Humor GRandecheo: DE FEFIÑANS A SANTOME “LIBERANOS DOMINÉ”

Cambados 12 de Agosto de  2010

¡O REFUXIO NECESITA LIBROS USADOS XA!

PARA RECAUDAR FONDOS NA FEIRA DE OPORTUNIDADES

A CELEBRAR OS DIAS 13,14,15 E 16 DE AGOSTO NO PASEO DA CALZADA DE CAMBADOS

Olga Costa

 

Debido ao éxito do pasado fin de semana, queren preparar unha caseta da Protectora de Animais os días 13,14,15 e 16 de agosto no paseo da calzada. Zona Centro axudalle a sufragar os gastos do aluguer da caseta. Por iso necesitan unha vez máis da vosa colaboración, se tedes libros usados que non necesitedes, poderedes doalos á Protectora e así eles pouden volver vender e recadar fondos para a operación de Lucas ( bóxer abandonado con varios tumores, sarna e desnutrido) e o de trosqui(un can que non pode apoiar unha pata xa que ten fractura de fémur). Por iso se podes colaborar chamalles ou envíalles unha mensaxe ou leva os libros directamente o primeiro día da feira e che responderan cal é o punto máis próximo onde ti resides. Podes enviar a mensaxe a olgacambadesa@hotmail.com  ou chamar ao móbil 649919849 Grazas, entre todos podemos.

 

 

 

 

Cambados 12 de Agosto de 2010

CONCERTO DE YOLANDA HYSTERIA

NA TERRAZA DA ADEGA DON OLEGARIO.

HOXE ÁS 22.30 HORAS

  

1.- Yolanda Hysteria.- 2.- Terraza da adega "Don Olegario". (foto recollida de www.donolegario.com , por certo unha suxerencia, deberian poñer a páxina tamén en galego.)

 

Na Terraza de Adega Don Olegario, sita en Refoxos-Corbillón-Cambados, hoxe ás 22.30 horas e máñá a 1.30 horas terá lugar un concerto da cantante Yolanda Hysteria. Para máis información sobre o evento podedes chamar o telefono  986 52 08 86.  A terraza da Adega Don Olegario e ún lugar singular e único para gozar destas noites de verán e que mellor que facelo escoitando boa música e gozando dun gran viño.

 

 

 

 

Cambados 12 de Agosto de 2010

DEMOSTRACIÓN DE CETRERIA

A CARGO DA FAMILIA GONZÁLEZ PORTAS

E EN BENEFICIO DA ASOACIACIÓN PROTECTORA DE ANIMAIS DE CAMBADOS

  

 

Con motivo da Feira de Oportunidades de Cambados que se inaguara maña terá lugar unha  demostración de cetrería. A familia González Portas, de Vilariño (Cambados), -habitual colaboradora da asociación Protectora de animais de Cambados- pon a disposición desta causa as súas aguias e falcóns e os seus coñecementos na cría de aves rapaces. Exporán a estes magníficos exemplares e darán charlas nos seguintes horarios: na inauguración da feira, mañá ás 13.00 horas, e ás 21.00 horas. O sábado volverán en horarios de 12.30, 18.30 e 22.00 horas e o domingo, ás 11.00 e as 18.00 horas.

 

 

 

Cambados 12 de Agosto de 2010
O CUBANO CAMILO GÓMEZ, GAÑA O OPEN DO ALBARIÑO DE XADREZ

 

1.- Os participoantes no aberto.- 2.- o Campión Carlos Gómez.

 

O cubano Camilo Gómez Garrido converteuse no quinto xogador do seu país en conquistar o Aberto Internacional do Albariño de xadrez, campionato que concluíu onte coa celebración dunha última xornada marcada pola emoción, pois había seis xogadores con opcións de proclamarse campións. Camilo Gómez dependía de si mesmo, pois se derrotaba ao portugués José Padeiro xa se aseguraba o título, pero, como era de esperar, a partida terminou en táboas, do mesmo xeito que sucedeu na segunda (Starostits e Dgebuadze) e a terceira (Ciprian-Costica Nanu e Marius Manolache) mesas, pero na cuarta mesa tamén había opcións de triunfo final por parte do luso Viterbo Ferreira, que se enfrontaba co cubano José Anxo Guerra. A resolución desta partida fíxose esperar e iso deulle aínda máis emoción, se cabe ao desenlace do torneo. Finalmente, Guerra botoulle unha man ao seu compatriota vencendo a Ferreira, e nese momento Camilo Gómez proclamábase campión do XXVI Aberto Internacional do Albariño, mellorando o terceiro posto que obtivo o ano pasado. O podio desta edición completárono Dgebuadze e Manolache. Ao termo de todas as partidas procedeuse a celebrar o acto de clausura do campionato, cos discursos preceptivos e a entrega de trofeos aos primeiros clasificados. O tenente alcalde de Cambados presidiu o acto e aproveitou para felicitar a todos os participantes. Os tres primeiros clasificados fixéronse cun trofeo acreditativo e un premio en metálico de 1.100, 800 e 650 euros respectivamente.

 

 

Cambados 11 de Agosto de 2010

BUSCÁNSE GAITEIROS PARA UNHA GRANDE CHEA

 

Moita xente nos preguntou este ano no Albariño porque non tocabamos as gaitas, xa que sempre faciamos pasar un rato agradable os nosos amigos e outra xente que se achegada tanto diante do Bar Silva, como os sábados e domingos nos Postos da Calzada. A nosa resposta sempre foi a mesma i e bo que o público en xeral a coñeza, pois non tocamos porque dous dos gaiteiros concretamente os irmans Cores, Salvador e Xocas, sen dar explicación de ningunha clase, están no seu dereito, non queren seguir tocando, alo menos con Unha Grande Chea. Como moitos sabedes, e sobre todo os nosos amigos en novembro do ano 2008 Salvador e Xocas, abandonaron Unha Grande Chea, por motivos que só eles saben  e non explicaron a ningúen, seguen estando no seu dereito, pero seguiron tocando no grupo de gaitas, incluso este ano asi o fixeron por última vez no xantar de xubiliación de Manolo Pillado. Por que decimos esto, pois porque estamos cansados de responder a unha pregunta que ignoramos e só a poden responder eles Salvador e Xocas, se nón o queren facer ala eles,  continuan estando no seu dereito de non facelo, pero que se sepa que os unicos que saben a resposta son eles. E que conste que nos non temos nada contra eles, e mais seguimos sendo amigos deles mentras queiran e darlle as grazas polos servizos prestados o Grupo de Gaitas.

Dito esto o grupo quedou coxo, xa temos un gaiteiro apalabrado, pero búscanse mais. Cal é o perfil de gaiteiro que buscamos: Pois que queira ensaiar unha vez a semana ou cada quince días (negociable), que non sexan moi puristas e que lle guste botar pezas  de carallada, e obrigatorio sair a tocar no Entroido, no Albariño, festas que organiza a Asociación e outras datas a negociar, e que lle guste moito a carallada. Ah e unha cousa  moi importante ¡NON VAI COBRAR UN PESO!. Todos aqueles interesados poden enviar un e-mail a unhagrandechea@hotmail.com ou chamar por telefono o 626669562.

 

 

 

 

Cambados 11 de Agosto de 2010

RESCOLDOS DO ALBARIÑO (I)

ESPECTACULAR A ENQUISA DE CAMBADOS TK

NON VOLA PERDEDES

A destacar:

A idade do enquisado: moi repartido entre mozos e maiores

Os puntos fortes do albariño, as amizades e a música, o que menos gusta, o desfile de cargos políticos e os atascos.

A edición de 2010 foi mellor e os concertos son lixeiramente mellor valorados. Os lectores queren máis variedade de estilos e máis artistas galegos.

O  xantar do albariño rexeitado por unha maioría abrumadora. Os lectores queren que quen coma pague.

Os lectores dan ducias  de propostas para mellorar a festa do albariño.

O xantar do albariño rexeitado por unha maioría abrumadora. Os lectores queren que quen coma pague.

Os lectores dan ducias  de propostas para mellorar a festa do albariño.

Toda a enquisa así como os ficheros serán remitidos ao concello de cambados como se propuxo desde a páxina cambadosweb para que todas as vosas opinións cheguen a quen ten competencias na organización. porque o que opinas, importa.

Para maior información visita www.cambados.tk ou mira directamente os datos da enquisa premendo AQUI.

 

 

Cambados 10 de Agosto de 2010
O GRUPO CORNELIUS PIDE O NOSO VOTO
PARA OPTAR Ó I PREMIO Ó MELLOR ARTISTA ESPAÑOL NOS "MTV MUSIC AWARDS 2010"
ENTRE OS SEUS COMPOÑENTES FIGURA O CAMBADÉS VILAS LOSADA

O Cambadés Vilas Losada é o teclista do grupo é o primeiro pola esquerda.

O Grupo  arousán Cornelius esta na lista de grupos nacionais que seleccionou a MTV para elixir aos cinco artistas nacionais que optan ao l Premio ao Mellor Artista Español nos "MTV Music Awards 2010" Se podes perder un minuto e gústache a súa música, vota e inclúenos entre os teus cinco favoritos.
Este é o link para votar se vos apetece :
http://concursos.mtv.es/especiales/emas2010/index.jhtml 

Podes votar cantas veces queiras.

Entre os seus compoñentes figura o cambadés Vilas Losada, teclista do grupo , que ademáis de ser un gran músico e un moi bo inxenieiro de son.  

 

 

 

Cambados 10  de Agosto de 2010

EXPOSICIÓN INÉDITA EN CAMBADOS

DE PRATA E TAPICES “PARA&TA”

 

A exposición que terá lugar no Centro Comarcal do Salnés , en Cambados, do día 15 ao 31 de Agosto. Pra&Ta  e unha mostra de 4 artesáns galegos unidos polo común denominador da obra ben feita e con un alto componente artístico das pezas. Ana Martínez mostra as suas pezas de Orfebrería nás que se poden ver as Orixinais Pezas do Románico Galego así como outras pezas de marcado carácter innovador. Fina Sedes e Xabier Rguez mostran os seus Tapices nos que se poden ver obras propias e interpretacións de obras de pintores como Virxilio, González Collado ou Carlos Maside. Teodoro Castro lanza-nós  o mundo da automoción da man de Bugatti, Golden Arrow ou Pegaso, coches de colección para os amantes dos detalles exclusivos.

Unha mostra inusual no mundo das exposicións.

Mais info:  Xabier Rguez&Josefina Sedes- Obradoiro de Tapices Galicia – Telf: 981/230/589 – Móbil: 636/233/199 – http://tapizgalicia.artelista.com/  – e-mail: tapizgalicia@gmail.com

 

 

 

 

Cambados 9 de Agosto de 2010
504 NO FESTIVAL URBAN VGA
O DIA 13 DE AGOSTO
NO PARQUE DO CAVADELO  DE VILAGARCIA

A terceira edición do Urban VGA celebrarase no parque do Cavadelo o venres, día 13. O festival desenvolverase durante toda a xornada e está previsto que comece ás 11 horas ata aproximadamente as 4.00 da madrugada.
Durante todo o día a música hip-hop mesturarase con exhibicións de skate e BMX e coa arte dos graffiteros. Esta iniciativa, como en anos anteriores, está marcada polo movemento e as disciplinas que viran ao redor da cultura urbana.
O obxectivo que teñen desde a organización, na que participa a concellería de Xuventude, a produtora Mulas produccións, e demais patrocinadores, é que este festival poida conseguir a súa consolidación entre os certames que se están celebrando no resto do país deste tipo de música.
CARÁCTER INTERNACIONAL
A música é unha parte fundamental deste festival polo que a organización buscou facer un cartel atractivo para todo tipo de públicos, ata aqueles que nun principio non estean ligados á cultura do rap nin do hip-hop.
A edición deste ano, como novidade, vai ter a presenza de artistas internacionais. Deste xeito actuará Dee7, estrela neoyorkina de referencia en todo o mundo.
Outros dos artistas que actuarán e marcarán o estilo de fóra das nosas fronteiras, son Marcos Coll, Lechowski, ou Funky Omar, dj que traballa coa cantautora Bebe.
Como non podía ser doutra forma tamén haberá grupos galegos que se subirán ao escenario. O conxunto “Melandrómena” mostrará o seu rap con influencias do kitsch e a serie B cantado en galego e “504” formado por mozos con moito talento, da comarca do Salnés, de Vilagarcía de Arousa e de Cambados.
Ademais da variedade de grupos, tamén se buscan diversos estilos. Así estes grupos teñen previsto facer un espectáculo que non só se basee en música relacionada coa cultura urbana polo que por exemplo, Lechowski acompañará as súas rimas coa música dun saxofonista.
Ademais, outros artistas farán variacións nas súas actuacións que pasarán polo funky e o soul.
Entre concerto e concerto os afeccionados ao rap terán a súa oportunidade para cantar ante todo o público. Así se celebrará a “batalla de galos” sobre as 23 horas. Todo aquel que estea interesado en apuntarse nesta competición, que ten premios en metálico de 300, 200 e 100 euros para os tres que consigan converterse nos reis do “galiñeiro”, pode facelo a través da concellería de Xuventude, no teléfono de Mulas produccións 689 70 34 93 ou enviando un correo a urbanvga@mulasproducions.com. Esta iniciativa, comentan desde a organización “é unha plataforma para descubrir novos talentos”
Un artigo de Carmen Ferro.

 

 

Cambados 7 de Agosto de 2010

ACTOS PREVISTA PARA O DOMINGO 08 DE AGOSTO

A  DESTACAR A XORNADA DE CICLISMO.

Na foto, os Irmans Sánchez Losada, sinalados cunha flecha, Modesto e Miguel Angel, sirva de homanxe os mesmos, quenes tanto fixeron por este deporte en Cambados , sobre todo Modesto, xa  que Miguel Angel viu truncada a súa prometedora carreira por un desgrazado accidente.

 

FESTA EUROPEA DO VIÑO e III FEIRA DE ARTESANíA E COMERCIO . FESTIVIDADE DO CARME EN CORVILLÓN . V ENCONTRO INTERNACIONAL DE PALILLEIRAS NO PAZO DE

TORRADO.

Alborada a cargo de grupos de gaitas.

Na Praza de Fefiñáns concentración de motos antigas organizada pola asociación “Motos Vellas do Salnés”. A continuación percorrido mototurístico polas rúas de Cambados.

No IES Ramón Cabanillas XXV Open Infantil de Xadrez

10:00 h No Pazo de Torrado acto de presentación das palilleiras e exposición dos traballos.

10.30 h. XLII Edición do Gran Premio de ciclismo do Albariño.

12.30 h. Copa Deputación de Pontevedra de Ciclismo. Categoría Élite.

16:00 h No Pazo de Torrado entrega de distintivos

 

 
 
 
Cambados 7 de Agosto de 2010

XXVI ABERTO INTERNACIONAL XADREZ ALBARIÑO

DGEBUAZDE, IVANOV, NANU E GÓMEZ LIDERAN EMPATADOS O ABERTO DO ALBARIÑO DE XADREZ.

Estase a celebrar en Cambados, no I.E.S. Ramón Cabanillas o XXVI Aberto Internacional Xadrez Albariño, comenzou o día 3 de agosto pasado e remata o vindeiro  11 de Agosto de 2010.

Ivanov-Dgebuadze

Catro xadrecistas figuran empatados á fronte da clasificación do Aberto do Albariño de xadrez cando se celebraron as catro primeiras roldas da competición. Dgebuaadze, que gañou a Roberto Carlos Gómez, e Camilo Gómez, que superou a Daniel Rivera sumáronse á cabeza da clasificación, que xa ocupaban Jordan Ivanov e Ciprian Nanu, que asinaron táboas no seu enfrontamento de onte no primeiro taboleiro. Os catro teñen 3,5 puntos. Trece xadrecistas máis teñen tres.

Nanu-Camilo Gómez

Os emparellamentos para hoxe son Ivanov-Dgebuadze e Nanu-Camilo Gómez nos dous primeiros taboleiros.  O bulgaro Ivanov xa se fixera con este aberto no ano 1999 e o romanés Cirpian Nanu foi campión na edición do 2003.

 
 
 
Cambados 6 de Agosto de 2010

ACTOS EN CAMBADOS PARA O SÁBADO 07 DE AGOSTO.

A DESTACAR: A ACTUACIÓN DO GRUPO DE MUSICA E BAILE TRADICIONAL "XACARANDAINA"

FESTA EUROPEA DO VIÑO e III FEIRA DE ARTESANíA E COMERCIO

FESTIVIDADE DE SAN MAMEDE EN CORVILLÓN E O CARMEN VILARIÑO

Alborada a cargo de grupos de gaitas.

16:30 h No Circuíto Urbano de Cambados XLIII Gran Premio Ciclista do Albariño.

19:00 h Misa Cantada na Parroquial de Vilariño. A continuación procesión acompañada de grupos de gaitas e os Danzantes de Cobas.

As 19.30 horas, no Campo Municipal de Burgáns, eliminatoria da Copa Deputación a disputar entre os equicos Club Juventud de Cambados e Gran Peña.

Pola noite verbena popular coas orquestras JUAN MAYO e SIERRA DE LUNA. A partir das 12:00 h chocolatada e rosca para os asistentes.

22:00 h Na Praza de Fefiñáns “Brinde das Estrelas” e fogos artificiais.

22:30 h Na Praza de Fefiñáns actuación do grupo de música e baile Tradicional XACARANDAINA dentro do programa Danza3 da Xunta de Galicia.

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar un comentario