A frase do día: A situación de cada quen, e súa.

OS ULLOA , TODA UNHA ESTIRPE MÚSICAL
unhagrandechea cambados ulloa unhagrandechea cambados ulloa (2)

Este anuncio saia no periódico independencia "El Umia" que se publicaba os días 5 e 21 de cada mes aló polo 1907, sendo un dos seus promotores Ramón Cabanillas. O peculiar para nos e que quen se anunciaba non era nin máis nin menos que o bisavó no noso vicepresidente Ramón Martinez "Ulloa". O seu bisavó non era cambadés de nacemento xa que era natural de Triacastela. O noso vicepresidente aínda garda algunhas reminiscencias musicais do seu bisavó.

————————————————————

UNHA GRANDE CHEA INVITADA

UNHAGRANDECHEA CAMBADOS PRENSA

UNHA GRANDE CHEA, foi invitada a acudir a gala "AROUSÁNS DO ANO" que o vindeiro sábado o Diario de Arousa vai celebrar no Auditorio de Vilagarcia, coas actuacións  que podedes ver na invitación, alí estará unha representación da Asociación.

A VOZ DE GALICIA FAISE ECO DA NOSA PROPOSTA

UNHAGRANDECHEA CAMBADOS PRENSA (1)

 

     A Voz de Galicia fixose eco en lugar preferente da nosa proposta de dedicar un día os grupos musicais cambadeses na Festa do Albariño, agradanos que se toma esta nova coa importancia que ten, ainda que parece que falta moito tempo para o Albariño, sabemos que este pasa voando e esperamos que a Concellalía de Cultura  tome a luba, e lle dea unha oportunidade os nosos rapaces.

————————————————————

LINO SILVA, EN VILAGARCIA 

unhagrandechea cambados lino silva

 

Un dos nosos artistas mais recoñecidos Lino Silva,  dende o 14 de Febreiro ata o 23 de marzo  expón na Sol Galería de Vilagarcía de Arousa. Pódese visitar esta exposición  todos los dias de 10.30 a 13.30 en horario de maña e de 16 a 20 horas. A galería en cuestión esta na Rúa Arcebispo Malvar 47 baixo.

———————————————————–

SERIE CAMBADESES ILUSTRES

"NARCISO PÉREZ" 

unhagrandechea cambados narciso perez (2)

Narciso Pérez  

Narciso Pérez “Un accidente de tráfico truncou a súa prometedora carreira”.

O escultor Narciso Pérez Rey naceu en Cambados en  1904, pertence, por tanto á xeración posterior a Asorey. Artisticamente formouse  na Escola de Artes e Oficios de Santiago e logo continuou  os seus estudos en Madrid, na academia de San Fernando, onde foi alumno libre, para esta formación contou cunha beca da Deputación de Pontevedra. Ademais, na súa estadía en Madrid, asistiu o obradoiro do escultor clasicista Lorenzo Coullat Varela. Posteriormente  fundou a súa propia escola onde non segue as tendencias que aprendera senón que se vai cara o arcaísmo do momento, facendo obras  moi en relación cos traballos de Camilo Díaz, Gargallo, Julio Antonio e Victorio Macho, os escultores máis importantes de España na época.

 

unhagrandechea cambados narciso perez

Inauguración da fonte da praza de Alfredo Brañas, obra de Narciso Pérez

 

O seu traballo  mestura o modo tradicional de traballar a pedra dos canteiros  con outros elementos artísticos. Pinta a madeira moi o estilo de Asorey. De entre as súas obras , conservadas en Madrid, Pontevedra, Santiago, Mondariz e Cambados destacan: Alma Galega, Pláticas. O canto da Serea, Salnés. Feirante, Alma de Artista, Deportista, San Francisco de Asís, Fonte da Praza de Alfredo Brañas, San Ero de Armenteira etc. Pero a máis importante é Guerreiro Celta do Museo de Pontevedra que presenta un plantexamento moi similar ao das obras de Gargallo.

unhagrandechea cambados narciso perez (1)

O guerreiro celta, a súa mellor obra.

. Morreu en Madrid en 1930 aos 26 anos nun accidente de coche volvendo dunha excursión. A revista Nós, o 25 de Xullo de 1930 (Nº 29) recolle a nova da morte de Narciso Pérez: “Outra doorosa perda para Galiza. Outro mozo espranzado e forte que se nos vai. Narciso Pérez, de Cambados, escultor deixa a súa lembranza en belas obras de pedra galega. Que descanse na paz de Deus. E qu´e a morte non siga tan crudel c´o pobo que tanto ama”.

(Fotos e texto recollido do libro “Cambados cen anos de historia recollidos a través da fotografía” do IES Francisco Asorey)

————————————————————

UNHA GRANDE CHEA TV PRESENTA: 

O VIDEO MÁIS VISTO EN YOU TUBE

"evolutión of dance"

     

 

Este vídeo é o máis visto de you tube con nada mais nin nada menos a día de hoxe (19/02/08) de máis de 75 millóns de visitas. Tratase dun showmman americano que describe mediante unha boa coreografia a historia dos bailes de Elvis ata os nosos días. Esta moi ben.

Bronquitis Cronica Freestyle Capitol 15/02/08

     

VIDEO CURIOSO

Aconsellamos que lle botedes unha ollada  a esta ligazón que vos presentamos, non vos ides a arrepentir:

http://www.youmaker.com/video/sv?id=62f43fbc7f3c4c1c88d22b60a1df2282001&f=fs

 

——————————————————–

ACTIVIDADES EN C.C. SALNÉS

  

unhagrandechea cambados salnés (1) unhagrandechea cambados salnés

Exposición FotogrÁFRICA en Cambados dende o 20 de febreiro ata o 7 de marzo no centro comarcal do salnés.
‘FotogrÁFRICA’, A SIDA EN ÁFRICA A TRAVÉS DA MIRADA E AS
FOTOGRAFÍAS DE PERSOAS AFECTADAS POLA EPIDEMIA
ORGANIZADA POR MÉDICOS DO MUNDO
A exposición está financiada pola Axencia Española de Cooperación Internacional ea Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia
Un proxecto, catro fotógrafos. Un continente, catro países. Con estas premisas traballou Médicos do Mundo para crear unha exposición colectiva que baixo o título de FotogrÁFRICA, vidas ó redor da sida’, achéganos ás vivenzas, os soños e as esperanzas e persoas africanas afectadas polo VIH/sida. Mulleres de Namibia, persoas seropositivas de Senegal, persoal sanitario de Mozambique e xóvenes de Angola aprenderon a utilizar medios audiovisuais para trasmitir súas vivenzas en torno ó VIH/sida. O traballo desenvolto por estas persoas e as instantáneas de Lorena Ros, Javier Teniente, Xulio Villarino e Rosina Ynzenga, seus mestres nos talleres de fotografía, vanse a exhibir en Santiago de Compostela do 30 de novembro ó 21 de decembro nos centros socioculturais de Conxo, Vite, A Trisca e Fontiñas. A rolda de prensa tendrá lugar no Centro Comarcal do Salnés (Paseo de la calzada s/n) ás 11:30 horas do mércores 20 de febreiro coa intervención da responsable do proxecto FotogrAfrica en Galicia, Lorena Fernández Bouzas.
Médicos do Mundo Galicia vai a por en marcha unha campaña de sensibilización que mostrará en diferentes puntos da rexión o día a día das persoas que conviven co virus en África. Mediante visitas guiadas, talleres participativos, video-forum e mesas redondas Médicos do Mundo tratará de mobilizar á sociedad galega para que coñezcan de xeito crítico a problemática do VIH/Sida en África subsahariana e se convirtan en axentes de cambio social para superala. A campaña de sensibilización comenza en Lalín coa inauguración da exposición no Auditorio Municipal de Lalín.
Dende esta nova perspectiva que comezou a súa andadura en Santiago, a ONG pretende compartir cos galegos e galegas esta viaxe “visual” que percorrerá as localidades das catro provincias galegas nunha campaña que se prolongará durante 2008. “Ningún profesional podería ter captado con tanta intensidade como o fan os propios afectados, o xeito no que esta enfermidade está devastando o continente africano”, explica Raúl Torres, coordinador de Médicos do Mundo – Galicia .
FotogrÁFRICA (www.fotografrica.blogspot.com) está financiada pola Axencia Española de Cooperación Internacional (AECI) e a Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia e patrocinada por Barin. Ademáis, conta coa colaboración de M80 Radio e dos concellos de Allariz, Lalín, Cambados, Betanzos, Monforte de lemos, O barco e Foz . FotogrÁFRICA tamén estuvo en Zaragoza, Gijón e, posteriormente, continuará seu percorrido en Bilbao.
FotogrÁfrica en Cambados (do 20 de febreiro ó 7 de marzo), no Centro Comarcal do Salnés.

————————————————————

PARTIDO TREPIDANTE

SANY1100

O domingo pasado viviuse no Pombal un partido destes que fan afección, o descanso o Cambados B, ía perdendo 1-3 fronte o Rubians, pero catro goles, coma catro soles marcaron os filiais no segundo tempo deixando o marcador  nun 5-3. Paga a pena ver os B. E a ver si estamos máis atentos a hora da foto.

————————————————————

“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS

Visita os nosos videos en

http://www.youtube.com/unhagrandechea

Visita as nosas fotos en:

http://www.fotolog.com/unhagrandechea1

Visita a nosa música en:

http://www.musicamp3.com/UNHAGRANDECHEA

Visita os nosos video clips en:

R.I.P : http://es.youtube.com/watch?v=hqCED9R4SLc

O sida: http://es.youtube.com/watch?v=mGwQAWs2HAE

Lo dudo: http://es.youtube.com/watch?v=NUTYC4neQSM

Farmacias: http://es.youtube.com/watch?v=ghRpbkiBnGY

Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita

http://www.cambadosenfotos.net

 

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s