Humor Grandecheo: A PROBE NON PROMETAS E A RICO NON DEBAS

Cambados  18 de maio de 2010

MOTOS VELLAS DO SALNÉS GAÑA O XUBILEO

Os integrantes do Club de Motos Vellas do Salnés completaron esta fin de semán a segunda etapa da súa peregrinaxe a Santiago cunha parada en Sarria, onde non pasaron desapercibidos, ata tal punto que tiveron que poñer as súas motocicletas en exposición no malecón deste municipio. Rafael Blanco, un dos integrantes desta comitiva que está a facer o Camiño, calificou a viaxe de “preciosa”, especialmente, porque estes particulares moteiros están a desfrutar de bo tempo, a pesares do intenso frío que padecen por momentos, desde que partiron de Cambados hacia Astorga e de ahí a Santiago. Ao longo do percorrido que fixeron onte atoparon a centos de peregrinos que ían a pé e a outros tantos en bicicleta, polo que a peregrinaxe a Compostela fíxose moi amena e animada, segundo indica este cambadés, que ía enriba dunha desas xoias de dúas rodas con máis de 40 anos. A caravana das Motos Vellas do Salnés aseméllase á “dos autos tolos”, segundo eles mesmos a definen, xa que van perfectamente organizados de tal xeito que as primeiras en abrir o camiño son as BMW, seguidas das Montesas e coas Ducati en terceiro lugar e para pechar a comitiva. Esta peregrinaxe tamén ten o seu componente cultural, de modo que os aproximadamente corenta motoristas que emprenderon a aventura fixeron unha visita turística polo Concello de Sarria e coñeceron o mosteiro de Samos. As motos estiveron expostas no malecón de Sarria e chamaron moito a atención dos veciños deste municipio, así como dos peregrinos que ían chegando ata este lugar. Os membros do Club Motos Vellas do Salnés chegaron hoxe ao mediodía a Santiago de Compostela, aínda que o fixeron andando, xa que teñen prohibido ir coas motos ata a Praza do Obradoiro. Rafael Blanco espuxo que a experiencia “foi moi enriquecedora para todos nós”.

 

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s