DE TODO UN POUCO…

DE TODO UN POUCO… 
O PANDERETEIRO DE U.G.CH., DIEGO, RAIÑA DAS FESTAS DE SAN ROQUE

     Desta guisa apareceron Diego e a súa peña na Festa da Auga de San Roque (Diego é o primeiro pola dereita), disfrazados de Raiña das Festas e damas de honra. O disfraz veu a conto porque o Concellal do BNG Castro Ratón, con bo criterio, eliminou a elección de raiña, e os nosos maigos non quixeron que este ano faltara. O bo humor é o que ten que reinar nestas festas e asi o fixeron Diego e os seus amigos.

—————————–

O CÉSAR O QUE É DO CESAR E A DIRECTIVA DA PASTORA…

     O sábado 18 de Agosto publicase esta nova en "La Voz de Galicia", i é verdade a medias, efectivamente organizouse unha queimada na Pastora e para ser a primeira vez foi todo un éxito, ademáis de queimada tamén houbo mexiloada, pero non foi organizada polo Concello de Cambados, como din os amigos da Voz, senón que foi organizada e subvencionada enteiramente pola Comisión de Festas de A Pastora, quen en vista do éxito xa están pensando en organizala o ano que ven. Queremos darlle tamén dende aqui a noraboa a Comisión de Festas de A Pastora, porque a festa cada vez vai a máis e a organización foi casi perfecta.

———————————–

POR FIN ALGUNS VECIÑOS DE CAMBADOS PLASMAN OS CHEIROS POR ESCRITO. 

     Tiveron que ser un grupo de veciños , e non precisamente ningunha asociación nin de industriais nin de hosteleros os que plasmaran por escrito os cheiros en Cambados, é un paso moi importante porque pasa de ser "merda normal" a "merda brocrática".

     Como ben sabedes  todos Touris xa lle contestou a eses veciños nos medios de prensa dunha maniera moi taxante "Os cheiros son esporádicos". (¿Esporádicos non quere decir que duren catro ou cinco anos non ?)

—————————————–

A FAMOSA FOTOGRAFO ANTONIA PEÑA E O NOSO ESCULTOR MÁIS UNIVERSAL MANOLO PAZ POSAN CON U.G.CH. NO ALBARIÑO

     A famosa fotógrafo de desnudos Antonia Peña e o noso escultor máis grandioso Manolo Paz posaron con nos na festa de Albariño a vez que disfrutaron do son do noso grupo de gaitas. A Manolo Paz non fai falla presentalo porque todos o coñecemos  por eso describimos de seguido un pequeno curriculum de Antonia Peña: 2000/02 Técnico en Imaxe. Vigo. 2002 Master de Cine. Escola de cine dos Baños de Cuba.
2002/03 Master de fotografía con Alberto García-Alix, Cristina García Rodero, Chema Madoz, Miguel Oriola, Ciuco Gutierrez. Madrid.
Exposicións
2000 Individual  “ Reportaxe sobre o Loureiro” Galería de Vigo.
Individual ?Reportaxe sobre Ecuador? . A Colmea. Pontevedra.
2003 Colectiva   “Leave me Alone I”. No certame de PhotoEspaña.Efti
Colectiva “ Leave me alone I” . Seleccionada pola comisaria
Rosalin Wiliams. ? Centro Cultural de Fresnedilla da Oliva?
Desde 2003 Colabora coas revistas: Sobremesa, A Cazuela, Hoxe, Profesionais Liberais
Desde 2003 Realización de catálogos publicitarios para as empresas: Ramón Pena, Whirlpool, Mallorca, Embassy, Porsche..
2004 Selección E Exposición en xornadas fotográficas. Canle Isabel II. City Vius
Colectiva “ Leave me Alone II” . Galería Acer-Arte. Oviedo.
Portadas para as revistas: Playboy, Interviú, Maxim, Siete
Colectiva “ Leave me Alone II”. Museo de Arte Moderna.
MANEGE, St.petersburgo. Rusia.
Individual “Leave me Alone I, II, III”. Galería Irinamaldonado.Toledo
Individual “ Leave me Alone III” . Galería Dores de Sierra. Madrid . 2005
Tiaf’05, Toronto- Galería Dores de Sierra  pm Gallery. Toronto. Canadá
2006 publicación dun libro de autor coa editorial Udyat.

————————————————–

A PRAZA DE FEFIÑANS NO CUPÓN  DA ONCE.

     O noso colaborador Angel Cambados Tirado tivo a amabilidade de enviarnos un facsimil do cupón da ONCE para o 27 de Agosto no cal o gráfico é a fermosa praza de Fefiñans.

—————————————

¿POR QUÉ NON EN GALEGO? 

     Durante a festa do Albariño deste ano poidemos ver estas duas imaxenes nas que como vedes, obviouse completamente a nosa lingua, gustarianos saber porque non se fixeron eses inscripcións en galego, ou cando menos nas duas linguas (que xa nos parece moito). Se nos van alegar que non o entenden os castelans tamén podemos decir que no entenden os fraceses, os portugueses,  os ingleses ou os chinos (e non precisamente os de San Tomé). ¡¡¡NA GALIZA EN GALEGO!!!

“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS

Visita os nosos videos en

http://www.youtube.com/unhagrandechea

Visita as nosas fotos en:

http://www.fotolog.com/unhagrandechea

Visita a nosa música en:

http://www.musicamp3.com/UNHAGRANDECHEA

Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita

http://www.cambadosenfotos.net

DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA

ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com .

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s