Cambados 20 de Agosto de 2010
SE QUEREMOS REVIVIR O ENTROIDO EN CAMBADOS HAI QUE DECLARAR FESTIVO O MÉRCORES DE CINZA
Entre San Benito, Santa Mariña e o Entroido , quedámonos co primeiro e o último.
A xunta de goberno local de Cambados acordou designar outra vez como festivos locais para o próximo ano os días 11 de xullo, festividade de San Benito, patrón de Triana, e o 18 de xullo, día de Santa Mariña, patroa de Cambados.
Estas dúas datas son, habitualmente, os festivos oficiais na vila do Albariño, dende fai moitos anos, pero tamén dende ese mesmo tempo hai moitos cambadeses que veñen a reivindicar o mércores de cinza como novo festivo en Cambados para revitalizar o entroido na vila tal como se fai nalgunhas cidades, entre elas a exemplar Pontevedra, ou como fan moitos colectivos entre eles os mestres que sempre collen como festivo o mércores de cinza.
San Benito é, con moito, o santo máis venerado en Cambados, e cada ano reúnense miles de fieis para agasallalo. Sen embargo a festividade de Santa Mariña ata non fai moitos anos nin se celebraba na vila, ademais coincide cunha data pouco agraciada tal é o inmentabel 18 de Xullo. Por ende en Cambados todos temos outro patrón, en Fefiñáns San Bieito, en Cambados San Roque e en Santo Tome a Valvanera. A patroa case sobra. Polo tanto REIVINDICAMOS A FESTIVIDADES DO MÉRCORES DE CINZA para que o martes de Entroido todos o gocemos ata o amencer desta festa que pervive en Cambados grazas a Unha Grande Chea.
Cambados 20 Agosto 2010
“IIIEXPERIENCE BAND” O FINAL NON VAN TOCAR EN MEAÑO
David, Berto e Rubi, formaban con Tino este efímero grupo.
O final IIIeXperience band non poden tocar na Festa da Xuventude de Meaño por que lle xurdiu outro compromiso de última hora no traballo do batería Berto Chaves . O festival mantense igual, co resto de grupos, pero o final os cambadeses non poden acudir, unha magoa.
Cambados 18 de Agosto de 2010
“GRAMOLA” NA TERRAZA DÁ ADEGA “DON OLEGARIO”
Mañá ás 22.30 horas e o venres á 1.30 podedes gozar da actuación de Gramola na terraza da Adega “Don Olegario” sita en Refoxos-Corvillón-Cambados.
Gramola son Lorena e Juanma, de Vilagarcía de Arousa. Levan dedicándose a isto da música unha chea de anos, tanto en diferentes bandas da cidade como no coro do Liceo Casino de Vilagarcía.
Desde o seu debut fai dous anos, o dúo estivo tocando sen descanso por toda a xeografía galega cultivando moi boa crítica por parte do público. Tanto é así que realizaron ao longo dos seus dous primeiros anos de vida case 100 concertos,converténdose deste xeito nunha das bandas que máis se moven de Galicia.
Forman parte do seu repertorio versións de grandes clásicos así como de músicos máis actuais: Elvis Presley, The Doors, Jeff Buckley, Janis Joplin, Eric Clapton, Silvio Rodríguez, Harry Nilson, John Lennon, Aretha Frankin ou The Beatles entre outros,ampliando devandito repertorio en cada un dos seus concertos.
Gramola goza enormemente cada un dos seus concertos e isto saben transmitirllo ao público, polo que a diversión está asegurada.
Cambados 18 de Agosto de 2010
SECUENCIA DE “AGALLAS” EN CAMBADOS
RODADA NAS RUINAS DE SANTA MARIÑA
Como todos sabades “Agallas” foi un film que se rodou no noso pais , e concretamente unha das escenas foi rodada en Cambados, nas ruinas de Santa Mariña , entre outros participaron como extras Jacobo Dominguez, Teresa a de Carlos, e Pepiño Nuñez. Aquí tedes o video das escena:
Ficha Técnica da pelicula:
Dirección: Samuel Martín Mateos e Andrés Luque Pérez.
País: España.
Ano: 2009.
Duración: 99 min.
Xénero: Thriller.
Interpretación: Carmelo Gómez (Regueira), Hugo Silva (Sebas), Celso Bugallo (Raúl), Mabel Rivera (tía Elvira), Carlos Sante (Antonio), Xavier Estévez (Couto), Isabel Branco (Chantal), Yoima Valdés (Rosa), Rula Branco (Isolina), Tomás Lijó (Manu).
Guión: Javier Félix Echániz e Juan Antonio Gil Bengoa.
Produción: Pancho Casal e Antonio Saura.
Música: Xabi Font e Arturo Vaqueiro.
Fotografía: Juan Carlos Gómez.
Montaxe: Guillermo Represa.
Dirección artística: Marta Villar.
Vestiario: Ruth Pereira.
Estrea en España: 4 Setembro 2009.
Sebastián (Hugo Silva), un delincuente de pouca sonada recentemente saído de prisión, decide buscar emprego nunha pequena empresa de Galicia. Pero non por vocación desde logo, senón porque algo lle di que o dono da empresa, Regueira (Carmelo Gómez), non se pagou o Jaguar con cangrexos. Mediante unha astucia, faise amigo dun encargado, Raúl (Celso Bugallo), e consegue que lle contraten. Regueira crello só a medias, pero comproba moi rapidamente que aquel mozo de dentes mellados ten agallas e decide convertelo no seu axudante. Aos poucos, Sebas cambia de aspecto, gáñase roupa nova, novos dentes e sobre todo a confianza do seu xefe. Parecerá chegar ao cume ou case. Pero, Sebastián, tan listo e desapiadado, ignora que forma parte dun xogo que lle supera. "Agallas" non está recomendada para menores de 18 anos.
Cambados 18 de Agosto 2010
FESTIVAL PROXECTA 2010
EN VILAGARCIA
Un ano máis podemos gozar do festival fotográfico PROXECTA de Vilagarcía.
Onte foi a súa presentación coa instalación de fotografías a gran escala, da serie REFUXIADOS do fotoperiodista Emilio Morenatti, na rúa peonil do centro de Vilagarcía, Rei Daviña.
O vindeiro xoves 19 de agosto ás 17:30 h. no Auditorio Municipal de Vilagarcía, este fotoperiodista da axencia de noticias Associated Press, ofrecerá unha charla- coloquio sobre as súas propias experiencias profesionais e de como é o traballo diario para unha axencia de noticias nunha zona de conflito.
E ás 22:30 h. terá lugar a proxección do FESTIVAL PROXECTA 2010.
Na rúa paralela a Alcalde Rei Daviña proxectaranse traballos dos seguintes autores:
– Reza Deghati (Iran)
– Daniel Rocha (Portugal).
– José María Díaz Maroto.
– Jorge Candán.
– José Romay.
– Leo Simoes.
– Emilio Morenatti.
– Manuel Outumuro.
– Chou Pesqueira.
– Otto Roca.
– Teresa Sá (Portugal)
– Luís Gabú.
Cambados 16 de Agosto de 2010
UN GRUPO CAMBADÉS NA FESTA DA XUVENTUDE EN MEAÑO
SE FORMARON PARA ACTUAR SO NESTA DATA
O SEU NOME: IIIeXperience Band
Berto Chaves, Rubi Iglesias e David Falcón.
Este venres 20 de Agosto , en Simes (Meaño) van a dar un concerto un grupo cambadés que se formou soo para esta data que se chama a " IIIeXperience Band ". Son David Falcón á guitarra, Berto Chaves na batería e Rubi Iglesioas no baixo (todos eles integrantes de The Henry Warnimont), coa colaboración de Tino Chaves, o pai de Berto, na voz, facendo un concerto de Rock & Blues con versións de Jimi Hendrix, Pink Floyd, Elvis e algún máis. O concerto pertence ó cartel do festival da Xuventude de Simes 2010 e comezará a partir das dez e media da noite do venres.
Cambados 16 de Agosto de 2010
REMATOU O XIII OPEN DO ALBARIÑO
OS GAÑADORES ABSOLUTOS FORON PABLO MOSQUERA E NATALIA GALAN
Onte rematou nas Pistas de Tenis do Pombal en Cambados o XIII Open do Albariño. Este torneo conta xa cunha boa tradición no referente ás competicións oficiais galegas e polo tanto segue a ter unha boa participación de xente, non só de Cambados, que durante os días 14 e 15 competiron por facerse co título de campión ou campiona.
Desde que ou Club de Tenis existe, é esta entidade quen organiza a competición deportiva contando coa colaboración do Concello de Cambados.
En categoría masculina Pablo Mosquera foi proclamado campión e Javier Fidalgo Finalista. En categoría feminina foi Natalia Galán a vencedora e Susi Redondo a finalista.
Ademais celebrouse tamén o Torneo Club de Tenis Cambados, que permitía aos mellores acceder ao Open do Albariño. Entregáronse premios nas categorías Junior, Veterano e Senior. Nesta categoría foi campión David Rodríguez e finalista Javier Fidalgo. En Junior foi Raúl Moreira ou finalista e Andrés Fernández o campión. Para rematar en veteranos fíxose coa primeira praza Luís Fernández, mentres que Jorge Labandeira foi finalista.
Ao remate dous partidos celebrouse unha entrega de premios na cal participaron membros dá actual directiva do Club. Preme no seguinte arquivo para ver máis fotos dá entrega.
![]() |
XIII OPEN DO ALBARIÑO |
Cambados 16 de Agosto de 2010
UNIVERSITARIOS SEN TRABALLO
ESTE SE QUE É UN PROBLEMA QUE DEBERIAN ARRANXAR OS POLITICOS QUE ACTUALMENTE NOS GOBERNAN NA XUNTA E NO ESTADO ESPAÑOL
Cris, Antia, tini e Bigaro, protagonistas do artigo.
Nacidos na Galicia dá posditadura, esoitaron toda a vida que ou que ‘tocaba’ era facer unha carreira. Foron vítimas dunha mentira? Tres de cada dez universitarios ocupa un posto que non lle corresponde e ou paro duplicouse para eles.
Un artigo de Xonal Diario no que os portagonistos son varios mozos de Cambados Margarita Oubiña, Marta Serantes “Tini”, José Antonio Estevez “Bigaro”, Antía Pombo e Cristina Castro “Cris”. Le o artigo completo premendo AQUÍ é moi interesante.
Cambados 16 de Agosto de 2010
O VIDEO DE GWYNETH PALTROW EN CAMBADOS
CORRESPONDENTE O PROGRAMA “SPAIN…ON THE ROAD AGAIN”
Spain..on the road again consta de 13 capítulos, en cada un deles, esta actriz atópase nunha rexión española, percorrendo así Andalucía, Asturias, Castela A Mancha, Castela e León, Catalunya, Galicia, Illas Baleares, Madrid, País Vasco e Valencia.
Este programa de televisión americano escolleu a Gwyneth Paltrow como condutora polo seu coñecemento do castelán, ela estivo de intercambio nun pobo de Talavera cando só contaba con 15 anos e desde entón considera a España como o seu segundo país. Acompáñana na súa viaxe por toda a xeografía española un equipo que conta cunha actriz española, Claudia Bassols, formada interpretativamente en centros de Sydney, Carolina do Norte e Barcelona e que participou en cursos internacionais de París, Los Ángeles ou Madrid. No seguinte video podes ver as imaxenes que rodaron en Cambados.
Más vídeos en Antena3
Cambados 15 de Agosto de 2010
VAIA "MORRO" O DO SR NEIRA.
ACUSANOS OS CAMBADESES DE COPIAR DE "ALBAROUSA"
UNHA MALA COPIA DÁ FESTA DO ALBARIÑO QUE TEN LUGAR EN VILAGARCIA
O copión Sr. Neira.
Hoxe lemos atónitos nun diario arousán, concretamente na Voz de Galicia unha entrevista a un tal Antonio Neira que a sázón ven a ser o fundador dunha festa que di chamarse "Albarousa", e que non deixa de ser unha mala imitación dá Festa do Albariño e a pregunta do entrevistador ¿E que destacaría dentro desta oferta gastronómica? O ínclito Sr. Neira resposta textualmente: –Home, unha dás estrelas dá feira veu de Buño i é a filloa á pedra. Aínda lembro cando convencín ao señor Eduardo para que viñese. Eu mesmo rematei mercando un par de pedras. Veñen dá zona de Fisterra e hai que tratalas con coidado porque, se non está ben preparada, a pedra escacha. Outra innovación nosa é ou viño en pipote de madeira. Hai dous anos vendemos xa viño en pipote de madeira, e agora empezou Cambados. Cambados sempre cópianos, coa gastronomía, con todo.”
Destacamos con cursiva e subraiado este derradeira frase porque non ten desperdicio ningún. De todos é sabido que este ano celebramos en Cambados a LVIII edición da Festa do Viño Albariño que ven a ser a decana das festas gastronómicas de Galicia e a vicedecana do estado español, cando deu comenzo a festa en Cambados o Sr. Neira tiña 17 anos, e ten o morro de dicir que en Cambados copiamoslle todo. Case ten a nosa peña a misma idade que Albarousa.
Non será máis ben o revés Sr. Neira, que vostede inicio Albarousa por ciumes a festa de Cambados sendo unha mala, pero moi mala copia dá nosa festa. No Albariño xa está todo inventado, outra dás súas mentiras é o do “viño en pipote de madeira”, cando anos non leva xa Martin Codax comercializando viño en barrís de madeira de carballo, realmente lamentable Sr. Neira e mais lamentable de todo é que o presidente dá deputación Sr. Louzán financie esta mala copia dá festa do Albariño cambadés. Copión Vde. Sr. Neira.
Cambados 15 de Agosto de 2010
VER CAMBADOS DENDE O MAR
DIN AS MALAS LINGUAS QUE LEVAN OS TURISTAS POLO MAR POLO MAL CHEIRO DAS RÚAS CAMBADESAS.
O kaiak do Alcalde estaba "reforzado".
Onte, o alcalde deste municipio púxose roupa deportiva e subiuse a un dous flamantes kaiaks, iso si coidamos que reforzado dado o impresionante pese do noso rexidor, que comprou ou municipio para realizar rutas pola costa e poder mirar así Cambados desde ou mar, e non sempre ou mar desde Cambados.Esta ruta pódea realizar todo ou mundo: o único requisito que se esixe é saber nadar, non entendemos moi ben o deste requisito, xa que se leve, como deber ser obrigatorio chaleco salvavidas, non debería haber maior problema. A ruta dura unhas dúas horas e ou diñeiro non será impedimento: apuntarse a esta experiencia só costa tres euros por cabeza. Ese diñeiro abre as portas a unha viaxe por mar e, tamén, pola historia dá localidade. Unha historia balizada de invasións viquingas, señoríos feudais, revoltas Irmandiñas, industrias conserveiras… De todos eses aspectos serán puntualmente informados os turistas-piragüistas polos guías e monitores que vos acompañarán en todo ou seu percorrido polo litoral cambadés. Din as malas lenguas que queren levar os turistas polo mar, xa que por terra cheira que apesta. De todos xeitos é unha magoa que haixa cartos para outros deportes e ou primeiro equipo de futbol dá vila estea abandonado dás mais de Deus polas nosas autoridades locais e provinciais.
Cambados 15 de Agosto de 2010
A CAMBADESA LUISA OTERO GAÑA O PRIMEIRO PREMIO DO CONCURSO DE CARTEIS “EN VELA”
SOBRE A INFLUENCIA DO ALCOL NA CONDUCIÓN.
A cambadesa Luisa Otero Cores resultou ser a gañadora do concurso de carteis “En Vela” co que se pretendía buscar o mellor lema e a mellor imaxe para a campaña de seguridade viaria posta en marcha polo Xefe da Policia Local de Cambados o pasado mes de febreiro.
O inspector xefe dá Policía Local dá vila, Maximino Cid Ferro, foi onte o encargado de entregar o premio principal á gañadora e en recoñecer tamén os méritos dous finalistas.
Os dous áccesits do certame foron parar para o ourensán Guillermo Carro e para ou tamén cambadés Héctor Quintela. O xurado do certame valorou a creatividade dos participantes que acudiron en masa á convocatoria. De feito, a ela concurriron un total de 56 traballos que na maior parte eran de distintos puntos de Galicia aínda que algúns chegaron doutros puntos de España.
A vencedora Luisa Otero recibiu un premio de 500 euros por unha composición de tres fotografías que reflicten á perfección o consumo de alcol á unha dá mañá, un coche a gran velocidade sobre as catro e unha avoa mirando pola ventá con xesto de preocupación sobre as sete e media.
Pola súa banda, oos dous áccesits obtiveron unha recompensa de 200 euros por cabeza.
O inspector xefe dá Policía Local coa colaboración dá Xefatura Provincial de Tráfico de Pontevedra puxo en marcha esta iniciativa que tivo como eixo central os alumnos dous dous institutos de secundaria do municipio.
Ou concurso do que se deu a coñecer onte ou fallo é unha fase máis do proxecto. Pretendíase que os mozos participantes buscasen imaxes que servisen para ilustrar unha campaña de concienciación sobre un problema grave como é ou dá relación entre ou alcol e a velocidade na condución.
Ao longo do presente ano porase en marcha outra fase do proxecto coa colaboracións dos locais dá movida cambadesa.
Cambados 15 de Agosto de 2010
UNHA MERECIDA HOMENAXE A SECUNDINO ABAL HOXE
Cambados renderá hoxe unha homenaxe ao mestre gaiteiro Secundino Abal. A cita será ás 20.30 horas non xardín do Pazo de Torrado e nela estarán tamén distintas agrupacións como Os Carballeiras, Os Faíscas ou os Danzantes de Cobas.
Secundino, que se mostra «completamente apracible e contento, ademais de moi agradecido por esta homenaxe», confesa tamén que «aínda non sei como vou actuar non acto e iso que xa non é o primeiro que me fan».
Este mestre de gaiteiros, que coa súa música chegou ata a Arxentina, conta xa 77 anos tocando, durante os cales foi membro de distintos grupos de música galega como Aires de Vilariño ou Os Carballeiras, grupo non que aínda participa de cando en vez.
Despois de converterse en toda unha referencia como gaiteiro, Secundino percorreu toda a comarca ensinando a tocar aos xóvenes interesados na música tradicional a arte de tocar a gaita. Isto tamén o lembra o mestre con moito agarimo, e insiste en que «de todos os que ensinei sempre houbo algúns que destacaron e que se vían moi interesados por este tema. Creo que a música tradicional vive un bo momento».
RESCOLDOS DO ALBARIÑO (II)
AS OUTRAS ESTADISTICAS DO ALBARIÑO: O BOTELLÓN DO PARQUE.
O alcalde, Luis Aragunde, realizou un balance moi positivo da 58 edición da Festa do Albariño situando as cifras estimativas por encima das 70.000 botellas vendidas durante os 5 días de festa. (Os anos anteriores víñanse movendo entre 50 e 60.000 botellas). Un dato moi significativo foron os 22.000 cataviños vendidos polo Consello Regulador (esgotou existencias). Moi ben, pero mirade outras estadisticas:
No Xantar de Confraternidadez parece ser que viñeron os mismos “come de balde” de polo morro. E esqueceuselle o Sr. Alcalde, dar as cifras do “Gran Botellón do Parque” na noite do sábado, imoslle axudar facendo unha valoración aproximada dos datos deste botellón. Participaron unhas 3.000 persoas, consumironse 500 kilos de xeo, 200 botellas de Xenebra, 250 botellas de Whisky, 150 botellas de ron, 150 botellas de Vodka, 600 botellas de Cocacola da litro, 400 botellas de Kas da litro, 3 kilos de chocolate, botaronse 6.000 mexadas no mar (xa que o lugar carece de servizos), Foo incrible pero durante toda a madrugada do sábado sempre habia alguen mexando no malacó, e o Centro de Saude estivo colapsado por ingresos por coma etilico. Non só se bebe albariño nesta fermosa festa.