A frase do dia: Lavando o corpo non se lava a ánima.

UNHA GRANDE CHEA SÚMASE A HOMENAXE A JUAN GALIÑANES
unhagrandechea cambados juan galiñanes (3) unhagrandechea cambados juan galiñanes unhagrandechea cambados juan galiñanes (1)

 

Sumámonos a esta mais que merecida homenaxe o noso paisano e cineasta Juan Galiñanes, e por suposto que estaremos no Auditorio o vindeiro quince de marzo e por descontado que  dende esta páxina animamos a toda xuventude cambadesa a asistir o acto. O Secretario da nosa Asociación Chon , grazas a mediación de Angel Cambados, tivo a honra de falar con el telefonicamente co gallo da súa "nominación" os Goya pola seu curto "O bufón e a Infanta", que desgraciadamente non conseguiu o ansiado galardón, para darlle os parabéns de parte de Unha Grande Chea. É unha gozada ver a nosa Xuventude  que destaque tanto a nivel nacional como estatal, dende aquí a noso parabén a concelleira de cultura Anabel Carro pola organización de tan merecida homenaxe. Dende esta paxina tamén queremos darlle a nosa pequena homenaxe e expoñemos os dous filmes de Juan: "O bufón e a infante", e "Incomunicados". Recomendamos tamén o artigo de Maruxa Alfonso da Voz para mayor ilustración na seguinte ligazón: http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2008/02/22/0003_6589417.htm?idioma=galego

Tamén vos presentamos o dirección do seu blog personal para un coñecemento máis a fondo de Juan: http://juangalinhanes.wordpress.com/ .

              

"O bufón e a Infanta"                                                                           "Incomunicados" 

NOVA PATROCINADA POR:

Apariz fotografia

PRÓXIMA APERTURA EN RÚA HOSPITAL

 

————————————————————
"SUSPENSE" NA OBRA DE ALFREDO BRAÑAS
martes entroido08 035 martes entroido08 039

Esta páxina tivo coñecemento de que na obra que se está a facer na Praza de Alfredo Brañas, antiga casa de Silva, apareceron unhas pedras un tan estraña no senso de antigas, incluso alguen rumoreo de que se podian tratar de pilas funerarias. Técnicos de Patrimonio desprazáronse a vila do Albariño para o seu estudio. Tratase o parecer dun trámite normal o realizar escavacións nos centros históricos.

————————————————————

O TENIS DE MESA CAMBADÉS O MÁIS ALTO NIVEL NACIONAL GALEGO. 

dobles oviedo edu 2 Raquel, jugadora del insurcapi

 

O Cambados TM estará amplamente representado no campionato galego de tenis de mesa, que se celebrará este fin de semana en Pontevedra. Os deportistas masculinos que acudirán á competición serán Eduardo Barreiro, Fernando Padín, Tomás Carvajal, Rubén Lois, Pablo Regueiro, Martín Regueiro e Iván Lois.

Pola súa banda, as mozas do club arousán que acudirán ao torneo autonómico serán Gema Cores, Marta Barreiro, Raquel Martínez e Cristina Barreiro.

As competicións suspéndense este fin de semana debido á disputa desta vixésimo primeira edición do campionato autonómico de tenis de mesa. (Texto: A Voz de Galiza).

 ———————————————————–

A COMPAÑÍA DOS "LOINOS" DE SANTA MARIÑA.

unhagrandechea cambados loinos

 

E dito sexa o de "loinos" no termo máis cariñoso, nesta "compañía familiar" podemos ver a Luis, Elena, Manolo o de Tita, Manolo Fersuman, Begoña, Elias etc, cos seus respectivos fillos. Son tamén uns grandes animadores do Entroido cambadés, esta ano foron disfrazados de "majorets". Seguide así sobre todo inculcándolle a tradición do Entroido os vosos fillos. Parabéns.

NOVA PATROCINADA POR:

fersuman1

POLÍGONO DE MEAÑO.

————————————————————

CINE EN C.C.SALNÉS

O Centro Comarcal do Salnés, en Cambados, proxecta dentro do ciclo de documentais de Cinemas Dixitais, este sábado ás 18:00 h. o documental "HISTORIA DUNHA PARROQIA". A entrada é de balde, ata completar aforo.
Sinopse
Xestoso é un deses lugares que non aparecen nos mapas. Por non aparecer, nin sequera existe ningún indicador en ningunha estrada que che sinale a semellante sitio. Tanto é así que algún dos veciños do lugar, despois de verse obrigado a “emigrar” a Ferrol, chegou a afirmar que Xestoso era “O lugar ao que Cristo foi e tivo que dar a volta”. Este entorno hostil foi co que se atopou hai 24 anos Luis Angel Patiño, sacerdote destinado á parroquia. A súa relación cos veciños comezará sendo moi complicada, xa que para os habitantes de Xestoso só existe unha razón para que un párroco acabe nese lugar: “que o castigue o bispo”. Ante este panorama, Don Luis comezará unha longa carreira para gañarse o respecto dos seus veciños e que estes mesmo asuman a responsabilidade de mellorar o entorno no que viven
Descrición
Cada vez que pensamos no rural galego, na nosa xente maior ou na igrexa probablemente nos veñan á cabeza unha grande cantidade de ideas preconcibidas. Todos eses tópicos que existen e que seguramente estexan plenamente fundados máis non teñen necesariamente que cumprirse. Así, se pensamos no rural o máis seguro e que pensemos en lugares onde o que prima é o repouso, con pouca actividade e sen a oferta de lecer que podemos atopar no entorno urbano. O que nós pretendemos é ensinar unha parte do rural onde teñen lugar algunhas iniciativas únicas en Galicia e outras que probablemente sexan únicas no mundo.Se pensamos nos nosos vellos, pensaremos, seguramente en xente tranquila que pasa gran parte do seu tempo rememorando épocas mellores e revivindo todas esas historias que lles aconteceron nas súas vidas e que nunca máis poderán volver vivir. Por isto o que nós ensinaremos, é a uns anciáns que non só viven a súa vellez viaxando por media Europa, senón que ademais, atopan tempo para presentar as súas reclamacións ante as institucións e a prensa co fin de mellorar o entorno no que viven.En canto á igrexa, resulta moi difícil poder chegar a separar todo o que é tópico e o que é realidade. Pensar na igrexa, ou por extensión na relixión inspíranos moitas veces a idea de xerarquía, de dureza, de conservadorismo, de resistencia ó progreso, etc.Esta é a razón polo que o noso protagonista é un sacerdote. Sen embargo non é un cura que poida entrar neste tipo de tópicos. Don Luis é deses párrocos que fan das propiedades da igrexa non só unha casa de todos senón un punto de encontro ou, máis ben un centro neurálxico para a vida dos seus veciños. Para el os seus fegreses están por riba dos seus superiores e o ben, e a felicidade da súa congregación é moito máis importante que calquera xerarquía.Todos estes elementos conflúen en Xestoso, o lugar onde se desenvolve a nosa historia. Unha historia que ademais de desmontar tópicos a base de anécdotas curiosas e moitas delas irrepetibles, agocha unha máxima de enorme dimensión humana: a convivencia, a unión e a felicidade dos pobos está moi por riba de calquer tópico e de calquer xerarquía.

unhagrandechea cambados salnés (1) unhagrandechea cambados salnés (2)

Argumento
Xestoso é un deses lugares que non aparecen nos mapas. Por non aparecer, nin sequera existe ningún indicador en ningunha estrada que che sinale a semellante sitio.Tanto é así que algún dos veciños do lugar, despois de verse obrigado a “emigrar” a Ferrol, chegou a afirmar que Xestoso era “O lugar ó que Cristo foi e tivo que dar a volta”.Xestoso atópase no medio do Concello de Monfero, un dos máis grandes de Galicia, sen embargo non é nin moito menos un dos máis poboados. A dispersión poboacional  e a enorme distancia que existe entre os veciños é unha das principais características dun lugar onde pese a ser poucos habitantes, algúns deles nin sequera chegan a coñecerse.

unhagrandechea cambados salnés (4) unhagrandechea cambados salnés

Este entorno hostil foi co que se atopou hai 24 anos Luis Angel Patiño, sacerdote destinado á parroquia. A súa relación cos veciños comezará sendo moi complicada, xa que para os habitantes de Xestoso só existe unha razón para que un párroco acabe nese lugar: “que o castigue o bispo”. Ante este panorama, Don Luis comezará unha longa carreira para gañarse o respecto dos seus veciños e que estes mesmo asuman a responsabilidade de mellorar o entorno no que viven.Sen embargo, Don Luis, non é un cura tradicional e pronto comezará a ser coñecido na zona por protagonizar anécdotas un tanto extravagantes. Primeiro saltará ós titulares de prensa de todo o mundo tras declarar nun control de alcoholemia que se daba positivo era por culpa dos “chupitos” de viño que debía tomar nas misas. Despois, pretenderá organizar unha caravana de solteiros a Cuba recolleitando tapóns de Fanta, pedirá a excomuñón de dous conselleiros, organizará unha tractorada de Semana Santa e mesmo a primeira misa de Entroido.Así e pese a ser considerado un tolo, Don Luis irase gañando o respecto dos veciños de Xestoso, especialmente dos máis vellos que coa a súa axuda rematarán fundando o primeiro Consello de anciáns de Galicia. O Consello será o encargado non só de fomentar o acercamento entre tódolos veciños da zona con distintas actividades, senón que ademais reclamará por medio de distintos comunicados a xornais e institucións as melloras que Xestoso necesita.Algunhas desas reclamacións darán os seus froitos, outras non, sen embargo o máis importante para o Consello de anciáns de Xestoso xa está conseguido e é que hoxe, pese a seguir sen saír nos mapas, nin contar con ningún indicador que os sinale, son un pobo unido
   Localización
Xestoso, Cambás, Concello de Monfero (proximidades de Ferrol).

Centro Comarcal do Salnés
Paseo da Calzada s/n
36630 Cambados (Pontevedra)
Tl.: 986 52 60 13 – Fax: 986 52 40 12
Correo electrónico: ccsalnes@comarcasdegalicia.com

————————————————————

INFORMACIÓN ELECTORAL 

unhagrandechea cambados bng

 

ACTOS CENTRAIS DA CAMPAÑA DO BNG

 

MITIN EN OGROBE O SÁBADO 23 CON PRESENZA DE OLAIA FERNÁNDEZ DAVILA

No Cine O Marino ás 20:30h., falarán Carlos álvarez Besada (portavoz municipal e tenente alcalde), Rosa Abuín (candidata ao congreso), Iria Aboi (candidata ao senado e secretaria xeral de Galiza Nova) e Olaia Fernández Davila (cabeza de lista ao congreso). 

REPARTO DE PROPAGANDA ELECTORAL O SÁBADO 23 NO MERCADO DE VILAGARCÍA DE AROUSA 

Ás 10´00 h. no mercado (ao lado da Cafetería Musgo) a candidata ao Congreso pola Comarca, Rosa Abuín, estará acompañada do Grupo Municipal de Vilagarcía e do Consello Local.

MITIN COMARCAL EN VILAGARCÍA O  LUNS 25  CON PRESENZA DE OLAIA FERNÁNDEZ DAVILA E ANXO QUINTANA 

Na Praza da Peixería ás 20:30h., falarán Xose Castro Ratón (tenente alcalde), Rosa Abuín (candidata ao congreso), Olaia Fernández Davila (cabeza de lista ao congreso) e Anxo Quintana (portavoz nacional do BNG).

OUTROS ACTOS

 – Mitin na Casa da Cultura de Tremoedo (Vilanova) o venres 22 ás 20:30h.

 – Mitin no Bar Mascott de Fefiñáns (Cambados) o sábado 23 ás 17h.

 – Mitin na Casa da Cultura de Lois (Ribadumia) o domingo 24 ás 12h.

 – Mitin no Colexio de Castrelo (Cambados) o domingo 24 ás 12:30h.

 – Mitin no Paseo de Castroagudín (Vilagarcía) o domingo 24 ás 13h.

 – Mitin na Casa Forestal de Noalla (Sanxenxo) o domingo 24 ás 13h.   

 

REITERAMOS NOVAMENTE QUE OS DEMÁIS PARTIDOS POLITICOS TAMÉN TEÑEN ABERTO ESTE ESPAZO PARA ANUNCIAR OS SEUS ACTOS ELECTORAIS.

———————————————————–

“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS

Visita os nosos videos en

http://www.youtube.com/unhagrandechea

Visita as nosas fotos en:

http://www.fotolog.com/unhagrandechea1

Visita a nosa música en:

http://www.musicamp3.com/UNHAGRANDECHEA

Visita os nosos video clips en:

R.I.P : http://es.youtube.com/watch?v=hqCED9R4SLc

O sida: http://es.youtube.com/watch?v=mGwQAWs2HAE

Lo dudo: http://es.youtube.com/watch?v=NUTYC4neQSM

Farmacias: http://es.youtube.com/watch?v=ghRpbkiBnGY

Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita

http://www.cambadosenfotos.net

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s