SEMANA DE CINE…

SEMANA DE CINE…
VENRES 12: "A LERIA DE CINE"

Todo equipo o completo. (Foto: fotolog de Chorizo films).

     A produtora cambadesa CHOURIZO FILMS estreará no Pub a Leria de Cambados o vindeiro venres doce ás 23.30 horas o seu último curto titulado “UN HOME DE ÉXITO” , con Poacher como cabeza de cartel . Unha historia curta á vez que sinxela que Chourizo Films recoméndanos, anunciándonos unha mellora en calidade de imaxe xa que foi gravada cunha cámara dixital. Tamén se nos anuncia pola produtora que haberá algunha que outra sorpresa. Esperamos non faltar á cita, que seguro que será outro éxito máis da citada produtora.

O director o principal protonista do film , por este orde Rodri e Poacher. (Foto: Unha Grande Chea).

NOVA PATROCINADA POR:

 

————————————————–

  UNHA DE PETOUTOS…

 Desde fai varios meses no que se coñece por Triana , puxeron unhas bandas sonoras, un pouco esaxeradas, pero ben,  están a facer o seu labor posto que os Trianeros , dito sexa con todo agarimo, e os demais peóns que utilizamos esa rúa , vemos que os coches mídense e a velocidade é mínima polo que o perigo desapareceu.  

Rúa Triana (Foto: Unha Grande Chea)

     Pero velaquí que existe outra rúa en Cambados, que é rúa Infantas onde o perigo está latente sobre todo os fins de semana. Como todos sabemos alí está a discoteca Zao e algúns imprudentes tratando de presumir de buga diante da súa moza e amigos e algún que outro desaprensivo pasan polo lugar a toda velocidade a calquera hora do día ou a noite, ignorando que na Praza das Terrazas hai numerosos nenos que de cando en vez cruzan a rúa. E os fins de semana , os sábados sobre todo esta rúa está chea de mozos pero os imprudentes non se cortan un pelo e seguen pasando a toda velocidade, isto se evitaría pondo unhas bandas igual que as que hai en Triana. Estamos a tempo de evitar o accidente grave que aínda non ocorreu. Sabemos que o Sr. Duarte, Xefe da Policía Local é un asiduo desta páxina aquí lanzámoslle a luva, da súa man esta recollela ou non.

 

Rúa Infantas (Foto: Unha Grande Chea).

Unha suxerencia de José Manuel Dominguez Sánchez "Domin"

———————————–

SOLIDARIDADE CON OLGA COSTA

Olga Costa (Foto: Diario de Arousa).

     Desde está páxina queremos expresar a nosa repulsa e condenar o atentado de que foi obxecto Olga Costa , directora do floco municipal. A Olga queimáronlle o seu vehículo que estaba á beira da súa casa correndo perigo ata esta. Uns desalmados foron os autores de tan horripilante suceso. Desde esta páxina a nosa admiración a quen tanto ama  e traballa polos cans e a nosa condena do vil atentado.

————————————————–

O FENOMENO DO FOTOLOG

Varios fotologs (Foto: Unha Grande Chea).

     Dun tempo para acó, xurdiu na rede o fenómeno fotolog, un fenómeno que incidiu de xeito notorio nas demais páxinas cambadesas, non hai máis que dar un paseo polo outra hora animado foro de Cambados TK para que ver está practicamente paralizado, tamén diminuíu de xeito significante a páxina do Sr. X e en menor medida a nosa. O fotolog converteuse nunha nova fonte de comunicación entre os mozos e os non tan novos, pódese atopar de todo, felicitacións, novas do corazón, estados de ánimo, pensamentos filosóficos , anécdotas, citas, e sobre todo fotos moitas fotos de todas as clases e estilos. Ten a vantaxe que practicamente sabes quen che fala e a quen lle falas, sabes que non podes insultar, ameazar porque se es denunciado péchancho e entón todo o mundo anda con coidado

     Hai algún que é un verdadeiro escritor e de seguro que se gañaría a vida facéndoo, hai quen nos fai pensar coas súas reflexións, hai quen nos conta a súa vida de xeito anónimo, quizais , e se cadra afortunadamente, do que menos se fala é de política , son contados os fotologs que o fan. Por suposto como xa sabedes Unha Grande Chea non ía quedar á marxe desta nova fonte de comunicación e tamén temos o noso con numerosos amigos. Aconsellámosvos que de cando en vez naveguedes por algúns fotologs e pasárdelo ben, pero tamén vos pedimos que non deixedes de acudir a outros páxinas e foros.

————————————————–

BOTELLÓN SI, PERO…

Barandilla rota . (Foto: Anónimo)

     Volta estar de moda novamente o tan traído e levado botellón. Nós sempre nos distinguimos por defender aos mozos e apoialos sempre, e aínda que estamos a favor do botellón sempre a partir dunha idade e con certos límites co que non estamos conforme e é máis estamos en contra é en causar danos ao mobiliario urbano e menos aínda en tirar lixo ao mar.

REstos de botellón (Foto: Anónimo).

IMAXE CURIOSA

 

FArola torcida (Foto: Anónimo).

     O mesmo amigo que non enviou as fotos anteriores dos restos do botellón. tamén nos remite esta curiosa imaxe dun farol na Avda de Madrid de Cambados , que habería que endereitar ,¿ non vos parece?

————————————————–

deportes

FÚTBOL

CAMBADOS 3 – RANCING VILARIÑO 2 

Pitu, Simón e Rober destacados no encontro do domingo. (Foto: Unha Grande Chea).

     O Cambados realizou un gran partido ante o Racing de Vilariño ao que venceron por 3-2, aínda que o resultado é enganoso , posto que a superioridade do Cambados fíxose patente ao longo de todo o partido, a pesar de empezar perdendo o mesmo. A destacar a actuación de Simón, Rober e Pitu, aínda que os demais non desmereceron aos seus compañeiros.

O Cambados unha piña, dentro e fóra do Campo. (Foto: Faro de Vigo).

     Na próxima xornada o Cambados enfróntase ao Mondariz C.F. , partido moi importante para asegurar tres novos puntos e empezar a alcanzar os postos de ascenso.

O vindeiro partido (Fotomontaxe: Unha Grande Chea)

NOVA PATROCINADA POR:

————————————————————————————————————————————————————–  

ARMENTEIRA 0 – CAMBADOS B 5

 

Cambados B e Armenteria (Fotomontaxe: Unha Grande Chea).

     O Armenteira só lle aguantou 30 minutos ó Cambados B, xa que a partir de aí os da capital do Albariño foron moi superiores. A segunda parte foi un paseo triunfal para os amarelos ante un rival que só se dedicaba a berrarlle ao árbitro, o cal dito sexa de paso tivo unha boa actuación.

 

Fari, Chon e Fergú non lance do encontro.(Foto: Unha Grande Chea)

     Para a próxima xornada o Cambados B xoga novamente fora de casa , ante ao Vilanova At., partido que se xogará o domingo día 14 ás 16.30 horas no novo campo do Vilanova. Un partido atractivo para ver.

    Un pequeno lance do encontro gravado en video por UNHA GRANDE CHEA TV: http://es.youtube.com/watch?v=HBANDCEnQKA

    

UNHA NOVA PATROCINADA POR: 

—————————————————————————————————————————————————————-

BALONCESTO:

XUVEN 79 – C.B. CELSO MIGUEZ 62

     Imparable continua o Xuven neste comezo de tempada, 4 de 4 levan os cambadeses e están afianzados no primeiro posto da táboa exaequo co Cafetal Pavillón de Ourense.

A próxima xornada , os cambadeses viran visita a Santiago o sábado día 13 para enfrontarse ao Peleteiro, ¡Que continúe o refacho¡

     Por certo ante o comentario crítico a determinados xogadores, que eles saben perfectamente quen son, á hora de quitar a fotografía a prol de Esperanza Salnés, dicir que esta asociación admira profundamente e respecta ao Xuven, non en balde algúns dos nosos membros foron fundadores deste equipo, do que somos socios e seguirémolo sendo e  algunha que outra empresa dos nosos directivos son socios colaboradores. O que non é óbice criticar actitudes persoais dalgúns xogadores, pero nunca se criticou nin xamais o faremos ao equipo nin á súa traxectoria deportiva. Algunha xente ten que ler as cousas dúas veces antes de falar. ¡¡¡ALA XUVEN!!!

NOVA PATROCINADA POR: 

———————————–

“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS

Visita os nosos videos en

http://www.youtube.com/unhagrandechea

Visita as nosas fotos en:

http://www.fotolog.com/unhagrandechea

Visita a nosa música en:

http://www.musicamp3.com/UNHAGRANDECHEA

Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita

http://www.cambadosenfotos.net

DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA

ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com .

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s