Humor Grandecheo: NUNCA CHOVE A GUSTO DE TODOS.

Cambados 14 de febreiro de 2010

O CONCERTO NO CONTINENTAL TODO UN ÉXITO.

  

Almachino, Manu Cho en la Domy Sistem Band e Unha Grande chea en plena actuacion, podes ver moitas m´ais fotos en "…As nosas fotos"

O Concerto do Venres no Continental foi un éxito en todos os sentidos. A actuación de Almachino, sorprendente, espectacular  fixo estremecer o publico, Alfonso, Manolo e o Chino Luis encandearon o publico e non tiveron mais remedio que facer un “bis” o remata da actuación de Unha Grande Chea. Logo veu “Manu Cho & la Domy Sistem Band”, tamén espectaculares cunha versión de “O sida” mais modernista que tamén gustou o publico, logo veu o momento de recordar os nosos grandes éxitos e as gaitas que nunca faltan nas nosas actuacións, a xente pasouno espectacular, o Continental acabou as súas existencias e nos cumprimos a nosa máxima, pasalo ben e facelo pasar ben tamén a xente. Podes ver unha ampla reportaxe fotográfica en …”AS NOSAS FOTOS”,  e por certo se queres mandarnos fotos do evento para publicar, xa sabes o noso correo unhagrandechea@hotmail.com

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s