Cambados 18 de Maio de 2010
O QUE SE FALA DA CASA “A PASTORA” POLA REDE
“Ola amigos.
Queria falarvos de Casa Pastora, como dicimos nós "onde Nila".
Foinos moi estraño esta semana Santa do 2010 non preparar as maletas e os bartulos, cargar os coches e saír acia alí.
Levantarnos o Jueve Santo e que nos reciban Sonia e Nila co almorzo a base de zume de laranxa natural, as torradas e croisant e o café todo RICO,RICO¡¡¡ e as súas charlas.
E cando chega a noite o que faltaba para rematar o día, a cea a base dos seus guisos ricos (zamburriñas, chopos, berberechos, maricos varios,etc). O coche de regreso a casa nótao pois cada ocupante regresamos con algun quiliño de máis.
Polo trato é excelente e os detalles que ten para connosco. A titulo persoal podo contar que na miña segunda visita, pois fomos varias veces, eu ía cunha nena de 6 meses e cal foi a miña sorpresa que cando subin á habitación no cuarto de baño atopeime cunha bañeira-cambiador.
As vistas que ten a casa son moi lindas. E o xardín coas súas tartarugas "pobriñass" que os pequños non as deixan descansar. E os limoeiros que xa se encargan Juan e Edu axúdanlles a librarlles un pouco o peso.
Bo que máis dicir: que estamos desexando poder regresar outra vez.
Nila, Sonia ricibir un abrazo e bicos de Yolanda e Edu e a pequena Laura.”
Unha opinión de Yolanda Llorente Gutierrez.