DEPORTES 13/12/07

DEPORTES
FUTBOL
CAMBADOS 2 – MARCÓN 0
unhagrandechea cambados a noia           unhagrandechea cambados mane
Jacobo e Mané en acción (Fotos: Faro de Vigo).
 
O Cambados volveu a dar a cara este fin de semana na Merced, este vez a súa vítima foi o Marcón. Nunha primeira parte case maxistral o Cambados borrou do campo os pontevedreses. Na segunda parte o Cambados adicouse a aguantar o resultado e saír o contragolpe. Grazas a este resultado poñémonos de oitavos pero tan só a dous puntos do líder Marín. Estase a converter nun tópico pero esta categoría está moi igualada. A vindeira xornada desprazámonos a Garda para enfrontarnos a Guardés, esperemos que desta vez deamos tamén a cara fora, está e a nosa sinatura pendente.
—————————————————————————————
PONTEARNELAS 2 – CAMBADOS B 5
UNHAGRANDECHEA CAMBADOS B JUAQUI         unhagrandechea cambados vindeira xornada cambadosfari 
Chon , Vilas e Fari , destacados na segunda parte como o resto do equipo (Fotos: Unha Grande Chea)
 
Un partido un tanto raro o xogado o domingo polos golfiños do Cambados. Unha primeira parte calamitosa, e esta adxectivo é suave, non daban unha,  a defensa era todo auga , sobre todo polo centro Pablo e Chón facian auga, pero non eran eles solos era todo o equipo. Así é que nos fúmoos a caseta con 2-1 a prol do Pontearnelas.  O charla de Mara nos vestiarios durante o descanso foi dura pero efectiva, e así foi que na segunda parte o Cambados trocou totalmente  o Cambados afianzouse a defensa fortaleceuse destacando o xuvenil Vilas que entrou na segunda parte. Fari autor de dous goles a punto estivo de facer o hard-trick. Na segunda parte o Cambados B , foi moi superior liderados por un Beni Pomares intratable. Na segundo parte hai que destacar a todos e sobre todo a súa actitude. Upámonos a quinta praza pero tan só a dous puntos do Deiro, e o domingo recibimos na casa Xil, a "priori" rival  alcanzable, pero non nos debemos confiar senón pódenos pasar o que ocorreu na primeira parte en Pontearnelas ou na segunda do Chispa. Hai que saír concentrados sempre.
—————————————————————-
 TENIS DE MESA
dobles oviedo   unhagrandechea cambados tenias karol
Partido de dobles (Foto : Quique Barreiro) e Karol en acción (Foto Faro de Vigo)
 
Despois do parón da semana pasada, volveu a competición de tenis de mesa con resultados dispares dos equipos cambadeses:
En 1ª división o Estabecimientos Otero mandou a Jacobo, Karol e Edu a Valladolid e Burgos que saldaron cun dobre 0-4, que di moito do estado de forma do equipo Cambadés. O máis salintable foi a victoria de Edu ante Hortal, xogador vallisoletano que o precede no ranking estatal.
O Grupo Barros de 2ª gañou con mais claridade do previsto o Náutico de Vigo con un contundente 4-0. Ñajo, Fer e Miguel (que supleu a Toni) acadaron un importante victoria ante un dos rivais pola fase de ascenso.
Peor foron as cousas en 1ª galega con derrotas en Vilagarcia por 1-4 do Caixanova, que se desprazou con Jandrús, Padín e Jorge e do Joyería Enrique que perderon en Narón por 2-4 e 3-4. Estas dúas derrotas son moi perigosas de cara o obxetivo de manter a categoría.
Noutro dobre desprazamento a Vincios, o equipo de 2ª galega perdeu por un dobre 4-2 ante dous rivais que loitarán polos postos de privilexio da categoría.
Victoria en Monforte por 2-4 do equipo das miniñas, e derrota por 4-1 dos rapaces no Grove ante os Mecos.
No tocante ó Rabade Tm, desprazamento asturiano, no que se acadou unha dobre victoria por 1-4, con especial importancia do segundo ante o Castrillón (rival directo para a fase)
Unha colaboración de Quique Barreiro Jr.
—————————————————————-
BALONCESTO 
CAFEGAL PABILLON 66 – XUVEN 74
unhagrandechea cambados xuven doval
O Xuven deu a "sorpresa" en Ourense, o impoñerse por un rotundo 66-74 a domicilio ante un líder que estaba intratable. Repóñense así dun xeito espectacular a dúas derrotas consecutivas os amarelos. O homes de Doval xogaron un bo encontro. Os cambadeses foron os únicos ate o de agora capaces de facerlle dobrar o xeonllo os ourensáns. A vindeira xornada visítanos o Estudiantes do Lugo que está con cinco vitorias e catro derrotas, nos con sete vitorias e dúas derrocas colocámonos de segundos na táboa de clasificación. O partido da vindeira xornada xogarase o sábado no Pombal as 19.00 horas.
—————————————————————-
ESTAS NOVAS DEPORTIVAS FORON PATROCINADAS POR:
fersuman1   UNHA_GRANDE_CHEA_A_LERIA   unhagrandechea cambados climax
 
UNHAGRANDECHEA CAMBADOS GUAU NOVO  unhagrandechea cambados_Chinelas  UNHAGRANDECHEA ESTABLECIMIENTOS OTERO  ZAo
 
—————————————————————-

“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS

Visita os nosos videos en

http://www.youtube.com/unhagrandechea

Visita as nosas fotos en:

http://www.fotolog.com/unhagrandechea

Visita a nosa música en:

http://www.musicamp3.com/UNHAGRANDECHEA

Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita

http://www.cambadosenfotos.net

DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA

ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com .

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en NOVAS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s