Cambados 22 de Xullo de 2009
MICHI CALAMBRES NO RIF ROCK
ACTIVIDADES PARA HOXE EN CAMBADOS
Este Venres… CALAMBRES!!! Este Venres 24 de Xullo,
o Rif-Rock ten o pracer de presentar na nosa cabina unha nova tolemia do…Sr. Michi CALAMBRES!!! nunha sesión moi especial que ademáis nos intruducirá nos sonidos dun dos seus novos proxectos:Triquili-TIKI Recordings!!!Non vo-lo perdades!!!
Máis información en http://www.rifrockerz.blogspot.com
Actividades para hoxe en Cambados:
As once horas na Praia de San Tomé, exhibición de Fit Pilates e clase aberta a maiores de 12 anos. As 20,30 horas no Pazo de Torrado, “As Roladas” (Foi un intento, conducido pola man de Ramón Cabanillas, para crear unhas páxinas literarias e de instrución para divertir, educar e concienciar ao público infantil galego. Nesta publicación colaboraba tamén Wenceslao Fernández Flórez, se ben os seus artigos non chegaron a publicarse, debido a que, desgraciadamente, esta iniciativa non pasou dos dous primeiros números. As ilustracións que aparecen nos dous números publicados maio e xuño de 1922 son de Castelao e de Antonio Palacios. ), sesión de contacontos para nenos “O mar de Cabanillas”, e por último ás 21.30 no Pazo de Torrado exhibición de Body e clase aberta para maiores de 12 anos.