Cambados 6 de Agosto de 2010
12+1 CONCENTRACIÓN DE MOTOS VELLAS DO SALNES
O vindeiro domingo a partires das 11 da mañá terá lugar na Praza de Fefiñáns de Cambados a 12+1 Concentración de Motos Vellas do Salnés para motos anteriores a 1970. A saida será dende a devantita praza e marcha percorrerá as estradas do Salnés. Rematará a mesma cun xantar en Casa Rosita de Cambados, para maior información entra en http://motosvellasdosalnes.blogspot.com/
Cambados 6 de Agosto de 2010
APRETADO FIN DE SEMANA DEPORTIVO EN CAMBADOS
O cargado fin de semana deportivo de Cambados comeza hoxe coa disputa da XVI Milla Urbana do Albariño no tradicional circuito do paseo marítimo de O Borrón (a partir das 19 horas). A proba divídese en catro categorías, segundo as idades dos participantes. Na categoría A compiten nenos e nenas de 10 a 13 anos. A categoría B está reservada a mozos e mozas de 14 a 17 anos. Os competidores percorrerán un circuito de 800 metros. A categoría raíña está reservada ós atletas senior, de idades comprendidas entre os 18 e os 40 anos, os cales percorrerán a doble milla (3.200 metros) polo mesmo circuito. A última das carreiras inclúe a corredores que superen os 41 anos, os cales percorrerán 1 milla.
O presidente do Club Ciclista Cambados, Ernesto Falcón, presentou onte o Gran Premio Ciclista do Albariño que leva 42 anos seguidos celebrándose e que nesta ocasión vai a coincidir coa Volta ó Salnés, carreira que regresa a Cambados, vila na que naceu alá polos oitenta da man do club ciclista local, entidade organizadora do XLII Gran Premio do Albariño que se celebra o domingo, a partir das 10.30 horas, nun circuito urbano de 1.150 metros con saida e chegada na Avenida de Galicia, preto da Sociedade Cultural. Os ciclistas correrán ata a glorieta do Centro de Saúde, xirarán cara o paseo marítimo do Borrón con volta no cruce de Catro Camiños para volver á Avenida de Galicia. Estas rúas permanecerán pechadas ao tráfico durante a mañá do domingo.
Doutrabanda o vindeiro sábado ás 19.30 horas no Campo Municipal de Burgáns presentación en partido oficial do Club Juventud Cambados, en disputa da Copa Deputación de Pontevedra, fronte o Gran Peña.
Cambados 6 de Agosto de 2010
II ENCONTRO SAGARRISTA EN CAMBADOS HOXE
Tras o primeiro encontro Sagarrista de verán de 2007, neste 2010 vólvese a realizar a segunda cita en Galicia co antigo barco Chasula como sede para pescar cos nosos adorables carretes.
Esta cita vai ser moi especial por estes motivos
Do desenvolvemento do encontro, vaise realizar un documental para a canle CAZA e PESCA polo director e produtor Yago Mazoy, tendo como temática o sagarrismo e esta cita de fío argumental.
Participar este en este encontro xa que logo suporá unha ocasión única e irrepetible para divulgar a nosa causa, e os participantes mediante declaracións ou entrevistas serán protagonistas do que supón o coleccionismo.
O director de documentais deYago Mazoy gravando en Bilbao ao noso querido amigo e coordinador de Nostálxicos Juan Urrutia pois está elaborando un documental do que xa informaremos cando estea listo para emitirse. Este realizador será quen nos grave aos membros deste encontro.
Doutra banda as adegas galegas MARTÍN CODAX ofrécennos as súas instalacións para realizar unha exposición de carretes nun marco incomparable, unhas instalacións de auténtico luxo para saborear a xornada unha cata para repor forzas.
Poriámonos máis ou menos de acordo para entre todos mostrar unha representación de distintos modelos, acorde co que cada un dispón.
A ter en conta que este ano é Xacobeo, polo que tamén supón un motivo para visitar a catedral de Santiago, xa que Galicia está de festa.
Todo aquel interesado en participar neste encontro pode facer unha preinscrición no noso mail sagarracarretes@gmail.com para ir valorando os interesados, e planificar a saída ou prazas de reserva se as houbesen.
Comentar que a idea é realizar esta saída de Galicia de xeito esporádico cada varios anos non de carácter anual polo que é unha ocasión irrepetible, pois non se sabe cando se volverá a facer, pero en calquera caso o da Canle Caza e Pesca unicamente será nesta ocasión.
O prezo é de 60 euros por participante e inclúe:
-Xornada de entre 4 a 5 horas de pesca deportiva a bordo do barco Chasula
-Cebo tipo quisquilla que proporciona un mariñeiro da zona (outros cebos como coreanas corren a conta de cada participante)
-Comida na borda do barco
-Cata nas adegas MARTIN CÓDAX achegado por esta empresa.
-Camiseta e gorra marca TUBERTINI (marca de pesca de competición de pesca deportiva) achegadas por esta empresa e que se ten que levar obrigatoriamente ao longo da xornada. Se é factible imprimirase o logotipo de Nostálxicos neste polo
¡¡PRAZAS MOI LIMITADAS POLA CAPACIDADE DO BARCO E QUE XA HAI VARIOS APUNTADOS, ILUSTRES NOSTÁLXICOS !!!!
PROGRAMA DE ACTOS. DÍA 6 DE AGOSTO (VENRES)
10.00. Concentración no porto de San Tomei (Cambados-Pontevedra)xunto ao barco Chasula para posteriormente acudir todos, cada un cos seus medios ou vehículo, ás adegas Martín Códax situadas nas proximidades de Cambados.
10.30-11.00 Chegada ás adegas Martín Códax de Cambados para montar unha exposición de carretes (cada un levará entre 3 a 4 unidades) onde realizaremos a gravación de entrevistas para o documental de Canle Caza e Pesca. Refrixerio e cata ofrecida por esta casa. Nestas modernas instalacións desta selecta marca de viños gozaremos dun miradoiro impresionante e panorámico da ría de Arousa e as súas illas.
14.30. Saída desde o barco Chasula o porto de Cambados, soltaremos amarras aos caladores e durante a ruta realizar o xantar do día a bordo mentres navegamos por ríaa rumbo aos pesqueiros.
O PATRÓN DO CHASULA ISIDRO ADEMAIS SERÁ COCIÑEIRO NESTA OCASIÓN con gastronomía mariñeira galega
MENÚ A bordo DO BARCO
-Mexillóns de Arousa ao vapor, Empanada de zamburiñas , Sardiñas ao ?Chasula? preparadas con receita mariñeira galega, Sobremesa , Café, Viño, cervexas, refrescos e auga, Pan
Ao longo da tarde, pesca cos nosos Sagarra por distintas postas.
20.00. Chegada ao porto de Cambados. Finalización da xornada, pero se pode ir tomar algo se se forma un grupo, pero xa fose dos actos e do programa.
Cambados 6 de Agosto de 2010
GOGUE ILUSTRA O PRIMEIRO NÚMERO DÁ REVISTA “DINAMITA”
O noso Gogue, o caricaturista de fama mundial , meco de ascendencia cambadesa, ilustrou a portada do primeiro número de Dinamita, revista de humor estadounidense que debuta este mes. A publicación edítase en español e ten distribución en Carolina do Sur.
Os contidos da revista son definidas polo seu director Camilo Ramírez. “teremos editorial da caricatura, tamén contaremos con seccións de chistes, curiosidades, pasatempos, chistes gráficos, eventos da cidade e moito máis”.
Os lugares onde se comezará a repartir son Berea, Easley, Mauldin, Simpsonville, Taylors, Greer, Boiling Springs, Duncan, Spartanburg, Greenville, Roebuck, Inman, Woodruff, Lyman, Piedmont.
Polo momento está dirixida á comunidade hispana, cunha pequena sección en inglés, que dependendo da acollida podería ir crecendo a medio prazo. A revista é de difusión gratuíta.
Preme AQUÍ para ver o primeira editorial da revista.
Cambados 5 de Agosto de 2010
ACTOS PARA MAÑÁN VENRES EN CAMBADOS
A DESTACAR A ACTUACIÓN DO “CIRCO ACROBÁTICO DE PEKÍN”
FESTA EUROPEA DO VIÑO e III FEIRA DE ARTESANíA E COMERCIO
Alborada a cargo de grupos de gaitas.
11:00 h-12:00 h e de 12:00 h-13:00 h No Pazo de Torrado Obradoiros e exhibición artesá de prata e acibeche para nen@s.
13:00 h No Paseo da Calzada Inauguración dos stands dos produtos artesáns e dos Viños do mundo.
19:00 h No Paseo Marítimo de San Tomé XVI Milla Urbana do Albariño.
21:00 h No pavillón de Santo Tomé Campionato 24HORAS organizado pola Asociación Xuvenil Retranca.
22:00 h Na Praza de Fefiñáns “CIRCO ACROBÁTICO DE PEKIN”. Un espectáculo que inclúe números de equilibrismo e malabarismo, acrobacias aéreas con animais, farsas circenses, imitacións, maxia e actuacións de gran coordinación do grupo de funanbulistas e malabaristas.
A historia deste circo acrobático comezou nos Anos 50 co nome de “Nueva China” e foi o primeiro grupo que saíu o estranxeiro representando o país asiático. Dende o seu nacemento percorreu 80 países e contribuíu a establecer relacións entre China e o resto do mundo a través da difusión da súa cultura e dos seus espectáculos de acrobacias. Patrocinado pola obra Social Caixanova.
Cambados 5 de Agosto de 2010
PARTICIPA NA ENQUISA DE www.cambados.tk SOBRE O ALBARIÑO
¡¡¡OPINA!!!
Cambados(tk) lanza unha pequena enquisa que aborda algúns temas da festa do Albariño, podes repostar en http://polldaddy.com/s/F09C6D7C4BCAEC0D . De todas formas, dado o limitado das preguntas, podes achegar tamén a túa opinión vía Facebook! http://www.cambados.tk/
Por certo podes ver máis fotos do albariño publicadas no Xornal Diario premendo AQUI.
II ENCONTRO SAGARRISTA EN CAMBADOS HOXE
Esta cita vai ser moi especial por estes motivos
Do desenvolvemento do encontro, vaise realizar un documental para a canle CAZA e PESCA polo director e produtor Yago Mazoy, tendo como temática o sagarrismo e esta cita de fío argumental.
Participar este en este encontro xa que logo suporá unha ocasión única e irrepetible para divulgar a nosa causa, e os participantes mediante declaracións ou entrevistas serán protagonistas do que supón o coleccionismo.
O director de documentais deYago Mazoy gravando en Bilbao ao noso querido amigo e coordinador de Nostálxicos Juan Urrutia pois está elaborando un documental do que xa informaremos cando estea listo para emitirse. Este realizador será quen nos grave aos membros deste encontro.
Poriámonos máis ou menos de acordo para entre todos mostrar unha representación de distintos modelos, acorde co que cada un dispón.
A ter en conta que este ano é Xacobeo, polo que tamén supón un motivo para visitar a catedral de Santiago, xa que Galicia está de festa.
Todo aquel interesado en participar neste encontro pode facer unha preinscrición no noso mail sagarracarretes@gmail.com para ir valorando os interesados, e planificar a saída ou prazas de reserva se as houbesen.
Comentar que a idea é realizar esta saída de Galicia de xeito esporádico cada varios anos non de carácter anual polo que é unha ocasión irrepetible, pois non se sabe cando se volverá a facer, pero en calquera caso o da Canle Caza e Pesca unicamente será nesta ocasión.
O prezo é de 60 euros por participante e inclúe:
-Xornada de entre 4 a 5 horas de pesca deportiva a bordo do barco Chasula
-Cebo tipo quisquilla que proporciona un mariñeiro da zona (outros cebos como coreanas corren a conta de cada participante)
-Comida na borda do barco
-Cata nas adegas MARTIN CÓDAX achegado por esta empresa.
-Camiseta e gorra marca TUBERTINI (marca de pesca de competición de pesca deportiva) achegadas por esta empresa e que se ten que levar obrigatoriamente ao longo da xornada. Se é factible imprimirase o logotipo de Nostálxicos neste polo
¡¡PRAZAS MOI LIMITADAS POLA CAPACIDADE DO BARCO E QUE XA HAI VARIOS APUNTADOS, ILUSTRES NOSTÁLXICOS !!!!
PROGRAMA DE ACTOS. DÍA 6 DE AGOSTO (VENRES)
10.00. Concentración no porto de San Tomei (Cambados-Pontevedra)xunto ao barco Chasula para posteriormente acudir todos, cada un cos seus medios ou vehículo, ás adegas Martín Códax situadas nas proximidades de Cambados.
10.30-11.00 Chegada ás adegas Martín Códax de Cambados para montar unha exposición de carretes (cada un levará entre 3 a 4 unidades) onde realizaremos a gravación de entrevistas para o documental de Canle Caza e Pesca. Refrixerio e cata ofrecida por esta casa. Nestas modernas instalacións desta selecta marca de viños gozaremos dun miradoiro impresionante e panorámico da ría de Arousa e as súas illas.
14.30. Saída desde o barco Chasula o porto de Cambados, soltaremos amarras aos caladores e durante a ruta realizar o xantar do día a bordo mentres navegamos por ríaa rumbo aos pesqueiros.
MENÚ A bordo DO BARCO
-Mexillóns de Arousa ao vapor, Empanada de zamburiñas , Sardiñas ao ?Chasula? preparadas con receita mariñeira galega, Sobremesa , Café, Viño, cervexas, refrescos e auga, Pan
Ao longo da tarde, pesca cos nosos Sagarra por distintas postas.
20.00. Chegada ao porto de Cambados. Finalización da xornada, pero se pode ir tomar algo se se forma un grupo, pero xa fose dos actos e do programa.
GOGUE ILUSTRA O PRIMEIRO NÚMERO DÁ REVISTA “DINAMITA”
Os contidos da revista son definidas polo seu director Camilo Ramírez. “teremos editorial da caricatura, tamén contaremos con seccións de chistes, curiosidades, pasatempos, chistes gráficos, eventos da cidade e moito máis”.
Os lugares onde se comezará a repartir son Berea, Easley, Mauldin, Simpsonville, Taylors, Greer, Boiling Springs, Duncan, Spartanburg, Greenville, Roebuck, Inman, Woodruff, Lyman, Piedmont.
Polo momento está dirixida á comunidade hispana, cunha pequena sección en inglés, que dependendo da acollida podería ir crecendo a medio prazo. A revista é de difusión gratuíta.
Cambados 5 de Agosto de 2010
A FIGHEIRA DO MECO ORGANIZA UN FESTIVAL NO MONTE SIRADELLA
O GROVE (PONTEVEDRA), 3 de xullo – Un total de sete bandas galegas de diferentes estilos participarán este sábado, 7 de agosto, no primeiro festival organizado pola asociación cultural A Figheira do Meco no Monte Siradella (O Grove). Un evento que, baixo o lema de “pola conservación do patrimonio cultural” reunirá neste paraxe natural do municipio pontevedrés do Grove a Bulldozers, Avante, Analogic, Frakaso Skolar, Mala Ratxa, John Deeres e Grove Hustla, nun festival que dará comezo ás dez da noite e se prolongará ata ás cinco da madrugada. A entrada será gratuíta e haberá un posto de venda de bebida, comida e merchandising a prezos populares.
A Figheira do Meco é unha asociación cultural nacida no municipio grovense a comezos do presente ano, como consecuencia da reunión dun grupo de mozos e mozas que compartía a inquedanza de promover algún concerto na vila. Finalmente estas xuntanzas remataron por dar forma a un proxecto máis amplo e ambicioso, no que teñen cabida tanto as actividades culturais como aquelas relacionadas coa protección do entorno natural. Nacía deste xeito unha nova asociación cultural, que xa conta con máis de cincuenta socios, e que tomou o seu nome da árbore na que, segundo a tradición popular, apareceu pendurado o cadáver do señor feudal don Juan de la Meca no século XVI.
A presentación desta asociación tivo lugar o pasado 15 de maio cun concerto na sala TNT, no que participaron Arenga, Mala Ratxa e Analogic –as dúas últimas repetirán no festival do vindeiro sábado–. Dende entón, encargáronse de organizar dúas rutas de sendeirismo polo municipio e outras tantas sardiñadas no seu local social, que resultaron multitudinarias.
BULLDOZERS (Punk Rock / A Coruña)
Trío formado a mediados do pasado 2009 por Rodrigo (guitarra e voz), Dani (baixo e coros) e Jacobo (batería) na cidade da Coruña. Recentemente plasmaron a súa contundente e enérxica proposta, na que o punk rock se combina co hard rock máis clásico ou mesmo co heavy en temas de pouco máis de dous minutos nos que non hai lugar para a calma, nunha primeira maqueta, gravada nos coruñeses estudos Treboada.
www.myspace.com/bulldozersrockandroll
Telf: 645064998
AVANTE (Rock / Arteixo)
Proxecto musical nacido no coruñés Val de Loureda, da man de Diego Bernal (guitarra rítmica) e Alberto Pombo (guitarra solista e voz), ambos socios da Asociación Galega da Lingua (AGAL) e que posteriormente se completaría coa chegada de Rubém Nunes ‘Kako’ (Baixo) e Iago F. Vidal (batería). Este cuarteto que postula unha firme defensa do reintegracionismo, ten no rock da banda irlandesa Thin Lizzy a súa principal influencia.
Tras xuntarse a finais de 2009 e debutar sobre os escenarios no pasado mes de abril, Avante presentou recentemente a súa primeira gravación Galicia metal que foi confeccionada a comezos de 2010 nos estudos Visue de Arteixo. Nestes seus primeiros pasos, tamén veñen de ser nomeados finalistas do certame musical A Coruña Son, despois de que as composicións que presentaron fosen ás máis votadas polos internautas. Por outra parte, tamén foron o grupo máis apoiado na votación popular do concurso Cantalingua, e acaban de presentar o seu novo tema Todo termina mal ao certame Musicando a Carvalho Calero, que organizan a AGAL e o portal Komunicando.net.
Telf: 637450500
ANALOGIC (Rock progresivo / O Grove)
Cuarteto formado no ano 2007 na vila grovense, e que tras varios cambios de formación, actualmente está integrado por David ao baixo, Jaime á guitarra, Trigo á batería e Anxo como vocalista. Un anos despois do seu nacemento, esta agrupación plasmou nun primeiro EP, gravado nos estudos Sonidina do Grove, a súa aposta polo rock progresivo e experimental na que defenden temas complexos e melódicos con letras que reflexionan respecto da natureza humana. Neste 2010, Analogic volveu entrar no estudo para gravar unha segunda maqueta, que xa está practicamente finalizada.
Telf: 667686560
FRAKASO SKOLAR (Punk / A Guarda)
Sexteto de punk rock creado na Guarda no ano 2005, grazas a unión dos membros de dúas bandas locais, Esjarro e Kapatxo. Os guitarristas Dani e Carlos, o baixista Bruno, o baterista Isma e os vocalistas Chema e Iria presentarán un directo protagonizado polas súas propias composicións, temas contundentes con letras en castelán e en galego, co que xa acudiron a dúas edicións do MorrazoRock e que neste ano 2010 pretenden trasladar ao estudo, co obxectivo de dar forma a unha primeira gravación que inicialmente estará composta por un total de dez temas.
www.myspace.com/frakasoskolarband
Telf: 609831021
MALA RATXA (Punk, hardocore / Marín)
Grupo de música punk e vocación “anticomercial”, nacido nun garaxe de Ardán, en Marín, co único obxectivo de gozar tocando. Tras varios cambios de formación e un lustro de actividade, esta formación esta integrada actualmente por Rubén Villegas (guitarra), Sergio Martínez (baixo), Samuel Acuña (guitarra e voz), e Manuel (batería). No pasado ano 2009 presentaron a súa primeira gravación Konsume o muere, un traballo autoxestionado que se pode descargar de xeito gratuíto da Internet.
Telf: 618727079
JOHN DEERES (Rock / A Estrada)
Grupo de hard rock en galego creado fai tres anos polos integrantes da banda estradense disKordia, que decidiron confeccionar un novo proxecto no que buscaban un son máis escuro, con claras influenzas da música dos anos setenta. En directo, Os John Deeres presentan un repertorio propio composto por temas de corte clásico, adubados con pinceladas de hard rock e algunha pinga de psicodelia, e que completan con versións de grandes mitos do rock como Led Zeppelin, Black Sabbath ou Jimi Hendrix. Recentemente o grupo sufriu un pequeno parón obrigado polo cambio de vocalista, para retornar de seguido aos escenarios despois dun ano 2009 no que percorreron boa parte da xeografía galega e actuaron en eventos como o Festigal, en Santiago de Compostela. Ao igual que Avante, os John Deeres foron outra das bandas declaradas finalistas do certame A Coruña Son.
Telf: 650647079
GROVE HUSTLA (Hip hop / O Grove)
Conforman con Analogic a representación vocal neste certame, e porán tamén a nota discordante nun evento eminentemente rockeiro. Este grupo de rap foi creado no ano 2005 polos mc Djow, Darwing, Aka, X3, El Brother e o produtor XuryPro, e nese mesmo ano presentaron a súa primeira maqueta 13, á que sucedeu unha segunda en 2008. Dende entón veñen presentando as súas composicións en diferentes puntos da xeografía galega.
Telf: 635209918
+info do evento: 645 377 364 (Asociación Cultural A Figheira do Meco)
Cambados 3 de Agosto de 2010
CRISIS, WHAT CRISIS?
NO PP, OU MINTE FEIJOO OU ARAGUNDE…OU OS DOUS.
O titulo desta artigo era tamén un titulo dun famoso LP dun grupo mítico chamado SUPERTRAMP, e ven isto a colación porque fai uns dias o presidente da Xunta o ínclito Sr. Feijoo dicianos por activa e por pasiva que Galicia estaba en crise , que non había cartos e que había que cenguirse o cinto, habería que suprimir cargos públicos e aforrar noutras cousas. Moito caso non lle debeu de facer o Alcalde Popular Luís Aragunde quen novamente, burlándose de todos os cambadeses volveu a montar outra “Romaría Popular” a conta dos seus cidadáns invitando a comer nada máis e nada menos que a setecentos persoas todas elas vinculadas dun xeito ou doutro o Partido Popular, gastando en darlle de comer a todos estes “come de balde” nada máis e nada menos que 35.000 euros, si señores como o len, nada máis e nada menos que 35.000 euros (case seis millóns das antigas pesetas) mías dun 25% do orzamento da festa do Albariño. Ata certo punto considerariamos lóxico invitar as novos cabaleiros, conselleiros, e invitadas especiais que sendo magnánimos non chegarían a 100 persoas, pero as 600 restantes, ¿quen son?, ¿De onde saen?. Pois a resposta e moi sinxela: todos son cargos do Partido Popular, dáse a circunstancia de que o noso Alcalde, co nosos cartos insistimos, invita o xefe da oposición de Vilagarcía o Sr. Fole (do PP, claro), pero non invita a Alcaldesa de Vilagarcía, invita o xefe da oposición do Grove (do PP claro), pero non invita o Alcalde do Grove, etc. etc. Xa sabemos que tanto o BNG de Cambados, como o PSOE protestaron activamente en contra deste xantar, moito máis os primeiros, pero é hora de que pasen a acción, e xudicializar este xantar e presentar as oportunas accións legais, xa é hora de pasar a acción e deixarse de notas de prensa. O carallo é que despois temos que escoitar a Rajoy e a toda cúpula popular que o PSOE está a malgastar os cartos dos españois, por certo Rajoy foy duramente asubiado o domingo, e no decimos nos, saiu publicado nas web "Libertad Digital". E xa non entro na tirada de cartos que son os fogos, que se duran a metade tampouco pasaría nada sobre todo en épocas de crise. Pero polo que se ve para os populares só hai crise do Padornelo para alá.
Artigo escrito con carácter personal por Chon, presidente de U.G.CH.
Cambados 3 de Agosto do 2010.
A FESTA DO BIGOTE NO RIF ROCK TODO UN ÉXITO
O GAÑADOR FOI HADRIÁN FARIÑA
O Gañador H. Fariña recibindo o premio de man dos organizadores.
Un primeiro plano do gañador e mención especial para Alberto Dominguez..
Chon Jr., vocal de Unha Grande Chea, tamén participou no evento.
Cun éxito moi superior o do ano pasado celebrouse no Rif Rock de Cambados a segunda festa do bigote, superando en número de participantes e en calidade dos bigotes o ano anterior.
Podes ver fotos no álbum de facebook da festa, e seguro que nos vindeiros días iran aparecendo máis…
Mostacho do 2010: H."Bo Diddley" Fariña.
Mención de honra para Alberto Domin, e J.A. Estevez Bigaro polos disfraces!!!
Moitas gracias a todos por vir, e por montar entre todos unha boa festaza… o ano que ven máis, e con máis premios!!!. Parabéns o Rif Rock.
Cambados 3 de Agosto de 2010
E VAN…OUTRO ROUBO NO REFUXIO DE ANIMAIS.
UNHA GRANDE CHEA DOA QUINCE EUROS PARA ESTA ASOCIACIÓN
Olga Costa, a heroina presidenta do Refuxio.
A Protectora de Animais de Cambados, que preside Olga Costa, denuncia que uns descoñecidos entraron na madrugada do domingo nas súas instalacións. Deste xeito os intrusos que accederon ao refuxio tiñan unicamente a idea "de facer o mal" comentan desde a protectora. Na súa estancia alí dedicáronse a abrir as gaiolas dos animais, ata a dos cachorros. Con todo, suponse que por medo, mantiveron pechada aquelas en as que se atopaban os cans de raza doberman e pitbull.
O positivo é que non tiveron que lamentar danos importantes nos animais xa que só apareceu un cunha mordedura nunha pata.
Tras avisar á policía local, os operarios revisaron a protectora por se o obxectivo tamén era efectuar un roubo. Finalmente descubriron que se levaron tres botes de desparasitador e unha caixa de vacinas.
Pero esta non é a primeira vez que descoñecidos entran na protectora para unicamente provocar desfeitas e deixar libres aos animais indefensos.
Así, tal e como afirma Olga Costa, directora do centro, "fai apenas un mes entraron na protectora e roubáronnos a máquina de cortar o pelo aos cans".
Xa que logo, de novo, os animais que máis o necesitan e esta asociación volven ser o obxecto da barbarie indiscriminada de persoas que non comprenden o traballo que leva a cabo desde esa organización.
Dun xeito totalmente altruísta e sen a penas medios, os voluntarios que invisten o seu tempo e as súas forzas na protectora teñen que facer fronte aos danos causados por estes individuos.
Pola súa banda desde a protectora de animais cambadesa queren agradecer a todas as persoas anónimas que doan diñeiro para mellorar a calidade de vida deses animais. Ademais do PSOE de Cambados, Unha Grande Chea, Informática Salnés Novas Xeracións de Cambados que tamén axudan á protectora coas súas achegas voluntarias.
CARMEN HIERRO – CAMBADOS