Cambados 29 de Decembro de 2009
MANOLO PILLADO TODA UNHA VIDA ADICADA A CAIXANOVA
PRETO DE 45 ANOS DE TRABALLO NA ENTIDADE
FELIZ E MERECIDA XUBILACION
Manolo Pillado un "xoven" xubilado
Manuel Pillado Silvoso “Manolo Pillado”, e un deses homes que ainda que parece que non fan nada estan en todas, Manolo foi sempre un home sinxelo, pero traballador, sempre disposto a botar unha man ali donde o chamaban. Con 17 anos entre na entidade que daquela chamabase “Caja de Ahorros y Monte de Piedad Municipal de Vigo” e rematou na mesma entidade pero que agora denominada Caixanova. Manolo no seu traballo foi un home moi apreciado e quen non ten oido aquelo de “¿Non esta Pillado?” Toda a xente de Cambados e especialmente os maiores, cando tiñan un problema estaba Manolo como “asesor” financiero. Nunca tivo no seu traballo unha mala contestacion con ninguen e sempre disposto e educadamente a atender a xente. Pero aparte do seu traballo profesional que sempre desenrolou perfectamente Manolo tiña outras inquedanzas e outras afeccions.
Manolo representando unha obra de teatro na Juventud Catolica
Como mozo Manolo pasou, como fixemos caseque todos os mozos de Cambados, pola Juventud Catolica na compaña dos seus amigos da sua quinta, ali comenzou Manolo unha afeccion que ainda hoxe manten como o seu gran devirtimento non e outro que o Teatro, na Juventud Manolo representou numerosas obras de sempre, era un dos mellores actores, dicia Manolo o respecto “Pois si, desde pequeno sentín sempre unha gran fascinación polo mundo do teatro. Os meus comenzos foron de mozo, como moita xente de Cambados, en pequenos sainetes que se representaban na Xuventude de A.C. o día de Cristo Rei, San Xosé Obreiro ou pola Purísima. Despoís estiven no cadro da Cultural e desde o ano 1995, no grupo Caracol. Tamén estou no grupo Iliria Teatro, de Vilagarcia, dende Asúa fundación.”.
De esquerda a dereita arriba Xaquin Xesteira, Manolo Pillado, Americh. Sentados: Bieito Lobeira, Ulloa e Victor Caamaño.
O mesmo tempo os seus anhelos politicos ian ligados o nacionalismo de esquerdas traballando sempre na sombra. Nas primeira eleccions municipais o seu irman Xuan Antonio ia de candidato por Unidade Galega e consegue a Alcaldia por maioria simple, Manolo comenzaba asi outra das suas etapas sin macula que permanece tamen ate os nosos dias, a sua etapa politica. Politicamente Manolo sempre foi un home que traballou de arreo sempre en silencio, sen querer figurar, pero sempre dando o callo. O seu irman volve a triunfar na seguinte lexislatura en 1983 cunha mairia absoluta como Union Galega, ali estaba Manolo, pegando carteis, repartindo propaganda, actuando como interventor, posteriormente no 1987 xa como BNG perdese a alcaldia pero Manolo Pillado segue o pe do cañon ata hoxe.
Dominguez e Manolo Pillado sempre foron os mais transguesores a hora de disfrazarse en Unha Grande Chea.
Preto das suas afeccions entre en varios colectivos a saber, en 1988 ingresa en Unha Grande Chea da cal el sempre dicia “UNHA GRANDE CHEA e, como di a afección do Barcelona, algo máis que unha comparsa”, na que sigue na actualidade como Tesoureiro da Asociacion, tanto na comparsa como na Asociacion Manolo ten un papel protagonista porque era un home moi inxenioso e hora de compoñer as letrillas era un dos homes mais activos, asi como a hora de facer o famoso “Contrabando”, nos disfraces era un “manitas” sempre daba a nota disonante cos seus “inventos”, ainda que dea outra sensacion sobre todo para a xente que non o coñece Manolo despide bo humor por todos os seus costados, tamen fixo os seis “pinitos” como gaiteiro ainda que despois tivo que deixalo por falta de tempo.
Compoñentes de Teatro Caracol
Outro dos colectivos nos que estivo foi Teatro Caracol, no que ingresou no ano 1995 estando na Compañía ata este ano no que o deixou “temporalmente”, e ainda que a Olga gustalle dicir que todos son iguais dentro de Teatro Caracol, nos engadimos que Manolo era un actor coma a copa dun pino as suas interpretacions eran fantasticas e cando se xuntaba con Dominguez no escenerio a risa estaba asegurada. Portentoso coa memoria e maxistral a hora de actuar asi como a hora de traballar en Teatro Caracol, decia Manolo a proposito de Caracol “A valoracion non pode ser ser máis positiva. A resposa por parte dos rapaces é cada ano maior, o que nos animaba e obrigaba a superarnos, tratando de facelo cada vez mellor. Cada ano arredor de CINCO MIL persoas presencian a obra no Instituto dos Caeiros, o que da unha idea da dimensión que vai acadando o grupo”.
Manolo Pillado representando unha obra en Iliria Teatro.
Tamen xa leva varios anos pertenecendo a compañía de Teatro “Iliria” de Vilagarcia de Arousa da cal foi fundador, unha compañía que se dedica o teatro xa mais en plan dramatico e profesional, e un dos primeiros actores e non fai moito estiveron representado unha obra en Cambados, concretamente no Auditorio cun éxito fenomenal e unha interpretacion sobervia da que demos conta neste espazo web, a proposito de Iliria dicia “Este grupo naceu precisamente dunha escola de teatro promovida polo Concello de Vilagarcia o ano 2004. Representamos xa varias obras de Shekespeare, Chejov, Strindberg,…”. Para Manolo acabouse a sua etapa como traballador, e agora comenza unha nova etapa a de xubilado , pero coñecendo a Manolo como coñecemos non vai ser ese xubilado tipico que se vai a aburrir na casa e que espera a fin de mes para cobrar, todo o contrario Manolo vai ser un xubilado moi activo e de seguro que as horas do dia vanselle facer pequenas, agora va ter tempo para ordenar ese arquivo de Cambados que ten na casa que dicen que e impresionante, tempo para adicarlle o teatro e sobre todo a sua familia a sua muller Maria Luisa e os seus fillos Iago e Aloia e o seu Albariño. Manolo de verdede recibe a nosa mais sincera admiracion, por que Eduardo Pondal cando escribiu o himno galego e que cando di aquello de “os bos e xenerosos”, de seguro que tiña en mente un home coma ti. Un abrazo “chaval” e moitas grazas por facernos tan felices a moitos cambadeses.