O cambadés formou parte do combinado galego xunto co vigués Samuel Villar e o ourensán Samuel Cruz, así como as representantes femininas, a viguesa María González e as ferrolás Aranzazu Sánchez e Laura Formoso, na disputa do Campionato de España por autonomías, celebrado o pasado mes de xuño na localidade asturiana de Avilés.
Disputáronse seis roldas e en cada partida os equipos utilizaban catro xogadores, sempre con paridade entre homes e mulleres.
A nivel de equipo, Galicia mantivo a súa posición no ranking inicial, que era décimo, ao terminar a competición nese mesmo posto (con 11´5 puntos), entre as 18 comunidades participantes. Galicia gañou tres encontros (ante Estremadura, A Rioxa e Melilla, empatou ante Baleares e perdeu con Cataluña e Castela León)
A súa vindeira cita o campionato de España individual.
A nivel individual, a participación de Miguel pódese cualificar de boa, pois disputou catro partidas, perdendo a primeira ante o catalán Pacheco e vencendo nas outras tres, contra Paula Marques (A Rioxa), Clara Rivas, de Castela León e a melillense Asun Alsina. Miguel, que partía no posto 61 do ranking individual, finalizou no 32.
Agora a cita está en Padrón, no Campionato de España individual, categoría infantil, que comeza o domingo 13 de xullo. O nivel de participación é cuantitativa (148 xogadores) e, sobre todo cualitativamente moi alto.
Os datos con claros. Preto de 20 xogadores con elo internacional por encima de 2000 puntos. De feito, o cambadés, con elo FIDE 1588, ocupará o posto 87 do ranking inicial, polo que as súas aspiracións céntranse en mellorar esa posición, e achegarse o máis posible ao posto 50.
Na súa última participación nun campionato de España, fai dous anos en Estremadura, Miguel acabou no posto 33, con 5´5 puntos, algo que se antolla moi difícil de igualar nesta edición. A cita, como queda dito, do domingo 13 ao venres 18 de xullo, nun torneo que consta de nove roldas.
————————————————————
Un representante de Unha Grande Chea, formara parte da directiva da "Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural O Salnés". Hoxe as dez de mañá en reunión celebrada en Exposasalnés da Mesa Sectorial das Asociacións Deportivas, Recreativas, de Veciños e Culturais tiñan que elixir un representante para a Xunta Directiva, presentáronse catro candidaturas entre elas a de Unha Grande Chea, quen en votación dos alí presentes resultou elixida. Esta directiva estará formada por 19 representantes das Asociacións de todo o Salnés. O representante da nosa Asociación na directiva será o noso Secretario Xaquin Charlín "Chon".É a primeira vez que ostentemos un cargo corporativo a nivel comarcal.
————————————————————
Hi,Do you need advertisement screens, LCD digital signage and LCD signages? Please go Here:www.amberdigital.com.hk(Amberdigital).we have explored and developed the international market with professionalism. We have built a widespread marketing network, and set up a capable management team dedicated to provide beyond-expectation services to our customers.
amberdigital Contact Us
E-mail:sstar@netvigator.com
website:www.amberdigital.com.hk
alibaba:amberdigital.en.alibaba.com[ggfdgi