Cambados 31 de Xullo de 2009
“DON RAMÓN” ASISTIU A FESTA
INAUGURACIÓN DA SÚA ESTATUA
COA PRESENZA DE UNHA GRANDE CHEA.
Onte tivo lugar a inauguración da estatua de D. Ramón Cabanillas , que foi colocada na Praza do Concello, coa asistencia de autoridades , familia e como non da presencia de Unha Grande Chea, que entre outras cousas fumos os impulsores de este “Ano Cabanillas 2009”. Gala en Fefiñans, festa na Calzada e festa na Rua Isabel II. As gaitas de Unha Grande Chea volveron a sonar con forza animando a festa e logo a bailar os “playbacks” de D´Tacón. Podes ver todas as fotos do xoves en “As nosas fotos…”.
ACTIVIDADES PARA HOXE:
Alborada a cargo dos grupos de gaitas. As 13.00 horas, apertura dos stands de degustación. As 16 horas no Museo Etnográfico e do Viño, Xornadas técnicas do Albariño. Participación de expertos en trámites administrativos no cultivo, elaboración e comercialiazación do viño. As 22 horas na Praza do Concello verbena popular coa actuación de Verano Azul e Gran Estelares. As 22 h. na Praza de Fefiñans, Concerto de M-CLAN.