Cambados 25 de setembro de 2009
GOGUE NUN LIBRO SOBRE AS MATEMÁTICAS
GRAO EDITORIAL OFRÉCELLE ESA OPORTUNIDADE.
As circunstancias polas que se move o caricaturista meco-cambadés Gogue son infinitas. Agora é Graó Editorial http://www.grao.com é unha firma, con 30 anos de experiencia, especializada na edición de libros e revistas de pedagoxía destinadas ao profesorado. Na actualidade, Graó Editorial publica 12 revistas e ten uns 500 títulos vivos no seu catálogo de libros.
Actualmente teñen en proxecto a publicación dun libro que leva por título "Matematicamente competentes para rir" que formará parte da colección Micro-Macro Referencias e no que se recollen viñetas dedicadas ás matemáticas. Trátase dunha iniciativa do autor Pablo Flores (profesor da Universidade de Granada), o cal coleccionou ao longo dos anos 2.000 viñetas humorísticas que utiliza de diversos modos nas clases que imparte aos futuros mestres de matemáticas. Para este libro foron seleccionadas as dúas caricaturas de Gogue que se reproducen máis arriba.