Cambados 08 de marzo de 2010
OS LUNS: A POESIA DE RAMÓN R. NOGUEIRA E XOSÉ MARIA VILA RIBADOMAR.
RAMON R. NOGUEIRA
“BEIXOS NOCTURNOS”
Acollidos na noite
rimos esa intensa broma
Levamos varios minutos a rir
Vexo os teus ollos,
e les fitan os meus
Acollidos na noite,
miramos un para o outro,
con eses ollos.
Puntiños de min e de ti.
(Os meus beizos non poden agardar un minutos mais)
Acollidos na noite,
os nosos beizos danse unha aperta,
xogan
e esvárame unha magoa,
supoño será felicidade
Acollida na noite
[estou feliz
XOSÉ MARIA VILA RIBADOMAR
“A CASA DA PRESA”
Atopei nun arredor de auga crúa
unha muralla de pedra allea
unha escola de mundo contra as nove
estáballe saíndo o medo entre os dentes a un neno
e unha feira de recendos de mazás
carrexaba pingas dunha guitarra monocorde e
estreita. Aprendín a facer cousas novas coas mans
e facíaseme tarde esquecelo, cando sentaba nas últimas
cadeiras coma unha sombra de máis de corenta graos
de cera e témpera, coma historia de Ícaro
e outras capitais de oriente, o conto da arbore
a medrar e da casa da presa e de todos os que chegaron lonxe
tan lonxe que xa non os vexo, e ando así a todo a luzmiar
nos cadros pendurados das arelas
nos ollos pendurados da arañeira, cun tremelo
de grilos e liñas descontinuas. Xoguei logo na eira
ó fútbol dos herbívoros, e de cando en vez mastigaba
flores recen pintadas e bolos de leite dun peso
e deixábame de lerias, viña sendo maio
e guerra na ortodoncia dun sorriso.