Cambados 5 de Abril de 2010
CONCENTRACIÓN DE QUEREMOS GALEGO EN SANTIAGO
PERANTE A SEDE DO CONSELLO ESCOLAR DE GALICIA
A Plataforma Queremos Galego ven de convocar unha concentración coincidindo coa reunión do Consello Escolar de Galiza no que se vai debater e someter a aprobación o proxecto do mal chamado decreto do plurilingüismo no ensino non universitario.
O Consello Escolar de Galicia reúnese este mércores 7, ás 16.30 en 1ª convocatoria e 17 horas en 2ª, en Santiago de Compostela, na sede que ten este organismo (na Rúa San Roque, 2, entre a galescola e o Colexio La Salle). A concentración convócase para un pouco antes: ás 16.15, para que nos vexan mentres vaian chegando.
Aínda quea Plataforma “Queremos Galego” sabemos que por cadrar no medio da semana e a primeira hora da tarde a moita xente vaille ser complicado asistir, pregámosvos que difundades todo o posíbel a convocatoria para que, quen poida, estea.
Comisión xestora de Queremos Galego
(609 861 682)
Plataforma cidadá QUEREMOS GALEGO
queremosgalego@gmail.com