fefiñans, Rúa Real, Rúa Príncipe, Paseo da Calzada, Praza do Concello, Rúa Infantas, Praza de Alfredo Brañas, e Rúa Hospital, o marca é o noso criterio inmellorable.
Sector que propón Unha Grande Chea para a celebración da Festa Medieval.
Porque non somos partidarios da Festa Medieval en Pontearnelas, polas seguiontes razóns:
1º.- Lévana para un sitio onde non hai infraestrutura hostaleira, as asociacións des hostaleiros de Cambados e Zona Centro debían de dicir algo o respecto non imos salir nos precisamente na súa defensa.
2º.- É unha feira subsidiada pola Deputación que si o PP perde nun futuro esta festa tamén desaparecería case seguramente.
3º.- E unha feira mal colocada no tempo pois é un dos fins de semanas que máis festas hai en Galiza e mesmo tempo que lle fai competencia a Festa de Santa Margarita e a súa xa clásica sardiñada.
4º- E unha festa para facerlle competencia a exitosa Feira Franca de Pontevedra. Non queremos dicir con iso que vaia a ser un fracaso porque xa coñecemos o poder de convocatoria do PP, cando Louzán toca a lume todos acoden a apagalo.
En definitiva, fora de tempo e de lugar.
———————————————————–
Cambados 22 de xullo de 2008
UN CAMBADÉS CAMPIÓN DE EUROPA JUNIOR DE PIRAGUISMO
NA COMPAÑA DE RAMÓN GERMADE EN K-500
UNHA BOA RECOMPENSA O SEU TRABALLO
Fotos de David Martinez con algúns dos seus campañeiros.
O Cambadés Paulino Otero e Rodrigo Germade proclamáronse campións de Europa júnior na modalidade de K-2 sobre 500 metros ao imporse na final que se celebrou onte en Szeged (Hungría). A parella arousá, que xa conseguiran a medalla de prata nos 1.000 metros, avantaxaron por só 48 centésimas aos representantes alemáns.
Houbo máis alegrías na xornada para os padeeiros galegos. No C-2 500 David Maquieira e Jacobo Domínguez conseguiron unha meritoria medalla de prata. Ademais, o K-4 júnior masculino formado polo catalán fincado en Tui Joan Ardit e os galegos Carlos Garrote, Joaquín Montes e Álvaro Burcio proclamouse subcampión.
————————————————————
Cambados 22 de xullo de 2008
A BIBLIOTECA DE CAMBADOS PECHADA NO MES DE XULLO POLAS TARDES
CO NECESARIA QUE É PARA OS ESTUDANTES TANTO UNIVERSITARIOS COMO DE ENSINO MEDIO
UNHA DENUNCIA DE VICTOR CAAMAÑO, PORTAVOS MUNICIPAL DO BNG, FAI SALTAR A ALARMA
Victor Caamaño en distintas facetas da seu traballo diario.
Durante gran parte do mes de xullo, a biblioteca municipal estivo pechada polas tardes, parece ser que coincidindo coas vacacións da persoa encargada da súa apertura e que, ademais, non tiña noticia de que o horario da biblioteca se variara o verán pasado. Sendo coñecedor Victor, da demanda deste servizo municipal por todo tipo de cidadáns e, polo tanto, da necesidade de manter o horario de tarde da biblioteca, cree que en caso de ausencia sería oportuno substituír, por outra, á persoa titular para que a atención ao público non se vexa prexudicada. Solicita do Concello se lle dea a coñecer cal foi a causa de que este verán a biblioteca municipal estivese pechada as tardes do mes de xullo.
————————————————————
Cambados 22 de xullo de 2008
UNHA GRANDE CHEA TV PRESENTA:
UN NOVO VIDEO DE TREIXADURA E DE XTRUME
TREIXADURA NUN PROGRAMA DE TV E XTRUME NO FESTIVAL DE VILAGARCIA.
Dicir respecto de XTRUME que é unha magoa que o Concello de Cambados non se fixera eco da proposta de UNHA GRANDE CHEA de facer no Albariño unha Festival rock cos grupos de Cambados, o millor cun pouco de sorte igual o fan para o ano.
————————————————————
Cambados 22 de xullo de 2008
O CHALEQUEIRO CARLOS BLANCO PROFETA NA SÚA TERRA
DARÁ O PREGÓN DA FESTA DA AUGA EN VILAGARCIA.
NAMENTRES EN CAMBADOS O PREGÓN SEGUE A SER PARA UNS POUCOS.
Carlos Blanco en tres imaxes da presentación do libro de UNHA GRANDE CHEA no ano 2005
O Chalequeiro de Unha Grande Chea, o actor polifacético arousán Carlos Blanco, será o encargado de dar o pregón da Festa da Auga en Vilagarcía de Arousa. Carlos Blanco entre numerosas cousas foi o que presentou o libro de Unha Grande Chea no ano 2005, agora mesmo está a colaborar no programa da Cadena Ser "La ventana del verano" que se emite polas tardes. A ver cando o Concello de Cambados designa a un Francisco Leiro, Ramón Cacabelos ou Manolo Paz ou outro cambadés destacado para pregoeiro da nosa mellor festa e por certo o pregón é aberto para todos os Cambadeses e non só para os que van xantar o Pazo de Torrado, e unha reividicación que facemos todos os anos polo Albariño.
————————————————————
Cambados 21 de Xullo de 2008
PALAS-CAMBADOS XORNADAS DE IRMANDADE
HOUBO DOBLE CONFRONTACIÓN DE FUTBOL E BALONCESTO
O RESULTADO ERA O DE MENOS AINDA QUE GAÑARON OS CAMBADESES NAS DÚAS ESPECIALIDADES
No futbol gañouse a penalties, tamén se levou uniforme de paseo, e en baloncesto os cambadeses aplataron os palenses.
Se xa era difícil superar o ben que se pasou o ano pasado, este ano foi moitisimo millor, as xornadas más completas , ampliaronse a duas os enfrontamentos deportivos, levouse uniforme de paseo e carallada houbo a esgalla, na cea de confratirnadade sobrou polbo e Melide estaba no mesmo sitio esperando polos cambadeses, a pena é que coincidira cunhas festas tan importantes coma as Revenidas en Vilaxoan, pero bueno non se pode estar en todos sitios a vez, senón que llo pregunten a Quechi. Para o ano máis. Podedes ver fotos do evento aportadas por Perto Pisalleira e Chonsinho en “Máis Albuns” baixo a epígrafe “Fotos Palas 2008”.
————————————————————
Cambados 21 de Xullo de 2008
O PLAN PEME PRESENTASE EN CAMBADOS
DA MAN DA DELEGADA DE INDUSTRIA MONTSE PRADO
O OBXECTO DO PLAN E MELLORAR A COMPETIVIDADE DAS PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS.
Montse Prado está a dsenrrolar unha actividade frenétva en Cambados.
Mañá martes día 22 vaise presentar na nosa comarca o Plan PEME Galega; este é un Plan da Consellaría de Innovación e Industria que ten por obxecto mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas. Esta presentación, que está dirixida aos pequenos e medianos empresarios do Salnés, será feita pola Delegada de Innovación e Industria Montse Prado a partir das 12:30h. da mañán no Salón de Actos de Exposalnés en Cambados.
————————————————————
Cambados 18 de xullo de 2008.
AS CONSELLERIAS DO BNG DANLLE UNHA LECCIÓN A TOURIS E A PEDRO RIAL
60.000 EUROS APORTAN A FESTA MEDIO RURAL E INDUSTRIA
AHORA TAMÉN LLE TERÁN QUE DAR A FOLLA DE PRATA OS DE MEDIO RURAL.
Montaserrat Prado e Costenla foroon os encargados en anunciar as axudas.
Cada unha das consellerías achega a metade do orzamento para financiar actividades e a cata . Os delegados de Industria, Montserrat Prado, e de Medio Rural, Gonzalo Constenla, presentaron onte as subvencións que as súas respectivas consellerías concederán á Festa do Albariño de Cambados. En total, o Concello e o consello regulador recibirán algo máis de 60.000 euros para financiar uns festexos que se atopan entre os máis importantes de Galicia. A axuda repártese a partes iguais entre as dúas administracións autonómicas. Con todo, Industria destinará a súa ao Concello, mentres que Medio Rural centrarase en subvencionar as actividades que organiza o consello regulador, como a cata de viños ou a colocación das casetas. Segundo explicou Prado, a consellería dispón dunha orde que busca fomentar o turismo axudando aos concellos a organizar festas. E é aquí onde se inclúen as celebracións cambadesas. «Esta orde ten en conta lla festa é de interese turístico, se ou concello é turístico e ou número de participantes que asisten aos actos», explicou Prado. Requisitos todos eles que cumpre con fartura a Festa do Albariño. Por iso desde fai anos, Industria concede a Cambados a maior axuda posible, que ascende a un total de 30.000 euros. A maiores, esta mesma consellería tamén inclúe a Cambados no calendario de actuacións culturais que se organizan a través de programas como o Vía Stellae e Vai de Camiño. «Hai a quen lle interesa ocultar todas esa colaboración pero vos feitos son teimudos e así a demostran», asegurou Prado. A participación de Medio Rural, en cambio, céntrase sobre todo en sufragar os gastos que ocasiona a festa ao consello regulador. Dos 30.000 euros que achega esta consellería, o 80% destínase a actividades como o concurso de viños ou a colocación das casetas. Outro dez por cento, recíbeno as arcas municipais para a organización de distintas actividades e, o resto, destínase á organización das xornadas técnicas do Albariño. «Medio Rural apoia decididamente unha festa que xa é patrimonio de toda Galiza», concluíu Constelna.
Titulares: Unha Grande Chea. Texto: Maruxa Alfonso.
————————————————————
Cambados, 17 de Xullo de 2007
Michi Calamres en Rif Rock
Este sábado 19 de Xullo, por primeira vez en Europa sesión a cargo de MICHI CALAMBRES!!! unha noite tola de rock’n’roll para subversivos, bizarros e cavernícolas ¿estades todos preparados?
————————————————————