Humor Grandecheo: XANEIRO XIADEIRO.

Cambados 05 de abril de 2010

OS LUNS: A POESIA DE RAMÓN R. NOGUEIRA E XOSÉ MARIA VILA RIBADOMAR.

 

 

 

RAMON R. NOGUEIRA

“A MARÉ”

 

Facendo rituais a favor de chuvia de mares

de mares doces

de mares axuis e verdes

de mares de cristais

de mares perennes

de mares de espellos

de mares de xogos

de mares enteiros

de mares esnaquizados

de mares inalienábeis

onde a gamela son eu

 

XOSÉ MARIA VILA RIBADOMAR

 

“O MAGMA DO DIA”

Ó pouco de espertar decátome de que teño dous peixes nas axilas que crían gume e metal para arrincarme o sangue suorento da fronte namentres deitado no herbal na chuvia cantan os grilos nas pingas negras dos pentagramas e na flor mística da pel agardo nu para saber que vou facer coa carne. O tacto vaise adiando por dez razóns máis do preciso e pregúntolle: de que parte estás? en que parte do corpo te atopas hoxe? e sen parar ponme palabras encarnadas na boca cos seus beizos de arxila, e como cada mañá desde hai semanas é domingo e a clepsidra da marea vai retirando os barcos de area ata somerxelos co magma do día e das inguas.

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar un comentario