BENXAMIN REI PROTAGONISTA POR PARTIDA DOBRE NO FESTIVAL DE CURTOS DO LICEO.

 
 EN CAMBADOS TAMÉN SE QUEIMA A FOTO DOS REIXES, TEMOLO EN PRIMICIA (e gravado en video) ,  E OUTRAS NOVAS…
BENXAMIN REI PROTAGONISTA POR PARTIDA DOBRE NO FESTIVAL DE CURTOS DO LICEO.

Benxamin Rey e Uxia Blanco

     O cambadés Benxamín Rei inagurou O Festival de Curtos do Liceo Casino de Vilagarcia na sección “Revisións” na que se recolle un resumo dos mellores traballos do autor cambadés que non entran en concurso. Así mesmo o autor de “A fouce esquecida” forma parte do xurado na que entre outros tamén están a actriz Uxia Blanco (Sempre Xonxa).

————————————————–

NOVA DEFINICIÓN DE MARXISMO LENINISMO:  

     """Todo aquel que culturice aos seus fillos ensinandolle falar galego, ensinandolle a vida e obras de autores galegos, ensinándolles o himno galego, ensinándolle as nosas festas costumes e oficios é un marxista-leninista""".

     Isto non o dicimos nós é atrévese a dicilo un señor que respecta a democracia tanto como inesquecible Paquito do Val dos Caidos , e non é outro que o acalde de Vilanova de Arousa, quen a propósito das galego escolas facia estas manifesta´cións , e engade o galeno “coartan a liberdade ao máis puro estilo cubano impondo o galego sobre o español.” ¿Que facian entón el e o seu queridisimo irmán cando nenos eran case sacrificados na época da súa admiradisimo Paquito do Val dos Caidos por falar en galego.?, seguramente xogar o Monopoly.

     O equipo de Anxo Quintana explicaba que as galescolas, que serán 121 dentro de dous anos e atenderán a máis de sete mil nenos, creando 1.200 postos de traballo, obedecen a un proxecto educativo "vertebrado pola identidade de Galicia", que axudará aos pais a compaxinar a vida laboral e familiar, levando aos seus nenos a escolas infantís que apostan por "a calidade", pero tamén por "a identidade e o compromiso co país".
O que pasa que os irmáns Durán, asi como outros mantadarios populares, cando a cultura non vén ordenada de Xénova teñen verdadeira fobia á mesma.

————————————————–

  EXPOSICIÓN DE ÁLVARO MOUGÁN
“RECREANDO ILUSIÓNS"

     No Centro Comarcal do Salnés , durante a primeira quincena de Outubro, poderanse ver as pinturas e esculturas do artista vigués, Alvaro Mougán.
ALVARO MOUGAN (Vigo 1950), pintor autodidacta, estivo en estudos de pintura como o de Fernando Artal en Vigo, empeza a expoñer de forma continuada no ano 1.999, a partir de entón a súa andaina é constante, polo que puidemos ver as súas obras en sitios como: A Casa da Cultura (Cangas), Galería Chroma (Vigo), Museo de Arte Contemporánea de Sasamon (Burgos), Caixa Circulo de Aranda de Douro (Burgos), Seleccionado en Arte non Morrazo 2007 (Cangas), etc.A partir do ano 2006, presenta a súa outra vertente, a de escultor, nesta faceta formase non taller do recoñecido escultor tomiñés, Antúnez Pousa, o que, entre outras cousas lle inculca o amor pola pedra.

Duas obras de Mougán.

     Ten un estilo propio, podéndose enmarcar dentro dá abstracción xeométrico-figurativa con toques de leve surrealismo. Utiliza unha ampla paleta cromática, a que aplica dun modo atrevido, obtendo composicións cun gran dinamismo, polo que, unha vez coñecida a súa obra, deseguida ou poderemos identificar, ou modo de utilizar as liñas en combinación coas formas redondeadas, conseguen transportarnos a outros mundos, cun percorrido dende o onírico ao irreal, onde ten cabida, coma non, ou mundo mariño e vos seus seres, que se van infiltrando na súa creación. Se ou quixéramos referenciar, ou teríamos que facer a través de pintores como por exemplo, Frantisek Kupka, Robert Delaunay ou Kandinsky.
Por outra banda, a súa escultura se referencia perfectamente coa pintura, aquí, é onde se sente libre para poder darlle todo o movemento e dinamismo a súa obra, deixándose levar polo pracer dás formas e sentindo a delicadeza do modelado evitando limitar a sensación táctil que pode producir a Escultura, buscando concordancia de volumes, sentido entrea as cavidades e protuberancias, cun fino acabado que logre resaltar a textura, permitindo así sentir ou gozo dá libre creación de formas.

Unha nova do Centro Comarcal do Salnés 

————————————————–

“EL JUEVES” NO FOI O PRIMEIRO EN RIDICULIZAR A FAMILIA REAL.

     ¿Sabíades  que Gustavo Adolfo Bécquer e o seu irmán Valeriano publicaron un libro pornográfico titulado Os Borbóns en pelotas sobre a tatarabuela de Juan Carlos I?
Trátase dun libro de ilustracións asinadas co pseudónimo SEME (abreviado, SEM), que reproduce as acuarelas pornográfico-satíricas con guións do poeta Gustavo Adolfo Bécquer e debuxos do seu irmán Valeriano Bécquer. Datan de de 1868-1869, os últimos tempos da corte de Isabel II e os primeiros meses da revolución de 1868. P
ara abondar na novela e  poder ver fotos da mesma eso si  exclusivamente  para maiores de 18 anos  premer no seguinte enlace http://www.insurgente.org/modules.php?name=News&file=article&sid=10542 .

Unha nova de X.P.

————————————————–

JOSE MARIA FRANCO FARIÑA EXPÓN AS SÚAS FOTOGRAFIAS NO PAZO DE TORRADO.

 

     O Cambadés Jose Maria Franco Fariña expón as súas fotografías no Pazo de Torrado baixo o titulo “Cambados hidalgo y soñador”, José Maria é un amante da fotografía e esta é a primeira vez que mostra o seu traballo en público, son trinta anos de de historia do municipio en imaxes a todo cor., di José Maria que a idea é mostrar a Cambados nos diferentes aspectos que ten , a festa, as casas e as famosas postas de sol.

————————————————–

UN MACRO LIMPADON SUBMARINO.  

 

     O Club Neptuno do Salnés procedeu a realización dun macro limpadón na zona do Areoso en plena Ria de Arousa,. Vinte e dous mergulladores participaron nesta misión ambiental que sacou da ría , unha televisión, unha lixadora, rodas de todo tipo, baterias de coches, cordas de batea, nasas abandonadas etc. Un bo labor, e engadiu ademais Manuel Bouzas un dos mergulladores, que continuarann realizando máis misións similares ou parecidas. Parabéns a todos.

————————————————–

UNHA GRANDE CHEA TV

     Nesta ocasiónUNHA GRANDE CHEA TV, ven cargada de imaxenes e sobre todo ven unha noticia bomba:

VIDEO DE UN CAMBADÉS ANÓNIMO QUEN CON MOITO TINO QUEIMA A FOTO DOS REISES:

     

Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.

 

 

O ARTISTA CAMBADÉS MANOLO PAZ EN ESTADO PURO:

70 TACOS:

   

 

Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.

 

Montaxe na findación Pilar I Joan Miro.

     

Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.

 

Primaveira no estudio de Manolo Paz:

     

Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.

 

http://es.youtube.com/papigil,

PRESENTANOS O VIDEO: "os gaiteiros de soutelo"

   

Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.

———————————–

DEPORTES 

FUTBOL

SANXENXO 2 – CAMBADOS 0

   

Simón

     Outro partido do Cambados para esquencer, ainda que se puxo gañas non sairon ben as cousas e habia algún que outro xogador que non estaba moi motivado. Esté é un gran revés para o equipo xa  que tiña moitas gañas de facer algo positivo en Sanxenxo, un dos que se salvou da queima foi Simón que un gran partido , pero ainda que tuvo ocasións no foi capaz de marcar, así queda a clasificación:

     O vindeiro domingo fronte o Vilariño non podemos fallar, hai que mentalizarse como sexa que temos que gañar, o partido é as 16.30 horas en Burgáns.

 

CAMBADOS B 5 – BAMIO 2 

Cambados B

    En troques, un remozado Cambados B, só xogaron 5 dos que se enfrontaron o Romai, impuxo claramente a un Bamio, que mereceu máis porcinco goles a dous. Ata catro xuvenís formaron co Cambados B, José Fran, Borja e Javier e abofe que no fixeron nada mal. De seguido , xentileza de UNHA GRANDE CHEA TV, podedes ver o gol de Blas de Penalti que supoñia o 2-0, e o gol de Charli que supoñia o 4-2 para o Cambados:

  

Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.

Bamio

     Quen si o fixo rematadamente mal foi o colexiado do encontro  quen perxudicou claramente o equipo visitante , ainda algún que outro fallo tivo co Cambados B. Pero asi como decimos noutras ocasións que nos prexudicaron nesta foi o revés., así queda a clasificación despois desta xornada:

     A vindeira xornada o Cambados B desprazase a Armenteira donde as 16.30 se enfrontara o penultimo clasificado .

VETERANOS CAMBADOS 

     O Cambados Veteranos tamén se impuxo esta semana o Cerveceria Azor de Sanxenxo, na imaxe podemos fer a Toti (membro directivo de UNHA GRANDE CHEA), nun lance do encontro donde foi un dos destacados.

TENIS

SERGIO REDONDO E AIDA MARTINEZ FANSE CO TORNEO 24 HORAS DE TENIS.

 

     Finalizada a primeira actividade que organiza o Club de Tenis de Cambados, I Torneo 24 horas,  cabe destacar a actuación de Sergio Redondo, que se fixo co primeiro posto masculino, e Aida Martinez que se fixo co propio na categoría femenina. Os segundos postos en cada categoría foron para Gustavo Rey e Marta Fernández.

Unha nova de www.cambados.tk 

BALONCESTO

     Por un rotundo 53-77 o Xuven impuxose a o Mos Iberica, un resultado que amosa as claras a superioridade dos cambadeses  que están a facer un principio de liga fora de serie, donde xa non son tan bos os xogadores do Xuven é mais ata diriamos que algún é un  verdadeiro maleducado a hora de posar , algún debe pensar que xoga na NBA  e están na Liga Autonomica, facendo ben , pero na Liga Auotnomica, hai que ser máis modestos e respetuosos co traballo dos demáis, e voltando o baloncesto,  así queda a aclasificación:

     A vindeira xornada enfrontase ó Celso Miguez no Pombal ás 19 horas, os demais partidos son os seguintes: 

———————————–

“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS

Visita os nosos videos en

http://www.youtube.com/unhagrandechea

Visita as nosas fotos en:

http://www.fotolog.com/unhagrandechea

Visita a nosa música en:

http://www.musicamp3.com/UNHAGRANDECHEA

Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita

http://www.cambadosenfotos.net

DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA

ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com .

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s