Preme nas fotos para velas ampliadas (Fotos: Faro de Vigo).
O Bosque Ambulante, Os Airas, Bronquitis Crónica, The Racjets, PlayBack, X-Trume e Take non son marcas de cousas raras, veñen a ser os grupos que actualmente conforman o panorama musical cambadés. Este ano con máis tempo propoñémoslle a Concelleira de Cultura, a antes de que se peche o programa do vindeiro Albariño, que lle dean unha oportunidade perante o gran público a todos eles. Así encheríase un día de festa e de seguro que todos iamos gozar tanto eles como nos. O lugar o día e hora que o poñan o Concello, nos proporiamos o sábado no parque pero ben hai outras opcións, a praza de Alfredo Brañas, ou outra calquera. Pero dádelle unha oportunidade, ben o merecen.
Centro Comarcal do Salnés comeza o novo ciclo de documentais de Cinemas Dixitais, este sábado ás 18:00 h. proxectarase "2050. HOW SOON IS NOW?". A entrada é de balde, ata completar aforo.
Sinopse
2050. How soon is now? aborda un dos maiores problemas que enfronta á humanidade: o cambio climático. Neste documental danse cita as máximas autoridades mundiais recoñecidas por Nacións Unidas en materia de cambio climático. A meirande parte delas foron entrevistadas no cumio mundial sobre cambio climático que Nacións Unidas celebrou en Montreal, sendo este o relevo do anterior cumio de Kioto.
2050. HOW SOON IS NOW? (2006)
Descrición
2050. How soon is now? aborda un dos maiores problemas que enfronta á humanidade: o cambio climático. Neste documental danse cita as máximas autoridades mundiais recoñecidas por Nacións Unidas en materia de cambio climático. A meirande parte delas foron entrevistadas no cumio mundial sobre Cambio Climático que Nacións Unidas celebrou en Montreal, sendo este o relevo do anterior cumio de Kioto.
A actualidade e o interese global por este tema queda patente con outras producións semellantes que están a ter repercusión no panorama internacional, como An incovenient truth dirixido por Davis Guggenheim e no que participa Al Gore, ou o producido por BBC e emitido en Documentos TV, O escurecemento global. Consideramos de gran valor este proxecto documental por varios aspectos; pola súa vocación internacional: case todo el gravado en inglés con entrevistados de interese mundial, polo rigor científico do seu contido: documentación e teses corrixidas e formuladas polos científicos contactados, pola actualidade do tema, pola calidade e contundencia dos entrevistados: todos eles levantaron a voz de alarma ante este feito.
Argumento
As fontes de enerxía que empregamos (petróleo e carbón principalmente) provocan a emisión de CO2 e outros gases que atrapan ós raios de sol causando o chamado “efecto invernadoiro”, é dicir, unha capa que provoca o quentamento global da Terra. As consecuencias deste cambio climático xa foron descritas: inundacións, secas, subida do nivel do mar, incendios, pragas, epidemias… As voces alzáronse xa fai tempo, pero sen atopar a repercusión mediática necesaria: a civilización está en perigo inminente. David King, principal científico do Goberno británico, advirte de que o quentamento do planeta é unha ameaza máis grave que o terrorismo: as consecuencias serían unha subida do mar de sete metros, o suficiente para volver inhabitables tódalas cidades costeiras do mundo: Londres, Venecia, Calcuta, Nova York e Tokio, en tanto que para o ano 2020, Gran Bretaña terá un clima siberiano. En palabras de James Lovelock, destacado científico británico autor da hipótese “Gaia” que suxire que a Terra funciona como un organismo individual que mantén as condicións necesarias para a súa supervivencia, “os intentos da Terra por restaura-lo seu equilibrio pode elimina-la civilización e á meirande parte da humanidade”.
A estrutura narrativa do documental pasa polos puntos a continuación enumerados.
1.-Un planeta en apertos Descrición da situación actual do planeta a causa do cambio climático. Exposición de diversos acontecementos relacionados directamente co cambio climático. Preténdese mostrar o alcance HOXE dos danos causados polo cambio climático: riadas, olas de calor, inundacións, incendios, furacáns…
2.-Causas da destrución (emisión de CO2…) Breve explicación de que é o cambio climático e as causas deste: Gran parte da enerxía que se consume actualmente provén do petróleo. A combustión do petróleo emite un gas invernadoiro, o CO2, que está causando o chamado efecto invernadoiro, provocando un quentamento global do planeta.
3.-Perspectivas futuras. Que ocorrerá…? Descrición da situación futura do planeta. Sempre baixo a perspectiva social do tema. Preténdese mostrar o alcance MAÑÁ dos danos causados polo cambio climático seguindo modelos estatísticos dos científicos consultados. Expóñense as previsións dun polémico informe do Pentágono no que se advirte ao presidente de Estados Unidos de que un cambio climático abrupto podería levar ao planeta ao borde da anarquía e da guerra nuclear ante a dificultade para proverse dos suministros básicos como auga e comida.
4.-Alternativas Que debemos/podemos facer para evitar que isto continúe a peor? A única solución posible é abandonar o petróleo canto antes mellor. Que enerxía usaremos en substitución do petróleo? Na actualidade parecen barallarse dúas opcións principais: a enerxía nuclear ou as chamadas enerxías alternativas.
A estrutura narrativa perfilada condúcese a través do discurso dos entrevistados sen unha voz en off que os enfíe. 2050 é máis un current affair que un documental científico divulgativo. O enfoque é sempre social, é dicir, 2050 aborda o cambio climático provocado pola man do home non dende a perspectiva científica de qué o ocasiona, senón dende a perspectiva das consecuencias que iso carrexará para o ser humano. As explicacións científicas serán as mínimas indispensables para comprender o proceso que nos está a conducir ao desastre, e para comprender a posta en marcha das posibles accións e solucións. A mensaxe que quere transcender de 2050 é que, se hai unha posibilidade de loitar contra o cambio climático entre todos, debémola de aproveitar.
Localización
Canadá, Reino Unido, España,…
————————————————————
INFORMACIÓN ELECTORAL
ACTOS DE PRECAMPAÑA DO BNG
ACTO PÚBLICO EN VILANOVA O DOMINGO 17 ÁS SEIS DA TARDE CON PRESENZA DE OLAIA FERNÁNDEZ DAVILA
O domingo día 17 ás 18h. da tarde na casa da Cultura do Esteiro en Vilanova, con intervencións de Carmela Alfonso (portavoz municipal), Bieito Lobeira (deputado no Parlamento Galego), Montserrat Prado (Delegada da Consellaría de Innovación e Industria) e Olaia Fernández Davila (cabeza de lista ao Congreso por Pontevedra).
ACTO PÚBLICO EN RIBADUMIA O DOMINGO 17
O domingo día 17 ás 12h. no Centro Social de Barrantes falarán Ramón Mouriño (portavoz municipal) e Duarte Correa (responsábel portavoz comarcal do BNG).
ENCONTRO DE OLAIA FERNÁNDEZ DAVILA CO SECTOR DO MAR EN OGROBE O LUNS 18
O luns día 18 ás 17h. no Hotel Villajuanita Olaia Fernández Davila manterá un encontro con representantes do sector do mar de Ogrobe co obxecto de coñecer de primeira man as reivindicacións do sector e explicar as propostas do BNG. Acompañarán a Olaia Fernández Davila neste encontro o portavoz municipal e tenente alcalde Carlos Álvarez, a candidata Rosa Abuín e o deputado no parlamento galego Bieito Lobeira.