Cambados 28 de Abril de 2009
BRONQUITIS CRÓNICA TERCEIROS NO MÚSICA XOVE ’09
Bronquitis Crónica, o grupo de Hip-Hop cambadés finalmente quedou terceiro na final do Música Xove ’09. Peich un dos seus integrantes non puido cantar por estar aqueixado de faringitis, polo que Bad tivo que facer fronte á situación el só. Os integrantes do grupo estan bastante descontentos pola actuación dos membros do xurado, non cren que estes sexan os máis aptos para puntuar unha actuación de Hip-Hop. Recoñecen que Mito Escrito estivo moi ben, pero non estan de acordo cos gañadores, que ao final foron Tramaturgia (Teo), polo que presentaron un recurso ante a organización. Estaremos pendentes deste recurso, aínda que nestes casos sempre é difícil que algo así prospere, desexámoslles moita sorte de todos os xeitos.
En resumo, o resultado final do concurso foi do seguinte xeito:
Tramaturgia (Teo) 1º clasificado.
Mito Escrito (S.Compostela) 2º clasificado.
Bronquitis Cronica (Cambados) 3º clasificado.
Información recollida de www.cambadosweb.net
Tamén podes ver unha entrevista a Bad, membro de Bronquitis Crónica premendo AQUÍ.