Se o outro dia falabamos da foto defumada das mozas para o calendario de Esperanza Salnés , publicada en http://www.cambadosenfotos.net , hoxe temos que facernos eco da foto defumada da nosa Asociación, estamos ansiosos por ver a fotografía que segundo nos conta o artista Eduardo Apariz autor do traballo é unha das mellores. É un pracer participar nun evento deste calibre e desde aquí animamos a todos os cambadeses a participarr dun xeito ou outro no mesmo sobre todos aos comerciantes e empresarios.
————————————————–
NON NOS ESQUENCEMOS DA FUNDACIÓN RAMÓN CABANILLAS
Xa van alá máis de cen días de goberno popular e polo momento non se escoitou nada ao actual equipo gobernante sobre a Fundación Ramón Cabanillas, nin tampouco se pronunciou respecto diso a concelleira de Cultura Ana Isabel Carro. Recordamos ao público en xeral que no ano 2009 é o cincuenta cabodano do falecemento do ilustre escritor cambadés, e non era unha data mala para inaugurar a tan ansiada fundación. Non queremos apurar ao equipo de goberno neste sentido, porque se cadra eles teñen outras prioridades, pero non está mal recordalo de vez en cando. Sen présas pero sen pausa.
Xentileza de Angel Cambados Tirado.
———————————–
PANDEMONIUM NA GALEGA
O vindeiro luns día 8 de outubro, o Restaurante Pandemonium de Cambados vai ser protagonista na Televisión de Galicia, en directo e dentro do programa "A Revista" ás 12.45 h. Tonino desvelará algúns segredos da cociña do Pandemonium. ¡Atención competencia, é hora de tomar nota.!.
———————————–
ENTREVISTA A FERNANDO ARENAZ
O artista cambadés Fernando Arenaz inaugurou onte na sala de exposicións Antón Rivas Briones de Vilagarcía "A través", unha mostra dividida en dúas partes: na planta baixa, a súa obra máis recente, pensada para ese espacio concreto. Arriba, un paseo polas pezas que o autor considera máis significativas da evolución do seu traballo.
– Debería o visitante ver a mostra cunha orde concreta ou pode vagar ó chou?
– No catálogo a obra está ordeada de forma cronolóxica, na sala non. Quizáis tería máis sentido que o repaso cronolóxico estivera na planta baixa pero alí tiña que facer a miña aposta. E iso tivo que se conxugar co feito de que me apetecía revisar a miña obra.
– Por que esa necesidade de mirar cara atrás agora?
– Creo que despóis de vinte anos pintando era hora de revisar o material. Por outra parte é a primeira vez que edito un catálogo tan completo. Tiña catalogadas pezas de varias mostras colectivas pero este novo libro é unha oportunidade interesante porque permite unha visión global do meu traballo.
– Foi duro facer a selección das obras da mostra?
– Para esta exposición pintei 23 e só están postas 9. Cheguei a facer unha obra de 3 metros para o lucernario pero finalmente apostei por outra, a última que fixen. Levo preparando esta exposición dende finais de 2006.
– É curioso que moitos artistas en lugar de adecuar o espacio á súa obra, realizan obras novas para a sala ¿é tan especial a Rivas Briones?
– É un espacio moi apetecible. Ten algunhas pegas pero permite unhas condicións de exposición bastante máis dignas que calquera outro lado. A sala propón un reto e merece o esforzo. Sobre todo a planta baixa. Un cadro alí é moito máis potente.
– E agora que pode ver neste espazo a evolución da súa obra ¿diría que mudou moito?
– Sempre levas unha línea, soes contar as mismas cousas. O catálogo empeza con Frankestein, que foi un cuadro que iniciei en 1996 e rematei o ano pasado. Quedara apalancado no taller e apeteceume terminalo porque creo que resumía moi ben o feito da pintura anterior e do futuro. Pareceume oportuno retomalo por ser un paradigma da miña obra. Contén elementos como a fragmentación ou os distintos estilos, que son unha constante.
– Sempre foi vostede moi inquedo: usou moitas técnicas, gustou do collage…
– A mestizaxe é fundamental, un pouco tamén polos tempos que nos toca vivir. A obra máis recente parece máis crúa, como que se está empezando a facer. Antes do 95 eran anos de moitas referencias á cultura popular, que se introduce con textos ou imaxes impresas sobre lienzo. A invocación do caos é moi común no meu traballo.
– Se fose crítico de arte, como definiría a evolución do traballo de Fernando Arenaz despóis de ver esta mostra?
– Eu diría que máis que unha evolución é unha deriva. Partes de presupostos e vas incorporando elementos. É a propia obra a que che mostra o camiño a seguir. O que teño claro é que non é unha pintura deseñada senón que vai nacendo. Aínda que hai moitos elementos da identidade emocional, é básicamente pintura que fala de pintura. O acto creativo é o motor.
– É entón o propio feito de pintar a finalidade da súa obra sen ter que reflexar nada mais?
– Non. Está claro que no feito creativo incorporase a propia vivencia así como elementos sociais e políticos. A veces en primeiro plano. Teño obras máis formales, de investigación pictórica e outras nas que se incorporan elementos concretos. Frankestein, por exemplo, é unha metáfora do meu traballo: imprevisible, intuitivo, monstruoso porque crece sen sentido, moderno-Frankestein é o primeiro monstruo moderno-, fragmentada… É últimamente a miña obra ten unha tendencia máis claramente poética.
É unha entrevista de Montse Fajardo extraida do Faro de Vigo.
————————————–
ACTIVIDADE EN ZAO
O Vindeiro doce de outubro na Discoteca Zao de Cambados, actuación do Dj Dani Moreno "El Gallo", así que xabedes se non tedes a onde ir o dia do Pilar, aparcade por Zao.
———————————–
COMUNICADO OFICIAL DA ASOACIÓN CULTURAL E DEPORTIVA UNHA GRANDE CHEA
En sesión levada a cabo o xoves día catro de outubro a Xunta Directiva de UNHA GRANDE CHEA, entre outros tomou os seguintes acordos:
Non publicar na páxina novas de carácter político con “animus criticandi”, para tratar no posible, e dado que se trata dunha Asociación Cultural e Deportiva , moverse dentro da neutralidade. Por suposto que non se refuga a ocasión de facelo en clave de humor, pero nunca desde o punto de vista pexorativo.
O devandito acordo tomouse por unanimidade de todo os asistentes a dita xunta. Así mesmo remítense a xente ávida en novas deste estilo a páxinas de carácter político e xeral tal como:
www.cambados.tk , www.apolokambio.do.nu , http://camba2.blogspot.com/ , www.osorro.ar.gd , ou outras polo estilo.
———————————–
LOTERIA DE NADAL
Xa están a venta as participacións de Loteria de Nadal correspondente o noso número 24.285, en participacións de 10 € . Lembramosvos que collemos un tercio do ano pasado,ou sexa que hai moi pouco papel , polo que se nón queredes quedar sin ela pedirlla a calqueira directivo xa¡.
———————————–
UNHA GRANDE CHEA TV. PRESENTA:
VIDEO DE MANOLO PAZ TITULADO: MONTAXE DA PONTE DA SECA:
Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.
Aconsellamosvos o mesmo tempo un visita o se blog, o que podedes acceder premendo no seguinte enderezo: http://manolopazmouta.spaces.live.com/ .
VIDEO DE TINO FICO TITULADO "EL HOMBRE MOSCA"
Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.
———————————–
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS | |
Visita os nosos videos en | |
Visita as nosas fotos en: | |
Visita a nosa música en: | |
Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita | |
DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA | |
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . |