Huor Grandecheo:UNHOME E UN HOME AINDA QUE A MULLER LE PEGUE

Cambados 28 de setembro de 2009

VARIOS CAMBADESES PARTICIPARON NO RECORD DE ESPAÑA DE PARTIDAS SIMULTÁNEAS

 

    

O pasado domingo celebrouse o intento de record de España de partidas simultáneas de xadrez, a cargo do Mestre Internacional Daniel Rivera, actual seleccionador galego e fundador e profesor da Escola de Xadrez Pontevedra.

O record ostentábao o mesmo Mestre, e foi obtido en 2006, con 152 adversarios.

O domingo Rivera volveu bater o record, enfrontándose a 201 rivais.

Ao longo do día o xogador uruguaio con residencia en Pontevedra, realizou 201 partidas das cales resultou vencedor en 174, táboas en 26 e 1 derrota.

A xornada deu comezo ás 12:00 horas e finalizou ás 20:30 tendo, xa que logo, unha duración de 8 horas e 30 minutos, sen interromperse en ningún momento a actuación DO Mestre Internacional Daniel Rivera.

Calcúlase que o mestre percorreu preto de 6 quilómetros e realizou unha media de 21 movementos por partida.

Ás 17 horas eran 102 as mesas que aínda faltaban por xogar, 53 ás 19 horas, baixando a 41 en tan só 10´ ás 19:10. Ás 19:50 horas quedaban 17 e só 3 ás 20:20, finalizando a última ás 20:30.

A representación cambadesa encabezouna o xogador da EXP e alumno de Rivera, Miguel Palacios (actual medalla de bronce sub 16 de Galicia), acompañado dun lado, polos seus pais Miguel Angel e Susana e doutro polos seus alumnos do Anpa Antonio Magariños, Diego Cancela Carro, Antía Rozas Charlín e Omar Nahid Pintos.

Tamén participaron xogadores da comarca, destacando a familia Segura Santos, encabezada por Luís Segura Santos, actual subcampión galego sub14 e anterior campión galego sub 12, co seu irmán Jorge, actual campión galego sub 8 e o seu pai Luís Felipe Segura.

Destacan as táboas obtidas por Miguel Palacios e Luís Segura, así como a intervención de Diego Cancela Carro, de 10 anos, que estivo xogando durante 8 horas, acompañado na mesa de á beira polo seu pai Rai Cancela Balboa . Tamén participou o papá de Antía, Antonio Rozas Álvarez, que se levantou da mesa tras máis de cinco horas xogando.

Tedes unha ampla reportaxe fotográfica e de vídeo na seguinte páxina

http://picasaweb.google.es/xadrezpontevedra/14SimultaneasMIDanielRivera#    

O día anterior, sábado 26 o record bateuno o xogador cego Ramón Escudeiro, da EXP, de 17 anos, que se enfrentóa 20 taboleiros, gañando 17 partidas e establecendo 3. Tedes fotos na mesma páxina.

http://picasaweb.google.es/xadrezpontevedra

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s