FALTA 1 DIA

MANOLO PAZ SERÁ INVESTIDO "CHALEQUEIRO" DE UNHA GRANDE CHEA O MARTES DE ANTROIDO NA PRAZA DE ALFREDO BRAÑAS
Unha Grande Chea Cambados (2) Unha Grande Chea Cambados (4) Unha Grande Chea Cambados (3)
De esquerda a dereita o actor Carlos Blanco (chalequeiro 2005), o polifácetico Luis Rei (Chalequeiro 2006), os donos do Pub A Leria (chalequeiros 2007) .
 
A directiva da Asociación Cultural e Deportiva Unha Grande Chea por unanimidade acordou nomear "Chalequeiro 2008" o artista cambadés Manolo Paz  quen naceu en 1957 en Castrelo, Cambados (Pontevedra), vila  na que vive actualmente. No seu taller, en Quintáns, Cambados, nun amplo prado xunto ao mar, algunhas das súas pezas máis fermosas dialogan en silencio coa natureza. Nado e criado nunha "casa de traballo" galega, na que a súa familia atendía negocios de carnicería e do campo, Paz comezou de neno a facer tallas de madeira coa súa navalla.
Entre 1978 e 1979 estudou en Santiago de Compostela, na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo. En 1980, comezou a traballar como profesor de escultura na Escola de Canteiros de Poio, Pontevedra, actividade que desenvolvería ata 1990. Hoxe por hoxe é un dos artistas galegos de mais prestixio e con fama internacional.
Unha Grande Chea Cambados
A partires do martes de Antroido Manolo Paz xa poderá lucir o seu Chaleco de "Unha Grande Chea"
 
Ven  así a engrosar a lista de chalequeiros de Unha Grande Chea que cada vez acada máis prestixio. Esta distinción naceu o ano 2005 cando nos constituímos de comparsa a Asociación Cultural e Deportiva é un galardón que distingue a unha personaxe destacada pola súa defensa do entroido e polos seus valores humanos. O martes de Entroido as 19.00 horas no "show" que vai facer a nosa Asociación na Praza de Alfredo Brañas, Manolo Paz será investido "Chalequeiro". Parabéns Manolo.

O "CONTRABANDO" E A REVISTA "A CALCADA" XA ESTÁN NA RÚA

(Donativo 1 €)

UNHAGRANDECHEA REVISTA CAMBADOS UNHAGRANDECHEA REVISTA CAMBADOS (1)

A revista "A CALCADA" e o "CONTRABANDO", xa están na rúa, podes adquirila dirixíndote a calquer directivo ou membro da Asociación polo "Donativo 1 €". Na revista pódense ver os nosos políticos con poses eurovisivas cantando todos en "Cheavisión" , Montse Prado, Luis Aragunde, Roque Durán, Anabel Carro, Touris e gogos, os tres edís do BNG en Cambados, Domingo Tabuyo e Pepe Daporta e Raphael Louzán, todos eles dignos de ver. No "contrabando" o noso alcalde dinos que os cambadeses non facemos nada  e que todo nos fixeron os de foro, así como que non entende a nosa "jerga" coloquial para comunicarnos.

—————————————–

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s