FALTAN 3 DÍAS PARA O ENTROIDO.

"LA VOZ DE GALICIA", "FARO DE VIGO" E "DIARIO DE AROUSA" FÁNSE ECO DO NOSO PROGAMA DE ENTROIDO.

unhagrandechea cambados entroido (1) unhagrandechea cambados entroido (2) unhagrandechea cambados entroido

Coma sempre temos que agradecer os medios de prensa arousáns "La Voz de Galicia", "Faro de Vigo" e "Diario de Arousa", o tratamento e divulgación que fixeron do noso programa de actos, dando tamén publicidade os entidades que colaboran con nos neste caso unha entidade privada como é Discoteca Zao. Tamén nesta ocasión témolle que agradecer a Tele Salnés Barbanza  que hoxe mesmo sen ir máis lonxe vainos vir gravar para un especial que están a facer do Entroido en Arousa.  Temos todo en marcha e en especial "Cheavisión" en Discoteca Zao o vindeiro venres onde todos estades invitados a participar na festa.

EMPRESAS QUE QUEIRAN FACER PUBLICIDADE:

Dende aquí queremos facer chegar que si algunha empresa quere colaborar no pago do palco do martes de entroido  non ten máis que dirixirse a nos, en pago fariamos publicidade  da mesma en pleno escenario.

     XOCAS NOS ENSAIOS

—————————————–

NEVE EN CAMBADOS 

UNHAGRANDECHEA CAMBADOS NEVE (5)

"Cambados nevado, dende a Pastora".(Preme na foto para vela ampliada.)

O outro día puxemos no noso fotolog a fotografía que vedes arriba obra de Adela Leiro, e nada máis poñela , o noso amigo, colaborador e membro que foi de Unha Grande Chea, Xaime Pillado fíxonos chegar as seguintes co texto que as describe.

UNHAGRANDECHEA CAMBADOS NEVE (1)UNHAGRANDECHEA CAMBADOS NEVE (2)UNHAGRANDECHEA CAMBADOS NEVE (3)UNHAGRANDECHEA CAMBADOS NEVE

Fotos de Xaime Pillado.(Preme nas fotos para velas ampliadas)

A última vez que nevou en Cambados foi o 14 de xaneiro do ano 87. As palmeiras do recheo eran pequenas, non había estación de autobuses, non estaba acabado o edificio de Montblanc, o parque infantil estaba na rotonda actual. Grazas Xaime.

—————————————–

O ESPAZO DE ANGEL CAMBADOS http://4ngelct.spaces.live.com/

nuevo-2

O noso amigo e colaborador Angel Cambados Tirado acaba de iniciar tamén a súa travesía pola rede  cambadesa de Internet en solitario, e agora tamén podemos ver as súas opinións, os seus artigos e as súas afeccións en http://4ngelct.spaces.live.com/ . Pégalle unha pasada que paga a veno velo.

—————————————–

INFORMACIÓN ELECTORAL

Dende hoxe e ata o día de reflexión iremos publicando neste páxina todos os mitins e actos electorais que os partidos nos vaian comunicando o noso correo unhagrandechea@hotmail.com e resaltamos isto, porque cando dicimos todos son TODOS, a única premisa que teñen que cumprir e que nolo remitan con certa antelación. Despois que non nos reprochen que publicamos uns si e outros non.

unhagrandechea cambados bng

ACTO PÚBLICO EN CATOIRA O XOVES DÍA 31

 

O xoves día 31 ás 20:30h. no Centro Social de Oeste (parroquia de Santa Baia),  Nando Casal (portavoz municipal), Duarte Correa (Responsábel-portavoz Comarcal do BNG) e Teresa Táboas (membro do Consello Nacional do BNG e Conselleira de Vivenda e Solo).

—————————————–

I LIGA DE INVERNO DE TENIS

unhagrandechea cambados tenis.

 

www.teniscambados.cjb.net
O Clube de Tenis de Cambados organiza a I Liga de Inverno de Tenis, que se celebrará nas pistas d’O Pombal todos os fins de semana de Febreiro ate Abril. Poderán participar todos os afeccionados a este deporte da comarca, sendo socios ou non de dito clube.
Os prezos son:
Socios : Menores 5€ e Maiores 10€
Non socios: Menores 20€ Maiores 25€.
Os interesados deberán chamar antes das 14 horas do día 30 de Xaneiro aos números 670 06 19 ou 659 29 94 09; ou contactar por medio do correo-e a
teniscambados@gmail.com
Colabora o Concello de Cambados.
Óscar Pardo-Planas, voceiro.

—————————————–

MILLADOIRO EN BARCELONA

15

Milladoiro (Preme na foto para vela ampliada)

O Grupo Milladoiro dara un concerto o vindeiro 5 de Febreiro en Barcelona, no Palau da Musica dentro do IX Festival del mil.lenni.  Máis información en
http://www.festivalmillenni.com/cat/conciertos.asp     
http://www.milladoiro.com/Paxp.htm.

—————————————–

  CAMBADOS B – ARMENTEIRA (SUSPENDIDO)

SANY0769

Cambados B (Preme na foto para vela ampliada.)

Onte os rapaces do Cambados B e cando mellor estaban a xogar, suspenderolle o partido. O  colexiado cando un xogador suplente do equipo contrario fixo ademán de agredir o mesmo. O entrenador contrario sin que ninguen lle dixera nada mandou que os seus xogadores se ducharan cando ambolos dous delegados dos equipos estaban a falar co arbitro sobre o que pretencia facer. Cando os tres chegaron a un acordo de continuar o partido o Armenteira xa estaban de roupa de rúa. Unha artimaña do entrenador que non lle vai valer para nada. O resultado no intre da suspensión, minuto 65 de encontro era 2-0 a prol do Cambados B. Máis deporte e menos artimañas.

—————————————–

  http://es.youtube.com/papigil 

PRESENTANOS EN TEXTO E VIDEO A LENDA DE SAN ERO 

Rei Afonso X cóntanos na Cantiga a Santa María número 103 o milagre acontecido ao nobre Ero, señor e despois abade do Mosteiro de Armenteira. A lenda pertence ao ciclo celta dos contos sobre o Paraíso, conservados nas tradicións orais de Bretaña, Cornualles, Gales, GALICIA e Irlanda.
A lenda de San Ero de Armenteira relaciónase tamén coas do abade Virila ( Navarra ) e o monxe de Heisterbach. É un clásico teolóxico dos goces da eternidade que tivo unha ampla repercusión literaria no mundo occidental, coma sucedeu no mosteiro benedictino flamenco de Afflighem entre 1122-1195, ou coma en Francia, onde hai cara a 1195 unha tradución do bispo de Paris, ou reproducido tamén no ano 1212 por Jacobo de la Vorágine.
*A LENDA DE SAN ERO :
Ero de Armenteira, nobre galego do século XII, tivo certa noite un soño no que a Virxe dicíalles tanto a el como á súa muller , coa que non tiña descendencia, que fundasen un mosteiro, pra que así tivesen descendencia espiritual. De xeito que o nobre Ero, señor destas terras, aburrido das intrigas e ruindades da vida mundana, decidiu consagrarse á oración e penitencia no sacro Monte Castrove e transformou un dos seus pazos en mosteiro fundando o Mosteiro de Armenteira, converténdose no seu abade.
Durante a súa longa estancia no mosteiro o abade preguntábase a miúdo sobre cómo sería o Paraíso e rogáballe encarecidamente á Virxe que lle permitise velo. Así pois, un día, paseando polos bosques do redor do mosteiro, Ero quedou cativado polo cantar dun ruiseñor e sentou a descansar, quedándose durmido baixo as polas dun carballo ao deixarse levar polo deleite no arruio de tan fermoso canto.
Dando volta cara ao mosteiro, o abade tiña a impresión de que aquel non era o camiño polo que viñese, pero chegando ao cenobio, a súa sorpresa foi máxima ao ve-lo seu antigo mosteiro convertido nunha construción máis moderna e grande, no que tamén había máis monxes.
Aparvado e desconcertado, Ero dirixiuse cara un monxe e expresoulle a súa confusión. Armouse un gran desconcerto no mosteiro ata que o monxe máis ancián, que escoitara falar do vello abade Ero, chegou cun vetusto libro de onde leu perante tódolos presentes a seguinte historia:

"Santo Ero de Armenteira, nobre e piadoso home, fundador e abade deste mosteiro, quen nunca máis foi visto logo de saír a meditar ao monte Castrove"

O vello abade comprendeu entón que mentres se deixou compracer co canto do ruiseñor, pasaran no mundo uns trescentos anos. Satisfeito do milagre de Santa María ao mostrarlle deste xeito o paraíso, Santo Ero encomiou esta graza pra inmediatamente falecer caendo aos pés dos sorprendidos monxes.
Desde entón célebrase no campo do Mosteiro de Armenteira a Festa de Santo Ero e a Romaría das Cabezas en honra de Santa María. Nesta multitudinaria romaría galega de acción de grazas á Virxe das Cabezas, de propiedades milagrosas pra sana-las migrañas e outras doenzas craniais, obsérvase o seguinte:
– Procesión da imaxe polo atrio do templo do mosteiro de Armenteira.
– É común ver aos asistentes portando sobre as súas testas exvotos con forma de efixies.
– Os fieis presentan a súa devoción á imaxe, unha Virxe lactante, figura pouco común na iconografía relixiosa galega, similar á Virxe do Leite de Riofrío (Mondariz).
*O MOSTEIRO DE ARMENTEIRA.-
O mosteiro de Armenteira amosa o aire de grandiosidade propio dos mosteiros cistercienses de orixe medieval a pesares de ser un dos máis modestos. A súa orixe remóntase a 1.149 cando don Ero Armentariz maila súa esposa, ao non ter descendencia, deciden fundar un mosteiro dúplice no lugar aproveitando unha igrexa prerrománica e as súas dependencias. A esta fundación engadíronselle importantes doazóns dos reis Afonso VI e Fernando II así como as doutros nobres da época. Aos poucos anos, en 1.162 incorpórase á Orde do Cister. Coma outros cenobios cistercienses influíu de forma decisiva na historia da comarca, sobre todo no seu desenvolvemento agrícola. En 1.523 incorpórase á Congregación de Castela e abandónase en 1.837 como consecuencia da desamortización. A partir de entón comeza a súa ruína ata que en 1.963, Carlos de Valle Inclán, fillo do insigne escritor galego Don Ramón Mª del Valle Inclán, funda a Asociación de Amigos do Mosteiro de Armenteira e comeza a súa restauración. En 1.989, unha comunidade de monxas de Alloz (Navarra) restablece a vida cisterciense no cenobio dedicándose á fabricación de materiais e útiles litúrxicos. A partir de 1.990 a Xunta de Galicia inicia varias actuacións, máis ou menos afortunadas, pra a consolidación e restauración do recinto monasterial.

   

—————————————–

 

“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS

Visita os nosos videos en

http://www.youtube.com/unhagrandechea

Visita as nosas fotos en:

http://www.fotolog.com/unhagrandechea1

Visita a nosa música en:

http://www.musicamp3.com/UNHAGRANDECHEA

Visita os nosos video clips en:

R.I.P : http://es.youtube.com/watch?v=hqCED9R4SLc

O sida: http://es.youtube.com/watch?v=mGwQAWs2HAE

Lo dudo: http://es.youtube.com/watch?v=NUTYC4neQSM

Farmacias: http://es.youtube.com/watch?v=ghRpbkiBnGY

Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita

http://www.cambadosenfotos.net

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s