Cambados
27 de Novembro de 2009
MAIS
CURTAS
NOVA
PROXECIÓN DO CICLO CINEMAS DIXITAIS NO CENTRO COMARCAL DO SALNÉS ESTE VENRES 26
DE NOVEMBRO
• O Centro Comarcal do Salnés proxectará,
maña venres 26 de novembro ás 18:00 h. a sesión que se denomina "AS COSTURAS
DOS LENZOS (Muller)", das curtametraxes que se verán hai máis información
no arquivo que se adxunta a esta nova. A entrada é de balde, ata completar
aforo
Achegar
o cine ás vilas que non contan con salas comerciais, promover as producións
audiovisuais galegas e contribuír a estabilizar unha programación audiovisual
nos concellos do país son as necesidades que a Consellaría de Cultura cubriu
con este proxecto.
O
salón de actos do Centro Comarcal do Salnés converterase, de novo, en sala de
cine grazas a esta rede de exhibición que a través do soporte dixital, vai
continuar co ciclo de curtametraxes este venres 26 de novembro coa proxección
do ciclo "AS COSTURAS DOS LENZOS (Muller)" dentro do ciclo cinemas
dixitais.
As
curtametraxes que se proxectarán son:
– A ROSA DOS VENTOS dirixida por Jairo
Iglesias
– AMELIA E AS SEREAS dirixida por Ghaleb
Jaber
– MENIÑA dirixida por Daniel Domínguez
– NAIS dirixida por Mario Iglesias
– TODA CLASE DE PELES dirixida por
Manuel D. Mayo
Esta
proposta pretende dar a coñecer a amplísima e excelente oferta de producións de
curtas e achegar aos cidadáns do Salnés, as últimas producións de curtas sobre
temas diversos.